12.3 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona inaugura o cuarto Centro de Compostaxe Comunitaria no entorno da Galiña...

    Baiona inaugura o cuarto Centro de Compostaxe Comunitaria no entorno da Galiña Azul

    O concelleiro de Medio Rural, Iago Pereira procedeu hoxe  Mércores 26 de Agosto ás 10 da mañá a inaugurar o cuarto Centro de Compostaxe Comunitaria (CCC) do Concello no entorno da escola infantil “A Galiña Azul” de Baiona.

    O Concello de Baiona, ao abeiro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, dispón nestes momentos de 3 centros de compostaxe comunitaria no parque dos Tendais, na rúa Burgo e no Camiño do Carme en Sabarís que funcionan con gran éxito de participación e coñecemento por parte da cidadanía e que permiten tratar dun xeito máis sostible a fracción orgánica do lixo conforme as últimas directivas comunitarias, aforrar custes de xestión do lixo e obter un fertilizante natural con excelentes propiedades para o solo.

    Ante o incremento do uso destas instalacións, a Concellería de Medio Rural  segue apostando pola economía circular ca instalación deste cuarto centro que atenderá os residuos orgánicos xerados na escola infantil así como aqueles dos veciños dos edificios colidantes.

    A Concellería de Medio Rural anima a cidadanía a achegarse a este novo centro así coma os 3 xa instalados para depositar os seus residuos orgánicos para unha xestión máis sostible do lixo que evita emisións contaminantes á atmósfera, xera aforros na xestión do lixo e consegue un fertilizante natural con excelentes propiedades para aplicar no solo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.