10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA FANPO asegura que os plans para o inicio do curso da...

    A FANPO asegura que os plans para o inicio do curso da Xunta son unha mostra máis “da improvisación por bandeira”

    A conselleira de Educación da Xunta de Galicia ven de manifestar publicamente que “en Galicia, tódolos niveis educativos non universitarios comezarán o curso de xeito presencial" e que “hoxe por hoxe, a Xunta non baralla a semipresencialidade”

    A FANPO, a federación que agrupa as ANPAS do ensino público do Condado, A Paradanta e a Louriña, a través so seu presiente, Alberto Vázquez, vén de cualificar de “improvisación” as afirmacións da conselleira de Educación da Xunta de Galicia, Carmen Pomar, ao defender a necesidade de que as nenas e nenos, especialmente as e os máis pequenos regresen ás escolar co consideralo a administración educativa como “o máis beneficioso”.

    A FANPO salienta que tales afirmacións poderían entenderse como un paso adiante “se non miramos máis aló da ‘fachada” pero que unha vez analizada a situación, nais e pais “non poden estar máis intranquilos do que xa estaban, pero tampouco menos”.

    Fai unha comparación a federación de ANPAS do máis significativo ao asegurar que “isto é como defender a necesidade de que os automóbiles pasen a ser eléctricos porque hai que pensar no medio ambiente e o máis beneficioso é deixar de contaminar, pero que nin se fale de dotación de servizos para as novas necesidades dos vehículos eléctricos, nin se fale de como orzamentar esas necesidades ou de como e quen se vai facer cargo, etc”.

    Ao entender da Federación, a Xunta “segue improvisando sen ningún tipo de reflexión profunda ben fundamentada” e, ao mesmo tempo, “tampouco tentan abordar a situación, non xa con altura de miras como nos demandaba o presidente da Xunta, se non tampouco con anchura, con visión global da situación, con unha mínima intención de anticipación ante distintos escenarios posibles, deseñando alternativas distintas para escenarios distintos”.

    A FANPO asegura estar de acordo na necesidade da educación presencial e non só para o alumnado máis cativo pero, afirman, “o que diferencia a nosa postura da postura da Xunta é o ‘como’, ou ‘a que prezo’ e o ‘baixo a responsabilidade de quen”.

    “Estamos a ver, remata a Federación de ANPAS, “como están estirando o tempo, os meses, as semanas, os días que faltan para o inicio do curso” para, finalmente, atoparnos respostas do tipo “as circunstancias mandan e agora non podemos artellar outra solución porque non hai tempo” e dito isto: todo o alumnado para casa.

    A FANPO, cinguíndose ás verbas da Conselleira “hai que pensar nos máis pequenos (…), o máis beneficioso é que volvan ás aulas.”, pregúntase que medidas acompañan esta decisión, “as mesmas que levan defendido no protocolo? Pois segundo as verbas da propia conselleira, no temos nin idea porque seguramente nin eles o teñen claro. E isto non é unha afirmación ao chou se non axustada ao feito de que, de telo claro dende a Consellaría, xa houberan dito medidas concretas para situacións concretas posibles e con varias alternativas”.

    O presidente da Federación asegura que as ANPAS teñen moi claro o que queren, “medidas certas, lóxicas, fundamentadas e consensuadas con TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. Só dese xeito poderemos ter un retorno ás aulas o máis achegado a un clima de “normalidade” dentro da propia anormalidade do momento”. Pero está claro que para chegar a ese consenso moito hai que falar. “Non sentarse a facelo é seguir perdendo o tempo e amosando a nula intención de ter unha segura volta ás aulas (moi distinto de dicir unha volta segura ás aulas)”, afirma Alberto Vázquez.

    Finalmente a Federación de ANPAS diríxese á conselleira de Ensino para subliñar que o feito de que “o alumnado de secundaria non volva ás aulas non significa por si mesmo un cambio nas circunstancias da volta ás aulas do alumnado de infantil e primaria se non hai medidas distintas das actuais previstas”.

    Con todo o respecto, –rematan– “para nós isto é unha tomadura de pelo e un insulto á intelixencia das familias. Por certo, non esqueza que as familias e o alumnado de secundaria, teñen en moitos casos membros da súa familia nas etapas de infantil e primaria e todo o que se faga mal nesas etapas educativas afecta ao propio alumnado de secundaria e ás súas familias. Temos fillas e fillos, non cobaias”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.