16.3 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeLouriñaMosOs desempregados interesados en certificarse en soldadura poden formarse en Mos

    Os desempregados interesados en certificarse en soldadura poden formarse en Mos

    A Axencia de Colocación mosense impartirá un curso AFD subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia

    A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, ven de concederlle ao Concello de Mos a través da concellería de Promoción económica, desenrolo empresarial e emprego que dirixe a edil Julia Loureiro  o curso de Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG.

    Trátase de formación práctica de calidade e con futuro xa que, ao terminar, ós alumnos entregaráselles un diploma acreditativo do  Certificado de Profesionalidade, da familia profesional de Fabricación Mecánica, área profesional da construción metálica: “Soldadura Oxigás e Soldadura MIG/MAG”.

    A subvención autonómica concedida para a realización deste curso AFD (Acción Formativa para Desempregados) ascende a 76.733,10 euros.

    Trátase dunha acción formativa cunha duración total de 670 horas que será impartida por parte da Axencia de Colocación do Concello de Mos, que continúa a priorizar as políticas de formación, emprego e inserción laboral nestes duros momentos de crise económica derivada da COVID-19.

    Os requisitos de acceso para os/as interesados/as en participar son: título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, Certificado de profesionalidade de nivel 2, Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional, cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas, ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos, ter superado as competencias clave Nivel 2.

    En principio, e en función das circunstancias derivadas da COVID-19, a data prevista de inicio do curso sería finais do mes de setembro cun horario de 9:00 a 15:00 horas. As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información para inscribirse no teléfono da Axencia de Colocación de Mos, 986487786, ou no correo electrónico: info@axenciadecolocacionmos.es

    As competencias a adquirir polo alumnado durante a acción formativa son a realización de soldaduras e proxeccións térmicas por oxigás, soldaduras con arco baixo gas protector con eléctrodo consumible (MIG, MAG) e proxeccións térmicas con arco, de acordo coas especificacións dos procedementos de soldeo (WPS).  As materias que se impartirán son prevención de riscos laborais, interpretación de planos, procesos de corte e preparación de bordos, Soldadura Oxigás, Soldadura MAG de chapas e estruturas de aceiro ao carbono e Soldadura MIG de aceiro inoxidable e aluminio.

    Tras o curso os/as alumnos/as terán 40 horas de prácticas non laborais  en empresas cuxo obxectivo é que poidan por en práctica os coñecementos adquiridos nun ambiente real de traballo.  Ademais, estes alumnos formaranse para acceder ao mercado laboral como soldadores e serán inscritos na bolsa de emprego: http://www.axenciadecolocacionmos.es/, dende onde se realizará unha intermediación laboral con empresa do sector para conseguir a súa inserción laboral.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.