Os días 27 e 30 de agosto na Praza Consistorio e cun protocolo adaptado con todas as medidas de seguridade e hixiene acordes cos tempos que estamos a vivir.
Dentro das actividades que o concello de Arbo, organiza este ano dentro do verán cultural adicados a veciñanza e os visitantes e que non supoñen risco de aglomeracións e donde e obrigatorio estar sentados e manter a distancia de seguridade, e o cine, polo que renunciando a un veran cultural como en anos anteriores donde o cartel anunciaba actividades diversas e para todos os públicos, este ano o cine prevalece.
O xoves día 27 de agosto ás 22:00 horas poderemos disfrutar na Praza do Concello da pelicula Avengers e para remate do verán e despedida de agosto o día 30 de agosto tamén ás 22:00 na Praza do Concello, proxectarase Jumanji
Dende o Concello, se creou un protocolo para poder levar acabo esta actividade, donde voluntarios e voluntarias do Grupo de Acción Voluntaria do Concello de Arbo, controlarán as entradas e as saidas e serán os encargados de velar polo cumprimento estrico das normas. Entre as normas protocolarias establecidas polo Concello de Arbo, estan a obrigatoriedade de asistir con media hora de antelación para aplicar as medidas de seguridade e protocolo. Informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil. As Prazas son limitadas ata cumprir aforo e os nen@s sempre estarán acompañados por un adulto e deberase ocupar a cadeira asignada e non se poderá cambiar de lugar remata o rexedor de Arbo.
En todo momento, os asistentes ao acto deberán cumprir en todo momento o recomendado polos voluntarios que forman parte da organización .