17.5 C
Pontevedra
Martes, 16 de Abril de 2024
Máis
    HomeUltimas NoticiasPonteareas reafírmase na súa aposta pola sustentabilidade coa creación da rede urbana...

    Ponteareas reafírmase na súa aposta pola sustentabilidade coa creación da rede urbana de calor con biomasa

    A rede urbana de calor para os edificios muncipais, cun investimento superior aos 700.000 euros, alimentarase de materia prima procedente das masas forestais e suporá un aforro na factura enerxética

    O Concello de Ponteareas vén de dar inicio ás obras que, unha vez remadadas, formarán a rede urbana de calor con biomasa destinada solventar as necesidades enerxéticas nos edificios e instalacións municipais. As obras foron adxudicadas por 717.823 € a través dun concurso público transparente que garantíu a igualdade de oportunidades e ao que se presentaron sete empresas.

    Nestes intres a empresa adxudicataria comezou a obrar na contorna da residencia de maiores donde irá ubicado o edificio de caldeiras e depóstio de astela de abastecemento. A rede urbana de calor dará servizo a Residencia de Maiores e Centro de Día, Centro Social, Escola Infantil, estación de autobuses e Casa do Concello, e no futuro poderá ampliarse para chegar a máis edificios.

    Con esta actuación, que conta con financiación con cargo aos fondos FEDER da Unión Europea no marco da estratexia ‘Ponteareas, Hábitat Saudable’, apóstase por sistemas eficientes e eficaces que supoñen un aforro económico tanto no gasto do consumo como de mantemento.

    dav

    A utilización de biomasa, neste caso acha de madeira, como fonte de enerxía renovábel permitirá substituir os actuais combustibles, gasóleo e electricidade, que se veñen empregando nas instalacións municipais para calefacción e auga quente. O goberno local aposta así por unha materia prima procedente das masas forestais dos nosos montes o que permitirá un mellor e maior aproveitamento dos nosos recursos, fomentando o emprego e a economía local ao tempo que se reduce o risco de lumes.

    Con esta actuación tamén se reduciran considerablemente as emisións de CO2 avanzando cara un concello máis sustentábel e respectuoso co planeta.

    O goberno adianta que irá informando á cidadanía dos posibles cambios que se poidan producir nalgunhas das rúas polas que pasen as canalizacións e agradece a comprensión de toda a veciñanza durante o desenvolvemento destas obras.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.