8.7 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiO número 6 da revista Castellum Tyde achega once artigos e dúas...

    O número 6 da revista Castellum Tyde achega once artigos e dúas crónicas de actividades

    O Instituto de Estudos Tudense edita esta publicación dende 2007 sumando 69 artigos de 33 investigadores

    Onte presentouse na casa do concello de Tui o número 6 de revista “Castellum Tyde” publicada polo Instituto de Estudos Tudenses, IET, co patrocinio do Concello de Tui. No acto estiveron presentes o alcalde, Enrique Cabaleiro, e o presidente do Instituto de Estudos Tudense, Xabier Añoveros.

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recoñeceu o labor realizado polo Instituto de Estudos Tudenses na edición deste traballo. Apuntaba que os datos en canto ao número de artigos publicados reflicten por si mesmos a relevancia e importancia da revista. Ao tempo destacou a necesidade e privilexio de contar cunha entidade coma o Instituto de Estudos Tudenses que traballa pola nosa cultura e o noso patrimonio.

    Xabier Añoveros, presidente do Instituto de Estudos Tudenses, destacou os 69 artigos de 33 investigadores publicados dende o primeiro número de Castellum Tyde en 2007. Detallou coma o número 6, correspondente ao período 2017/2020, está dedicado ao arquitecto, investigador e membro fundador do Instituto, Jaime Garrido, falecido o ano pasado. Son un total de 11 artigos e 2 crónicas de actividades desenvolvidas as que se recollen nas 304 páxinas da publicación.

    A revista ábrese cun artigo “in memoriam” sobre o arquitecto Jaime Garrido Rodríguez da autoría de Rafael Sánchez Bargiela, quen tamén achega “Tui nos relatos peregrinos e viaxeiros polo Camiño Portugués”.  O propio presidente do IET, Xabier Añoveros, é o autor de “El monumento al padre Salvado”.  Suso Vila presenta “Poliorcética medieval en Tui: La iglesia y las fortificaciones de la ciudad”, e Ernesto Iglesias Almeida “El hoaspital de San Gián dos Lázaros”.  Avelino Bouzón escribe “Bicentenario de los Maristas. Centenario del Juniorado Marista Portugués en Lagarteira (Tui). 1920-2020”.  “Manifestaciones artísticas culturales en Tui inspiradas en la Armada” é a contribución de Rosendo Bugarín González.

    Este número 6 de Castellum Tyde recolle tamén o artigo do profesor Domingo L. González Lopo titulado “La devoción a San Julián en Galicia: raíces populares de una hagiografía confusa”.  Xoán Martínez Tamuxe achega “Familiares do Santo Oficio nos concellos do Baixo Miños, menos en Oia. Primeira e única referencia en Oia á Inquisición, en 1695”.

    Complétase a publicación con “Dos canónigos de la catedral de Tui nombrados capellanes de honor: Antonio Bernardo Mosquera Tabares y Sotomayor y Rafael María Andreu Ballester” de Juan Ramón Aparicio González, e “Contrasta: a vila medieval” de Isilda Martins.

    Amais destes artigos Marta Cendón publica na revista a crónica da actividade desenvolvida en 2018 polo instituto co gallo do aniversario dos concilios provinciais celebrados no mosteiro de San Bartolomeu de Rebordáns baixo o título de “1.118: La Huella de Gelmírez en la sede tudense”. E recóllese tamén a crónica da “Xornada sobre San Domingos, arte e historia” desenvolvida en agosto do ano pasado co obxectivo de ofrecer unha achega sobre a súa dimensión artística, a súa vinculación coa liñaxe de Soutomaior e os procesos devocionais da Idade Moderna”.

    Foron editados 400 exemplares deste número 6 da revista Castelum Tyde.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.