Venres, 15 Agosto de 2025

A nova oficina de Turismo de Tui , un espazo para o futuro turístico da cidade

0

O Concello de Tui inaugurou este mediodía a nova Oficina de Turismo executada ao abeiro do proxecto “Río Miño, un destino navegable” financiado con fondos europeos. Un novo equipamento que marca un antes e un despois na atención os visitantes e peregrinos na cidade.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, interviron no acto inaugural no que estiveron presentes tamén a subdelegada do goberno en Pontevedra, Maica Larriba, xunto aos representantes dos outros socios do proxecto o concello de Salvaterra, as cámaras de Valença e Monçao, e Turismo Porto-Norte.

Na súa intervención o alcalde, Enrique Cabaleiro, destacou que “hoxe é un día importante e moi importante para Tui, porque cumprimos un vello desexo de reubicar a oficina de turismo neste local moi emblemático e con moita historia”. Engadiu que con este cambio “gáñase en presencialidade nunha zona tamén moi emblemática coma é o Paseo da Corredoira, gáñase en accesibilidade, e polo tanto entendemos que esta oficina nestes momentos está a dar resposta ás esixencias que nestes momentos hai en materia de información e atención a todas as persoas que nos visitan”.

Coa nova oficina preséntase tamén unha nova marca turística, un novo material promocional, polo que dicía o rexedor tudense “dignificamos algo tan elemental coma é dar un servizo de calidade a todas aquelas persoas que nos visitan, e que ademais afortunadamente son moitas”.

Salientou Enrique Cabaleiro que “o turismo é hoxe un dos elementos principais de desenvolvemento económico do noso territorio, e polo tanto debemos implementar cantos instrumentos sexa necesarios para a posta en valor deste magnífico territorio que temos”.

Esta mañá o alcalde de Tui destacou que en xaneiro a Oficina de Turismo, ubicada até o de agora na praza de San Fernando contabilizou  “os mellores datos de turismo da historia dende cando se teñen rexistros”.  Tamén aludiu a colaboración entre municipios indicando que “compartimos un territorio onde temos intereses compartidos e debemos definir estratexias que poidan sacar adiante eses intereses”.  Rematou con palabras de agradecemento para todos os que fixeron posible facer realidade este proxecto, con especial referencia ao exalcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, a quen sinalou coma “o ideólogo deste magnífico proxecto”.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, amosou o seu orgullo por ser tamén un dos socios do proxecto Río Miño, Destino Navegable que indicou “é un claro exemplo da colaboración interinstitucional e “ten moitos visos de crecemento”. Afirmaba que “o turismo tranquilo en contacto coa natureza aquí o ten todo” ao tempo que desexou moitos éxitos á nova Oficina de Turismo.

Mentres a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, indicou que “este gran proxecto Río Miño, Destino Navegable, ten unha grandísima capacidade de crecemento, ten unha grandísima capacidade de atracción turística, e de seguro que nos vai valer para poñer, unha vez máis, a Galicia e ao Norte de Portugal, no mapa turístico que se merecen”.

Hoxe presentou tamén novo material de divulgación e información que transmite dun xeito visual e atraínte as áreas de interese e os puntos icónicos de cada un dos municipios, poñendo de relevo a riqueza turística. Así editouse un novo mapa ilustrado e informativo no que o Miño é o eixo central abranguendo as dúas eurocidades Tui-Valença e Salvaterra-Monçao, e reflectindo no mesmo as localizacións máis importantes dos catro municipios. Está editado en catro idiomas: galego, castelán, portugués e inglés.

Tamén foron editados diplomas infantís nos que se propoñen aos cativos e cativas, xunto ás súas familias, que atopen catro puntos do mapa, un por municipio.

Ao remate do acto inaugural as autoridades realizaron unha visita guiada polo conxunto histórico de Tui da man da historiadora Sara Quintana.

Mos informa da inminente instalación de sinalización de interese para os peregrinos durante a primeira Mesa do Camiño do ano

0

Onte pola tarde celebrouse a primeira Mesa do Camiño do Concello de Mos do ano 2022 á que, ademáis dos concelleiros mosenses de Educación e Servizos para a mellora do entorno rural e urbano, Julia Loureiro e Baldomero Lorenzo, respectivamente; asistiu o Director de Xestión do Plan Xacobeo, Idelfonso de la Campa.

Por suposto tamén estiveron presentes representantes das asociacións integrantes da Mesa, entre as que se atopan a Asociación Amigos do Camiño, Fundación Pazo de Mos, A.V.V. Chan do Bosque de Amieirolongo, Sanguiñeda, A Cividade de Louredo, etc.

Durante a sesión de onte recolléronse todas as suxerencias e ideas para poñer en marcha en Mos durante este ano Xacobeo 2022. Entre elas atópanse a limpeza e desbroce de varias zonas.

Ademais desde o Concello informouse de que esta semana procederase á sinalización de 3 fontes situadas no Camiño de Santiago ao seu paso por Mos, fontes de Comunidades de Usuarios de Augas, polo que son potables e aptas para o consumo dos preregrinos; e tamén instalaranse paneis informativos en diversos puntos que inclúen códigos QR con información sobre o lugar no que se atopan e teléfonos de interese para o peregrino.

Abordouse tamén o tema da pasarela peonil en Amieirolongo, Sanguiñeda, pendente do Ministerio de Fomento. Sobre isto Idelfonso de la Campa avanzou que desde o Xacobeo faranse xestións co Ministerio neste senso, para tentar por todos os medios para que se axilice a solución para unha zona de tránsito peonil enormemente perigosa e pola que transcorre o Camiño.

A construción dunha pasarela peonil en Amieirolongo e a humanización da contorna comercial son fundamentais para que se elimine o perigo que supón para os veciños, para os peregrinos e para todas as persoas que transitan a estrada Nacional 550 entre Mos e O Porriño. Unha solución que se leva anos reclamando, pola súa necesidade imperiosa.

Por último, na Mesa do Camiño do Concello de Mos de onte tratouse o deseño da programación cultural que durante o presente ano 2022 se porá en marcha en diferentes ubicacións do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos.

Citas para a renovación do DNI na Guarda para o mes de febreiro

0

O vindeiro luns día 7 de febreiro de 2022 xa se poderán solicitar as citas para a visita das unidades móbiles no concello para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondente ao mes de febreiro de 2022.

A apertura do prazo para a solicitude de novas citas en febreiro ofertadas pola unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo comezarán o luns día 7 de xaneiro de xeito preferentemente telefónico no 986 61 0000 de 9:00h a 14:00h ou presencialmente na Casa dos Alonsos.

A Unidade Móbil desprazarase á Guarda o 16 de febreiro e a recollida de documentos terá lugar o 21 de febreiro.

Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.

O goberno de Covelo repartíu máis de 17.000€ en axudas económicas a empresas locais

0

O goberno de Covelo concedeu as axudas económicas aos negocios do concello afectados pola declaración do estado de alarma pola Covid-19. En total, e durante o estado de alarma, o goberno repartíu 17.184,83€ entre autónomos, empresarios individuais e pequenas empresas con domicilio social e fiscal en Covelo.

Co obxecto de paliar as consecuencias derivadas da pandemia e minimizar a grave situación económica e social á que se enfrontaron os negocios locais o goberno otorgou durante o ano 2020 e o 2021 axudas económicas que apoiaron a preto de vinte empresas.

En concreto, no ano 2020 e con fondos propios do Concello, concedéronse axudas directas a 15 empresas repartindo un total de 10.200€ entre autónomos, empresarios individuais e pequenas empresas que reunían os requisitos.

Pola súa banda no ano 2021 o goberno de Covelo, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, destinou 6.984,83€ a apoiar con axudas económicas a 4 empresas locais. O alcalde Pablo Castillo explica que o obxectivo foi protexer o interese xeral da cidadanía de Covelo prestando apoio inmediato ás empresas e persoas autónomas e axudar a que agora poidan retomar a súa actividade contribuíndo na reactivación da economía local.

A aula CeMIT de Ponteareas retoma a súa actividade con catro cursos de iniciación de balde este mes de febreiro

A aula CeMIT de Ponteareas retoma este mes de febreiro a súa actividade con novos cursos presenciais e de balde abertos a toda a veciñanza. “Continuamos coa nosa aposta por promover a inclusión no uso das novas tecnoloxías, ofrecendo os coñecementos e as ferramentas necesarias para persoas de todas as idades poidan desenvolverse cun ordenador ou un dispositivo móbil, algo que cobrou vital importancia nos últimos tempos”, explica o concelleiro de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico, Benito Márquez.

Unha das propostas para este mes de febreiro será un curso de mecanografía no ordenador, que terá lugar luns de 11.30 a 14.00 h e venres de 16.00 a 18.30 h. Os e as ponteareáns tamén poderán asistir aos cursos de iniciación á informática (martes, mércores e venres de 18.30 a 21.00 h), ao correo electrónico (martes e mércores de 16.00 a 18.30 h) ou ao editor de textos LibreOffice Writer (mércores de 16.00 a 18.30 h).

As persoas interesadas en realizar calquera destes cursos deben facer a súa preinscrición a través do espazo da aula CeMIT habilitado na web da Xunta. Para máis información poderá contactarse coa aula CeMIT no correo electrónico [email protected] ou chamando ou enviando unha mensaxe de whatsapp ao número 634 238 962 dentro do horario da aula, que será luns de 09.00 a 14.00 h e de martes a venres de 16.00 a 21.00 h.

Dende a Concellaría de Innovación e Desenvolvemento Tecnolóxico que dirixe Benito Márquez anímase a toda a veciñanza a acudir a usar a aula e a participar nestas actividades que buscan “derrubar estereotipos e espertar vocacións entre a mocidade, pero tamén prestar especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital”.

O xurado da Gala do Deporte decidiu os Premios do Deporte Tudense 2020 e 2021

0

Dende o mes de novembro o xurado da Gala do Deporte Tudense ven traballando para retomar este evento e así poder recoñecer os éxitos deportivos dos nosos clubs e deportistas. De feito, a intención era facer unha gala a finais do pasado mes de xaneiro, onde entregar os Premios Deporte Tudense dos anos 2020 e 2021, pero a incerteza a hora de poder marcar unha data de celebración xa que se descoñecía a evolución que ía ter a pandemia impediu poder organizar a gala coa suficiente antelación que garantir a realización da mesma co mesmo nivel de calidade que en anteriores edicións

Por isto, o Concello de Tui e o xurado, decidiron dar a coñecer os premios, recoñecendo publicamente aos deportistas, que serán entregados presencialmente, sempre que a situación sanitaria o permita, na Gala do Deporte do ano 2022, que se celebrará a finais do mes de novembro.

O xurado, integrado por Rosendo Bugarín, médico e deportista tudense, Enrique Míguez, padeeiro e medallista olímpico, José Manuel Quintana, directivo e responsable das escolas deportivas do Tyde F.C., Beatriz González, profesora de educación física do CEIP Nº2 de Tui, Ana Rodríguez, ex-xogadora da máxima categoría do Balonmán feminino e Rafael Estévez, concelleiro de deportes de Tui, decidiron os seguintes Premios Deporte Tudense:

  • Promesa Feminina
    • Nieves Silva – Campioa de España de Remo Olímpico – Categoría Cadete
  • Promesa Masculina
    • David Fernández – Campión de España de Enduro – Categoría Júnior
  • Categoría Veterán
    • Manuel Rodríguez Caramés
  • Club Deportivo
    • Club Balonmán Tui – Polo ascenso a Liga Ouro (división de honor) do equipo infantil masculino e feminino e do xuvenil masculino, o equipo cadete estivo a punto de subir a Liga Ouro. O equipo sénior Masculino ascendeu a 1ª División Autonómica, onde tamén está o equipo sénior feminino, que pelexou polo ascenso a División de prata.
  • Adestrador
    • Equipo técnico do Club Balonmán Tui
  • Deportista Feminina
    • Tania Fernández – Subcampioa do Mundo de Maratón en K2
    • Sara Tui – Subcampioa do Mundo de Fútbol Praia
  • Deportista Masculino
    • Gustavo Rodríguez – Medalla de Prata nos Xogos Paralímpicos en Toquio 2020.
    • José Leiras – No ano 2020 xogou na Liga Asobal, máxima categoría do balonmán nacional e único xogador masculino tudense en logralo.

Como en anteriores ocasiones, na gala recoñecerase a máis de vinte deportistas tudenses que participaron nestes anos en competicións internacionais.

Así mesmo, farase un recoñecemento a aqueles deportistas, directivos o persoas relacionadas co mundo deporte que faleceron nos anos pasados.

O Concello do Porriño considera “prioritaria” a mellora integral do CEIP Xosé Fernández López

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, visitaron o CEIP Xosé Fernández López acompañados polo director do centro, Benito Rodríguez, quen transmitiu aos representantes municipais as principais necesidades do colexio.

“A comunidade educativa insiste dende hai anos na necesidade de executar unha mellora integral das instalacións e é unha intervención prioritaria xa que falamos dun edificio que se construíu hai máis de 45 anos e precisa ser acondicionado”, explicou o rexedor, “Urxe dar solución aos problemas cos que se atopan os nenos e nenas que cada día acuden a este centro e así o transmitiremos á consellería de Educación”.

Cabe destacar que no CEIP porriñés acometéronse varias melloras respondendo ás demandas do centro, tando dende o Concello como dende a administración autonómica, a última delas a reparación da cuberta do patio. Tamén se instalou un ascensor, necesario para suprimir as barreiras arquitectónicas e garantizar a accesibilidade dos nenos e nenas, e cambiáronse as luminarias e as antigas fiestras de aluminio para aislar o centro.

“Realizáronse xa varias actuacións pero queda moito por facer. Precisa dunha intervención integral que permita que os nenos e nenas do casco urbano do Porriño acudan a clase en condicións”, concluíu o rexedor.

Unha das cuestións que se abordaron durante a visita foi a que é unha das grandes demandas da comunidade educativa do centro, a construcción dun comedor escolar. Neste sentido, os representantes municipais e o director valoraron varias opcións que permitan salvar os problemas de espacio que imposibilitan a posta en marcha deste servizo.

O rexedor reiterou o seu compromiso á dirección de trasmitir á Consellería de Educación a urxencia destas melloras, nun centro que conta con 400 alumnos e alumnas e un claustro de 35 profesores.

O Balonmán Caselas presesnta os seus equipos para a tempada 2021-2022

Salceda de Caselas viviu o sábado unha extraordinaria xornada de balonmán non só pola victoria do partido senior, senón porque ao rematar e aínda co sabor da victoria na boca, tivo lugar a presentación dos equipos do club para esta tempada 2021-2022.

Coma auténticas estrelas do balonman, foron saltando á pista mentres no videomarcador saía a súa imaxe e o pavillón enteiro ovacionada ás súas figuras. Foi, tal e como a cualifica o club “unha xornada diferente pero moi bonita, que esperamos repetir ano tras ano”.

A Estación Fitopatolóxica do Areeiro advirte da presenza no solo das primeiras procesionarias

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario para advertir da presenza no solo das primeiras eirugas procesionarias (Thaumetopoea pityocampa) e aconsella neste senso evitar os paseos nas zonas de piñeiros ou cedros, xa que como é coñecido, o contacto con estas eirugas pode ocasionar irritacións ou outros problemas máis graves.

As eirugas son dificiles de ver no solo no medio das agullas caidas

Persoal técnico de Areeiro xa atopou nunha zona de control nun extremo da finca a primeira procesión “de enterramento” das eirugas desta especie. Hai que lembrar que estas eirugas posúen pelos urticantes que, en contacto coas persoas e animais domésticos, poden causar irritacións (de pel, ollos…), proídos, ou mesmo rinites e outros problemas que poden ser graves.

Por este motivo, desde a Estación Fitopatolóxica sinalan que é primordial non tocar as eirugas nin sequera acercarse a elas porque tamén liberan os pelos urticantes cando se senten ameazadas. Moi sensibles son tamén os cans, pola súa curiosidade innata, e por iso estes días deben evitarse os paseos nas zonas con piñeiros (as eirugas son difíciles de ver pola súa cor semellante á das agullas caídas) o e/ou cedros.

A Federación de ANPAS de Redondela acusa á Xunta de “mentir e marxinar ás familias” no Bacharelato de Arte

0

A Federación de ANPAS de Redondela vén de acusar á Xunta de Galicia de “ignorar a centos de familias e mentir no que fai referencia a dotar ao municipio dun Bacharelato de Arte”. A Federación lembra que representa a 13 ANPAS de centros públicos de ensino de Pazos de Borbén e Redondela –centros que van desde infantil até o bacharelato– “dato significativo, porque quen se dirixa á Federación estase a dirixir a case a totalidade de familias con nenos e nenas en idade escolar de Redondela e comarca e polo tanto, quen ignora á Federación de ANPAS de Redondela, está a ignorar a centos de familias que están asociadas ás diferentes ANPAS dos centros educativos públicos de Redondela e Pazos de Borbén”, aclaran.

A Federación, en referencia ao Bacharelato de Arte quede dixar o que cualifican de “datos incontestables” e que dada a súa importancia e ao número de familias que afecta, reproducímos na súa integridade.

1. O 22 de setembro a Comisión de Educación do Parlamento, co voto favorable do redondelán Alberto Pazos, comprometeuse a cuantificar a demanda do Bacharelato de Arte en Redondela como paso previo á súa implantación.

2. Ante o silencio e inmobilismo da Xunta, a Federación de ANPAS de Redondela, enviou un escrito á Xefatura Territorial informando sobre a falta de mecanismos necesarios para facer cumprir o acordo do 22 de setembro. Así mesmo, solicitóuselle que fixera “urxentemente as xestións para que a opción de Bacherelato de Arte en Redondela sexa ofrecida ao alumnado nesta prematrícula que xa comeza. Así mesmo solicito que informe por escrito a esta Federación de todas as decisións e actuacións levadas a cabo relativas a este asunto”.

3. Terceiro dato: A día de hoxe, non se moveu un dedo para facer cumprir a promesa nin se deu resposta á Federación de ANPAS de Redondela.

Coñecidos os datos, atopámonos cunha noticia na prensa escrita na que a Consellaría de Educación recoñece que non ten feito nada coa escusa do cambio de Lei de Educación. Ante estas declaracións, desde a Federación de ANPAS de Redondela, queremos manifestar o seguinte:

1. A Xunta de Galicia despreza ás familias de Redondela ao optar por emitir unha nota de prensa na vez de dar resposta aos escritos da Federación de ANPAS de Redondela. A comunicación coa Federación debe ser seria por escrito ou de forma presencial.

2. Non é certo que o cambio de lei impida implantar o Bacharelato de Arte en Redondela. O cambio lexislativo nada di sobre esta imposibilidade. A Xunta está a xogar co futuro dos estudantes redondeláns nunha actitude de loita partidaria co goberno central.

3. A Xunta de Galicia segue a incumprir o seu compromiso de cuantificar a demanda de Bacharelato de Arte en Redondela e o fai de forma consciente.

4. A Xunta de Galicia, por voz do seu parlamentario redondelán Alberto Pazos, vendeu unha cortiña de fume que fai dos estudantes de Redondela, estudantes de segunda.

5. A Federación de ANPAS de Redondela continúa a esixir á Xunta de Galicia que cumpra os seus compromisos e que dote a Redondela de toda a oferta educativa de Bacharelato que existe neste momento. Falamos de alumnos e alumnas que o próximo curso terán que desprazarse fóra do concello para continuar os seus estudos e, no peor dos casos, renunciar á súa formación por imposibilidade de acudir a clase.

6. A Federación de ANPAS de Redondela segue a agardar a resposta da Xefatura territorial ás demandas expostas e á información solicitada. A Federación de ANPAS de Redondela está disposta a reunirse con quen sexa necesario para analizar o camiño para a implantación deste Bacharelato de Redondela.

7. A Federación de ANPAS de Redondela fai un chamamento para que todos os colectivos culturais e non culturais do concello e comarca se unan ás diferentes accións que ten planificadas.

8. Tras unha xuntanza cos colectivos culturais, asociacións e artistas do Concello de Redondela, celebrada este mesmo luns, decidiuse responderlle á Xunta de Galicia cunha Concentración o vindeiro venres 4 de febreiro na Alameda de Castelao diante do Concello de Redondela para esixir a implantación do Bacharelato de Arte en Redondela.

Redondela contratará a un total de 18 persoas desempregadas ao abeiro da liña 3 do Plan Concellos

0

O Concello de Redondela, na súa política de reforzamento das políticas de emprego, contratará a un total de 18 persoas en situación de desemprego ao abeiro da Liña 3 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra para o que destinará un orzamento de 264 325,09 € dos que a Deputación de Pontevedra achegará 257 580,89 euros mentres o Concello de Redondela aportará os 6774,20 € restantes.

Tal e como apunta a alcaldesa Digna Rivas, as contratacións “non so supoñen un respiro económico para as persoas contratadas, senón que contribúen a reforzar os servizos que se prestan á veciñanza”.

En total, o Concello contratará a 1 traballador/a social, 3 guías turísticos e 3 axudantes de servizos de actuacións de electricidade. Estes 7 contratos terán unha duración de 6 meses a xornada completa. Doutra banda, tamén se contratará a un total de 11 peóns forestais, a xornada completa, durante un tempo de 5,3 meses. A selección de persoal levarase a cabo a través dos Servizos Públicos de Emprego.

Digna Rivas aclarou que a contratación das 11 persoas como peóns forestais, permitirá dar continuidade ao programa de rozados e limpeza de estradas e camiños municipais iniciado o pasado ano no que, por primeira vez “o Concello optou por contratar a persoas desempregadas para o desenvolvemento destas tarefas en lugar de optar pola contratación dunha empresa, como se facía cos anteriores gobernos”.

A alcaldesa de Redondela, subliñou que a decisión adoptada, “non so foi dar unha saída as veciñas e veciños en situación de desemprego, senón que tamén supuxo unha mellora substancial na prestación do servizo de rozado, como quedou comprobado e así o recoñece a veciñanza”.

O Concello da Guarda contratará a 14 desempregados ao abeiro do Plan de Obras e Servizos 2022 da Deputación

0

O Concello da Guarda ven de recibir a concesión dunha subvención da Deputación de Pontevedra para a contratación dun total de 14 persoas desempregadas, grazas ao Plan de Obras e Servizos 2022 do ente provincial na súa liña 3 de emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

Con data 1 de febreiro de 2022 foi concedida ao Concello da Guarda unha axuda de 130.917,22€ para a contratación de 14 traballadores desempregados inscritos como demandantes de emprego.

PostoCNOOcupaciónCategoríaMesesXornada
2Axudantes Camión Lixo83321151  Operarios de vehículos de limpeza viaria70 Axudante6Completa
10Peóns Limpadores94431016  Varredores00 Non determinada6Completa
       
1Conserxe58331022Conserxes en xeral00 Non determinada6Completa
1Animador Socio Cultural37151038Animador Socio Cultural00 Non determinada6Completa
14      

Serán beneficiarios as persoas desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego nos códigos CNO que se indican para cada posto. Estes  requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato.

Requisitos académicos

Paro os postos de Axudante de camión lixo, Peóns limpadores NON se precisa titulación.

Para o posto de Conserxe precisase como mínimo ter o titulo de graduado en ESO ou equivalente.

Para o posto de Animador Socio cultural precisase como mínimo ter o título de Ciclo Superior en animación socio cultural

Comeza o período de inscrición para participar no IV Trail Orixes Mondariz

0

O Concello de Mondariz e a Asociación Deportiva Mondariz retoman este ano 2022 a organización da cuarta edición do Trail Orixes Mondariz, un popular evento deportivo que xurdiu co propósito de fomentar a actividade deportiva ao aire libre e dar a coñecer os enormes atractivos naturais de Mondariz e a súa contorna.

O IV Trail Orixes Mondariz está programado para o día 21 de maio, mais o proceso de inscrición comeza este martes, 1 de febreiro, a partir das 22:00 horas. As persoas que desexen participar terán até o 16 de maio, ás 23:59 horas, para tramitar a súa inscrición a través da plataforma www.empa-t.com.

Trátase dunha proba de montaña con catro distancias –Minitrail, de 14km; Trail, de 26km; Maratón, de 40km; e Ultra, de 60km– que percorren os montes que rodean o val do Tea en Mondariz e nos concellos da contorna. A proba desenvólvese entre a media e a baixa montaña, acadando a cota máis alta de 927 metros de altitude, mais o tipo de terreo é sumamente variado, cunha dificultade física e técnica alta.

Nesta cuarta edición non só se renovan os percorridos para atraer a persoas que xa participaron en probas do Trail Orixes Mondariz, senón que tamén se introduce a exixente categoría especial de Ultra, de 60km e 6.400m aproximados de desnivel acumulado.

Para participar é necesario ser maior de idade. A única excepción é a categoría de Minitrail (14km), que establece o límite de idade nos 14 anos.

Os prezos iranse incrementando a medida que se aproxime a data do evento. Desde o 1 de febreiro até o 6 de marzo será posible disfrutar dunha redución no prezo de inscrición.

“O Concello de Mondariz celebra que se retome a actividade sociocultural e deportiva con eventos de gran impacto turístico como este. Nas tres primeiras edicións do Trail Orixes Mondariz, até 2019, participaron decenas e decenas de persoas chegadas de diferentes lugares que se foron marabilladas cos atractivos naturais do val do Tea”, comenta Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz.

“Despois de dous anos de escasa actividade asociativa por mor da situación epidemiolóxica, tamén é de celebrar que se recupere pouco a pouco o dinamismo social e cultural na localidade”, destaca.

Deputación e Concello de Tomiño poñen en valor o parque e a ponte peonil da Amizade

0

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Tomiño acudirán a Madrid mañá mércores para poñer en valor os proxectos do parque e a ponte peonil da Amizade ante o secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán. O obxectivo do encotro é presentar en persoa ambas iniciativas co fin de buscar apoio e financiamento tanto estatal como europeo para a execución das obras.

No encontro, que terá lugar no Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico, estarán presentes a presidenta Carmela Silva, o deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Rio Minho Uxío Benítez, e a alcaldesa de Tomiño Sandra González.

A redacción de ambos proxectos contaron con financiamento europeo, con cargo á primeira convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (POCTEP) 2014-2020. O pasado 29 de maio foron presentados oficialmente nun acto formal na fronteira ao que asistiran autoridades dos gobernos centrais como a ministra de Coesão Ana Abrunhosa e a secretaria de estado de Valorización de Interior de Portugal Isabel Ferreira, e a subdelegada do Goberno Maika Larriba pola parte española;  autoridades autonómicas como o presidente da CCDR-N Antonio Cunha e o vicepresidente da Xunta Alfonso Rueda, amosando todos eles o seu apoio á iniciativa.

Para o deputado Uxío Benítez o parque e a ponte da Amizade constituirán un elemento dinamizador de crucial importancia material e simbólica nun territorio como é o transfronteirizo do rio Miño, dobremente impactado pola actual pandemia COVID-19, dado o seu carácter dependente dos fluxos socioeconómicos entre ambos países, que se teñen visto gravemente alterados polas restricións á mobilidade transfronteiriza.

Aberto o prazo para participar no Concurso de Comparsas de Entroido de Baiona

0

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona informa de que mañá se abre o prazo de solicitude para participar no Concurso de Comparsas de Entroido 2022. O prazo estará aberto do 2 ao 16 de febreiro, ambos inclusive.

O Concello de Baiona decidiu adiantar unha semana a celebración do Entroido. Aínda que a data oficial será a última fin de semana de febreiro, desde a Concellería de Cultura decidiuse adiantalo sete días para que a súa celebración non estea tan próxima á festa máis popular da vila, a Arribada, que este ano se celebrará o 4, 5 e 6 de marzo, e que tamén encherá de fantasía, neste caso medieval, as rúas da localidade.

Deste xeito, o Concello de Baiona será unha dos primeiros en levar a cabo esta celebración. O concurso de comparsas de Entroido terá lugar o sábado 19 de febreiro de 2022, con saída ás 17:00 horas desde a Avenida Urbana de Sabarís e percorrerán as rúas Santa Marta, Monterreal e Elduayen para terminar no Paseo Ribeira.

O Concello de Baiona repartirá 6.500 euros entre as comparsas participantes distribuídos entre os seguintes premios: 1º premio 900 euros; 2º premio 650 euros, 3ª premio 500 euros, 4º premios 400 euros e 5ªpremio 300 euros. O resto do montante repartirase entre as comparsas participantes no desfile e distribuirase en función do número de compoñentes.

Establécese un límite máximo de participación de 20 comparsas no concurso que serán admitidas por rigorosa orde de rexistro de entrada.

Entre os requisitos para participar no concurso de comparsas de Entroido do Concello de Baiona atópanse: Cada comparsa terá que estar composta por un mínimo de 12 persoas; participar no desfile organizado o sábado 19 de febreiro de 2022 así como participar no Enterro da Sardiña que terá lugar o mesmo día, a continuación do desfile, cun mínimo de 10 compoñentes por comparsa . As comparsas que incumpran este requisito, serán penalizadas cun desconto do 20% sobre a cantidade que lle corresponda.

Para participar no concurso de comparsas é preciso achegar a seguinte documentación:

  • Solicitude de inscrición segundo modelo no que debe figurar o nome da comparsa, número de membros que a compoñen, (o número máximo que se terá en conta é o que figure na solicitude, salvo que o número de participantes que figure na acta do desfile sexa considerablemente menor). Nome, DNI, dirección e teléfono do/da representante (de non ser unha asociación constituída) e Nome, CIF, dirección e teléfono no caso de ser unha asociación legalmente constituída.
  • Copia do CIF da Asociación ou DNI dun representante da comparsa no caso de grupos informais.
  • Certificado de conta bancaria da Asociación ou dun representante da comparsa no caso de grupos informais.
  • Declaración responsable de atoparse ao corrente no cumprimento dos deberes tributarios estatal, autonómica, seguridade social, Oral e co Concello de Baiona.

As comparsas interesadas,en participar no Concurso de Entroido do Concello de Baiona poden presentar a solicitude oficial no rexistro xeral do concello ou a través da sede electrónica http://baiona.sedelectronica.gal, sempre que sexan unha asociación legalmente constituída.

O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria vía BDNS no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e ata o 16 de febreiro de 2022.

Toda a información necesaria para realizar a solicitude atópase dispoñible na páxina web oficial do Concello de Baiona: www.baiona.gal

A Praza do Calvario do Rosal será reformada ao abeiro do Plan ReacPon da Deputación

0

A transformación da Praza do Calvario para convertela nun espazo amable para as persoas, cun marcado carácter peonil e accesible será unha realidade grazas ao Plan ReacPon da Deputación, o plan de recursos extraordinarios destinados aos concellos que a institución provincial puxo en marcha para reactivar a economía da provincial. A presidenta Carmela Silva e a alcaldesa Ánxela Fernández asinaron hoxe o convenio para dar “o pistoletazo de saída” a esta ambiciosa actuación que supón un investimento de 1.518.474,44 €, dos que a Deputación aportará 517.938,05 € e o concello do Rosal 1.000.536,39 €. A intervención permitirá dotar de identidade á Praza do Calvario, poñendo en valor os elementos patrimoniais da contorna e xerar espazos públicos de alta calidade para a veciñanza.

A presidenta Carmela Silva destacou que “este interesante e potente proxecto vai supoñer un antes e un despois para O Rosal”, nunha contorna situada no centro da vila que con “grandes valores patrimoniais”. “Trátase de moito máis que reformar e rehabilitar, xa que falamos de poñer en valor un lugar central da vila creando un espazo amable, de convivencia, máis democrático, onde acontezan cousas, onde a xente se relacione e poida haber cultura, deporte e outras manifestacións humanas”. Tamén asegurou que coa reforma da praza “imos conseguir que a xente do Rosal viva mellor, sexa máis feliz, teñan máis oportunidades de convivencia” xa que se “recupera espazo para a veciñanza, cambiando o modelo onde os vehículos deixan de ser protagonistas e as persoas se converten no centro”.

“Co ReacPon queríamos poñer en marcha políticas económicas expansivas para  mobilizar a economía, xerar emprego e manter empresas –explicou a presidenta- e por iso estamos a facer un grande esforzo,  solicitando un crédito de 25 millóns de euros para que os concellos, que teñen grandes proxectos de transformación, reciban recursos extraordinarios para impulsalos”. Carmela Silva informou que “xa o fixemos no anterior mandato” e detallou que “neste, co ReacPon, queríamos impulsar proxectos maduros dos concellos, que supoñen compromisos co medio ambiente, coa loita contra o cambio climático, con crear espazos públicos para as persoas, con poder ter equipamentos e dotacións que as persoas, vivan onde vivan, teñan os mesmos servizos e dereitos”. Todo elo con bases claras, obxectivas e abertas a todos os concellos, explicou a presidenta ao tempo que manifestou o seu desexo de que todos os plans “se fagan deste xeito”. Carmela Silva aproveitou a ocasión para enxalzar a xestión do mundo local. “Os concellos son un exemplo, son eficientes e eficaces, presentan proxectos en prazo e dan cumprimento a bases moi esixentes”, asegurou ao tempo que fixo un chamamento ao “resto das administracións, á Unión Europea, ao Goberno do Estado, á Xunta de Galicia, para que teñan máis en conta aos concellos,  xa que se queremos transformar o Estado, Galicia, a provincia e os concellos é preciso que o mundo local teña máis recursos, máis capacidades para desenvolver proxectos”.

Pola súa banda a alcaldesa do Rosal Ánxela Fernández agradeceu á Deputación a posta en marcha do Reacpon que “aposta pola reactivación económica a través de políticas expansivas”. Sobre o plan destacou que “é un apoio fundamental para poder facer realidade de xeito sostible un proxecto tan transformador como é a recuperación e  transformación da praza do Calvario, mellorando e cambiando o modelo para poñer ás persoas no centro da política e da xestión, recuperando e democratizando o espazo público e revalorizando a  nosa contorna patrimonial”.  “É un exemplo –engadiu a alcaldesa- e é un orgullo poder dicir que hai administracións como a Deputación que contribúen e facilitan aos concellos empoderarse, decidir por nós mesmas /os e transformar a realidade dende a cercanía. Temos poucos recursos pero moita vontade”.

O proxecto

A praza do Calvario é o centro social e administrativo do concello do Rosal que funciona, na actualidade, como “rotonda-aparcadoiro”. Con esta actuación, que empregará materiais construtivos que preserven e potencien o seu carácter patrimonial e arquitectónico, vaise transformar por completo, reforzando este espazo como centro de convivencia da veciñanza e punto de revitalización urbana e comercial a través dun deseño de praza unitario, atractivo, flexible, novo e dinámico que pon en valor a historia da vila e o seu patrimonio.

A renovada praza integrará varios ámbitos destinados ao concello, a Igrexa, o mercado, a Cámara Agraria ou as terrazas que estarán interrelacionados por un espazo central, con zonas verdes.  Destacan, por exemplo, a zona da contorna do mercado, que regresará ás súas orixes plantando árbores de gran porte que van recordar ás sobreiras que aí había a principios do século XX; ou a da zona central, preto do concello, onde se proxecta un elemento elevado, a modo de escenario, que servirá para reinterpretar o templete de música que tiña a praza nos anos 20 e que foi derribado. Amais, este elemento elevado farase en ladrillo artesán en recordo ao oficio, hoxe desaparecido, dos “cabaqueiros”, que eran produtores de tellas e ladrillos cerámicos que traballaban na zona.

O proxecto contempla tamén a reordenación do tráfico na contorna; a eliminación das prazas de aparcadoiro e a creación dun novo próximo ao cemiterio; a creación dunha barreira visual vexetal na esquina norte da praza para tapar as traseiras de edificios; a renovación das redes de saneamento, abastecemento, pluviais, telecomunicacións e eléctricas; a instalación de iluminación eficiente e nova sinalización; e a colocación de mobiliario urbano e de novos elementos vexetais.

Artistas de «O Porriño ARTE» pintan ao aire libre na contorna da Casa do Concello

No Porriño a cultura sae á rúa. Co fin de potenciar o tecido cultural do municipio a praza Arquitecto Antonio Palacios servirá de escenario para mostrar e poñer en valor as actividades que desenvolven os diferentes colectivos.

“Queremos que o traballo das nosas asociacións culturais e veciñais teña un maior protagonismo”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “A praza é un lugar céntrico polo que cada día pasa moita xente e que poidan admirar os traballos que fan conseguirá atraer a máis persoas. A cultura non é excluínte e no Porriño non debe selo tampouco, a nosa intención é que a totalidade da actividade que se desenvolve nos diferentes centros culturais se coñeza e sexa accesible”.

Para iso, dende o Concello convidarán aos colectivos veciñais e culturais a realizar a súa actividade ao aire libre no centro urbano. Os primeiros deles foron os artistas da asociación O Porriño ARTE, que armados cos seus lenzos e pinceis protagonizaron unha xornada de pintura ao aire libre a pasada semana.

[su_image_carousel source=”media: 52750,52752,52753″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

A asociación xa leva 17 anos en activo e dende entón son moitos os porriñeses e porriñesas que comezan a aí súa andadura no mundo da pintura. Neste momento son arredor de 20 as persoas que aprenden debuxo, pintura e escultura da man da pintora local, Nuria Vilanova.

Durante todo o curso dan as súas clases no centro cívico e, unha vez ao ano, expoñen os seus traballos para que todos poidamos gozar deles.

Pintar na praza do Concello foi unha experiencia nova para eles que resultou “maravillosa”. “Estivemos encantados, foi unha bonita experiencia para todos”, explicou Nuria Vilanova, “Puideron pintar con luz natural que é moi diferente á do estudio e non se sentiron intimidados pola xente en absoluto, ao contrario, achegouse moita xente para interesarse polo seu traballo e resultou moi gratificante”.

Cabe destacar, que serán máis as actividades que se disfrutarán na praza. “Todas as que se desenvolven nos centros culturais e asociacións teñen cabida”, concluíu o edil de Cultura e Asociacións, Bienvenido Estévez, “Temos unha actividade cultural moi rica e queremos que crear esa sinerxia non só coa cidadanía, senón tamén entre as diferentes asociacións para poñer en valor todo o que somos e facemos no Porriño”.

Ponteareas pon en marcha un novo modelo de illas reciclaxe para mellorar a xestión de residuos

O Concello continúa traballando para facer de Ponteareas unha vila máis sostible. Neste camiño, acaba de poñer en marcha un novo modelo de illas de reciclaxe coa que mellorar non só a xestión, senón tamén os espazos de recollida de residuos. “Queremos converter a nosa vila nun modelo en materia medioambiental. Separar correctamente en orixe implica unha maior recuperación do material a reciclar e menos restos a incinerar, reducindo o impacto ambiental que supón e os custes municipais de transporte e tratamento”, salienta a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

A instalación deste novo modelo comezou pola rúa Redondela, onde se modificaron xa as illas de reciclaxe tanto ao final da rúa como na zona de confluencia coa Avenida Rosalía de Castro. Son modelos de colectores cunha estrutura máis robusta que os actuais contedores e con indicacións máis claras dos restos que se deben botar en cada espazo, “achegando á veciñanza a maior información posible para que reciclar os residuos que xeramos sexa moito máis doado”, como explicou a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo. As novas illas de colectores irán implementándose tanto no centro da vila como nas parroquias a medida que se vaian realizando intervencións nas diferentes rúas.

As e os ponteareáns amosaron nos seus últimos anos tamén o seu compromiso coa sostibilidade. Nos últimos cinco anos incrementouse en case 13 puntos a porcentaxe de residuos reciclados, chegando ás máis de 911 toneladas de restos recollidas ao longo do ano 2021, máis de 323 da fracción vidro, case 296 de envases e outras 293 de papel e cartón.

A estes datos hai que sumar os do servizo de recollida de mobles e trastes vellos, que o pasado ano acudiron a case 2.300 puntos dos que retiraron dende colchóns ou mobles ata madeiras ou metálicos, entre outros. O Concello ten a disposición da veciñanza unha liña de teléfono para solicitar a recollida deste tipo de residuos. Chamando ao 986 64 03 07 os e as traballadoras do servizo indicarán día e hora para depositar na rúa estes residuos, permitindo así unha recollida ordenada e sostible.

O Concello de Redondela inicia unha campaña informativa sobre o protocolo de actuación fronte a vespa velutina

0

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Medio Ambiente que xestiona Alberto Álvarez, iniciará este vindeiro venres, 4 de febreiro, unha serie de charlas informativas nas parroquias do municipio, nas que se darán a coñecer os protocolos de actuación fronte á vespa velutina.

A primeira das charlas, que serán impartidas por persoal do SEIS Redondela (Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento) terá lugar o vindeiro venres, 4 de febreiro, no Centro Cultural de Cedeira, ás 19 horas.

A partir de aí, as actividades máis inmediatas serán as do Centro Cultural de Reboreda (luns 7 de febreiro ás 19:30 h), Centro Cultural de Vilar (martes 8 de febreiro ás 19:30 horas), Centro Cultural de Soutoxusto (mércores 9 de febreiro ás 19:30 horas), e Centro Cultural A Miñoteira Ventosela (xoves 10 de febreiro ás 19 horas), finalmente, o venres 10 de febreiro e para rematar a semana, desenvolveranse dúas charlas, unha primeira no Centro Sociocomunitario de Trasmañó ás 18:30 horas e a segunda no Centro Cultural de Cabeiro ás 19:30 horas.

Na semana seguinte, tal e como puntualiza a alcaldesa Digna Rivas, a iniciativa percorrerá as parroquias de Cabeiro, O Viso, Cesantes, San Estevo, Saxamonde e Chapela.

Digna Rivas lembrou a importancia de saber como actuar para frear a proliferación de vespa velutina “que afecta muy seriamente á biodiversidade e que afecta, principalmente, aos insectos polinizadores como poden ser as abellas”.

No decurso das charlas informativas veciñas e veciños recibirán información polo miúdo de como facer correctamente o trampeo para velutinas e o protocolo a seguir no caso de atopar un niño. Cómpre salientar que nestes últimos tempos incrementouse de xeito considerable o número de niños de velutina situados no chan, entre a maleza ou a alturas baixas, co conseguinte perigo que iso supón para as persoas que estean realizando labores de limpeza nas fincas.

O BNG das Neves elixe a Óscar González como Responsable Local

0

Logo das Asembleas Nacional e Comarcal, o BNG da localidade das Neves continúa co proceso de renovación de cargos nomeando a Óscar González coma o seu Responsable Local.

A decisión, acordada por unanimidade, tamén inclúe a Mónica Velasco coma responsable de finanzas, a Fernando Rodríguez coma responsable de Organización e a Rocío Barreiro encargada da área de comunicación. A renovada dirección encara agora un longo traballo de cara ás vindeiras eleccións municipais que terán lugar o próximo ano.

Recentemente, a localidade tivo un encontro coa nova Organización Comarcal, liderada por Mauro Chivite, para tratar asuntos propios da localidade e tamén sobre os concellos que conforman a entidade comarcal da organización.

A mocidade tomiñesa achega as súas ideas á mellora do campo da Feira

0

Tomiño quere converter o novo campo da Feira nun lugar de encontro feito por e para a mocidade. Para conseguilo o Concello conta unha vez máis coa colaboración do Consello da Infancia e Adolescencia, ‘Voces Novas’, que incorporará a súa voz aos traballos de recuperación deste espazo para facer del un lugar dinámico, onde a xente nova lle apeteza reunirse tanto para facer deporte como para gozar do contacto coa natureza.

“Para nós é fundamental contar coa súa opinión en todos os eidos da vida municipal, pero especialmente naquelas que lles afecta directamente, porque escoitando a súa voz podemos crear os espazos que os nosos mozos e mozas necesitan”, salienta a alcaldesa, Sandra González.

Por este motivo, representantes do Consello da Infancia e Adolescencia xa traballan cos seus compañeiros e compañeiras en ideas para incorporar ao proxecto e acadar unha zona de lecer que recolla as inquedanzas dos rapaces e rapazas. Entre as primeiras propostas destacan melloras no mobiliario urbano para axeitalo ás necesidades da mocidade: desde colocar mesas de madeira en lugar de pedra para poder usalas para escribir e facer traballos ata contar dunha parte cuberta para cando chove, colocar céspede na zona ou dispoñer de bancos ou mesas con enchufes.

En canto ao lecer, salientan a importancia de mellorar e agrandar o skatepark collendo o espazo que agora ocupa a cancha, xa que é un dos principais reclamos da zona, e suxiren mover o parque de calistenia para esta zona. Outra das ideas que barallan é a da creación dun mural actual na zona que represente á mocidade.

A rexedora destaca o labor do Consello da Infancia e Adolescencia e agradece a implicación de todas e todos os seus integrantes no futuro do Concello e nas intervencións que se están levando a cabo no municipio, como a do skatepark de Goián, na que as súas suxestións tiveron especial relevancia.

A actuación no campo da Feira dará como resultado a creación dunha área moderna e contemporánea, continuando coa aposta da recuperación do espazo público para as persoas a través do fomento da mobilidade peonil e poñendo tamén en valor a arquitectura co uso de iluminación específica que resalte o seu atractivo.

O Porriño elixirá o seu cartel anunciador do Entroido nun concurso escolar

O Concello do Porriño, dende a Concellería de Educación e Normalización Lingüística que dirixe Carolina González, convoca o I Concurso Escolar de Carteis do Entroido no que se buscan as mellores ilustracións para promocionar as festas do Entroido do Porriño.

Neste concurso, elaborado de forma conxunta polos servizos municipais da OMIX e Normalización Lingüística, poderá participar todo o alumnado dos centros educativos do Porriño, nos niveis de infantil, primaria e secundaria; así como o alumnado de Aceesca. O cartel gañador, 1º premio, será a imaxe do Entroido do Concello do Porriño 2022 e as tres persoas premiadas (1º, 2º e 3º) recibirán un lote de material escolar, ademais de seren as pregoeiras do Entroido 2022 do Porriño.

Con esta iniciativa, o Concello pretende implicar á cidadanía, concretamente o alumnado, na organización da súa axenda cultural; así como promover e dinamizar a lingua e cultura galegas a través dunha festividade tan vencellada á nosa tradición cultural. Os carteis do Entroido serán expostos no Centro Cultural Municipal e mais na páxina de ecultura.net durante as datas do Entroido.

Dende a Concellería de Educación, OMIX e o Servizo de Normalización Lingüística animan aos alumnos e alumnas do Porriño a participar no seu centro de estudo para formar parte da imaxe do Concello do Porriño nestas datas festivas.

Podes consultar as bases do concurso nesta ligazón.

O Teatro Municipal de Tui acolle o 11 de febreiro a estrea nacional de «As que limpan»

0

O próximo venres, 11 de febreiro, A Panadaría estreará en Tui ‘As que limpan’. Onte A Panadaría iniciou no Teatro Municipal de Tui a súa residencia artística na que rematarán de pulir aspectos artísticos e de pechar outros técnicos coma o deseño da iluminación. O equipo, formado integramente por mulleres, estará en Tui até o día da estrea.

Precisamente no día de onte tiña lugar a presentación da obra por parte das tres actrices, directoras e autoras da obra Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, xunto ao alcalde, Enrique Cabaleiro e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, daba a benvida ás integrantes de A Panadaría. Aludía o rexedor tudense ao momento difícil que vén de pasar a cultura debido a pandemia, polo que necesitan o apoio das institucións sinalando que “a cultura é tamén un elemento de dinamización social e económico”. Enrique Cabaleiro manifestou que “é unha honra que estreedes aquí esta obra que ten un contido social importante e pon enriba da mesa elementos de debate importantes”. Referíase así por unha banda “ás xustas reivindicacións das profesionais que se dedican a limpeza en hoteis e en cadeas hoteleiras”, e por outra ao “modelo turístico de masas que empeza xa a ser cuestionado en moitos lugares”. Nese senso advertía que “en Tui, que é un concello cunha clara vocación turística, temos que estar atentos a que non se dea ese fenómeno, sobre todo vinculado ao Camiño de Santiago”.

A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, amosaba a súa satisfacción por poder contar en Tui con esta obra, destacando o feito de que se realice na cidade unha estrea a nivel nacional dunha obra coproducida polo Centro Dramático Nacional sobre “un tema que está moi en boga coma son as mulleres limpadoras das grandes cadeas hostaleiras que demandan xustiza social”

Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman explicaron na súa intervención que en “As que limpan” seguen a liña de traballo da compañía facendo comedia e música vocal, nesta ocasión para “contar a loita das camareiras de piso”, e por extensión dicían “imos falar de todas as mulleres, e de como estamos abocadas aos traballos de limpeza e dos coidados, e coma estes traballos normalmente son traballos precarizados”. Engadían que tamén “aproveitamos para falar do modelo de turismo que levamos anos construíndo no noso país e coma iso afecta aos ecosistemas, ás persoas…”.

Areta Bolado indicaba que “para nós a loita das camareiras de piso é unha loita obreira moi significativa” porque explicaba que emprega mecanismos diferentes aos tradicionais, “empregan mecanismos moi creativos para conseguir visibilizarse”.

‘As que limpan’ estrearase no Teatro Municipal de Tui o venres, 11 de febreiro, ás 21 h. A xira continuará por Redondela, Vilagarcía de Arousa, Vigo, As Pontes, Viveiro, Foz, Ames, Oleiros, Santiago de Compostela, Gondomar, Monforte de Lemos,, A Coruña, Lugo, Mos e Cedeira. Amais o 2 e 3 de abril estrarán a obra en castelán no Teatre El Musical en Valencia, e do 20 de abril ao 15 de maio estarán no Teatro María Guerrero en Madrid.

As entradas para a representación en Tui poranse á venda mañá martes, 1 de febreiro, ás 21 h en www.tui.gal aos prezos de 10 € e 8 €.

Dentro da promoción do espectáculo A Panadaría repartirá 1000 bolsas de papel para o pan coas datas das representacións da obra, entre as panadarías locais.

O Pleno da Cañiza aproba o convenio de colaboración coa Deputación para un investimento de máis de 130 000 euros

0

O pleno da corporación municipal da cañiza celebrado o pasado xoves, 27 de xaneiro, primeiro do 2022, aprobou a proposta da Alcaldía para asinar un Convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación de Pontevedra que permita desenvolver as actuacións recollidas no proxecto Sistemas sostibles de xestión de augas I.

O proxecto, que contempla actuacións de mellora da eficiencia enerxética nos sistemas de depuración e tratamento de augas municipais, conta cun financiamento do 80 % do FEDER a través das liñas de axuda convocadas polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) do Goberno de España. O 20 % restante está sufragado pola Deputación de Pontevedra que poderá aportar ata un máximo de 10 000 € e por recursos propios do Concello cunha aportación de 16 083,44€ dun investimento total de 130 417,15€.

As actuacións recollidas no proxecto pretenden mellorar o proceso de depuración das augas residuais das EDAR de Achas e de Valeixe, e mellorar a Rede de Abastecemento da Cañiza adecuando o caudal bombeado dende os pozos de captación ás necesidades de auga existentes nos depósitos de cabeceira da Rede (Portoaugavella e Augas Férreas). Con estas actuacións mellorarase a eficiencia enerxética das instalacións (estímase unha redución dun 35% da enerxía consumida ao ano).

Segundo manifestou o Alcalde Luís Piña, “con estas actuacións o Concello pretende orientar os seus servizos municipais cara a un modelo máis sostible que garanta o medio natural e o medio ambiente para as futuras xeracións dándolle un pulo á economía baixa en carbono e á economía circular”.

A medida contou co voto a favor dos 7 concelleiros de goberno e dos 5 do grupo da oposición.

A orde do día do pleno viuse alterada pola inesperada renuncia á súa acta do concelleiro do PP, Carlos Rincón. Rincón, quen durante oito anos foi concelleiro do anterior goberno popular, presentou a súa dimisión por razóns persoais, sen máis explicacións. Rincón sigue sendo o presidente da CMVMC da parroquia das Achas. Desde o Concello comunicarase á Junta Electoral Central a súa dimisión e renuncia á acta de concelleiro e procederase á súa substitución polo seguinte candidato da lista do PP, José Rogelio Gómez Estévez.

Aprobouse tamén a proposta de modificación do Regulamento Orgánico Municipal (ROM), na que se recollían pequenas modificación do ROM para aclarar o acceso a documentación e racionalizar o uso de rogos e preguntas, de acordo coa lexislación vixente.

A cultura cítase no Castelo de Soutomaior nunha xornada de debate sobre os retos “poscovid”

A Deputación, xunto á Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, organiza o día 10 de febreiro unha xornada no castelo de Soutomaior para debater sobre os desafíos aos que se enfronta o sector da cultura. A presidenta provincial, Carmela Silva, presentou o encontro, que leva por nome “Retos da cultura poscovid”, xunto á vicepresidenta da entidade cultural, Clara Cordeiro, e resaltou que “desde as Administracións temos que escoitar moito ás asociacións e persoas do mundo da cultura, que son as que nos marcan o camiño, e apostar máis que nunca por potenciala”. A responsable da Deputación animou “á xente da cultura a apuntarse e vir a un lugar que é ademais tan especial como o castelo”. Cordeiro, pola súa banda, destacou que a cita será “unha maneira de reencontrarnos despois dun tempo tan difícil”. A inscrición está aberta xa a través desta ligazón cun máximo de 100 prazas.

“Todas e todos sufrimos moito coa pandemia pero particularmente as persoas que se dedican á cultura cos confinamentos, redución de público e peches. Pero esta situación tamén demostrou que a xente precisou á cultura para soportar a pandemia, e a cultura permite ademais construír sociedades avanzadas e modernas, con pensamento crítico”, expuxo Carmela Silva, quen resaltou que nas charlas e mesas “participará xente moi potente e diversa e a xornada permitirá tecer redes, sumar sinerxías e poñer en contacto aos profesionais do sector”. Ademais, destacou que se afondará nas charlas e debates “na sostibilidade, o feminismo, a necesidade de expandir a cultura a todo o territorio e nas redes colaborativas”.

Programa

O 10 de febreiro, a presidenta da Deputación abrirá a xornada xunto a Pilar Portela, presidenta da Asociación e exdirectora do Pazo de Congresos de Pontevedra. A continuación terá lugar a conferencia marco “Retos da cultura poscovid” a cargo de Benito Burgos, coordinador do programa Cultura e Cidadanía na Subdirección Xeral de Cooperación Cultural do Ministerio de Cultura.

Unha hora despois dará comezo a mesa de debate sobre “Retos de futuro da xestión cultural na provincia de Pontevedra” na que participan o xornalista Alfonso Pato; a tamén comunicadora especializada no eido da cultura Marián Rodríguez; a socióloga e técnica cultural Marta Núñez; a xestora e comisaria cultural Paula Cabaleiro, directora da área de Cultura da Deputación; e Jorge Linheira, investigador sobre políticas culturais e autor do libro “La cultura como reserva india. Treinta y seis años de políticas no culturales en Galicia”.

Proxectos inspiradores

Finalmente pechará a xornada, ás 12.30 horas, a mesa “Proxectos inspiradores en xestión cultural na provincia de Pontevedra”. Alí presentaranse iniciativas como a colección de cinco libros “Defensoras de Dereitos”, con textos de Lara Dopazo e ilustracións de Marta Conde e Rotmlnas e no que colaborou a Deputación; ou a cooperativa “Somos Terra”, que ten por obxecto educar e sensibilizar sobre a sostibilidade, da man  dunha das súas socias, Eva López.

Silvia Villar, activista, xestora e investigadora sociocultural, presentará “A casa colorida”, organización colectiva que axuda a desenvolver proxectos a través de software libre. Mar García, programadora da Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas de Vigo, dará a coñecer “Achegando culturas”, proxecto social que impulsa a biblioteca e a Fundación Secretariado Gitano para fomentar a cultura e a integración.

A xornada péchase coa intervención da presidenta da Asociación e de Carlos Lorenzo, secretario da entidade, consultor cultural e director do documental “Vértice de versos”.

Apoio da Deputación

Pilar Cordeiro agradeceu na presentación o apoio da presidenta Carmela Silva e da Deputación ao mundo da cultura. “É moi importante, ao igual que a forma, con esa predisposición a escoitar e a facilitar o noso traballo, que pasa por defender a cultura, e máis nestes tempos”, explicou. Cordeiro engadiu que o sector “pasa por unha situación máis fráxil que nunca, pero somos optimistas sobre que as cousas poden mellorar” Apuntou a intención de que a xornada “sexa un encontro participativo, para falar e debater, produtivo e lúdico”.

O Pleno de Mondariz aproba os convenios de cooperación coas entidades locais de Vilasobroso e Queimadelos

O Pleno municipal aprobou os convenios polos que se establecen as relacións de cooperación e coordinación entre o Concello de Mondariz e as entidades locais menores de Vilasobroso e Queimadelos, froito da vontade e do traballo de negociación do Goberno municipal para dar unha solución a unha demanda histórica relacionada co cumprimento da Lei de Administración Local de Galicia.

Vilasobroso e Queimadelos levaban décadas demandando o cumprimento da Lei de Administración de Galicia no que respecta á recadación da porcentaxe mínima dos impostos devindicados polo Concello no ámbito territorial de cada entidade local menor, cos votos favorables dos concelleiros e das concelleiras do BNG, PSOE, Alternativa por Mondariz e Ciudadanos, e as abstencións do PP.

Durante a sesión plenaria do venres, 28 de xaneiro, a Alcaldía autorizou a intervención dos presidentes das entidades locais menores de Vilasobroso e de Queimadelos para que dirixiran un alegato á Corporación Municipal antes da votación, como partes institucionais interesadas neste asunto. Alexandre Estévez, presidente da Xunta Veciñal de Vilasobroso, expuso diante do Pleno que o dereito das entidades locais menores a percibir alomenos o 25% dos impostos municipais recadados no territorio está recoñecido por leis de 1985 e 1997, e que non é un dereito que se deba discutir no seo da Corporación.

Por outra banda, destacou que non se trata de ningún privilexio respecto a outras parroquias que non están constituídas como entidades locais menores, xa que implica asumir unha serie de competencias de administración local de recursos e mesmo servizos públicos. Sandra Queimadelos, presidenta da Xunta Veciñal de Queimadelos, afondou precisamente na problemática de ter que xestionar como entidade local menor unha traída de auga sen recursos financieiros suficientes e sen posibilidade de solicitar axudas públicas.

“Formalizar a relación entre o Concello de Mondariz e as entidades locais menores a través destes convenios é un paso histórico. Non só se trata de cumprir a lexislación vixente, senón de dar solución a problemas estruturais que se foron aparcando durante as anteriores lexislaturas e que, como é o caso, pasaron mesmo polos xulgados”, comentou Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz, en referencia á demanda xudicial que iniciou a entidade local menor de Vilasobroso en 2019, antes de rematar a pasada lexislatura, contra o Concello de Mondariz por este asunto.

Os convenios de colaboración e coordinación aprobados, con todo, están concebidos como convenios de mínimos. O obxectivo principal é que funcionen como marco legal básico para nun futuro, en función da experiencia e da vontade político-administrativa das partes interesadas, ampliar as competencias.

Unha vez aprobados polo Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mondariz, estes convenios de colaboración e coordinación pasarán polo Pleno da Xunta Veciñal de Vilasobroso e de Queimadelos, onde está prevista a súa respectiva aprobación.

Blanca Francés deixa a súa acta de concelleira de EU Son do Porriño por motivos de saúde e José Manuel Villa ocupará o seu posto

EU Son do Porriño vén de dar a coñecer que na asemblea celebrada onte, 30 de xaneiro, a concelleira Blanca Francés informou, tanto á militancia coma simpatizantes, a decisión de “deixar a súa acta como concelleira por motivos de saúde”. Este paso, comunicado hai xa meses ao resto do Consello, viuse aprazado dada a complicada situación que se vivía no Concello do Porriño.

A formación asemblearia agradeceu “o seu traballo e o seu compromiso” nestes dous anos, que amosou aínda máis “agardando a que as circunstancias cambiaran, e o esforzo que lle supuxo ser parte de recentes e duros procesos”. Á marxe xa da parte institucional –engade EU Son– seguirá sumando, con honestidade e coma sempre, dentro da organización”.

A renuncia formalizarase o antes posible para axilizar a toma de posesión do novo concelleiro, José Manuel Villa Collazo. A súa incorporación ao grupo municipal “trae valentía, seriedade e un firme compromiso co ben común e o interese xeral”, afirma EU.

Ponteareas homenaxea a Castelao

O Concello de Ponteareas realizou a pasada fin de semana unha homenaxe a figura e legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao polo aniversario do seu nacemento e para celebrar o Día da Ilustración. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, falou da importancia do galeguista e lembrou que “foi e será un referente de loita, amor e traballo polo noso país que ten que servir de exemplo para as novas xeracións de galegos e galegas”.

O edil salientou a importancia de “reivindicar o legado do pensador, artista e político galeguista que estivo disposto a todo por mellorar a vida dos galegos e galegas”, ao tempo que destacou “o enorme valor artístico e retratista das súas ilustracións”.

Durante a homenaxe o equipo do Concello de Ponteareas estivo acompañado pola música do grupo de gaitas Naiama e algúns veciños e veciñas que tamén quixeron homenaxear ao autor de “Sempre en Galiza”.

Luz verde do Pleno municipal para que Mondariz financie con préstamo bancario o cambio a LED do alumeado público

0

O Goberno de Mondariz levou a pasada semana ao Pleno municipal a súa proposta de financiar o 20% do cambio a LED de toda a rede municipal de alumeado público a través dun préstamo bancario. Cos votos favorables de BNG, PSOE, PP e Ciudadanos e a abstención de Alternativa por Mondariz, a Corporación Municipal deu autorización ao Goberno para iniciar a tramitación desa vía de financiación.

Durante a sesión plenaria celebrada o venres, 28 de xaneiro, os membros da oposición recoñeceron que a operación é ambiciosa e conleva riscos para un concello pequeno como Mondariz, pero igualmente resulta necesaria para aproveitar os fondos europeos tramitados a través do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía) en 2020 para executar un proxecto de investimento tan estratéxico como o cambio a LED e a modernización dos cadros eléctricos da rede municipal de alumeado público.

A autorización da Corporación Municipal en sesión plenaria era necesaria porque o importe relacionado supera o 10% do orzamento municipal. Con todo, que o Goberno de Mondariz poida iniciar o proceso de solicitude dun préstamo bancario non asegura a día de hoxe que o 20% deste investimento sexa finalmente financiado a través desa vía. A partir de agora, o procedemento continuará co cumprimento dos parámetros establecidos para a licitación do contrato de empréstito pertinente.

“O aforro que supón este proxecto de eficiencia enerxética na factura eléctrica municipal permitirá amortizar as obras rapidamente. Se fora outro tipo de proxecto teriamos máis dúbidas, pero neste caso solicitar un préstamo bancario para financiar a aportación municipal é a mellor opción. Non nos podemos permitir deixar de investir noutras áreas relacionadas cos servizos básicos, como as estradas ou a rede municipal de abastecemento de auga”, sinala Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz.

De non acadar financiación bancaria para o 20% do proxecto de cambio a LED da rede municipal de alumeado público, o Concello de Mondariz tería a opción de acollerse á Liña 1 do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, mais iso deixaría a outras áreas sen investimentos mínimos anuais.

“No Concello de Mondariz levamos un atraso moi importante nos investimentos. Se non se fai un esforzo, se non se corre o punto máximo de risco controlado, é moi difícil que este concello poida modernizarse e actualizar certos servizos”, declarou o concelleiro de Mobilidade, Urbanismo e Vivenda, Leopoldo Tato, durante a sesión plenaria.

“Para reducir custos é necesario realizar investimentos”, foi outro dos comentarios que se escoitaron na sesión plenaria en defensa desta actuación municipal, neste caso por parte do concelleiro de Facenda, José Luis Fernández.

Un investimento estratéxico para o futuro de Mondariz

Por criterios administrativos, o cambio a LED da rede municipal de alumeado público consta de catro proxectos que abarcan a todas as parroquias. En suma, supón un investimento de millón e medio de euros que require unha aportación municipal próxima aos 300.000 €.

“No seu momento, decidimos ser valentes e pensar no cambio integral da rede municipal de alumeado público. Con todo, como o programa europeo correspondente ao período 2014-2020 estaba case esgotado, dividimos o investimento en catro proxectos para ter máis opcións de ver aprobada algunha actuación sobre a rede municipal de alumeado público. Finalmente, todas as solicitudes resultaron aprobadas. Executar os catro proxectos é un enorme esforzo político-administrativo, pero estamos convencidos de que é unha oportunidade histórica que debemos aproveitar”, sinala Barros.

Nos proxectos técnicos está estimado un aforro enerxético superior ao 70% que incidirá directamente na factura eléctrica municipal, que antes do ciclo alcista do prezo da luz xa se aproximaba aos 200.000€.

“É unha modernización integral de infraestruturas básicas que ningún Goberno municipal das últimas décadas afrontou e que beneficiará ao Concello de Mondariz durante moito tempo”, destaca o alcalde.

Na lexislatura anterior xa se tramitara un proxecto de instalación de luminarias LED a través dun programa da Deputación de Pontevedra, que está en vías de execución por problemas derivados da propia planificación do proxecto. Trátase da instalación de luminarias LED en 134 puntos de luz dos barrios de Lordelo e Aboal, na parroquia de Toutón, que non inclúe a renovación dos cadros eléctricos. “A diferencia é que agora é o propio Concello de Mondariz quen promove e controla os proxectos, abarcando todos os elementos da rede que é necesario renovar para acadar a eficiencia enerxética que se busca”, sinala Barros. “Ademais, o cambio a LED da rede municipal de alumeado público vai chegar a todas as parroquias, sen deixar a ningunha atrás”.

A Xunta avanza que Mos disporá de axudas para construír vivendas protexidas

0

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, recordou á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que os fondos europeos que xestiona a Xunta prevén un programa para impulsar proxectos para a construción de novas vivendas protexidas no Concello.

Ángeles Vázquez mantivo a semana pasada unha reunión con Nidia Arévalo, na que coñeceu os proxectos de interese municipal nesta materia, que se centran en desenvolver un novo ámbito residencial na contorna urbana de Pozas, na parroquia de Petelos.

A rexedora sinalou que, a priori, representa un ámbito óptimo para o desenvolvemento do proxecto, xa que acolle varios centros formativos e edificios deportivos e culturais. Por este motivo, a conselleira comprometeuse a colaborar co Concello na tramitación urbanística necesaria para o desenvolvemento desta actuación, así como na solicitude de axudas ao abeiro das convocatorias ás que desexen optar.

Así mesmo, é intención do Concello a apertura dun rexistro municipal de demandantes para estas vivendas, a maiores do rexistro oficial autonómico, para valorar e ter unha estimación máis axustada coa realidade respecto do volume de poboación interesada en solicitalas.

Pola súa banda, sobre o novo programa de axudas, a conselleira explicou que ao longo do actual trimestre se publicará a convocatoria e estará dirixida concretamente á construción de vivendas en alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes, cun orzamento de 16,1 millóns de euros.

As axudas están dirixidas a promotores, empresas e sociedades de carácter público ou público-privado, que poden optar a 50.000 euros por cada vivenda construída, co obxectivo de poñer no mercado máis inmobles protexidos en réxime de alugueiro.

A conselleira e alcaldesa coincidiron en que este programa representa unha boa medida para facilitar á mocidade de Mos, concretamente, unha oportunidade para acceder ao seu primeiro fogar, ao tempo que se enchen de vida e de dinamismo outras zonas do municipio.

A nova oficina de turismo de Tui abre as portas a unha inédita marca turística

0

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, acompañado pola Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; e os socios do proxecto Interreg Río Miño Navegable, serán os encargados de inaugurar a Oficina de Información e Turismo que se traslada aos antigos Xulgados do Paseo da Corredoira.

O sector turístico é un eixo estratéxico para Tui e, en especial, unha oportunidade para fortalecer o desenvolvemento sostible da zona, servindo de motor para a súa economía urbana. Dende o propio Concello, Salvaterra, Monçao, Valença, Turismo de Galicia, Turismo Norte de Portugal e Patrimonio Natural levan anos traballando para poder actualizar e acadar unha oferta de calidade que contemple absolutamente todo o que a localidade e a súa contorna ten para atraer aos visitantes.

Unha nova oficina para mellorar a experiencia dos turistas

Nesta liña, o concello transformou con cargo a fondos europeos do proxecto Interreg Río Miño Navegable (Programa de Cooperación Transfronteirizo Interreg V A 2014-2020), o inmoble de propiedade municipal que nos últimos anos albergara o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº3 de Tui, para reconvertelo nunha oficina de turismo máis accesible, céntrica e ampla que se inaugurará o vindeiro mércores, 2 de febreiro.

O acto de presentación dará comezo ás 12.00 horas, e correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro González, que estará acompañado pola Directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva Rego; e os socios do proxecto Río Miño Navegable.

O acto continuará ás 12.30 horas cun percorrido guiado polo casco antigo da localidade para rematar, ás 13.00 horas, no Convento de Santo Domingo de Tui, onde os asistentes poderán degustar un aperitivo.

Un proxecto máis ambicioso: ‘Río Miño, un destino navegable’

A mudanza de localización e a renovación da Oficina de Turismo non é un simple cambio illado, senón que responde a un obxectivo moito máis ambicioso no que o fin é mellorar a experiencia global de acollida aos visitantes, así como abrir unha nova e atraínte vía de acceso ao turismo da man do proxecto ‘Río Miño, un destino navegable’. A nova marca turística transfronteiriza que mira con esperanza ao Miño, presentada xa en FITUR, desenvolverase polo miúdo durante o acto de inauguración da oficina.

O río Miño ten un valor natural incalculable, sen embargo, polo de agora o turismo vivira de costas ás particularidades e ás posibilidades que ofrecía no seu tramo final, precisamente onde serve de fronteira a Galicia e o norte de Portugal. Conscientes de que non é o mesmo ver o seu discorrer desde a beira que nunha travesía, o concello de Tui, da man dos municipios de Salvaterra do Miño, Valença e Monção somérxense no proxecto e na consolidación da marca Visit Río Miño. O seu fin é o de crear unha ruta fluvial mellorando a navegabilidade do río, para así favorecer a conectividade da Eurorrexión, a interrelación entre estas dúas eurocidades (Tui-Valença e Monção-Salvaterra), ao tempo que ofrecen produtos turísticos cada vez máis atractivos para os visitantes. Para acadalo, contouse cun presuposto de máis de 1 millón de euros dos que Europa, a través de fondos Interreg, aporta o 75%.

Durante o acto de inauguración daranse a coñecer as diferentes accións que confluirán na creación de distintas rutas turísticas, así como o que suporá esta nova marca turística para a localidade tudense.

A Deputación impulsa as obras de mobilidade peonil da EP-3102 en Tomiño

0

A Xunta de Goberno da Deputación vén de adxudicar as obras de mellora da mobilidade peonil no Camiño Escolar da EP3102 ao CEP Pedro Caselles en Tomiño, por un orzamento de  249.997 euros. Os traballos incluirán a construción dunha senda, a incorporación de elementos redutores de velocidade e a renovación da iluminación e, segundo o convenio asinado por ambas administracións, a Deputación asumirá o 70% e o Concello de Tomiño o 30% do orzamento.

A actuación abranguerá un tramo de 400 metros da E.P.-3102 comprendido entre o Colexio de Primaria Pedro Caselles e a intersección coa nova Avenida Baixo Miño. Trátase dun treito que dá acceso a varios equipamentos de Tomiño, como é o citado centro escolar, así como a igrexa e o cemiterio, polo que é moi concorrida por peóns e peoas, e coa obra preténdese adaptar este viario ao modelo de mobilidade segura e sostible da Deputación.

A senda peonil prevese na marxe dereita e terá de 3,78 metros de ancho, mentres que a sección da calzada, na que se reforzará o firme e se reporá a capa de rodadura, estará constituída por dous carrís, un en cada sentido, cun ancho de 3,20m, e beiravías a ambos lados. Na zona próxima á nova rotonda executada na EP-3102, reordenarase o espazo actuando en toda a sección viaria, continuando coa senda de 4,65 metros de ancho na marxe dereita, dividindo a calzada en dous carrís de 3,10m e unha banda de aparcamento en liña de 2,6m de ancho.

Os traballos completaranse coa incorporación de elementos redutores de velocidade e a renovación da iluminación viaria (que incluirá novos puntos de luz con lámpadas led para mellorar a eficiencia enerxética da rede) así como co drenaxe de pluviais. A maiores, engadirase máis vexetación á contorna cun novo arborado e soterraranse os servizos de alumeado, rede eléctrica e de telecomunicacións. Reinstalarase tamén a sinalización vertical e horizontal.

A Concellería de Novas Tecnoloxías oferta cursos de formación gratuítos nas aulas CeMIT de Chapela e Redondela

0

A Concellería de Novas Tecnoloxías que xestiona Olga García Ballesteros desenvolverá, durante este ano 2022 un programa que incluirá ata 10 horas de formación nas súas duas aulas CeMIT de Redondela e Chapela. Trátase dunha serie de accións formativas –totalmente gratuítas aínda que con prazas limitadas– que tratarán de achegar as ferramentas informáticas máis comúns e utilizadas á poboación, achegar á veciñanza a administración electrónica e impartir contidos máis específicos noutros casos.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, fixo fincapé na importancia destas actividades formativas “nun mundo cada día máis informatizado e no que os trámites na liña supoñen un xeito rápido e eficaz de realizar trámites coas administracións”.

Un programa formativo completo, que combinará formacións curtas con cursos dunha duración de ata tres meses. Como novidade se desenvolverán sesións individuais con cada asociación que o requira, obradoiros de uso de teléfonos multimedia e tablets ou ferramentas que se poden utilizar dende a nube sen necesidade de instalar ningún programa.

A idea é dividir a formación deste ano en catro módulos, o primeiro dos cales arrincará en marzo e terá unha duración de dous meses, nos que se impartirán os seguintes contidos:

Cursos en Aula CeMIT Redondela marzo e abril

  • Alfabetización dixital Windows 10 e Internet (24 horas)
    • 2 de marzo a 27 de abril
    • Luns e mércores de 9.30 h a 11.00 h.
  • Mecanografía co computador (16 horas)
    • 2 de marzo a 27 de abril
    • Luns e mércores de 11 h a 12 h.
  • Tarefas de oficina con Writer e Calc (24 horas)
    • 2 de marzo a 27 de abril
    • Luns e mércores de 12 h a 13 h.
  • Aula Aberta – os venres : Seminarios de Subvencións co concello e taller de informática para adultos (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións), un venres en Redondela e o outro en Chapela.

Cursos en Aula CeMIT Chapela marzo e abril

  • Aplicacións Google (24 h)
    • 1 de marzo a 28 de abril
    • Martes e xoves de 9.45 h a 11.15 h.
  • Internet e correo electrónico (16 h)
    • 1 de marzo a 28 de abril
    • Martes e xoves de 11.15 h a 12.15 h.
  • Drive ofimática na nube (24 h)
    • 01 de marzo a 28 de abril
    • 12.15 h a 13.45 h
  • Aula Aberta – os venres: Seminarios de Subvencións co concello e taller de informática para adultos (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións), un venres en Redondela e o outro en Chapela.

As matrículas deste primeiro módulo se abrirán a partir do vindeiro 7 de febreiro, as instancias para participar nos cursos poderánse recoller na páxina web de redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no edificio Multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela poderánse solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.

A presentación de ditas solicitudes e a documentación precisa, farase nos rexistros habilitados no Concello de Redondela (incluíndo a sede electrónica, onde estará o formulario a disposición) tendo en conta que a selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida se lle chamará por teléfono para confirmar a súa participación.

Toda a información estará dispoñible na web municipal (www.redondela.gal) a partir da semana próxima e se atenderán as consultas no mail [email protected] ou na aula de Redondela de 10:00 a 13:00 horas de luns a venres, durante o mes de febreiro.

Nigrán regula de xeito definitivo o aparcamento de caravanas nas zonas de praia

0

O goberno de Nigrán proporá no pleno ordinario de hoxe a actualización da ‘Ordenanza de Convivencia Cidadá e Ornato Público’ para regular de xeito definitivo o aparcamento de caravanas nas zonas de praia. Así, o Concello fixará de xeito permanente a súa iniciativa de delimitar zonas para o aparcamento exclusivo deste tipo de vehículos (a acampada ou pernoctación mantense como prohibida en calquera dos casos). O obxectivo final que se persigue é garantir o dereito de aparcar de todos os usuarios da praia, xa que as prazas nos areais son moi limitadas en relación ao número de persoas que se desprazan ata elas a motor.

“Esta medida xa a tomamos hai dous anos de xeito experimental mediante o edicto de sendos bandos e agora, analizado o bo resultado do primero ano en que se respectou escrupulosamente, a fixamos na ordeanza para que quede lexislado definitivamente”, xustifica o alcalde, Juan González, quen incide en que “esta fórmula dá competencias á Policía Local para tomar medidas en caso de infracción”.

Na práctica supón que, tal e como xa se viña facendo, poderá repetirse a fórmula mediante resolución de alcaldía de delimitar permanentemente 30 prazas para uso exclusivo de caravanas ou vehículos de similares dimensións en cinco zonas de praia (dúas áreas de Praia América, unha en Panxón, unha en Patos e outra en Cansadoura). Estas non poderán aparcar fora das zonas sinalizadas para elas entre as 10:00 a 21:00 horas. Evidentemente, esta especial regulación afecta só as bolsas en primeira liña de praia, “fora destas zonas poden aparcar libremente nos mesmos lugares en que se lles permite aos coches”.

“Consideramos que o turismo de caravanas é beneficioso para a economía local e protexemos o seu dereito a aparcar nas zonas de praia, non a acampar ou pernoctar, e o facemos harmonizando ese dereito tamén co dous usuarios de coches”, indica o alcalde, Juan González, quen defende que o caravanismo “está en auxe precisamente pola crise do covid-19 e é unha oportunidade máis para Nigrán”. “Trátase de harmonizar e regular polo interese de todos”, incide González, quen subliña que “non é o mismo aparcar que acampar, xa que a acampada libre está expresamente prohibida”.

Así, as zonas onde as caravanas ou similares teñen xa a súa zona de aparcamento exclusivo, convintemente sinalizado, manténdose igual que nos pasados dous anos: en Praia América na zona de Fonte Seca e zona onde se pon o mercado de artesanía no verán; en Panxón no Campo de Redes e en Patos nas escolas de surf e na praia da Cansadoura.

Redondela contará cun axente da policía local dedicado a todas as tarefas relacionadas coa violencia machista

0

O Goberno local de Redondela vén de dar un paso máis na loita contra a violencia de xénero e a asistencia as vítimas destinando especificamente un axente de policía local, Obulio Iglesias Otero, ás tarefas relacionadas coa violencia de xénero e o sistema VioGén. O axente, acompañado do xefe da Policía Local, foi recibido na mañá de onte pola alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e polo concelleiro de Seguridade, Nacho González.

Dende a adhesión do Concello ao Sistema de seguimento integral dos casos de violencia de xénero (VioGén), esta tarefa viña sendo realizada polos axentes da Policía Local redondelá compaxinándoa co seu cometido habitual.

Tal e como explica a alcaldesa Digna Rivas, destinando un axente para todo o relacionado coa violencia machista, “acádase unha maior eficacia á hora de activar os protocolos fronte a violencia machista e aprovéitanse mellor os recursos recíprocos establecidos no convenio asinado co Ministerio do Interior”.

A maiores, a incorporación dunha persoa para labores específicas do sistema VioGén, permite afondar na transversalidade que o Goberno local busca en todas e cada unha das súas accións ao coordinar e axilizar as accións da Policía Local, Servizos Sociais e Centro da Información da Muller (CIM), en casos de violencia machista.

Son, afirma Digna Rivas, “tres departamentos básicos á hora de actuar fronte a violencia machista e na protección das vítimas, polo que a súa coordinación á hora de actuar é fundamental”.

“A violencia machista é unha das maiores lacras sociais do noso tempo e o Goberno local sumarase a todas aquelas iniciativas que contribúan a súa erradicación”, apunta a alcaldesa de Redondela. Nese sentido, o feito de contar cun axente da policía local dedicado ao VioGén –engade – “mellora a eficacia na protección e seguimento das vítimas, paso imprescindible para garantir a súa seguridade en todas as fases do procedemento e o cumprimento das medidas xudiciais”.

A Plataforma N-120 asegura que o PSOE de Ponteareas “deixa de existir como interlocutor válido”

A dirección da Plataforma N-120 de Ponteareas fixo público na tarde noite de onte un comunicado de prensa no que expresan “o total e firme apoio ao noso portavoz José Luís Campos Represas”, ao mesmo tempo que asesguran que “todas as intervencións públicas que fixo o noso portavoz foron consensuadas por nós”.

Segundo a directiva da Plataforma, as intervencións públicas nunca se apartaron da liña de traballo da Plataforma N-120, e sempre tiveron como único obxectivo “frear a masacre de mortes na N-120”, ademais de como conseguir unha circunvalación “que coloque ao Concello de Ponteareas no século XXI”.

No que se refire ao PSdeG-PSOE de Ponteareas a Plataforma N-120 manifesta que “esta é a derradeira vez que se vai facer referencia a este partido político nas súas comunicacións públicas, sexa para o negativo ou para o positivo” engadindo que “dende xa, o PSdeG-PSOE de Ponteareas deixa de ser un actor político social de referencia, deixa de existir como interlocutor válido”.

“En parte entendemos as súas últimas manifestacións públicas, posiblemente causadas pola impotencia, pola falta de xuízo político ou polo feito de non ter conseguido nada no pasado, presente e futuro, xa que todo o que se consiga non terá nada que ver con eles” afirman rotundamente.

Malia iso, a Plataforma puntualiza que “a nosa porta sempre estará aberta a calquera militante ou dirixente do PSOE, pero nunca máis estaremos dispoñibles para os actuais compoñentes da dirección local do PSdeG-PSOE de Ponteareas, nin tampouco á actual Subdelegada do Goberno en Pontevedra”.

No referente á N-120, amosan unha “enorme preocupación” pola comunicación oficial do MITMA do Goberno do Estado, “que recibimos casualmente esta semana, despois de enviar varias solicitudes de información no ano 2021”. Dita comunicación sinala que, por unha parte, o proxecto está sendo revisado na Dirección General de Carreteras de Madrid e que proximamente será levado a exposición pública, e por outra parte se afirma que o tramo da estrada N-120 que está no proxecto de reforma “non é un tramo de concentración de accidentes”.

Ante isto último, a dirección da Plataforma N-120 pregúntase “se isto quere dicir que ten que seguir morrendo moita máis xente para que teña esa denominación? Que a non ser un tramo de concentración de accidentes a reforma vaise facer cando ao funcionario de Madrid se poña co expediente que está debaixo doutro centos de toda España? Que ese funcionario de Madrid, os seus xefes de departamento, ou os seus xefes políticos non teñen a información actualizada de que hai dous meses faleceu unha persoa de 30 anos, por non estar feita a reforma da N-120 e de que o Destacamento da Garda Civil de Tráfico do Porriño ten a constancia de que os accidentes son continuos neste tramo?”

Ante esta desacougante nova, a dirección da Plataforma N-120 pídelle a todas as veciñas e veciños “que estean en alerta e atentas ao que poida xurdir” e aseguran estar traballando xa “en novas liñas a seguir, e que presentaremos na vindeira reunión coa Alcaldesa do Concello de Ponteareas, BNG, ACIP, PP e cos colectivos veciñais implicados. Nesa reunión estaremos receptivos ás propostas que se poidan presentar e sempre co obxectivo de acadar o ben común”.

O Concello de A Guarda felicita a Anair Lomba pola súa traxectoria deportiva

0

O Concello da Guarda quere expresar publicamente os seus parabéns á deportista guardesa Anair Lomba ‘Lombi’, xogadora de fútbol feminino que ven de anunciar recentemente a súa retirada do deporte profesional debido ás lesións que viña arrastrando dende fai un tempo nos seus xeonllos.

Click para ampliar

A futbolista, capitana do Espanyol nas pasadas tempadas, anunciou entre bágoas o pasado luns o seu “adeus” a unha carreira deportiva que a levou a xogar en equipos como o Olivo, onde grazas ao seu famoso gol subiu á Primeira División, –o primeiro ascenso dun equipo de fútbol feminino de Galicia a esta categoría–, ou no Espanyol, onde tamén tivo a oportunidade de xogar na máxima categoría de competición.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quixo trasladar todo o seu apoio a esta deportista de élite, dando os seus parabéns á súa traxectoria deportiva e animándoa nesta nova etapa da súa vida.

Una forma diferente de conocer Galicia

Siempre digo, y seguiré diciendo, que vivir en Galicia es un lujo; que ni siempre llueve ni decimos depende tantas veces, o quizás sí. Solo diré que no tengo pruebas, pero tampoco dudas.

Cuando llueve en Galicia ni se nos para el mundo ni dejamos de hacer vida. Valoramos mucho unas cañas al sol en una terraza, lo cual me hace sentirme como una seta, sale un rayito de sol y allí estamos para recibirlo. Nos gusta disfrutar del buen tiempo porque sabemos que hoy hay un anticiclón, pero rápidamente puede entrar una borrasca y Lorenzo queda cubierto por un mar de nubes y sin saber cuándo despejará.

¿Por qué os cuento todo esto? En el mes de diciembre disfruté de una jornada especial y diferente gracias a Jet&Bike (empresa especializada en el sector náutico y experiencial como proveedor de motos de agua y vehículos terrestres), en la que nos demostraron que tanto el otoño como el invierno son estaciones en las que podemos disfrutar igualmente de actividades al aire libre con una buena equipación.

Os resumo la jornada:

– Comenzamos con un desayuno delicioso desde un lugar privilegiado por sus espectaculares vistas: el Club Náutico de Sanxenxo. 

– Una vez recargadas las pilas, nos enfundamos unos monos (súper calentitos) y nos pusimos los reglamentarios cascos para hacer una ruta en Ryker (similar a una moto, pero de tres ruedas) hasta la playa de A Lanzada. Os puedo decir que nunca había conducido una moto y me encantó la experiencia, velocidad adecuada y siempre manteniendo el tipo.

– A continuación, hicimos la ruta en el Maverick Trail para ir  monte a través. Esta vez fui de copiloto para poder grabar la experiencia y reconozco que me daba respeto -no vamos a engañarnos- ¡Fue brutal! Acabamos de barro hasta las orejas, pero no nos importó porque con los trajes que nos facilitaron el agua no traspasaba y no se notaba el frío.

– La guinda del pastel fueron las motos de agua, ¡qué maravilla disfrutar del mar! Me encantan las actividades acuáticas y poderlas hacer en cualquier época del año sin sentir frío es maravilloso. Fue una recarga total de energía. Mi melena despeinada y con restos de salitre os lo podía confirmar.

– Finalizadas las actividades y ya cambiados de ropa, disfrutamos de una comida exquisita con vistas al mar desde el Náutivo de Sanxenxo y una posterior sesión DJ de la mano de Lola Bozzano, durante la cual nos dejamos llevar por el ritmo de la música.

Así que, ya sabéis, no dudéis en obtener más información para disfrutar de una experiencia increíble. Me ha dicho un pajarito que han creado packs con múltiples actividades para recorrer Galicia. Sin duda, un plan perfecto para despedidas de soltero, días especiales o para conocer mejor y de una manera diferente nuestra tierra.

¡Cuidaos mucho y comenzad el mes más cortito del año con muchas ganas!

Calabacín crujiente en dos versiones (sin gluten)

Rico en vitaminas y fibra, y bajo en calorías, el calabacín es una hortaliza muy versátil que protagoniza recetas tan variadas como una crema caliente o un bizcocho, pasando por tartas tipo quiche, ensaladas, pisto…

Hoy os propongo unos palitos crujientes y unos bocaditos rellenos de jamón y queso. Son recetas rápidas que nos pueden valer para un entrante o para una cena. El rebozado de copos de maíz hará que estén tremendamente crujientes. Y además, las haremos sin gluten.

¡Vamos allá!

INGREDIENTES

(ojo, si hay alguna persona celíaca, aseguraos de que sean aptos)

  • Calabacín
  • Corn flakes sin gluten
  • Huevo
  • Almidón de maíz (Maizena)
  • Mayonesa con ajo en polvo, ali-oli, tomate frito casero
  • Jamón cocido o serrano, o pechuga de pavo
  • Queso en lonchas
  • Aceite de oliva para freír

ELABORACIÓN

[su_image_carousel source=”media: 52652,52654″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Versión palitos:

  • Machacamos los copos de maíz sin llegar a convertirlos en harina, dejando algunos trocitos grandes.
  • Cortamos el calabacín en bastoncitos. Lo secamos bien.
  • Salamos y rebozamos los palitos en la maizena, el huevo y en los copos de maíz.
  • Los freímos en abundante aceite hasta que estén dorados.
  • Sacamos y escurrimos sobre papel de cocina.
  • Servimos los palitos crujientes con una salsa mayonesa a la que podemos añadir ajo en polvo.
  • También están riquísimos si los acompañamos de una salsa de tomate casera.

[su_image_carousel source=”media: 52655,52656″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

La versión bocadito:

  • Cortamos el calabacín en láminas que partiremos en trozos de tamaño más o menos similar para formar los bocaditos.
  • Secamos el calabacín.
  • Lo salamos y lo rellenamos de jamón y queso, procurando que el relleno no sobresalga.
  • Rebozamos los bocaditos con maizena, huevo y copos de maíz triturados.
  • Freimos en abundante aceite hasta que estén dorados.
  • Escurrimos sobre papel de cocina
  • Podemos comer tal cual o acompañar con las salsas anteriores.
  • Lo ideal es comerlos calientes para disfrutar del queso fundido.

Y si tenéis freidora de aire, probad a hacerlos en ella; seguro que estarán igual de ricos o más.

Luz Darriba, «Xoguetes para nenos cegos»

«Xoguetes para nenos cegos» é unha novela breve publicada xa fai algúns anos en castelán pola artista uruguaia afincada en Galicia, Luz Darriba. Mais, tal e como explica Helena Villar Janeiro no prólogo, foi concibida dende o principio en galego. Eran os primeiros pasos que a autora daba na nosa lingua, o que xa deu outros froitos, como a novela «Abril», un esforzo pola súa parte que nos enche de ledicia e que agradecemos. Estamos, xa que logo, diante da recuperación do espírito orixinal da narración de Luz Darriba, da man da editorial Belagua.

Pese á súa brevidade, a novela é profunda e intensa. O «neno cego» a que fai referencia o título é Xan, fillo dun militar do bando vencedor da Guerra Civil, con todas as implicacións que iso conleva. O «xoguete» é Xosé, un neno da aldea na que se desenvolve a trama, máis próximo ao bando perdedor, contratado (ou, máis ben, «confiscado»), para ser os ollos de Xan. Xosé é o responsable de narrar en primeira persoa e dende a perspectiva da vellez a difícil relación que se establece entre eles nun tempo no que o xogo do poder ten unha relevancia estrema, pois tal é o tema central do relato: o poder e a capacidade dos poderosos para dobregar as vontades ata chegar á submisión absoluta.

O invidente é un rapaz intelixente e consentido, un manipulador nato capaz das meirandes atrocidades polo puro capricho de cumprir a súa vontade. Xosé, un neno apoucado que ve na súa chegada á «casa grande» da aldea unha oportunidade para saír da miseria (velaí o papel dos plátanos e do chocolate como anzó), terá que someterse aos seus antollos e asumir esa submisión total da que falabamos. Establécese, desta maneira, entre os dous protagonistas, unha simbiose completa ata o punto de repetir en varias ocasións ao longo da novela que ambos os dous son unha mesma persoa, a cara e a cruz da mesma moeda. Velaí a verdadeira faciana do poder absolutista: a de facernos esquecer a nosa propia personalidade no seu favor.

Non vou dar pistas sobre o desenlace da trama para non estragar a súa lectura, pero si direi que hai momentos moi inquedantes, mesmo sórdidos, e que a intensidade do relato vai crecendo a medida que nos adentramos nas súas páxinas até o clímax final. A dosificación de información está perfectamente medida para arrastrar ao lector, mesmo logo de certos xiros argumentais que non sabemos se asumir como certos ou se forman parte da capacidade manipuladora do cego. E ata aí podo contar…!

Se «Abril» destapara para as nosas letras a unha autora arriscada e comprometida, «Xoguetes para nenos cegos» afonda nesa percepción facéndonos depositar moitas esperanzas no seu futuro entre nós.

Luz Darriba

Xoguetes para nenos cegos

Belagua