20 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda despide o mes de agosto cunha chea de propostas para...

    A Guarda despide o mes de agosto cunha chea de propostas para todas as idades

    Visitas guiadas ao casco urbano, ao Monte Santa Trega, deporte, cinema na rúa e teatro compoñen a programación para esta semana.

    O Concello da Guarda continúa apostando por unha programación de actividades para todos os gustos e idades, tendo sempre en conta as medidas de hixiene e seguridade motivadas pola pandemia da Covid-19.

    Nesta semana e pechando xa o mes de agosto a programación, recollida na Axenda de verán 2020, conta coas visitas regulares ó Monte Santa Trega (de venres a domingo), as visitas de natureza que se sucederán cada domingo e as Visitas polo casco urbano os mércores e xoves de agosto. As inscricións se poden realizar a través da Oficina de Turismo Municipal no 986 61 4546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com.

    Os venres, sábados e domingos proseguen as visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no MASAT 986610504 ou no enderezo electrónico masat@aguarda.es

    Tamén continúan esta semana as visitas teatralizadas no Monte Santa Trega, cun notable éxito e que xa colga novamente o cartaz de aforo completo para esta semana.

    O xoves 27 terá lugar unha actividade deportiva consistente nunha ruta en kaiak polo Río Tamuxe, as prazas están xa cubertas.

    PROGRAMACIÓN

    Venres 28:

    Cinema na rúa coa proxección de “Mr.Link” ás 22:00h. na Praza do Reló. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850 – centrocultural@aguarda.es)

    Cunha duración de 93 minutos “Mr. Link” conta a historia de Sir Lionel Frost, quen se considera coma o maior investigador de mitos, monstros e lendas. Estes cualificativos teñen sido cuestionados polo seu círculo mais preto, o que lle anima a comezar unha investigación polo noroeste americano na busca do Eslabón Perdido, unha misteriosa criatura metade humano e metade besta.

    Sábado 29

    Sesión de Teatro coa posta en escena de “Pelos na lingua” ás 20:00h no Auditorio de San Benito. Inscrición previa no Centro Cultural (986611850 – centrocultural@aguarda.es). Cunha duración de 70 minutos Pelos na lingua vai destinado a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o inglés a lingua universal, aos que cren que a maioría dos galegos falan castelán, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a carpinteiras, a todos e a todas. Ao mundo enteiro, independentemente da súa lingua. Unha comedia, que dalgún xeito, podería considerarse a segunda parte de Bicos con lingua. Pero non se trata dunha segunda parte como unha continuación da liña argumental, senón que se está a traballar o mesmo tema coa mesma estrutura, aínda que desta vez tratando de darlle un enfoque distinto.

    Domingo 30

    Nova cita con “Domingos de natureza e auga” ás 10:00h. con diversos percorridos polo litoral guardés. Información e inscricións na Oficina de turismo 986614546 ou no enderezo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.