16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Estación Fitopatolóxica do Areeiro advirte da presenza no solo das primeiras...

    A Estación Fitopatolóxica do Areeiro advirte da presenza no solo das primeiras procesionarias

    O centro dependente da Deputación recomenda no tocar as eirugas nin acercarse a elas nas zonas de piñeiros ou cedros, xa que o seu contacto pode ocasionar irritacións e problemas graves en persoas e animais, especialmente os cans

    A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario para advertir da presenza no solo das primeiras eirugas procesionarias (Thaumetopoea pityocampa) e aconsella neste senso evitar os paseos nas zonas de piñeiros ou cedros, xa que como é coñecido, o contacto con estas eirugas pode ocasionar irritacións ou outros problemas máis graves.

    As eirugas son dificiles de ver no solo no medio das agullas caidas

    Persoal técnico de Areeiro xa atopou nunha zona de control nun extremo da finca a primeira procesión “de enterramento” das eirugas desta especie. Hai que lembrar que estas eirugas posúen pelos urticantes que, en contacto coas persoas e animais domésticos, poden causar irritacións (de pel, ollos…), proídos, ou mesmo rinites e outros problemas que poden ser graves.

    Por este motivo, desde a Estación Fitopatolóxica sinalan que é primordial non tocar as eirugas nin sequera acercarse a elas porque tamén liberan os pelos urticantes cando se senten ameazadas. Moi sensibles son tamén os cans, pola súa curiosidade innata, e por iso estes días deben evitarse os paseos nas zonas con piñeiros (as eirugas son difíciles de ver pola súa cor semellante á das agullas caídas) o e/ou cedros.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.