O Concello de Nigrán pecha os roteiros da súa programación de verán ‘Equilibrio Natural’ con un polo Camiño Portugués pola costa este domingo 30 con saída ás 10:00 desde a Alameda de San Campio. Os interesados deben inscribirse previamente no mail [email protected] indicando os seus datos. As prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigorosa orde de solicitude. Igualmente, o Concello facilitará intérprete de lingua de signos en caso de que algunha das persoas que se inscriba indique esta necesidade no correo electrónico.
Nigrán abre o prazo de inscrición para participar nun roteiro do Camiño de Santiago pola costa o domingo 30 de agosto
Os interesados deben anotarse no mail [email protected] aportando os seus datos