17.8 C
Pontevedra
Xoves, 21 de Outubro de 2021
Máis
    HomeÉ NoticiaAberta a inscrición para a 'DepoRuta BTT' que percorrerá o concello de...

    Aberta a inscrición para a ‘DepoRuta BTT’ que percorrerá o concello de Ponteareas

    A actividade, que seguirá en todo momento o protocolo de actuación para a prevención da COVID-19, terá lugar o día 13 de setembro

    Enmarcada na programación Vive Deporte, coa que a Deputación de Pontevedra invita á cidadanía a desfrutar este verán dunha ampla oferta de actividades deportivas sostibles, este luns 24 de agosto a institución provincial abrirá o prazo de inscrición para a “DepoRuta BTT” que percorrerá o concello de Ponteareas o 13 de setembro e que ofrece 200 prazas.

    O obxectivo desta iniciativa da Deputación é fomentar o deporte á vez que se pon en valor os montes da provincia, a súa riqueza natural, ecolóxica e patrimonial. O programa está dirixido a todas aquelas persoas maiores de 16 anos (persoas, grupos ou familias) que gocen do deporte en contacto coa natureza e aposten por actividades sustentables.

    As e os interesados en participar nesta ruta en bicicleta poderán inscribirse a través da web www.depo.gal ata completar o límite de prazas ata o 7 de setembro, ás 12 horas. Unha vez cubertas as prazas, abrirase unha lista de agarda. Ás persoas participantes se lles confirmará a asistencia a través da web www.depo.gal coa publicación da lista definitiva, e vía SMS, co programa “Depo Informa”.

    As e os menores de idade deberán ir acompañados e, en caso de familias con varias crianzas, será suficiente cunha persoa representante ou titora por familia. A ruta _ que inclúe os avituallamentos_ estará sinalizada e as persoas participantes deberán seguir o itinerario e ritmo marcados pola organización. Será rigorosamente obrigatorio o uso de casco protector durante todo o percorrido.

    A Deputación ten deseñado un protocolo de actuación para a prevención da covid-19 en relación con esta proba deportiva, que establece en primeiro lugar que as persoas que teñan algún síntoma compatible coa enfermidade como febre, tose ou dificultade respiratoria non deberán asistir á ruta.

    Recomenda que as e os deportistas realicen o desprazamento de maneira individual no seu propio vehículo e, no caso de que viaxe máis dunha persoa, se respecten estritamente as medidas establecidas polas autoridades, que inclúen a utilización de máscaras protectoras e o viaxe, se é posible, en filas de asentos distintas, mantendo a maior distancia posible entre as e os ocupantes. Xa no momento da chegada ao evento, as persoas asistentes deben utilizar a máscara durante o tempo de circulación entre espazos comúns, así como evitar saúdos ou choques de mans. Só se lle permitirá o acceso á zona de retirada de dorsais á ou ao deportista que vai participar; non se admitirá a entrada a ningunha outra persoa acompañante. Con carácter xeral, non se compartirá ningún material e, se isto non fose posible, garantirase a presenza de elementos de hixiene para o seu uso continuado.

    A organización habilitará unha carpa exterior para a retirada de dorsais con zonas de entrada e saída diferentes onde as e os participantes deberán acudir 30 minutos antes da súa quenda de saída. Na entrada montarase o servizo de control de temperatura. A ou o deportista que supere os 37,5 ºC non poderá tomar a saída.

    As e os participantes colocaranse coa máscara na saída ata 10 segundos antes do comezo. Deberán gardar a máscara no maillot e volver poñela ao chegar o avituallamento. A entrada a esta zona realizarase de maneira individual e coa máscara posta. Non se entregará ningún produto na man, as e os participantes deberán recollelos da mesa. Haberá mesas suficientes para poder garantir a distancia mínima de seguridade. Finalmente, na chegada á meta, as e os deportistas deberán retirarse da zona nada máis chegar para evitar aglomeracións. Doutra banda, elimínanse as duchas e vestiarios.

    COLABORACIÓNS

    Sentir común

    Allá por el año 2014, el lema de una gran compañía "gallega" se dejó sentir por nuestro pueblos y ciudades. Si os fijáis, lo he puesto entre comillas lo de gallega porque, de eso, lo único que tiene es el dinero de todos nosotros. Comencemos por el principio y no vamos a dar nombres porque la mayor parte de nuestros lectores ya saben o empiezan a intuir a lo que nos vamos a referir.

    Ácido y Caracola

    Todo comenzó hace muchos, muchos años, cuando Caracola aun vivía feliz, en el fondo del mar. De todas las princesas marinas que habitaban en las profundidades, ella era la más querida y la preferida de Océano, el Señor de todos los mares, y como tal, poseía todo aquello que pudiera desear

    Francisco Castro, «O cemiterio de barcos»

    Francisco Castro regresa de novo á novela xuvenil, un territorio no que xa ten demostrado que se desenvolve con soltura, para presentarnos unha narración que se move en dous planos diferentes.

    Bizcocho de plátano

    No sé si consumir plátano canario en este momento puede ser una pequeña ayuda a los palmeros que están pasando por esta situación tan dolorosa, que desde aquí cuesta imaginar; pero si con esto podemos aportar un granito de arena, lo haremos.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    12 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    5 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    46 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    35 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS