12.6 C
Pontevedra
Luns, 26 de Outubro de 2020

Tag: redondela

O BNG de Redondela propón, nunha moción, un incremento das partidas de comedores escolares

O Bloque Nacionalista Galego presentará no Pleno do mes de setembro, que terá lugar na tarde de hoxe, unha moción na que se realiza un diagnóstico da situación de inicio de curso escolar. Numerosos problemas que afectan a todos os níveis do ensino pre, e obrigatorio, tanto a alumnado, profesorado, direccións dos centros, ademáis das familias e aos propios concellos.

A Deputación inicia, a vindeira semana, as obras de mellora na estrada provincial entre Redondela e Ventosela

A Deputación de Pontevedra acometerá a partir de próxima semana as obras de mellora da estrada provincial EP-2900 entre Redondela e a localidade de Ventosela. Os servizos técnicos provinciais xa teñen pechadas as actuacións a realizar nesta vía, cun trazado total de 2,6 Km, no marco da planificación de mantemento ordinario da Rede Provincial de Estradas e incorporando tamén a petición expresa do Concello de Redondela para incluír un novo paso elevado para peóns, amais do que xa estaba previsto no proxecto.

Comezan as obras de acondicionamento e mellora do camiño Veiga dos Eidos, en Cesantes

O Concello de Redondela iniciará, nestes días, os traballos de acondicionamento e mellora do Camiño de Veiga dos Eidos, na parroquia de Cesantes, unha actuación longamente demandada pola veciñanza e que tería que terse comezado en setembro do pasado ano 2019.

Redondela acolle un curso da AFG sobre xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) está a desenvolver este segundo semestre do ano un amplo programa formativo dirixido a mellorar o manexo silvícola do monte. Esta semana ten previsto un curso en Redondela no que se abordará a xestión de xuntas reitoras de comunidades de montes. Será o sábado 26 en horario de mañá no centro cultural Chan das Pipas, en Saxamonde.

A contorna da antiga fábrica de Regojo será recuperada e transformada nun espazo de lecer para a cidadanía de Redondela

Os xardíns da Urbanización Regojo, unha das zonas máis novas do casco urbano de Redondela, serán remodelados na súa integridade para ofrecer un novo espazo de lecer á veciñanza e, ao mesmo tempo, para que sexan “un permanente recordatorio da importancia que tivo na historia industrial de Redondela e fábrica que aquí estaba instalada”, afirmou a alcaldesa, Digna Rivas, durante a visita realizada ao espazo a recuperar.

O Concello asina a carta de adhesión ao manifesto ‘Bibliotecas en Igualdade’

A alcaldesa de Redondela e concelleira de Igualdade, Digna Rivas, asinou esta mañá a adhesión do Concello ao manifesto 'Bibliotecas en Igualdade', un proxecto posto en marcha pola 'Asociación Clásicas y Modernas', asociación de carácter nacional que ten como obxectivo acadar a igualdade no eido da cultura.

Andainas pola biodiversidade da enseada, novas xornadas na Rede Natura 2000

Debido a gran demanda de participantes para as actividades educativas e medioambientais na Rede Natura 2000 a concellería de medio ambiente amplía datas e temario para o mes de Outubro. Para comprender o seu valor, hai que coñecer e analizar o patrimonio natural.

A Policía Local de Redondela denuncia a 19 persoas por non contemplar as mínimas medidas de seguridade fronte á COVID-19

No espazo de poucas horas, a Policía Local de Redondela procedeu a denunciar a un total de 19 persoas por non adoptar as mínimas medidas de seguridade sanitaria fronte á COVID-19 e non utilizar máscaras de protección. A maior parte das denuncias interpostas tiveron lugar na Avenida Mendiño, nas inmediacións do skatepark, lugar onde “xúntanse case que a diario un cento de mozos e mozas que non manteñen as máis elementais medidas de seguridade establecidas”.

Redondela fai públicos os resultados da enquisa veciñal sobre festivos locais e peche de rúas

Dende a Concellaría de Participación Cidadá do Concello de Redondela que xestiona Susana Couñago, realizouse unha consulta popular do 15 de xullo ao 15 de agosto pasados para pulsar a opinión da cidadanía sobre dúas cuestións: a peonalización das rúas do centro e os festivos locais. Esta era a primeira vez que o Concello de Redondela activaba mecanismos formais para preguntar a opinión da veciñanza sobre algún tema.

Aberta a inscrición para as actividades na biblioteca Xela Arias de Chapela

Os vindeiros días procederase á realización de dúas actividades na biblioteca de Xela Arias en Chapela, Redondela. O primeiro obradoiro está dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos de idade e o segundo é un espectáculo familiar para nenos/as de entre 5 e 10 anos.

O Concello de Redondela distribúe entre os colexios de ensino público do municipio o vídeo de concienciación sobre a COVID

O Concello de Redondela comezou onte, tal e como estaba previsto, a distribución de máscaras de protección nos centros escolares do municipio, unha iniciativa na que tamén se inclúe a distribución, a cada un dos colexios, do vídeo-testemuña sobre a COVID-19 realizado ao abeiro do programa 'Faino por Todxs'.

Turismo mariñeiro: vivir o mar en primeira persoa

O GALP Ría de Pontevedra promove o proxecto de cooperación Mar das Illas en colaboración cos GALP Ría de Arousa e Ría de Vigo – A Guarda, o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a Federación Provincial de Confrarías de Pontevedra e a Asociación Mar Seguro de Galicia. A iniciativa, que está financiada pola Consellería do Mar e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), ten como obxectivo fomentar a pesca turismo e o turismo mariñeiro desde o sector pesqueiro das Rías Baixas, especialmente no ámbito de influencia do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e, actualmente, atópase na súa terceira fase.

Un ferido de consideración en Redondela

O 112 Galicia rexistrou na tardiña de onte un accidente no que se viron implicados un turismo e unha moto. Como consecuencia do impacto, os dous ocupantes da moto resultaron feridos, un deles con lesións de consdieración, polo que foron evacuados ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Redondela distribuirá máis de 3.200 máscaras protectoras entre o alumnado do ensino obrigatorio dos centros públicos do municipio

O vindeiro luns, 14 de setembro, o Concello de Redondela iniciará a distribución de máis de 3.200 máscaras de protección entre o alumnado de infantil, primaria e ESO –o ensino obrigatorio– dos centros públicos do municipio. A concelleira de Educación, Olga García Ballesteros, destacada que esta medida responde á “fonda preocupación” do Concello de Redondela, ante un inicio de curso rexido por un protocolo “claramente mellorable”

A Concellería de Vías e Obras de Redondela remata os traballos na rúa San Xoán de Arcal

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Redondela, que xestiona Vicente Lamas, deu por rematados os traballos de mellora e asfaltado da rúa San Xoán de Arcal, en Redondela, unha rúa que atopábase un estado “deplorable” e na que as veciñas e veciños viñan, dende hai anos, reclamando a súa reparación “sen que ninguén lles fixera caso”, sinala o responsable de Vías e Obras.

O Concello desenvolve un plan integral de reparación y adecuación de todas as marquesiñas do municipio

O Concello de Redondela, a través da Concellería de Vías e Obras que xestiona Vicente Lamas, desenvolve dende hai semanas, un plan de recuperación integral das marquesiñas de transporte público de todo o municipio, infraestruturas que “se atopaban nun lamentable estado de conservación froito da falta de mantemento durante anos”.

Redondela inicia as obras de mellora e mantemento dás áreas infantís de todo o municipio

O Concello de Redondela iniciará en próximas datas os traballos de mellora e acondicionamento das áreas infantís do municipio co fin de mellorar as zonas de esparexemento dos máis pequenos e pequenas e que poidan gozar do seu ocio nas mellores condicións de seguridade.

Redondela da a coñecer os prazos para a solicitude das diversas subvencións

A Concellería de Participación Cidadá do Concello de Redondela, vén de difundir e comunicar a todas as entidades e asociacións a posibilidade de solicitar diferentes subvencións así como os prazos de cada unha das convocatorias.

O Goberno de Redondela lamenta que a Xunta ignore á veciñanza co problema de Aucosa

O Goberno de Redondela cualificou hoxe de “incomprensible” que a Xunta de Galicia “dea as costas e ignore á veciñanza” no problema medioambiental que supoñen os cheiros provocados pola empresa auxiliar conserveira Aucosa, que procesa restos de peixe para a súa transformación en pensos.

O Multiúsos da Xunqueira de Redondela acolle o xoves a presentación do libro ‘O Viso. A construción dunha paisaxe cultural’

O vindeiro xoves 10 de setembro ás 20 h no Multiusos da Xunqueira de Redondela a Sociedade Cultural do Viso realizará a presentación da publicación da que é responsable e que versa sobre o patrimonio cultural da parroquia do Viso. Con retraso, por mor do covid-19, a entidade cultural dá a coñecer este traballo de recompilación e documentación do patrimonio da parroquia que foi encomendado a A Citania, coordinando Xurxo Constela todo o traballo de recollida, búsqueda documental e redacción.

O Concello de Redondela intensifica a súa colaboración cos centros escolares no inicio do curso

Nun inicio de curso atípico, marcado pola pandemia da COVID-19, o Concello de Redondela quixo lanzar unha mensaxe de apoio aos centros escolares ao afirmar que “os colexios do municipio contarán co apoio deste Concello incluso en medidas que sáense da estrita competencia municipal”. A alcaldesa Digna Rivas e a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros mantiveron durante esta pasada semana, ao igual que o farán na vindeira, encontros coas directivas e docentes dos centros escolares.

O BNG de Redondela canaliza as demandas veciñais “en defensa duns centros de saúde de calidade”

A concentración convocada polo BNG de Redondela en defensa da sanidade pública e de calidade que tivo lugar este venres fronte ao centro de saúde, contou co apoio dun numeroso grupo de redondeláns e redondelás, “que demandan melloras na atención sanitaria”. Tanto usuarios e usuarias, como o persoal facultativo avogan por unha maior contratación de profesionais.

Redondela mantén aberta a convocatoria para a concesión de axudas de comedor escolar

O Concello de Redondela vén de poñer en coñecemento de todas as interesadas e interesados que ata o día 28 de setembro está aberto o prazo para solicitar as Axudas de Comedor Escolar para o curso 2020-2021. As bases da convocatoria, publicadas o 25 de agosto no BOOPO (Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, poden consultarse nesta ligazón.

A Biblioteca ‘Xela Arias’ de Chapela reabre as súas portas logo do ‘parón’ do mes de agosto

Logo das vacacións de agosto, a Biblioteca 'Xela Arias' de Chapela xa abriu as súas portas dende onte, 1 de setembro, e está ao dispor de usuarios e usuarias que poden devolver os préstamos, levar novos documentos ou usar as súas instalacións.

O Arealonga FS Chapela abre a inscrición para a nova tempada adaptada ás normas sanitarias marcadas pola pandemia

Comeza unha nova tempada de fútbol Sala e o Arealonga FS Chapela abre a inscrición para que todos os nenos e nenas poidan practicar este deporte. Será unha tempada marcada, como en todo, pola nova normalidade que nos toca vivir.

O Concello de Redondela reforzará a campaña ‘Faino por Todxs’ de sensibilización e prevención fronte ao coronarivus

O Concello de Redondela vén de anunciar a “intensificación” da campaña de sensibilización e prevención fronte á COVID-19 'Faino por Todxs' logo de que nas últimas datas se incrementen sensiblemente os números de contaxio en toda a comunidade galega e dende o convencemento “que a prevención, a sensibilización e a responsabilidade de todos e todas, son un dos camiños que temos para contribuír a frear esta pandemia”.

Alberto Álvarez Pérez, toma posesión como novo concelleiro do grupo de goberno de Redondela

Alberto Álvarez Pérez é, dende onte xoves, novo concelleiro do grupo de goberno do Concello de Redondela logo de tomar posesión da súa acta no Pleno Ordinario da Corporación Municipal.

Redondela rehabilitará o edificio do antigo conservatorio dentro dun proxecto global de recuperación do patrimonio histórico e cultural do municipio

O Concello de Redondela rehabilitará as antigas dependencias do conservatorio de música, na rúa Isidoro Queimaliños, dentro dun plan global de rehabilitación e recuperación do patrimonio histórico do municipio. As obras, que contarán cun orzamento de preto dos 300.000 euros, incluiríase nas liñas establecidas para a rehabilitación e mellora do patrimonio histórico e cultural e a creación de novos eventos culturais.

Redondela reordenará os accesos á Senda da Auga para garantir a seguridade de peóns e ciclistas

O Concello de Redondela desenvolve nestes días a reordenación dos accesos á Senda de Auga dende a parroquia de Chapela ata San Esteban, de cara a garantir a seguridade das numerosas persoas que utilizan dita senda e que tamén é moi frecuentada por bicicletas ao ser una ruta que percorre un espazo natural privilexiado.

O concello de Redondela inaugura o panel dedicado a Pier Maria Baldi na Alameda Castelao

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, inauguraron o panel dedicado a Pier Maria Baldi. Situado na Alameda de Castelao, o panel reproduce a acuarela que Baldi debuxou en 1669 ao seu paso por Redondela e, por tanto, retrata a vista da vila varios séculos atrás.

Redondela fai un chamamento “á responsabilidade” para o sábado en que tiña que celebrarse o Entroido de Verán suspendido pola COVID-19

A suspensión do 'Entroido de Verán' acordada polo Concello de Redondela por mor da pandemia da COVID-19, celebración que tería que celebrarse mañá sábado 22 de agosto, vén de ser acompañada por unha chamada á responsabilidade por parte do Goberno que preside Digna Rivas.

O Concello de Redondela e Consellería de Educación retoman os temas pendentes en materia de melloras nos centros de ensino do municipio

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, mantivo en datas pasada unha reunión de traballo co xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia en Pontevedra, César Pérez Ares, para retomar os traballos de mellora en distintos centros escolares do municipio e que quedaron en suspenso por mor da pandemia da COVID-19.

Redondela renovará a praza de abastos para convertela “nun espazo vivo e dinamizador da economía local”

O Concello de Redondela ten a intención de converter o mercado de abastos municipal nun espazo dinámico e vivo que “exerza como auténtico motor da dinamización comercial e económica do municipio”. Unha vez que as empresas presenten os seus proxectos, –o prazo remata o vindeiro 28 de agosto– o Goberno local manterá reunións cos praceiros e praceiras para que poidan facer as súas achegas e propostas e acadar un proxecto consensuado.

Raquel Queizás achega a maxia do cinema ás nenas e nenos de Redondela coa actividade ‘Cinema Marabillas’

O venres 28 de agosto ás 11:30 da mañá, no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira, a actriz e narradora Raquel Queizás achegará a maxia do cinema aos cativos coa actividade 'Cinema Marabillas'.

O Concello de Redondela reformará e acondicionará as oficinas de Servizos Sociais de Chapela

O Concello de Redondela iniciará, en breve, os traballos de acondicionamento e reforma das dependencias dos Servizos Sociais de Chapela, co fin de facelas totalmente accesibles e, ao mesmo tempo, conseguir unha mellora enerxética de todo o espazo. Na actualidade, os Servizos Sociais de Chapela atópanse situados nos baixos do pavillón municipal.

A Sociedade Cultural do Viso celebra, este vindeiro venres, a súa Asemblea Anual Ordinaria

A Sociedade Cultural do Viso celebra este venres 21 de abril a súa asemblea anual ordinaria que terá lugar na Antiga Escola de Tuimil (Sociedade de Agricultores do Viso) ás 20:30 horas. No decurso da asemblea farase balance das actividades do ano 2019, avaliaranse as medidas tomadas en virtude do Covid-19 e se someterán a aprobación as propostas de actuacións para o presente ano.

O Goberno redondelán iniciará os traballos de mellora e ensanche do camiño Casal do Monte en Saxamonde

O Concello de Redondela iniciará, en videiras datas, as obras de mellora e ensanche do camiño Casal do Monte, na parroquia de Saxamonde, actuación subvencionada polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que foi adxudicada por importe de 103.608 euros. A actuación estenderase nun treito de aproximadamente 400 metros partindo do entronque co camiño da Vía Vella

O Concello de Redondela traslada á Xunta a preocupación de familias e ANPAS polo protocolo para o inicio do curso escolar

Trasladar a enorme preocupación tanto das familias de Redondela coma das ANPAS ante o inicio dun curso escolar cun protocolo que presenta serias dúbidas, foi un dos obxectivos da reunión que no día de onte mantiveron, en Pontevedra, a alcaldesa Digna Rivas e a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros co xefe territorial de Educación, César Pérez Ares.

O Concello de Redondela inagura as obras de conservación e mantemento do cemiterio de Eidos

A alcaldesa de Redondela, acompañada polo grupo de Goberno municipal, concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal e veciñas e veciños de Redondela, inaugurou no serán de hoxe as obras de conservación e mantemento do Cemiterio de Eidos, un ben patrimonial de primeira orde que levaba anos “nun lamentable estado de abandono e deterioro”, sinalou a alcaldesa Digna Rivas.

A rúa do Paseo da Praia de Cesantes terá tres días un tramo cortado o tráfico por mor da reparación dun muro de contención

Esta semana o Concello de Redondela realizará obras de reparación nun tramo do muro da rúa Paseo da Praia e será preciso cortar o aceso a residentes os días 10,11 e 12 de Agosto.

Colaboradores