Luns, 20 Xaneiro de 2025

O Concello de Baiona entrega as dúas primeiras Cartas de Cidadanía

O acto, popularmente coñecido como 'bautizo civil', celebrouse na Casa do Concello e correu a cargo do concelleiro Óscar Martínez Álvarez

O Concello de Baiona acolleu estes pasados días, o acto de entrega das dúas primeiras Cartas de Cidadanía, o coñecido popularmente como ‘bautizo civil’. O concelleiro Óscar Martínez Álvarez foi o encargado, en nome do Concello, de darlles á nai e ao pai dos dous nenos mellizos, Lucas e Hugo, este documento que os acredita como novos veciños de Baiona.

Trátase, sinala o concelleiro Óscar Martínez, “dun acto simbólico que, se ben carece aínda de validez xurídica, si ten un contido simbólico como é o desexo darlle a benvida a dous novos veciños e recalcar os dereitos que teñen adquiridos como cidadáns”.