12 C
Pontevedra
Xoves, 12 de Decembro de 2019

Tag: redondela

Redondela aposta por un «Entroido de Verán» familiar, igualitario e inclusivo

Redondela ultima os preparativos para a celebración dunha das súas festas populares emblemáticas, o «Entroido de Verán» que por parte do Concello busca afastarse o máis posible da imaxe de 'macrobotellón' e potenciar a celebración dun evento máis familiar, igualitario e inclusivo.

Carmela Silva reivindica o apoio á cultura, ao talento e ao cinema no inicio da rodaxe de ‘María Solinha’ en Redondela

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación do inicio da rodaxe da nova película de Ignacio Vilar, 'María Solinha', que se gravará integramente na provincia e que conta cun reparto cen por cen galego.

Un total de 120 nenos e nenas gozan, en agosto, das actividades dos campamentos urbanos de Redondela

Un total de 120 nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos de idades participan, ao longo do mes de agosto, nos Campamentos Urbanos organizados pola Concellería de Xuventude do Concello de Redondela que xestiona Nacho González. Os campamentos, que comezaban a súa andaina o pasado luns 5 de agosto, inician este luns 12 de agosto a súa segunda quenda.

As augas da praia de Cesantes, perfectamente aptas para o baño

Os análises realizados no día de onte pola consellería de Sanidade e remitidos ao concello ás 16 horas da tarde de hoxe, indican que a praia de Cesantes é totalmente apta para o baño ao dar uns niveis de Escherichia coli moi por debaixo do límite recomendado.

Redondela pon en marcha o programa de dinamización ‘Vive agosto na praia’

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asistía esta semana á posta en marcha do programa de dinamización nas praias que, baixo o nome xenérico de “Vive agosto na praia” busca ofrecer á veciñanza actividades diversas “para todos os públicos e todas as idades” a desenvolver nos areais de Cesantes e Chapela.

Redondela inicia o proceso de actualización da base de datos de colectivos e asociacións

A Concellería de Transparencia, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá do Concello de Redondela, que xestiona Susana Couñago, vén de iniciar o proceso de actualización das bases de datos das asociacións e entidades veciñais de cara a ter unha listaxe o máis actualizada posible para que todas as asociacións do concello dispoñan da mesma información e teñan as mesmas oportunidades, por exemplo, para acceder a axudas municipais.

A enseada de San Simón acolle, este sábado, a ‘VI Travesía a nado San Simón’

A enseada de San Simón acollerá, este vindeiro sábado 10 de agosto, unha nova edición da travesía a nado ‘San Simón’, unha proba organizada pola Asociación Deportiva Club Atletismo Redondela que ao longo das cinco anteriores edicións foi quen de consolidarse como unha cita, case que imprescindible, para os amantes da natación en augas abertas.

Redondela coas bandeiras a media hasta e dous días de loito oficial polo pasamento do exalcalde Amado Ricón

O Concello de Redondela vive hoxe a primeira xornada de loito oficial, das dúas decretadas polo Goberno Local como mostra de condolencia polo pasamento, aos 86 anos de idade, do exalcalde Amado Ricón Virulegio. Durante a xornada de hoxe e a de mañá, as bandeiras da Casa do Concello estarán a media hasta e suspéndense todos os actos oficiais organizados polo concello redondelá.

Digna Rivas, “no prazo dun ano a Policía Local de Redondela terá a plantilla completa”

Dende o pasado 15 de xuño, tres policías procedentes da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) realizan o seu período de prácticas en Redondela para, unha vez rematado este –o 15 de agosto– voltar á Academia para superar as probas finais e incorporarse xa definitivamente, dous deles á Policía Local de Redondela e outro á de Soutomaior.

Contra atrás para o «Berete Rock» que o sábado enche de música o paseo de Cardona en Chapela

Todo está disposto para que este sábado, 3 de agosto, dende as 21:30 horas, o paseo de Cardona, en Chapela, énchase de rock –de moi bo rock, por certo– nunha nova edición do Berete Rock, un festival que comezou sendo unha especie de "cita de amigos" para...

Redondela clausurou onte o Programa Municipal de Conciliación

O Concello de Redondela pechou onte a edición de verán do Programa Municipal de Conciliación, unha iniciativa que busca favorecer a conciliación da vida laboral e familiar –non sempre doada en períodos de vacacións–. Ao mesmo tempo o programa, tal e como sinalaba a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas "ofrece a nenas e nenos a posibilidade de dispoñer dun espazo lúdico-educativo alternativo no período vacacional".

«Treixadura» e as pandereiteiras de Trasmañó ponen música ao Día de Galicia en Redondela

O Concello de Redondela celebrará o Día de Galicia durante dous días nos que a música compartirá protagonismo cos actos institucionais. Por primeira vez, o Concello redondelán amplía a dous días os actos do Día de Galicia de cara a darlles a importancia e o relevo que...

Carmela Silva enxalza o “compromiso do SinSal cos novos valores do século XXI”

Os vindeiros días 25, 26, 27 e 28 de xullo a Illa de San Simón acollerá unha nova edición do «Sinsal Son Estrella Galicia», unha das citas dos #FestivaisRíasBaixas que promove a Deputación de Pontevedra e un evento “comprometido cos novos valores do S.XXI: a sustentabilidade do...

A Biblioteca de Chapela ofrece un contacontos para os máis cativos

A Biblioteca 'Xela Arias' de Chapela acolle, o luns 29 de xullo ás 11:30 horas un contacontos dirixido ás e aos máis cativos da casa. De feito, as Bibliotecas Municipais de Redondela cualifican a esta actividade como un 'bebecontos' que ten a finalidade de esperar, entre os...

Susana Seivane, o sábado en Salceda ao abeiro do programa «Musigal 2019» da Deputación de Pontevedra

Mañá sábado, Susana Seivane ofrecerá un concerto en Salceda de Caselas ao abeiro do programa «Musigal 2019» da Deputación de Pontevedra. Seivane é unha gaiteira cun estilo musical tradicional dos antigos gaiteiros aínda que tamén incorpora ás veces influencias doutros estilos musicais.

O BNG de Redondela homenaxea “ás mulleres de San Simón”

O BNG de Redondela vén de anunciar a convocatoria dun acto de homenaxe ás mulleres de Redondela que "dando un exemplo de dignidade, beleza e heroísmo, foron quen de tecer unha rede de solidariedade para levar un pouco de esperanza aos presos que o rexinme franquista enviou o...

PSdeG-PSOE e AER acadan un acordo de goberno para os vindeiros catro anos

O PSdG e a Agrupación de Electores de Redondela, AER, asinaron na tarde do martes o acordo polo que se conforma o goberno local para os vindeiros catro anos. Deste xeito, Redondela contará cun goberno inédito ata o de agora. Por unha banda, os socialistas recuperan a...

O BNG decide manterse á marxe do goberno de Redondela

A noitiña do xoves pasado, o Bloque Nacionalista Galego de Redondela debateu a postura a tomar ante a conformación dun novo goberno municipal, debate que tivo lugar no que, fontes nacionalistas, cualificaron de  "intensa e moi productiva Asemblea con numerosas intervencións" e na que se adoptou a...

O BNG facilitará a investidura de Digna Rivas

A comisión delegada pola Asemblea Local do BNG de Redondela, mantivo un encontro con membros do Partido Socialista, para exporlle a postura da organización nacionalista, ante a proposta de que Digna Rivas, sexa investida alcaldesa o vindeiro sábado 15 de xuño. Tanto Xoán Carlos...

“Redondela, para avanzar, non pode prescindir da opinión e experiencia dos nosos maiores”

“Redondela, que quere avanzar e afrontar os retos de futuro, non pode permitirse o luxo de prescindir da vosa experiencia”, aseguroulles a candidata do PSdeG-Redondela á alcaldía, Digna Rivas, aos representantes de colectivos de maiores nun encontro mantido nunha céntrica cafetería redondelá. A reunión estaba enmarcada dentro das...

Redondela organiza unhas xornadas adicadas a Casto Sampedro

O Concello de Redondela e o Concello de Pontevedra, xunto coa Sociedade Antropolóxica Galega e coa colaboración do SNL de Redondela e o Museo de Pontevedra, organizan unhas xornadas adicadas ao egrexio intelectual redondelán Casto Sampedro. Esta actividade de dous días de duración, busca dar a coñecer diversos...

Alberto Álvarez Pérez, novo concelleiro do grupo municipal do PSdeG-Redondela

Alberto Álvarez Pérez é, dende onte, novo concelleiro do grupo municipal do PSdeG-Redondela logo de ter tomado posesión da súa acta no Pleno celebrado no serán de hoxe pola Corporación Municipal redondelá. O novo concelleiro ocupa o posto baleiro deixado trala renuncia, por motivos laborais, de Mauro...

Redondela celebra a ‘Semana do Piano’

O Concello de Redondela vén de adquirir un piano de cola, para o que destinou un investimento de 38.000 euros, motivo polo vén de poñer en marcha a iniciativa nomeada ‘Semana do Piano’. O instrumento musical é o primeiro destas características no Concello, e que desde o...

Ana Pontón, na presentación da Candidatura do BNG de Redondela

O BNG de Redondela xa conta con candidatura para as próximas eleicións municipais do 26 de maio, candidatura que será presentada á veciñanza nun acto aberto que terá lugar o xoves 21 de marzo, ás 20 horas, no multiúsos da Xunqueira e no que participará a voceira...

Redondela comezará os traballos de ‘trampeo’ contra a Velutina

O Concello de Redondela iniciará esta semana os traballos de colocación de trampas e implementará a segunda fase na loita contra a invasión da vespa Velutina, tamén coñecida como asiática. As medidas de seguridade centraránse en zonas públicas, onde hai maior confluencia de persoas como prazas públicas, colexios,...

Ana Pontón, na presentación da Candidatura do BNG de Redondela

O BNG de Redondela xa conta con candidatura para as próximas eleicións municipais do 26 de maio, candidatura que será presentada á veciñanza nun acto aberto que terá lugar o xoves 21 de marzo, ás 20 horas, no multiúsos da Xunqueira e no que participará a voceira...

O BNG redondelán considera “vergoñento” o ninguneo do Concello co alumnado do IES Mendiño

O BNG de Redondela trasladou tanto ao ao alumnado coma ao profesorado do IES Mendiño os seus parabéns por terse implicado “decididamente para poder participar neste Certame de Debate” ao mesmo tempo que rexeitan “actitude manifestamente hostil do alcalde, Javier Bas ante a negativa a colaborar con este grupo...

Redondela presenta a Xornada Xogajudo Redondela 2019

O alcalde de Redondela, Javier Bas, presentou onte xunto a Julio Mougán, concelleiro de Deportes; Daniel Benavides, xefe provincial de Deportes, e Mario Muzas, presidente da Federación Galega de Judo, a xornada «Xogajudo Redondela 2019», que se desenvolverá o vindeiro sábado día 9 de marzo en Redondela.

Digna Rivas avoga por unha política de Igualdade “comprometida e transversal”

A candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Redondela, Digna Rivas, mantivo unha reunión cos colectivos de igualdade do municipio, enmarcada dentro das reunións que a concelleira socialista mantén con asociacións e colectivos sociais, culturais e veciñais de cara a coñecer os problemas cos que se enfrontan na...

Redondela presentou o programa de actividades para o 8M

O Concello de Redondela presentou na mañá de hoxe a programación que desenvolverá con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o vindeiro 8 de marzo e que foi presentada polo alcalde de Redondela, Javier Bas; a Concelleira de Cultura, Teresa París e o concelleiro...

Concurso «Deseña unha chapa para papá» da Asociación de Empresarios de Redondela

A Asociación de Empresarios de Redondela vén de anunciar a posta en marcha dun singular concurso de debuxo destinado a por en marcha a creatividade dos máis pequenos. Aínda que o concurso non establece límite de idade a promoción e distribución dos folletos para participar está a...

As obras do colexio de Chapela avanzan a bo ritmo

O alcalde de Redondela, Javier Bas, visitou na mañá de hoxe as obras do colexio de Chapela acompañado polo colectivo de das nais e pais de Chapela e representantes do centro educativo. Tal e como puideron comprobar, a estrutura do colexio está moi avanzada, e xa se...

Colaboradores