15.8 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoO Festival de Cans no Porriño "un orgullo para esta provincia, que...

    O Festival de Cans no Porriño “un orgullo para esta provincia, que nos sitúa a nivel internacional”

    O certame, que se celebra entre o 2 e 5 de setembro, está incluído na nova marca provincial de calidade “Rías Baixas Film Fest” creada coa Deputación

    A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, destacou hoxe en O Porriño o importante papel cultural do Festival de Cans que “nos converte nunha referencia, nos sitúa en Galicia, no Estado, a nivel internacional, e que consegue algo extraordinario, que sexamos felices”. O evento, incluído na nova marca provincial de calidade “Rías Baixas Film Fest” creada coa Deputación para relanzar e fortalecer aos festivais de cinema, celebra a súa XVII edición entre o 2 e o 5 de setembro.

    Na presentación do certame, nun acto marcado polas distancias e normativas da Covid19, organizado pola Asociación Cultural Arela baixo a dirección de Alfonso Pato, a presidenta provincial falou de “orgullo do noso, do cinema que fala do que somos, un grande pobo no que o talento e a creatividade nos caracteriza”. A presidenta provincial fixo fincapé na labor de todos os homes e mulleres que traballan “para que este festival sexa posible”, fixo unha mención moi especial “ás veciñas e veciños de Cans que nos sitúan un ano máis no centro do mundo”, e amosou o seu agradecemento ás persoas presentes no acto, desde Alfonso Pato; á alcaldesa de Porriño, Eva García de la Torre; ao director de Agadic, Jacobo Sutil; e a todas as asociacións, administracións e demais autoridades “que apostan por Cans”.

    Na sección oficial do Festival compiten este ano un total de 23 curtametraxes e 15 videoclips. Ademais entre o total das películas proxectadas haberá 15 estreas e 10 estreas en Galicia. Neste eido, no que respecta a sección oficial de non ficción Furacans, as estreas son “Usos e Costumes”, “Notas sobre a habitabilidade en A Barca”, “Un lugar bajo el sol”, e “Paisaje y Paisanaje”. A sección complétase con “Da morte nace a vida”, “1 de 8.000” e “Cartografía do esquecemento”. En canto á sección internacional Extracans, estrearanse cinco curtametraxes chegadas de cinco países diferentes: “Carne”, “Kresala”, “To the Sea”, “Metamorphosis”, e “Seven Sharp”.

    Ademais, este ano tamén se crearon dúas novas seccións, unha delas competitiva e dedicada as realizadoras/es máis novas/os baixo o nome Novas Camadas, e outra paralela na que se proxectarán obras de actrices e actores que deron o salto á dirección chamada Directrices. Ademais de cinema, durante 5 días o certame acollerá exposicións, roteiros, visitas guiadas, homenaxes ou coloquios, nos que participarán, entre outras persoas, os actores e actrices Amador Arias, Benedicta Sánchez, Monti Castiñeiras ou Ana Santos.

    As actividades desta edición, que tivo que ser aprazada por mor da pandemia, terán un aforo especialmente reducido debido á crise sanitaria. Neste eido, a Deputación de Pontevedra deseñou, en colaboración cos Rías Baixas Film Fest, un Protocolo Covid de medidas de seguridade común a todos os eventos, a través do cal a institución achega detectores manuais de febre, instrumentos para establecer as distancias interpersoais, catenarias para organizar os accesos e saídas, carteis informativos coas medidas de seguridade para o público, mensaxes a través de megafonía e contadores de asistentes para cuestións relacionadas cos aforos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.