Tag: redondela
Redondela avanza a bo ritmo nas obras do aparcadoiro disuasorio da Praza de Ponteareas
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada pola concelleira de Urbanismo, María Castro, visitou a obra de demolición da nave que dará paso ao aparcamento disuasorio da Praza de Ponteareas. Peza clave no proxecto que pretende transformar Redondela e “ofrecer unha entrada á vila en condicións, e como se merecen os veciños e veciñas de Redondela”.
Comezan as obras dos camiños de Leitón, Parada e Pomba en Chapela
O Concello de Redondela anuncia a formalización do contrato de obra e o inicio nas próximas semanas das obras de humanización dos Camiños de Leitón, Parada e Pomba, máis coñecido como “Barrio de Japón” en Chapela.
Redondela aposta pola lectura en galego
O Concello de Redondela, a través do Servizo de Normalización Lingüística dirixido pola alcaldesa Digna Rivas, continúa coa difusión dos libros de parroquia. Agora, o SNL de Redondela leva estes libros ás salas de espera do municipio.
A Asociación de Empresarios de Redondela pon en marcha unha campaña polo Día do Pai
A Asociación de Empresarios de Redondela (AER) pon en marcha unha campaña de dinamización do comercio local con motivo do Día do Pai.
Susana Villaverde García, veciña de Redondela, gañadora do premio Microteatro da Memoria
A estudante de Dirección e Dramaturxia da Escola Galega de Arte Dramática de Galicia (ESADg) Susana Villaverde García vén de gañar a terceira edición do ‘Certame de Microteatro da Memoria’ convocado polo departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra e a ESAD coa peza ‘Espigas negras’.
A Festa do Choco volta a Redondela
O Concello de Redondela abre o prazo de inscrición para aqueles establecementos interesados en participar na celebración da trixésimo sexta Festa do Choco, que terá lugar entre o 11 e o 14 de maio e que, unha vez levantadas todas as restricións sanitarias marcadas pola Covid, recupera a súa celebración popular e de rúa con total normalidade.
A rúa Picota de Redondela transformarase por completo
A rúa Picota de Redondela atópase na recta final da actuación que está a transformar de xeito radical este espazo e a integrar no seu trazado as prazas de Fonte do Mouro e da Capela de Santa Mariña, co fin de crear unha zona continua, segura, accesible e onde o tránsito peonil vai ser protagonista.
Redondela presenta “Mulleres do téxtil”
O Concello de Redondela colabora coa iniciativa "Mulleres do téxtil" de José Manuel González e Roberto Casal Mouriño. O proxecto preséntase hoxe no Multiusos da Xunqueira, nun acto que ten a intención de achegar o proxecto á veciñanza.
Redondela ofrece a exposición ‘En destaque, mulleres na historia’
O Concello de Redondela colabora, unha vez máis, coa Fundación Filomena Rivero Alonso a través da exposición En desgaste, mulleres na historia.
Redondela reafirma no 8M o seu compromiso coas mulleres
O Concello de Redondela realizou o acto institucional no Multiusos da Xunqueira debido ao mal tempo. Alí leron o manifesto Lorena Rodriguez, veterana do equipo Sarillas de Balonmán e membro de Protección Civil; Cruz Bastos empresaria de Redondela e Paula Amoedo, artista gráfica e visual. Todas elas participantes do programa de radio municipal ‘As mullers contan, percorrendo camiño’.
Redondela continúa ampliando a programación do 8M
A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela, dirixida por Iria Vilaboa, vén de dar a coñecer os obradoiros “8M pola igualdade de oportunidades” e “Os nosos corpos, as nosas normas”, dúas inciativas que amplían a programación do 8M do municipio.
Redondela inaugura unha nova zona de xogos infantil no Parque Infantil Xohana Torres
O Concello de Redondela inaugura unha nova zona de xogos infantil inspirada na tradición ferroviaria da Vila. Esta está composta por unha estructura de xogo en forma de tren, xunco con mereindeiros e bancos novo,s e sitúase exactamente debaixo do viaduto que pasa por riba do parque Parque Infantil Xohana Torres.
A programación do 8M de Redondela extenderase durante todo o mes
A Concellería de Igualdade, que xestiona Iria Vilaboa, vén de ultimar un amplo programa para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller, e poñer o foco de atención sobre a igualdade como eixo imprescindible para acadar unha sociedade xusta.
Redondela inaugura a Cultural de Quintela
O Concello de Redondela inaugura o domingo 5 de marzo o Centro Cultural de Quintela, unha obra realizada nos terreos cedidos por ADIF-AV e que foron licitadas cun importe de 423.635,22 €.
O IES de Chapela inaugura o ciclo de proxeccións do documental sobre Domingo Fontán
O IES de Chapela inaugurará este luns o ciclo de proxeccións do documental ‘Fontán, o primeiro rostro de Galicia’ sobre o matemático e xeógrafo Domingo Fontán (Portas, 1788 - Cuntis, 1866) e a primeira carta xeográfica galega feita por él.
A Deputación otorga o ‘selo Revitaliza’ a seis centros educativos de Redondela
A Deputación de Pontevedra vén de distinguir co ‘selo Revitaliza’ a seis centros de ensino do concello de Redondela por compostar de maneira responsable o seu lixo orgánico
As feira de Chapela trasládase ao aparcamento do pavillón municipal
O Concello de Redondela anuncia que A Feira de Chapela dos días 2 e 16 de cada mes, trasládase a partir de marzo ao aparcamento do Pavillón Municipal de Chapela (Avenida Redondela, 17, 36320 Chapela, Pontevedra), pola realización das obras do ‘Campito’ e a Alameda de Rosalía de Castro.
A Concellería de Persoas Maiores de Redondela pon en marcha as ‘Visitas Culturais’
A Concellería de Persoas Maiores do Concello de Redondela, que xestiona Iria Vilaboa, vén de anunciar a posta en marcha do programa 'Visitas Culturais'
Redondela e Aqualia presentan o XXI Concurso Infantil de Debuxo Dixital
A Concellería de Educación e a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela presentan, en colaboración con Aqualia, a XXI edición do Concurso de Debuxo Infantil centrado na vida saudable e sostible para celebrar o Día Mundial da Auga.
Redondela impulsa as compras locais extendiendo a iniciativa do parking gratuito
O Concello de Redondela promove o mercado minorista e de proximidade na vila a través do intercambio de tickets de compra locais por horas de aparcamento gratuito no Parking da Xunqueira.
A veciñanza de Chapela unida na homenaxe a Rosalía de Castro
O Concello de Redondela, a través da área de Normalización Lingüística dirixida pola alcaldesa Digna Rivas, finalizou a programación arredor do Día de Rosalía de Castro esta find e semana, despois de 3 días de actividades educativas e homenaxes nos que estiveron involucradas a Asociación de Empresarios, esolas, locais de hostalaría, floristerías e librerías.
Redondela ofrece obradoiros de arranxos florais nas parroquias
Tralo éxito do obradoiro de Centros de Mesa de Nadal, o Concello de Redondela presenta, a través da Concellería de Medio Ambiente, obradoiros de arranxos florais nas parroquias do 3 ao 23 de marzo.
O goberno de Redondela aproba unha Ordenanza de Emerxencia Social histórica
O Goberno de Redondela aproba a Ordenanza de Emerxencia Social que mellorará o servizo adaptándose ás necesidades actuais e reais dos veciños de Redondela.
Baiona, O Porriño e Redondela reciben novas achegas do Plan Concellos
A Xunta de Goberno da Deputación vén de aprobar novos recursos do Plan Concellos por 1,6 millóns de euros que beneficiarán a dez municipios da provincia. Trátanse de once achegas das Liña 1 de investimentos e da Liña 2 de pago de gastos correntes e financiamento de actividades socioculturais.
Redondela presenta o libro dedicado a Cedeira
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, dirixido pola alcaldesa Digna Rivas, anuncia a saída de dous novos volumes da colección dedicada aos libros de parroquias.
Redondela representa a Galicia no torneo internacional de veteranas de balonmán en Sevilla
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, vén de desearlles “boa sorte” ao equipo de veteranas do club SAR de Redondela coñecido como As Sarillas, aínda que non a precisan.
O meco de Redondela marcado pola mensaxe de “Non á guerra”
Este ano durante o Entroido de Redondela, o Meco –figura representativa desta festa e que da forma á crítica mordaz sobre temas que durante o ano teñan sido actualidade–, representa unha mensaxe de unidade ante o conflicto xerado pola invasión de Ucraína por parte de Rusia.
‘Cicklon’, gañadora do Desfile de Comparsas 2023 de Redondela
As comparsas de Entroido volveron a encher de música, cor, son e humor as rúas de Redondela este domingo 19 de febreiro, respondendo con creces ás expectativas, tanto da veciñanza como do Concello.
Redondela ofrece unha exposición fotográfica sobre os últimos momentos da emigración galega
A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, inauguraron na localidade a mostra 'Os adeuses'. Trátase dunha exposición que documenta os últimos momentos da emigración galega a América a través de 51 fotografías realizadas por Alberto Martí.
Redondela celebra por todo o alto o Día de Rosalía de Castro
O Concello de Redondela, a través da área de Normalización Lingüística dirixida pola alcaldesa Digna Rivas, organiza un ambicioso programa para celebrar o Día de Rosalía de Castro.
A Asociación de Empresarios de Redondela realiza o sorteo da campaña de San Valentín
A Asociación de Empresarios de Redondela (AER) realizou o sorteo, de forma dixital, o 17 de febreiro de 2023 na sede da propia asociación, entre os centos de tickets rexistrados. Foi preciso anular 18 participantes xa que non axuntaron a foto do ticket da compra realizada.
Comeza a remodelación da alameda de Rosalía de Castro en Chapela
O Concello de Redondela anuncia o comezo das obras de remodelación e mellora da alameda Rosalía de Castro en Chapela, traballos que “comezaron hoxe e sempre foron unha prioridade deste goberno, pois ésta é unha demanda ao longo dos anos dos veciños de Chapela”, afirma a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.
Redondela presenta o proxecto “A Cápsula do tempo” para o impulso do galego
A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, dirixido pola alcaldesa Digna Rivas, presenta “A Cápsula do tempo”, un proxecto pioneiro que non se atopa en ningún outro municipio da contorna e que ten a intención de impulsar o uso do galego na infancia
Javier Bas promete un GES que o se propio partido votou en contra en xaneiro de 2022
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, cualificou hoxe de “vergoñento e indignante” a promesa electoral do PP de implantar o GES Redondela-Mos se volve a alcaldía. Lembra Rivas que o o Grupo municipal popular “votou en contra no pleno de xaneiro de 2022 á posta en marcha do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) Redondela-Mos, iniciativa levada a pleno polo grupo de goberno socialista e que o Concello de Mos xa aprobara no seu respectivo pleno municipal”.
Redondela anuncia a saída dos libros dedicados a Cedeira e Saxamonde
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, dirixido pola alcaldesa Digna Rivas, anuncia a saída de dous novos volumes da colección dedicada aos libros de parroquias.
A Asociación de Empresarios de Redondela organizou un roteiro guiado
Este primeiro roteiro percorreu as zonas urbanas de Redondela dende o casco histórico de Redondela, descubrindo vestixios da muralla medieval, ata o Peirao dos Carabineiros, un percorrido que durou máis de 3 horas e que fusiona distintos roteiros temáticos que se comercializarán esta tempada para os viaxeiros e visitantes que queiran descubrir a localidade.
Redondela subvenciona por primeira vez ás comunidades de traídas de auga
O Concello de Redondela amosa a súa satisfacción pola aprobación das subvencións de 30.000 euros para as Comunidades de Auga das parroquias do municipio.
Redondela comeza as actividades polo Día da Muller na Ciencia
O Concello de Redondela colaborou co IES Mendiño na edición dun libro coordinado pola profesora Almudena Suárez Cerviño e desenvolvido polo alumnado do centro.
O Multiúsos da Xunqueira de Redondela acollerá no mes de abril unha nova edición do FicAndaina
O redondelán Multiúsos da Xunqueira acollerá, entre o 16 e o 23 de abril, a décimo primeira edición do FicAndaina, Festival internacional de curtametraxes e diversidade Funcional de Redondela, organizado por ASCEDAN e a Asociación Andaina. Nesta nova edición, a dirección do festival estableceu seccións a concurso e unha de exhibición para público infantil. As tres secciones a concurso compóñense da modalidade de ficción, documental e novel.
Redondela concéntrase na Praza do Concello en memoria de Beatriz Lijó Gesteira, vítima do asasinato machista en Baiona
Veciñas e veciños de Redondela concentráronse onte martes, 7 de febreiro na Praza do Concello de Redondela, respondendo ao chamamento realizado polo Concello redondela, para expresar a sua maís fonda repulsa ao asasinato de Beatriz Lijó Gesteira, a última vítima da violencia machista. Desta forma, Redondela reafirma o compromiso social na loita contra as violencias machistas.