12.8 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán creará un grupo de voluntariado para coordinar as entradas e saídas...

    Nigrán creará un grupo de voluntariado para coordinar as entradas e saídas seguras do alumnado

    O Concello asumirá unha limpeza e desinfección dos recintos acorde ao requirido mentras que seguirá reclamando á Xunta que destine máis fondos aos Concello para asumir, entre outros, este gasto extraordinario

    O Concello de Nigrán, a suxerencia das direccións e anpas de todos os centros educativos públicos do municipio, creará un grupo de voluntariado para coordinar as entradas e saídas seguras do alumnado nos colexios. Esta foi unha das propostas que xurdiron na reunión convocada pola Concellería de Educación o venres pasado no Salón de Plenos para analizar conxuntamente a aplicación do protocolo Covid-19 da Xunta nos colexios de Nigrán.

    “A Educación é unha competencia do goberno autonómico e actualmente hai moitas dúbidas e inquedanzas entre o profesorado e os pais sobre a volta ás aulas, por iso quixemos manter esta reunión, para saber por boca dos propios profesionais de cada centro que podemos facer desde o Concello para facilitar este regreso seguro”, explica o alcalde, Juan González, quen invitará esta mesma semana á Plataforma Solidaria Educativa do Val Miñor (creada entre profesorado xubilado para impartir clases este verán e rachar así coa fenda educativa que puido xerar o confinamento entre as familias vulnerables) para trasladarlle a proposta. A maiores, o Concello facilita o mail da concelleira de Educación, Marina Vidal (marina.vidal@nigran.org) como punto de contacto para toda aquela persoa que desexe colaborar neste grupo de voluntariado.

    “A idea é coordinar a chegada e saída do recinto para que non se xenere ningunha aglomeración e para diminuír os contactos, tanto entre os que veñen a pé coma nos que van no autobús. Ahora queremos formar o grupo e, todos xuntos, buscar fórmulas para coordinar ben estas saídas e entradas”, incide Marina Vidal. Igualmente, o Concello contará coa colaboración de Protección Civil para establecer ese protocolo e para recurrir a eles en caso de actividades extraordinarias dos centros (como puidera ser alguna excursión ou actividade fora do recinto) que requiran maior presencia de persoal. “Pensamos que incluso esta primeira experiencia piloto pode servir de guía para que a rede de sendeiros seguros que temos xa de acceso aos coles estén vixiados por adultos nun futuro, é dicir, para animar a máis familias a que o alumnado acuda ao colexio andando”, explica González.

    Paralelamente, o Concello asumirá a maior limpeza e desinfección diaria dos centros, tal e como marca o protocolo da Xunta, pero seguirá a reclamar ao goberno autonómico que destine cartos a este asunto. “Igual que a Xunta debería investir en contratar a máis profesorado para facer factible todo o que recolle o protocolo, tamén debe destinar fondos para a limpeza, xa que a partida orzamentaria dos Concellos neste eido verase incrementada considerablemente”, explica González, quen lanza unha mensaxe de tranquilidade aos pais, “poden estar seguros de que as instalacións serán correctamente desinfectadas pola seguridade de alumnos e profesores”.

    Igualmente, o Concello facilitará o Pavillón Municipal ao alumnado do IES Val Miñor, xa que conta cun ximnasio de pequenas dimensións  e imposible de empregar nestas circunstancias mantendo a seguridade. “O Covid-19 está a poñer en relieve circunstancias que se viñan denunciando desde hai anos: instalacións deficientes para o número de alumnado”, indica.

    Finalmente, garantiuse que, en caso de confinamentos dos centros, repetirán o servizo de entrega de fotocopias e facilitarán todos os medios para que ningunha familia se quede atrás por carecer de dispositivos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.