9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación activa os protocolos de seguimento da COVID tras confirmarse a...

    A Deputación activa os protocolos de seguimento da COVID tras confirmarse a existencia de tres positivos en persoas traballadoras da institución

    O Goberno da Deputación de Pontevedra foi informado hoxe polo Servizo de Prevención de Riscos Laborais da existencia de tres positivos confirmados por Covid19 de tres persoas traballadoras da institución provincial, polo que se activaron de xeito inmediato todos os protocolos correspondentes á normativa sanitaria.

    No primeiro dos casos, segundo informa a Deputación, a persoa que deu positivo nas probas “atopábase en período de vacacións e non tivo ningún contacto co resto do persoal da Deputación”. Nos outros dous casos, engade a administración provincial, “trátase de persoas que realizan as súas funcións en servizos externos”.

    O Servizo de Prevención informou igualmente do seguimento doutro caso, por contaxio dunha persoa da súa familia, “que está en estudio e á espera das probas preceptivas”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.