Xoves, 13 Febreiro de 2025

O Concello de A Guarda felicita a Anair Lomba pola súa traxectoria deportiva

A deportista guardesa, capitana do Espanyol feminino nas pasadas tempadas, vén de anunciar a súa retirada do deporte profesional

O Concello da Guarda quere expresar publicamente os seus parabéns á deportista guardesa Anair Lomba ‘Lombi’, xogadora de fútbol feminino que ven de anunciar recentemente a súa retirada do deporte profesional debido ás lesións que viña arrastrando dende fai un tempo nos seus xeonllos.

Click para ampliar

A futbolista, capitana do Espanyol nas pasadas tempadas, anunciou entre bágoas o pasado luns o seu “adeus” a unha carreira deportiva que a levou a xogar en equipos como o Olivo, onde grazas ao seu famoso gol subiu á Primeira División, –o primeiro ascenso dun equipo de fútbol feminino de Galicia a esta categoría–, ou no Espanyol, onde tamén tivo a oportunidade de xogar na máxima categoría de competición.

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, quixo trasladar todo o seu apoio a esta deportista de élite, dando os seus parabéns á súa traxectoria deportiva e animándoa nesta nova etapa da súa vida.