9.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaA Sociedade Cultural do Viso retoma os cursos de música tradicional

    A Sociedade Cultural do Viso retoma os cursos de música tradicional

     A Antiga Escola de Tuimil, epicentro de actividades e cursos na parroquia do Viso, comezará o curso lectivo despois do parón por mor da COVID-19. As actividades comezarán no mes de setembro co curso de gaita tradicional e percusión impartido por Manuel Cruces, gaiteiro do grupo Tanto Nos Ten, os venres pola tardiña a partir das 18:30 horas.

    Doutra banda, os martes pola tarde, retómanse tamén os cursos de pandeireta e canto tradicional, impartido este por Luis Prego, músico do grupo Ardentía, a partir das 18:30 h. Pandeireta e canto comezarán xa o vindeiro martes 1 de setembro mentres que gaita e percusión iniciará a súa andaina o venres 4 de setembro.

    Para recibir máis información destes cursos, os interesados pódense dirixir ao correo electrónico acsmviso@gmail.com ou aos teléfonos 627 938 607 (gaita e percusión) ou 664 857 687 (pandeireta e canto) .

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.