Tag: areeiro
Areeiro informa de que a uva chega en bo estado á vendima
O centro do Areeiro da Deputación de Pontevedra vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que confirma o moi bo estado sanitario da uva debido, sobre todo, ao tempo seco e solleiro que se ven rexistrando este verán, que fixo que non se producisen danos na uva.
A Deputación e o CSIC reforzan a súa alianza para loitar contra a trioza
A Deputación de Pontevedra en colaboración co Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a empresa Koppert España, vén de revalidar o convenio para o impulso do estudo científico que ten como obxectivo estudar o comportamento do insecto trioza eryteae ou psila africana para dar resposta e loitar contra a enfermidade da HLB.
Areeiro informa da boa saúde xeral da viña cara á vendima
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que advirte de que a pesares dos cambios meteorolóxicos das pasadas xornadas, o estado fenolóxico da viña evoluciona correctamente.
Areeiro aconsella extremar a vixilancia nas viñas co inicio do pintado da uva
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella continuar revisando as viñas no inicio do pintado da uva.
Areeiro recomenda extremar a vixilancia na parte alta das vides
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro da Deputación de Pontevedra vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella continuar revisando a evolución do mildio, xa que na parte alta das parras seguen sen chegar os funxicidas.
Areeiro recomenda a realización das labores de cultivo das viñas para garantir a súa aireación
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que subliña que trala alarma de principios desta semana, a situación do mildio nas viñas da rede revisada é máis tranquila do previsto.
O inventario botánico do xardín de Santa Clara inclúe alomenos unha ducia de árbores “de importancia”
O persoal da Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA) está a realizar a identificación das plantas do xardín de Santa Clara e a localizalas co fin de facer un inventario botánico completo.
Areeiro insiste na revisión das viñas por risco extremo de mildio
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar este luns un novo aviso fitosanitario no que insiste en que é imprescindible revisar as viñas ante o “risco extremo” de desenvolvemento do mildio.
Areeiro lanza un aviso fitosanitario no que prevé un avance do mildio
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario que se centra no estado das viñas, nas que se produciu un avance significativo da fenoloxía das vides e nas que se prevé un avance do mildio.
Areeiro aconsella iniciar o tratamento contra o mildio ante a aparición das primeiras manchas no Rosal
Na revisión semanal que o persoal técnico da Estación Fitopatolóxica Areeiro realiza ás viñas da provincia téñense detectado xa as primeiras manchas de mildio nas comarcas do Rosal e do Salnés.
A Deputación retoma a doazón de especies vexetais de Areeiro
A Deputación de Pontevedra ven de retomar a doazón de especies vexetais da Estación Fitopatolóxica de Areeiro para que concellos, centros educativos, entidades, institucións e particulares poidan seguir enriquecendo os xardíns abertos ao público na provincia.
Areeiro aconsella a vixilancia das viñas polas condicións climatolóxicas
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que mantén as súas recomendacións para a vixilancia das viñas ante as condicións climatolóxicas previstas, que poden favorecer a aparición do mildio nas plantas máis desenvolvidas.
Areeiro insta a continuar coa vixilancia do mildio
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro advertiu nun aviso fitosanitario que é preciso manter a vixilancia do mildio nas vides, aínda que suxire non comezar a aplicar o tratamento.
Areeiro recomenda iniciar a vixilancia do mildio nas viñas
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un aviso fitosanitario no que recomenda ás persoas viticultoras iniciar a vixilancia do mildio, aínda que subliña que co actual estado de desenvolvemento das plantas aínda non é necesario empezar con tratamentos.
A Estación Fitopatolóxica do Areeiro advirte da presenza no solo das primeiras procesionarias
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario para advertir da presenza no solo das primeiras eirugas procesionarias (Thaumetopoea pityocampa) e aconsella neste senso evitar os paseos nas zonas de piñeiros ou cedros, xa que como é coñecido, o contacto con estas eirugas pode ocasionar irritacións ou outros problemas máis graves.
A Deputación lanza a “Ruta da Ciencia Areeiro”
A Deputación de Pontevedra lanzou onte a “Ruta da Ciencia Areeiro”, un proxecto piloto de turismo científico que ten como obxectivo achegar os valores medioambientais e científicos á cidadanía así como poñer en valor o patrimonio vexetal existente na Estación Fitopatolóxica de Areeiro.
Areeiro aconsella manter a vixiancia da brotite ata a vendima
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar o último aviso fitosanitario previo á vendima (cuxo inicio está previsto en principio na semana do 6 ao 13 de setembro) no que fai referencia á botrite, o mildio e o oídio das viñas.
Areeiro advirte do incremento das capturas da avelaíña da mazá
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que recomenda ás persoas viticultoras seguir pendentes ante o mildio e a botrite nas viñas e no que advirte así mesmo sobre o incremento das capturas da avelaíña da mazá.
Areeiro aconsella manter a vixilancia ante os patóxenos da viña dadas as condicións meteorolóxicas
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella manter a vixilancia ante o mildio. Na observación levada a cabo esta semana apreciouse a aparición de síntomas abundantes deste patóxeno nas follas e, segundo informacións recibidas, tamén se percibiron síntomas de mildio larvado dos acios dalgúns predios, que nalgún caso chegaba a máis dun 25 % dos acios.
Areeiro aconsella renovar as intervencións nas viñas contra o oídio e o mildio
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que alerta que as condicións meteorolóxicas que se veñen dando dende a noite do sábado.
Areeiro aconsella manter o máximo nivel de alerta ante o mildio
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que aconsella manter o máximo nivel de alerta ante o mildio, posto que están a aparecer as primeiras manchas nas follas dos gromos sen protexer.
Areeiro aconsella aplicar un novo tratamento contra o mildio nas viñas
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que volve recomendar ás persoas viticultoras a aplicación de tratamentos en canto a situación meteorolóxica se estabilice ante o alto risco de propagación do mildio.
Areeiro reitera a necesidade de revisar as viñas para comprobar o estado do mildio
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, lanza un novo aviso fitosanitario no que volve a facer fincapé na necesidade de revisar as viñas o máis a miúdo posible en busca de mildio, sobre todo ante os pronósticos meteorolóxicos que presaxian tormentas e precipitacións.
Areeiro segue a recomendar a vixilancia das viñas fronte ao mildio
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, lanza un novo aviso fitosanitario no que segue a recomendar a vixilancia intensa das viñas debido ás condicións favorables para o desenvolvemento do mildio
Areeiro aconsella renovar os tratamentos contra o mildio ante as condicións meteorolóxicas previstas
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, lanzou un novo aviso fitosanitario no que segue a referirse ao mildio e á necesidade de renovar os tratamentos contra esta enfermidade da viña ante as condicións meteorolóxicas que se esperan para os vindeiros días, a menos que xa se teña feito esta aplicación e constatado a súa eficacia.
Areeiro insiste na necesidade de vixiar as viñas polo mildio e aconsella renovar os tratamentos se aparecen novos síntomas
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que insiste nas súas anteriores recomendacións de continuar vixiando as viñas debido á situación de risco para o desenvolvemento do mildio.
A Deputación facilitará especies vexetais desde Areeiro para plantar nos xardíns públicos da provincia
No marco da súa firme aposta pola defensa medioambiental, a Deputación de Pontevedra vai doar especies vexetais da Estación Fitopatolóxica de Areeiro para a súa plantación en xardíns públicos da provincia, co obxectivo de “enriquecer a diversidade botánica e o patrimonio vexetal, amais de mellorar o espazo público”, como destacou hoxe a presidenta, Carmela Silva.
Areeiro recomenda a constante revisión das viñas para detectar e frear posibles síntomas do mildio
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que recomenda unha revisión constante das viñas con motivo da favorable situación para o desenvolvemento do mildio, ante as condicións de inestabilidade meteorolóxica previstas para os vindeiros días.
Areeiro recomenda realizar un tratamento preventivo contra o mildio nas viñas
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que recomenda a aplicación dun tratamento preventivo nas viñas contra o mildio, ante as condicións meteorolóxicas previstas para as vindeiras xornadas.
Areeiro aconsella comezar a tratar os buxos para facer fronte á expansión da praga da bolboreta
A Estación Fitopatolóxica Areeiro da Deputación de Pontevedra vén de alertar da subida de rexistros de actividade das eirugas hibernantes da bolboreta do buxo (Cydalima perspectalis) e da importancia de facer máis intensiva a vixilancia ou mesmo iniciar o tratamento para facer fronte á súa expansión.
Areeiro salienta o bo estado fitosanitario das viñas, favorecido polas condicións meteorolóxicas
A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que salienta o bo estado xeral das viñas debido ás condicións climatolóxicas e subliña que a progresión da maduración das uvas debido á calor deste mes de xullo pode motivar o adianto da vendima, de continuar a actual situación.