10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalMúsica tradicional e jazz para poñer o punto e final a programación...

    Música tradicional e jazz para poñer o punto e final a programación de verán do Rosal

    O Rosal pon esta semana punto e final á súa programación de verán con dous concertos nos barrios este 27 e 28 de agosto nos que a música tradicional e o jazz serán os protagonistas.

    O xoves 27 a música tradicional chegará da man do grupo Os Folieiros, da que todos os rosaleiros e rosaleiras poderán desfrutar a partir das 21.00 horas na Capela de San Vicente de Marzán.

    Mentres, pola súa banda, o venres 28 Xacobe Martínez Antelo Trío fará soar jazz galego de primeira liña, sen límites e sen complexos a partir das 21.00 horas no lateral da Igrexa das Eiras. Saxofón tenor, contrabaixo e batería para vivir a tradición jazzística con este trío renovado.

    Nestas dúas actuacións a entrada será de balde e libre ata completar aforo. Os concertos forman parte dunha programación de verán ao aire libre pola que apostou o Concello do Rosal, achegando actividades de rúa para todos os públicos e en pequeno formato aos distintos barrios.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.