Luns, 4 Agosto de 2025

Carmela Silva: “O machismo négalle ás mulleres o dereito a ser”

0

“Cando descubrín o feminismo dinme conta que non me ían poder parar, porque tiña un arma que non facía dano, que non mataba, a arma do pensamento feminista”. Carmela Silva fixo unha defensa férrea da importancia do feminismo para a sociedade nun coloquio organizado pola Agrupación Socialista de Baiona. “De nena dicíanme que non preguntase tanto, que non falase tanto, que non me sentase no centro… Pronto entendín que era por ser muller”, contou a presidenta da Deputación de Pontevedra ante un salón ateigado de veciñas e veciños da vila.

“Non só nos dicían o que tiñamos que facer, senón que nos silenciaron, nos quitaron dos libros de historia”, continuou defendendo Silva, que sinalou que o feminismo “é un proxecto colectivo e emancipador”. “Nós defendemos querer ser. Como alguén nos pode negar o dereito a ser?”, preguntábase a dirixente socialista. “Pois iso é o que fai o machismo”.

Silva quixo lembrarse das “984 mulleres asasinadas desde 2003” por violencia machista, unhas cifras que considera “inaceptables”, preguntándose como reaccionaría a cidadanía se en vez de mulleres fosen asasinados por terrorismo.

“O que pasou o ano pasado foi un fito histórico”, asegurou sobre a mobilización do 8M de 2018, e tras facer un repaso as anteriores tres ondas do feminismo asegurou que a cuarta, na que nos atopamos agora, está disposta a “rachar” cos “teitos, que non son de cristal, son de formigón armado”.

Xunto a Carmela Silva participaron Concepción Vara, secretaria de igualdade do partido en Baiona; María Pierres, deputada socialista autonómica e responsable de igualdade; e Susana Pérez, presidenta da Asociación de Empresarias de Galicia, que foron presentadas por Carlos Gómez, candidato socialista á alcaldía de Baiona.

María Pierres quixo facer fincapé “en todas as políticas de igualdade que desde os gobernos socialistas, incluíndo este de Pedro Sánchez, se puxeron en marcha”, facendo un repaso as medidas postas en marcha nos últimos oito meses, e acosou ao PP de estar centrado “en gañarlle a carreira á extrema dereita, e nesa carreira as que saímos perdendo somos as mulleres”.

Pola súa banda, Susana Pérez fixo un chamamento a que as mulleres defendan a igualdade nos seus postos de traballo. “Temos que exixirlle a todas as empresas un plan de igualdade, e non só iso, temos que comprobar que este plan se leva a cabo para que non quede esquecido nun caixón”, asegurou a presidenta da Asociación de Empresarias de Galicia.

A apertura do acto correu a cargo da secretaria de igualdade da executiva local do partido, Concepción Vara. Vara considera que seguimos “vivindo nesa ilusión de que acadamos moitos dereitos; eu persoalmente non o vexo así. Na nosa vila a igualdade non ten importancia, non ten valor”.

«Aprender máis alá dos exames» coa doutora Thais Pousada

A concelleira Ensino e Participación Cidadá, Cristina Fernández, convida a toda a mocidade a tomar un café coa doutora en ciencias da saúde, a ponteareá Thais Pousada, e falar de como aprender máis alá dos exames. A cita será no Teatrovar ás 12 horas deste sábado 9 de marzo.

Para que os coñecementos sexan moito máis que un trámite para superar etapas educativas, Thais Pousada en colaboración coa concellería pretende espertar a curiosidade pola aprendizaxe e polos coñecementos que ao longo da nosa vida profesional e persoal serán de grande utilidade.

Iglesias e Orsi abordan, no Teatro Municipal de Tui, á chegada aos 50

0

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 8 de marzo, ás 21:30 h a Culturactivade Santiago de Compostela que presenta «Senior». Avelino González dirixe o elenco conformado por Luís Iglesias e Marcos Orsi nunha comedia que aborda a chegada aos 50 anos de idade.

«Senior» achéganos unha reflexión en clave de humor, ríndonos de nós mesmos, sobre a chegada ao medio século. Cunha comicidade sinxela e directa, na que doadamente se verá identificada a audiencia, e apoiada nun texto enxeñoso de creación propia, Sénior permitiranos, ao longo de 70 minutos, rir das situacións máis cotiás, de divertidas anécdotas que, seguramente, moitos chegamos a vivir e de escenas que só se poden vivir, gozar e padecer a partir dos 50 anos.

As entradas están á venda en www.culturatui.info ata este venres 8 de marzo ás 12 h, ou o venres dende ás 20 h no despacho de billetes, aos prezos de 6 € e 5 €.

Os Centros de Día e residencias do Val Miñor celebran o Entroido

0

Preto dun cento de usuarios dos centros de día e residencias do Val Miñor festexaron esta mañá o seu propio entroido no Auditorio Municipal de Nigrán, como ven sendo habitual ano a ano. Cada centro conformou cadansúa comparsa e interpretou unha canción ou parodia nunha xornada presentada por usuarios do Centro Juan María de Parada.

A deliberación do xurado deixou como primeiro clasificado ao Centro de Día ‘Botando unha man’ de Nigrán coa súa comparsa Guapos e guapas do Val Miñor. Os segundos clasificados resultaron O Celta Senior, da residencia Vila do Conde (Gondomar); e terceiros os Pintores, de Bellavista Care (Nigrán). O resto das comparsas foron Residencia Bo Día con Chegan os doutores e o Centro de Día Mancomunado do Val Miñor con Ata o carballo. Houbo tantas comparsas como premios repartidos.

Mos inicia en Puxeiros un programa de lavado de todas as beirarrúas do concello

0

O Concello de Mos deu comezo, o luns 4 de marzo, o programa de lavado de beirarrúas a cargo do servizo municipal de limpeza do Concello de Mos que, para este traballo, conta cunha máquina especializada de gran tamaño cun sistema de auga a presión, e unha manual de rodillo.

Os traballos iniciáronse o pasado luns en Puxeiros coa máquina grande, lugar a onde aínda regresarán para completar os labores comezados o día 4 de marzo, e actualmente a devandita máquina atópase operando en Sanguiñeda na zona das Angustias, e a manual de rodillo está na urbanización de San Eleuterio, parroquia de Tameiga.

O programa de limpeza de beirarrúas continuará ata completar o lavado de todos os tramos de acera existentes no municipio.

Borrador automático

0

Modo 1

[ngg src=”galleries” ids=”1″ display=”basic_slideshow”]

Modo 2

[ngg src=”galleries” ids=”1″ display=”basic_imagebrowser”]

Modo 3

[ngg src=”galleries” ids=”1″ display=”basic_thumbnail”]

ACiP demanda ao Concello que se informe sobre o calendario das ITV móbiles

O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, demandou do Concello de Ponteareas que se dea información á veciñanza “do calendario do servizo itinerante da ITV”. Segundo González Carrera, no que levamos de 2019, a ITV para motocicletas e ciclomotores o xa pasou en xaneiro e febreiro, mentres que o de turismo o fixo dúas veces en marzo, sen que o Concello dera información puntual destas visitas. Este deixamento, sinala o portavoz de “pode provocar a perda dun servizo que custou traer ata a vila”.

Ponteareas foi demandante no seu momento deste servizo na época na que o agora portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera, ocupaba a Concellería de Seguridade. Pretendíase evitar que usuarios da vila tivesen que desprazarse ata a nave máis próxima da Inspección Técnica de Vehículos, en Porriño, especialmente os propietarios de vehículos agrícolas que en moitos casos víanse obrigados a contratar un servizo de guindastre para acudir á ITV e pasar alí a revisión. O servizo móbil ampliouse logo a ciclomotores e motocicletas, e tamén aos turismos lixeiros.

Desde entón, e nun calendario que periodicamente publica a ITV, os vehículos agrícolas poden pasar a revisión na chaira de Pardellas –do mesmo xeito que os turismos– mentres que motos e ciclomotores fano fronte ao parque de bombeiros, na rúa dás Pombas.

ACiP lamenta que tras os esforzos realizados no seu momento, o Goberno “faga caso omiso a estes servizos, non informando os veciños e especialmente aos do rural, pola cantidade de vehículos agrícolas que alí hai e pola importancia destas revisións”. “Este deixamento de funcións fai que moitos usuarios decátense tarde do calendario e horarios de ITV en Ponteareas, obrigándoos a pasar a revisión a Porriño…. “e esta si sería unha verdadeira axuda ao rural”, asegura o candidato de ACiP a alcaldía de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera.

A Xunta investirá 400.000 euros no IES de Salvaterra

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, anunciou onte que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vai licitar este ano a reforma do IES Salvaterra de Miño. Segundo informou, o departamento educativo está redactar o proxecto, que contempla unha reordenación dos espazos co traslado da FP Básica de Madeira e o ciclo asociado ao metal que se imparte na actualidade.

Cun investimento previsto de 400.000 euros, a actuación consistirá no acondicionamento interior da planta baixa, que albergaría dúas novas aulas para usos múltiples quedando o espazo que ocupan na actualidade baleiro e que pasarán a ocupar os actuais ciclos de Formación Profesional.

Así o aseverou na súa visita ao centro o representante autonómico, quen estivo acompañado pola tenente de alcalde do Concello de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel. Neste senso, ambos insistiron na necesidade de adaptar as instalacións ás ofertas formativas para o correcto funcionamento do centro, posto que ata o de agora o taller do ciclo de madeira atópase nun local alugado ao Consistorio.

cep CarlosCasares MartaValcarcel

O delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves e a tenente de alcalde de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, na visita realizada ao CEP Carlos Casares

Por outra banda, o delegado da Xunta aproveitou a súa visita a Salvaterra de Miño para visitar o CEP Carlos Casares, do que avanzou que a xefatura provincial traballa xa no proxecto de cambio da cuberta, que anunciou para este 2019.

Desde o ano 2009, a Xunta investiu máis de 700.000 euros en melloras educativas neste municipio pontevedrés. No caso do IES Salvaterra de Miño, esta última actuación elevaría o investimento da Consellería de Educación neste centro ata os preto de 550.000 euros.

A mostra «Rompe. Xoga en Igualdade» da Deputación chega o xoves á Guarda

0

Dende este xoves, 7 de marzo, e ata o vindeiro 31 de marzo, A Guarda acollerá a mostra «Rompe. Xoga en Igualdade», coa que a Deputación de Pontevedra denuncia a discriminación e a desigualdade que sofren as mulleres. Poderá verse na Casa do Alonso, o edificio no que está a actual sede do Concello, de luns a venres, de 8:00 h a 15:00 horas.

«Rompe. Xoga en Igualdade» é unha exposición itinerante creada por Isabel Blanco e Irene Silva e con fotografías de Noemí Chantada. Está protagonizada polas famosas bonecas «Barbie», que foron intervidas para denunciar de forma impactante e rompedora a desigualdade entre homes e mulleres co obxectivo de golpear as conciencias e para facer pensar e reflexionar. Pretende ‘romper’ e reivindicar a igualdade entre mulleres e homes, así como concienciar á sociedade da igualdade de oportunidades entre mulleres e home e do fin da discriminación e da violencia contra o 52 % da poboación.

As protagonistas dos paneis amosan as situacións de desigualdade, violencia e discriminación que viven as mulleres dende nenas, recalcando a importancia do xogo para a educación, transmisión de valores e formación de nenas e nenos. As bonecas seleccionadas para a mostra foi a ‘Barbie’ por tratarse da máis famosa da historia e coa que, a diario, xogan milleiros de nenas no mundo, pero que, ao mesmo tempo, presenta a unha muller obxecto que transmite valores sexistas que se están a reproducir tanto nos xogos como nas condutas dos nenos e nenas.

Ponteareas destina preto de 50.000 euros a un Plan de Igualdade

O Concello de Ponteareas adxudicou a execución do Plan de Igualdade por un importe de 48.800 euros, financiado pola Unión Europea dentro da estratexia «Ponteareas Habitat Saudable». O Plan de Igualdade foi aprobado polo Pleno o pasado ano e nel contémplanse varias liñas de actuación. Entre estas actuacións figuran o “fomento da equidade de xénero”, por outra o “empoderamento persoal e colectivo” e actividades de educación afectivo-sexual entre o alumnado da ESO

A empresa adxudicataria deberá agora realizar un total de dez actuacións que incluen obradoiros de alfabetización dixital e de busca de emprego para mulleres desempregadas así como de creación de pequenas empresas no rural, para rematar coa discriminación no ámbito sociolaboral.

Para o Goberno local unha das medidas de máis interese é a referida ao fomento da equidade de xénero entre a poboación adolescente. Os diferentes estudos existentes revelan que os comportamentos machistas se continúan reproducindo e manifestando nas xeracións máis novas. Daí que o equipo encargado de executar o plan de igualdade iniciara xa os contactos cos centros de educación secundaria da localidade para por en marcha accións educativas relativas á influenza dos roles de xénero e estereotipos.

O alcalde de Ponteareas Xosé Represas considerou “fundamental a educación nos valores da igualdade de xénero para acadar un concello máis igualitario e erradicar o machismo da nosa sociedade desde a súa raíz. Hai que denunciar a violencia machista, pero se queremos acabar con esta lacra a solución está na educación”.

Respecto á alfabetización dixital preténdese achegar ás mulleres as novas tecnoloxías e habilidades básicas para que poidan empregalas na procura de novas oportunidades sociais e económicas. As accións vanse desenvolver até o mes de setembro.

Preto de 2.000 persoas, no Enterro da Lamprea de Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño pecha as inscricións do Enterro da Lamprea 2019 coa participación de 19 carrozas e preto de 2.000 persoas desfilando polas rúas da vila. O desfile, que arrancou no ano 2007, ano a vaise consolidando sendo, hoxe en día, un evento de referencia na comarca e que conta coa participación de comparsas de toda a contorna.

Este comparsas de Salvaterra, Salceda, Tui, Mos, Ponteareas, Porriño, As Neves e Nigrán daránse cita en Salvaterra de Miño para para encher de ledicia a todas as persoas que se achegan á vila fronteiriza para gozar desta festa.

O Entroido de Salvaterra tamén da a oportunidade de participar a todos aqueles que o queiran sen formar parte de ningunha carroza ou comparsa, a través da comitiva da defunta lamprea, formando parte dese grupo de ‘choronas’ que fan o percorrido dándolle o último adeus a defunta, unha lamprea símbolo tamén da riqueza gastronómica do municipio.

O desfile arranca ás 17:00 h do sábado 9 de marzo, percorrerá diversas rúas da vila e rematará na Praza do Concello, onde se dará lectura ao testamento e se queimará a Lamprea. Ademais de moita diversión, todos os asistentes poderán desfrutar dun chocolate quente, que un ano mais tamén terá en conta as intolerancias, ofrecendo chocolate sen gluten.

Font cualifica de “ridícula” a petición do PP para reclamar a variante de Ponteareas

O voceiro do grupo socialista da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, cualificou hoxe de “ridícula” a moción na que o PPdeG reclamaba ao Goberno central “que habilite máis orzamento” para a variante de Ponteareas e a mellora da seguridade viaria da N-120. López Font reprochou aos populares que presenten agora esta proposta cando “en catro anos non lle reclamaron ao Goberno central que cumpra o compromiso de contratar, executar e financiar as obras, nin se lles ocorreu reclamar á Xunta de Galicia a redacción do proxecto construtivo desta vía”.

A deputada popular, a ponteareá Belén Villar, lamentaba hoxe que tanto BNG como PSOE non apoiasen nin defendesen aos veciños nesta demanda de hai anos. “É incrible que o deputado do BNG, Rafael Mosquera, do mesmo partido que o alcalde de Ponteareas, dixese que daba igual votar a favor que en contra. Tamén é sorprendente que o PSOE, o mesmo partido que a tenente de alcalde de Ponteareas, votase en contra. Está claro que a ningún lle importa nin a Variante nin as melloras na N-120, ambas revindicacións case históricas”.

Pola súa banda, o Goberno da Deputación de Pontevedra subliñaba no pleno da Corporación Provincial que o Ministerio de Fomento mantén o “compromiso firme” de executar a variante viaria de Ponteareas e de mellorar a estrada N-120 ao seu paso por este concello. 

Font sostivo que o anterior Goberno central “nunca tivo intención de converter en obras os orzamentos consignados” e lembrou que “non había nin proxecto nin convenio”. O deputado apuntou reproba que a moción do PP chegue semanas despois de que Fomento confirmase a súa intención de abordar a variante de Ponteareas, e tamén xusto despois de que o goberno de Ponteareas mantivese un encontro co Director Xeral de Estradas para tratar a concreción da nova vía entre a PO-403 e a N-120.

“Obvian vostedes que o director xeral manifestou o compromiso firme do ministerio coa variante, e por tanto co financiamento necesario para levala a cabo”, subliñou Font. A este respecto resalta que Fomento está a elaborar un estudo de alcance que permita coñecer as características concretas desta actuación e o seu importe, e de feito, xa hai data para a seguinte xuntanza na que o departamento estatal presentaralle ao goberno municipal os resultados do estudo. “É lamentable que presenten esta moción cando está prevista a convocatoria coa Xunta e o Concello para determinar a mellor forma de executar a variante no menor prazo”, afirma o deputado socialista.

Licitación por urxencia da N-120
Por outra banda, Font referiuse ao arranxo da estrada N-120 e lembrou que o ministerio xa deu traslado do compromiso de licitar canto antes a redacción do proxecto como obras de urxencia. “De novo caen no ridículo. Estou seguro de que non sinten pudor político, ou non terían presentado esta moción”, indicou. O portavoz do PSdeG lamenta ademais que o PPdeG reclame partidas para estas obras cando “nunca, incluíra o que incluíra, tiñan pensado votar a favor do orzamento xeral do Estado”. A moción foi rexeitada.

Arbo recupera a ponte románica de San Xoán

0

O pasado 28 de abril de 2017 o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González e o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil, asinaban un convenio de colaboración para a recuperación e consolidación da Ponte de Mourentán,  que ten consideración de ben catalogado e incluido no Inventario de Pontes Históricas de Galicia.

O proxecto cun orzamento de execución por contrata de 103.418,00 Euros asumido pola Conselleria, e das obras se encargaba a Dirección Xeral do Patrimonio da Xunta de Galicia.  Esta intervención estaba incluída no Plan estratéxico para a protección e conservación do patrimonio cultural de Galicia da Dirección Xeral do Patrimonio cultural.

O obxecto da actuación foi acometer as obras necesarias para evitar que continúase deteriorándose este ben e, deste xeito, impedir que se produxeran unha perda irrecuperable para o patrimonio cultural galego.

A ponte de San Xoán foi construída entre os séculos XIV e XV sobre o río Deva para facilitar o cruce ao antigo camiño dende Ribadavia a Tui que xa figuraba en documentos medievais. Esta conservado e recoñecido pola súa importancia como punto de defensa na Guerra da Independencia. Crese que en 1809, os veciños de Arbo defenderon os seus fogares e familias fronte ás numerosas tropas francesas nunha batalla que tivo lugar nos arredores da ponte. A loita terminou co triunfo dos franceses, debido á súa superioridade numérica, pero o feito lémbrase cunha lápida instalada nunha columna nun dos lados da ponte.

Horacio Gil, alcalde de Arbo, apunta que “a Ponte Romanica é símbolo de Arbo e os arbenses, nun concello que conta cunha gran riqueza patrimonial, cultural e histórica”.

A veciñanza das Neves aliviada no pago de impostos para reconstruir despois dos lumes

0

O Goberno local das Neves lembrou hoxe que as accións, aprobadas no seu día para facerlle fronte ás perdas ocasionadas polos lumes de outubro de 2017, seguen a beneficiar ás veciñas e veciños. Para facilitar que os afectados puidesen rehabilitar as súas propiedades, o Pleno do Concello, a proposta do Goberno local acordou, coma subliña o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “unha redución do 95% no imposto de construcións”.

Ademais, estableceu unha bonificación no seu grao máximo –o 95%– para as obras de reparación, rehabilitación e reconstrución, ou nova construción, sempre que veña imposta por imperativo legal, das edificacións xa existentes no termo municipal, que foran afectadas polo lume.

“Esta bonificación ten efectos retroactivos para tódalas solicitudes de licenza ou comunicacións previas efectuadas dende o 15 de outubro de 2017”, e estendeu os seus efectos a tódalas solicitudes de licenza ou comunicacións previas efectuadas para esta finalidade, ata o 31 de decembro de 2018.

Estas medidas supuxeron, subliña o alcalde, que “dende os lumes e ata finais do ano pasado as veciñas e veciños das Neves tivesen unha rebaixa de impostos de 62.612,43 €”.

Baiona organiza unha Festa Infantil de Entroido no Pavillón de Deportes

0

A Concellería de Cultura do Concello de Baiona, organiza unha festa infantil especial de Entroido para os próximos días 5 e 6 de marzo de 2019. Serán dous días –Martes de Entroido e Mércores de Cinza– haberá unha chea de actividades lúdicas dirixidas aos máis cativos entre as 16 horas e as 20:30 horas.

Nenos e nenas poderán gozar de inchables, maquillaxe, obradoiros, Foamball da Área Nerf, Realidade Virtual, Plastichef de PlayDoh, Fotomatón, Photocall e Área de Bloques Xigantes.

Ademáis, o Martes 5, celebrarase un Gran Concurso Infantil de Disfraces, en modalidade individual. As inscricións para participar neste concurso, realizaranse o mesmo día de dende as 16 horas ata as 18 horas en que dará comezo o concurso.

Os participantes optarán a un primeiro premio dunha Playstation 4; un segundo premio de unha Tablet Samsumg Galaxy Tab 4; un terceiro premio que será un Hoverboard +Kart; o cuareto premio terá como agasallo un patinete eléctrico; o quinto premio consistirá nunha Tablet Samsumg Galaxy Tab E e, do sexto ao décimo premio obterán un kit de agasallos.

Redondela presentou o programa de actividades para o 8M

O Concello de Redondela presentou na mañá de hoxe a programación que desenvolverá con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o vindeiro 8 de marzo e que foi presentada polo alcalde de Redondela, Javier Bas; a Concelleira de Cultura, Teresa París e o concelleiro de Deportes, Julio Mougán e Noite Fernández, do Club de Atletismo de Redondela (CAR).

A actividade central da programación é unha carreira popular que terá lugar o domingo día 10 de marzo. Trátase dun percorrido urbano de 3 km que non ten clasificación nin cronometraxe, e na que poderán participar até 300 persoas, por orde de inscripción.

Os participantes darán dúas voltas ao circuito urbano, en Redondela. Poderanse anotar nesta ligazón.

O Concello tamén ten preparadas outras actividades por este día tan sinalado, desde campañas educativas nos centros escolares, presentación ou actos institucionais en conmemoración desta data.

O Auditorio de Goián acolle, o sábado, a V Gala do Deporte de Tomiño

0

Imaxe de arquivo da Gala do Deporte do pasado ano

Todo está disposto para que o Auditorio de Goián acolla, o vindeiro sábado, 9 de marzo ás 20 horas, a quinta edición da «Gala do Deporte» que, como novidade, ofertará unha fantástica «xornada multideporte» para os máis cativos. Nenos e nenas poderán practicar bádminton, tiro con arco, tenis de mesa, judo, petanca, etc., de 17.00h a 20.00h no pavillón polideportivo de Goián, situado xunto ao auditorio.

A Concellería de Deportes agarda contar coa presenza de colectivos, asociacións, clubs e público en xeral, para render homenaxe a todas as persoas deportistas tomiñesas, e premiar a aquelas que destacaron neste último ano.

Agradécese que se confirme asistencia no enderezo electrónico: [email protected]

A Deputación adxudica a mellora da estrada Pazos-Ponteareas ao seu paso por Ribadetea

As obras de mellora da seguranza viaria para 2,2 quilómetros da estrada EP-2703 ente Pazos e Ponteareas ao seu paso pola localidade de Ribadetea, no concello de Ponteareas, acaban de ser adxudicadas formalmente pola Deputación á empresaCivis Global por presentar a mellor oferta de entre as 16 firmas aspirantes. O deputado de Mobilidade Uxío Benítez destaca que o orzamento de adxudicación foi finalmente de 580.169,39 euros. Os traballos deben comezar antes do verán e, unha vez que comecen, terán unha duración de seis meses.

As obras consistirán –explica Benítez– na creación de itinerarios peonís, a mellora do firme, a instalación de elementos de calmado de tráfico, e tamén a incorporación de servizos soterrados nunha zona moi transitada pola veciñanza nas inmediacións da igrexa parroquial, da escola infantil, e da casa da cultura. A mellora desta estrada responde a unha demanda veciñal da parroquia de Ribadetea trasladada á Deputación polo goberno local encabezado por Xosé Represas que, en varios encontros, manifestou que a zona necesitaba dunha mellora da seguridade viaria para facilitar o tránsito de peóns no lugar de O Souto, comunicando equipamentos como a igrexa parroquial de San Xurxo e o colexio da Picaraña.

No proxecto inclúese a creación dun espazo de tránsito peonil diferenciado e nas zonas onde non hai sección suficiente crearanse zonas de convivencia cunha plataforma sobreelevada e con preferencia peonil. Poñerase tamén en valor a contorna da igrexa de San Xurxo e o cruceiro de Entreeidos, onde se utilizarán encintados e pavimentos e pedra e lastros en lugar dos formigonados e dos aglomerados de cor do resto dos ámbitos.

Ademais das melloras nos itinerarios peonís, explica Benítez, o proxecto inclúe unha rehabilitación do firme entre os puntos quilométricos 11+300 e 13+500, instalaranse redutores de velocidade de vehículos, renovarase a rede de drenaxe, canalizarase un treito de abastecemento, e instalarase novo mobiliario urbano e unha marquesina.

A Guarda apraza o Desfile de Entroido ante as previsións meteorolóxicas desfavorables

0

O Concello da Guarda vén de facer público o anuncio do aprazamento do Desfile de Entroido previsto para este martes ante as previsións meteorolóxicas desfavorables cunha ampla probabilidade de choivas intensas para esa xornada, ademais da activación de alertas por fenómenos meteorolóxicos adversos.

Deste xeito, o Desfile realizarase na vindeira fin de semana, preferentemente na xornada do sábado día 9 de marzo ás 17:30h, con saída dende a esquina famosa ata a Alameda da Guarda, aínda que tamén pendentes da situación meteorolóxica para esa xornada.

Doutra banda, a hostalaría guardesa segue coa súa oferta gastronómica do menú de entroido ata mañá martes, 5 de marzo, unha oferta na que participan un total de seis establecementos que, ao prezo de 18 €/persoa ofrecen un menú especial composto por un primeiro prato de caldo ou empanada; un segundo prato de lacón con grelos e unha sobremesa con filloas ou orellas de entroido.

Nesta edición participan na iniciativa «Menú de Entroido» a Tapería–Restaurante Arruaz (986 614 571), Camping Santa Tecla (986 685 461), Celtic (986 611 679), La Pizzicata (986 611 534), O Cangrexal (986 611 107) e Restaurante Xantar (986 611 814 ). Recoméndase reservar con antelación chamando directamente ao restaurante.

Ciudadanos presenta o seu grupo local de Ponteareas

O Centro Artístico Sportivo de Ponteareas acolleu, o pasado sábado ás 20 horas, a presentación do grupo local de Ciudadanos en Ponteareas, grupo que se suma aos xa existentes en toda Galicia e que se enmarca “dentro do plan de expansión e implantación da formación laranxa” sinalan dende Cs. Ponteareas engádese aos máis de 60 concellos de Galicia que xa contan con agrupacións locais desta formación.

No acto de presentación tomaron a palabra os integrantes da nova directiva, Alejandro Doval como coordinador; Bruno Iglesias como responsable de redes sociais e labores de portavocía e David Alonso será o enlace municipal. 

A nova xunta directiva estivo arroupada por representantes de Cs Galicia, entre eles, o responsable autonómico, Laureano Bermejo e o portavoz provincial, Javier Alonso. Ámbolos dous destacaron o “crecemento imparable” do partido e agradeceron aos afiliados “o seu compromiso co partido”.

Falece un home en Ponteareas ao incenciarse a caseta na que vivía

Un home faleceu na mañanciña de onte en Ponteareas, logo de que se incenciara a caseta na que vivía e que estaba acondicionada como vivenda. O feitos aconteceron cara ás 00:45 horas do 2 de marzo, cando un particular chamaba ao 112 Galicia para pedir axuda indicando que ardía unha caseta en Costa de Sequeiros, na parroquia de Guláns, e que no seu interior había unha persoa.

Os bombeiros de Ponteareas deprazáronse ao lugar dos feitos ao mesmo tempo que as urxencias sanitarias. Extinguido o lume, os bombeiros de Ponteareas confirmaron que a caseta ardera na súa totalidade e no interior da mesma, atopouse o corpo dun home completamente calcinado. Os servizos sanitarios, que nada puideron facer no caso do falecemento, si tiveron que intervir para atender a dúas persoas que tiveron que ser atendidas no mesmo punto ao sufrir unha crise de ansiedade.

De momento, descoñécense as causas que orixinaron o incendio que están sendo investigadas polas autoridades competentes.

Ponteareas humanizará o entorno da Praza de Abastos e Auditorio

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas e a tenente de alcalde, Chus Garrote, presentaron o estudo previo de humanización do espazo comprendido entre a Praza de Abastos e o Auditorio Municipal, na Rúa Fernández Vega. A reforma proxectada prevé a creación dunha plataforma única entre os dous edificios, como se dunha praza se tratara, mantendo os dous carrís para a circulación de vehículos. Estes deberán subir á plataforma e circular a tan só 20 km/h, garantindo así a seguridade dos peóns.

Segundo o Concello de Ponteareas, o obxectivo da actuación é converter esa zona comercial con grande movemento de persoas “nun amplo espazo peonil, con mobiliario urbano como bancos, nova iluminación e arborado de certo porte”. Ao mesmo tempo, Xosé Represas sinala que “a reforma potenciará máis o comercio local da zona e o Mercado Municipal ao converter o seu entorno nun lugar atractivo, agradábel e seguro”.

Na vindeira semana distribuirase información entre o vecindario da zona que tamén se porá a disposición de toda a poboación na web municipal, no espazo «Ponteareas o teu fogar». Para achegar suxestións, propostas e ideas a veciñanza poderá facelo a través da web do concello ou participando na reunión aberta que se celebrará na segunda semana de marzo. Unha vez recollidas as ideas e propostas veciñais redactarase o proxecto definitivo, licitarase e executarase a obra con cargo aos fondos FEDER da Unión Europea que será unha realidade antes de rematar o ano 2019.

Xosé Represas explicou que “estamos actuando de forma seria e decidida para superar o desastre urbanístico que sofreu Pontareas e transformar completamente a vila para convertela nun lugar pensado para as persoas”.

A Guarda mellora a iluminación da Rúa Pontevedra

0

O Concello da Guarda ven de mellorar a eficiencia enerxética da Rúa Pontevedra do casco urbano coa instalación de 3 novos puntos de iluminación de tecnoloxía led co que se prevé un aforro enerxético aproximado dun 70%.

Nesta mellora, elimináronse os 6 puntos de luz existentes nesa rúa e instaláronse 3 novos puntos de luz que dan unha cobertura completa á totalidade desta rúa cunha iluminación moito máis eficiente que suporá un aforro, non só na factura de electricidade, senón tamén no consumo e unha mellora substancial na calidade da iluminación deste espazo.

As estradas do Ravelo e Santa Marta, nas Neves, lucirán novo aspecto

0

No caso da estrada provincial que cruza o barrio de O Ravelo na parroquia de Tortoreos ( EP-4006) as obras consisten na mellora do treito vello da estrada provincial co fin de fomentar a mobilidade peonil e aumentar a seguranza viaria. A estrada redeseñarase para reconverter a sección actual da vía e as cunetas nunha sección cunha senda peonil de 2,5 metros de ancho e un carril de circulación. Instalaranse medidas de calmado de tráfico: pasos de peóns sobreelevados e tamén redutores de velocidade físicos para os vehículos que obrigarán a frear aos condutores, ademais de facilitar o desprazamento camiñando aos moitos alumnos e alumnas cara aos centros de ensino de formación profesional da zona.

As estradas provinciais que cruzan o barrio do Ravelo e chegan á igrexa de Santa Marta de Ribarteme, no concello da Neves, estrearán a súa nova imaxe en Semana Santa. Así o indicou hoxe o deputado de Mobilidade Uxío Benítez logo de realizar unha visita de supervisión ás dúas actuacións, que suman un investimento total de preto de 300.000 euros, acompañado do alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

Benítez constatou cos directores de obra do departamento de Mobilidade e o persoal técnico das empresas construtoras (Covsa e EC Casas) que ambos proxectos teñen un estado de execución moi adiantado con respecto ao oficialmente previsto, polo que poderán estar terminados nas próximas semanas se a climatoloxía acompaña e non se producen complicacións pola choiva.

No caso da estrada provincial que cruza o barrio de O Ravelo na parroquia de Tortoreos ( EP-4006) as obras consisten na mellora do treito vello da estrada provincial co fin de fomentar a mobilidade peonil e aumentar a seguranza viaria. A estrada redeseñarase para reconverter a sección actual da vía e as cunetas nunha sección cunha senda peonil de 2,5 metros de ancho e un carril de circulación. Instalaranse medidas de calmado de tráfico: pasos de peóns sobreelevados e tamén redutores de velocidade físicos para os vehículos que obrigarán a frear aos condutores, ademais de facilitar o desprazamento camiñando aos moitos alumnos e alumnas cara aos centros de ensino de formación profesional da zona.

Na contorna da igrexa de Santa Marta de Ribarteme, a actuación circunscríbese a preto de 2.000 metros cadrados da estrada provincial EP-4201 entre Setados-Ribarteme-Vide diante da construción relixiosa, co obxectivo de comprenderá “crear un espazo atractivo, seguro e accesible, potenciando actividades e poñendo en valor a arquitectura do edificio parroquial e o propio espazo público”.
Segundo explica o deputado Uxío Benítez, o proxecto denominado ‘Mellora da seguranza viaria na EP-4201 na contorna da igrexa de Santa Marta de Ribarteme’ tivo un orzamento de licitación de 191.760,92 euros e pretende poñer en valor dun xeito sensible o espazo e o elemento protexido cunha praza frontal á igrexa pavimentada con lastros e bandas de pedra e pavimentos de formigón coloreado nas zonas anexas á vía.

Tamén se vai mellorar o entronque da estrada co paso cara ao núcleo de O Coto, modificando o radio de xiro e as rasantes para redondear o encontro coa estrada provincial. Dotarase de maior accesibilidade ao acceso á igrexa e ao cemiterio corrixindo as dúas ramplas de acceso ao adro dende a estrada, e renovarase a iluminación, deseñando luminarias específicas de balizamiento sobre o pavimento, luminarias led pegadas aos muros de pedra , tiras de led empotradas nos bancos, luces para iluminar as fachadas da igrexa mediante proxección, e proxectores led para a imaxe granítica da virxe sobre o muro de contención.

“A obra en Santa Marta de Ribarteme é un claro exemplo da filosofía da Deputación de que é preciso que as estradas se adapten aos territorios polos que pasan e non do revés, como viña acontecendo ata o de agora. Co novo deseño diante da igrexa potenciarase o uso do espazo público por parte da veciñanza, aumentando a seguranza viaria e tamén a calidade da contorna”, subliñou Benítez.

Pola súa parte, o alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez manifestou a súa satisfacción polas obras que está a executar o departamento de Mobilidade en As Neves e a súa boa marcha. Destacou a total colaboración institucional por parte da Deputación e a sensibilidade coa que o persoal técnico que está a dirixir os traballos está a acoller as pequenas peticións da veciñanza co fin de chegar a un proxecto mellorado para o uso de toda a cidadanía.

Concurso «Deseña unha chapa para papá» da Asociación de Empresarios de Redondela

0

A Asociación de Empresarios de Redondela vén de anunciar a posta en marcha dun singular concurso de debuxo destinado a por en marcha a creatividade dos máis pequenos. Aínda que o concurso non establece límite de idade a promoción e distribución dos folletos para participar está a realizarse entre os nenos e nenas.

Unha vez recibidas todas os deseños a Asociación encargarase de transformalas en chapas de 55 mm que exporá nos distintos escaparates dos comercios de toda Redondela. Os coles de Chapela exporanse preferentemente nos escaparates desta localidade e os do resto de colexios nos comercios da vila de Redondela.

O concurso «Deseña a túa propia Chapa para Papá» pretende estreitar a relación das familias co tecido comercial da vila facendo participes a ambas partes, e enmárcase dentro das accións de dinamización do pequeño comercio local xestionado pola Asociación e financiado pola Xunta de Galicia.

O concurso non outorgará ningún premio especial a mellor chapa, senon que o traballo de cada neno ou nena será a súa propia recompensa, e o agradecemento do pai ou persona a que queira agasallar coa chapa o premio ao seu esforzo.

Dende o 12 ao 19 de marzo as Chapas serán expostas nos establecemento e cada neno ou nena unha vez localizada a súa chapa poderá solicitar que se lle entregue de foma totalmente gratuíta.

Os formularios de participación tamén poden descargarse na página de Facebookda asociación ou súa páxina de Instagram.

A Xunta reforzará o firme na PO-255 en Covelo

0

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís visitou o venres, 1 de marzo, a estrada PO-255, ao seu paso polo concello de Covelo, onde se van a levar a cabo nos próximos meses traballos de reforzo do firme que tamén beneficiarán aos concellos da Lama, Fornelos de Montes e A Cañiza. Na visita estivo acompañado polo alcalde da localidade, Pablo Castillo, así como polo alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, e o xefe da Axencia de Infraestruturas en Pontevedra, Fausto Núñez.

Os traballos, que contan cun orzamento de 411.248 euros, suporán o reforzo do firme localizado da PO-255, que enlaza A Lama con A Cañiza.

O obxectivo da obra é a rehabilitación estrutural deste firme que se atopa moi afectado polo tránsito de vehículos, así como a reposición da sinalización horizontal. José Manuel Cores Tourís explicou que o proxecto atópase a punto de ser licitado, polo que as obras de mellora desta estrada executaranse “o antes posible”, permitindo reforzar o firme cun fresado de 5 centímetros de espesor do pavimento existente de mestura bituminosa co obxectivo de mellorar a seguridade viaria desta estrada. Posteriormente, e previo rego de adherencia, procederase á extensión e aplicación de nova mestura bituminosa.

O orzamento desglosado por concellos permite comprobar que o maior investimento executarase no tramo da estrada que transita a través dos concello de Covelo, con 266.337 euros, e a Fornelos de Montes con 69.765 euros. O orzamento para o tramo en A Lama é de 46.510 euros, entres que na Cañiza serán 28.636 euros.

Segundo explicou o delegado territorial, esta actuación é un claro exemplo do esforzo da Xunta por manter a rede de estradas autonómicas nas mellores condicións e que está a desenvolver a través do Plan de reforzos de firme. Unha aposta do Goberno galego pola conservación das estradas de titularidade autonómicas e polo incremento da seguridade viaria, que ten o seu reflexo nos orzamentos do pasado ano, cun incremento moi importante na súa dotación, pasando de 15 a 20 millóns de euros.

“Estes investimentos demostran que para a Xunta a seguridade das estradas e a súa conservación son materias absolutamente prioritarias”, engadiu Cores Tourís, “porque estamos a falar da vida das persoas e non hai nada por enriba diso. E, neste senso, para a Xunta de Galicia, ten tanta relevancia a execución de novas estradas como a conservación en bo estado das que existentes”.

Explicou que a Consellería de Infraestruturas está a realizar tamén importantes esforzos tamén a través do Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 e, máis concretamente, en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con este tipo de obras de conservación extraordinarias.

En definitiva, concluíu, a Xunta segue a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida, potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

Ardán realizará un estudo específico do sector agro do Baixo Miño

Nunha reunión mantida coas alcaldesas do Rosal e de Tomiño e o alcalde da Guarda, co delegado de Zona Franca, Regades comprometeuse a colaborar co sector agrícola do Baixo Miño xa que “temos que considerar a este sector primario como un sector empresarial de gran importancia para Galicia pola súa gran capacidade de xerar negocio e, o que é máis importante, pola súa capacidade de fixar poboación e coidar do territorio”

Os responsables dos tres concellos expuxeron as fortalezas dun sector que no Baixo Miño estase especializado en catro produtos: planta ornamental, flor, froita e viño. Como expuxo durante a sesión de traballo a alcaldesa Sandra González, a planta ornamental ten no concello de Tomiño 120 hectáreas de produción nas que se emprega a 300 persoas cunha forte presenza de man de obra de mulleres alcanzando os 20 millóns de euros anuais de facturación. O Viño é outro importante recurso económico que manexa unha 600 hectárea nas que traballan 250 persoas alcanzando unha facturación anual de 26 millóns de euros.

Noutras magnitudes manéxanse a Flor e a Froita con explotacións que non están moi capitalizadas e que necesitan tecnoloxía que lles permita incrementar a súa competitividade. Ao cultivo de Flor destínanse 25 hectárea que facturan 2 millóns d euros e empregan a 25 persoas. Pola súa banda, a Froita, ten 350 hectáreas de superficie dedicada a estes produtos pero a súa facturación apenas alcanza os 5 millóns anuais e a súa xeración de emprego é de 50 persoas.

Para o fortalecemento do sector Regades propuxo aos máximos responsables dos tres concellos a elaboración dun estudo económico por parte do servizo ARDÁN en base ao que se poidan detectar fortalezas e debilidades para establecer políticas adecuadas para aumentar a rendibilidade económica e competitividade dun sector estratéxico para a comarca. María del Carmen Alonso, alcaldesa do Rosal, agradeceu esta implicación de Zona Franca xa que “o sector agro do Baixo Miño conta cunha gran capacidade de desenvolvemento dado o benigno do seu clima e a fertilidade da súa terra”

Antonio Lomba, alcalde da Guarda, precisou que este estudo pode achegar un coñecemento máis científico dun sector da actividade económica deste concello, o máis meridional da provincia de Pontevedra, que combina a explotación da terra, coa pesca e o turismo e que debe por tanto coñecer en profundidade as potencialidades de cada un destes vectores económicos.

Este domingo continúan as «visitas caracterizadas» ao Castelo de Soutomaior

Este domingo continúan as visitas caracterizadas de Coco Chanel, María Vinyals e Emilia Pardo Bazán ao Castelo de Soutomaior, que comezaron a pasada fin de semana e esgotaron xa as 150 prazas ofertadas. Durante a visita, á que asistirá a deputada provincial Digna Rivas, estas tres grandes mulleres, darán a coñecer durante hora e media e durante dúas sesións (12 e 16 horas) os principais atractivos dos xardíns do castelo.

Amais, as e os visitantes terán ocasión de visitar o proxecto de musealización desenvolvido pola Deputación de Pontevedra e a exposición «A moda en detalles» que durante o mes de marzo aínda se pode visitar no recinto histórico.

Esta acción, enmarcada na campaña «Fame de experiencias», ten por obxectivos desestacionalizar o turismo e continuar impulsando o castelo de Soutomaior como eixo de atracción e espazo para a cidadanía. Así, con «Camelia e moda» a Deputación de Pontevedra ten por obxectivo divulgar un novo xeito de descubrir a historia do Castelo de Soutomaior vivindo múltiples experiencias da man de guías oficiais caracterizadas de Vinyals, Pardo Bazán e Coco Chanel. Deste xeito, amais de coñecer o proxecto de musealización desenvolvido polo goberno de Carmela Silva no castelo e descubrir a historia de María Vinyals, a través desta primeira visita caracterizada é posible achegarse aos xardíns de camelia e complementar a visita cun percorrido pola «Moda en detalles», unha exposición pioneira que presenta fondos do Museo de Pontevedra nunca antes amosados.

As mulleres seleccionadas para guiar a visita caracterizada ao castelo de Soutomaior teñen unha estreita relación ben co recinto histórico, ben coa camelia, ben coa moda. Así, María Vinyals foi unha das propietarias do castelo que transformou este espazo dun lugar para a guerra a un lugar para a paz, a cultura, as tertulias e as persoas. Outra das protagonistas, Emilia Pardo Bazán amais de ser amiga de Vinyals tamén recolleu nas súas obras reflexións sobre as camelias galegas. E, xunto a Vinyals e Pardo Bazán participará nas visitas caracterizadas Coco Chanel, que compartía coas anteriores dúas grandes paixóns: a moda, de aí que se encargue de explicar cuestións relacionadas coa exposición «A moda en detalles» e a camelia. Neste eido, Chanel adoptou esta flor, nun principio empregada polos homes, como símbolo e emblema da firma dende comezos da década dos anos 20 do século pasado.

As últimas visitas caracterizadas «Camelia e moda», que tamén teñen cubertas as prazas ofertadas, terán lugar o vindeiro domingo, 10 de marzo, en sesión de mañá (12 horas) e tarde (16 horas).

A Ruta da Camelia
Xunto ás visitas caracterizadas «Camelia e moda» tamén se están a desenvolver as visitas temáticas «A ruta da camelia» que comezaron o día 21 de febreiro e continuarán os días 5,7,12 e 14 de marzo en dúas sesións diarias, ás 12 e 16 horas. Neste caso as visitas estarán guiadas por persoal do castelo de Soutomaior que dará a coñecer, durante unha hora, os principais exemplares de camelia dos máis de 400 cos que conta o seu xardín, declarado de Excelencia Internacional.

A Deputación inicia unha completa programación do 8M “para estender a igualdade”

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou esta mañá a completa programación impulsada pola institución ao abeiro do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que arranca xa na provincia de Pontevedra. Neste eido Silva destacou que “o 8 de marzo non pode rematar o 8 de marzo e por iso nós impulsamos unha programación que estende a igualdade todo o ano”.

Máis polo miúdo, a presidenta recordou que mañá venres, as 10.30 horas, despregarase no Pazo provincial e na sede de Vigo, unha pancarta animando á participación na folga feminista de 24 horas. “Aínda hai sindicatos que seguen sen indicar que falamos dunha folga de 24 horas de mulleres, non dunha folga xeral, e que os homes se teñen que quedar ao cargo dos coidados”, destacou Silva. A presidenta informou que “tanto eu como as mulleres deste goberno e do gabinete participaremos na folga. Ese día leremos ás 11.00 un manifesto na escalinata do Pazo para poder participar, a continuación, nas mobilizacións previstas”. Tamén aproveitou Silva para animar ás traballadoras da Deputación a sumarse á folga.

Este ano, no marco da programación con motivo do 8 de marzo e como novidade, impulsaranse tres “grandes eventos de Igualdade, moi impactantes, que serán os actos centrais da programación: “Ramonas on Tour” e as xornadas “Muller e poder” e “As mulleres crean”. Sobre “Ramonas on Tour” Carmela Silva adiantou que se desenvolverá o 15 de marzo en Vigo e o 22 de marzo en Pontevedra pero que “estenderemos por toda a provincia ao longo do ano. Trátase dunha actividade potentísima, musical, didáctica e social co fin de sensibilizar e por en valor o protagonismo da muller no avance das sociedades”. En concreto, a presidenta asegurou que se trata dunha xornada de actividades durante a cal se desenvolverán dúas actuacións musicais (para o público infantil pola mañá e para o público xeral pola noite) a cargo da banda de rock “Ramonas on tour”, obradoiros infantís, unha exposición e charlas e conferencias.

Pola súa banda as xornadas “Muller e poder” e “As mulleres crean” terán lugar na sede da Escola de Igualdade María Vinyals, no Castelo de Soutomaior. A primeira delas o 3 de abril e traerá ata Soutomaior a mulleres de ámbitos como a ciencia, tecnoloxía, a cultura, a empresa, o deporte, medios de comunicación e política que aportarán as súas experiencias. En canto a “As mulleres crean”, terá lugar en maio e trátase dunha xornada na que se afondará no papel da muller no eido da literatura, cultura e arte. Para elo a Deputación contará coa presenza de escritoras galegas que lerán parte das súas obras, música con grupos femininos, performance en directo e cunha artista relacionada coa arte urbana que realizará un grande mural en directo.

Xunto a estes tres actos, a presidenta informou que a programación con motivo do 8 de marzo estenderase dende hoxe mesmo, co peche en Bueu da xira de presentación do libro “Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo”. Mañá ás 11.00 tanto Carmela Silva como o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, darán o pistoletazo de saída á segunda edición do encontro de mulleres columnistas “As mulleres que opinan son perigosas”. Neste eido, a presidenta quixo facer un recoñecemento público ás xornalistas Susana Pedreira e Diana López, por “esta grande idea que o ano pasado acadou 21 millóns de chíos”, e á concelleira de igualdade de Pontevedra Carmen Fouces.

Tamén mañá en Cangas e o 21 de marzo en Vigo terán lugar as inauguracións da exposición “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” que contará con novos materiais. O 7 de marzo a programación da Deputación de Pontevedra continuará coa inauguración na Guarda da exposición “Rompe. Xoga en igualdade”. Pola súa banda “Mulleres en acción. Violencia Zero” levará ata Barro e Vilagarcía de Arousa, os días 11 e 26 de marzo, dúas accións protagonizadas por Teresa Búa e Luz Darriba. Amais o 12 de marzo presentarase en Vilagarcía o libro “María Vinyals. Un talento rebelde” e o 22 chegará a Vigo a mostra “Sorrisos transformadores”.

Silva aproveitou a ocasión para recordar que este ano a ONU celebra o Día Internacional da Muller baixo o lema “Pensemos en igualdade, construamos con intelixencia, innovemos para o cambio”. Concretamente a ONU aposta pola innovación para empoderar ás mulleres, especialmente en canto aos sistemas de protección social, acceso aos servizos públicos e á infraestrutura sostible, atendendo aos ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible). Silva explicou que, “segundo datos da propia ONU, se se manteñen as tendencias actuais, as actuacións que se están a desenvolver no eido da igualdade non serán suficientes para conseguir un planeta 50-50 no 2030, por iso nós temos que facer todo o posible por acadalo”.

A presidenta da Deputación incidiu na importancia de romper coa fenda dixital e a pouca presenza das mulleres nas carreiras STEM, “onde non chegamos ao 25% da matrícula. Preocúpame que os últimos estudos poñan de manifesto que soamente o 15% das menores de 15 anos quere estudar carreiras STEM e por iso hai que traballar moito para visibilizar estas cuestións, para que as mozas opten polo mundo dixital, para que as mulleres non sexan persoas desaparecidas no futuro”. En relación a esta cuestión, Silva adiantou que estamos desenvolvendo conxuntamente coa Universidade de Vigo unha proposta moi potente que presentarei proximamente co vicerreitor.

Ponteareas acomete a humanización da rúa San Roque

O Alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a Tenente de Alcalde Chus Garrote, anunciaron a humanización da rúa San Roque que une o centro urbano co río Tea na Ponte dos Remedios. A primeira fase desta actuación, que será licitada nos vindeiros días e executada no segundo trimestre deste ano, consiste na reforma do tramo que une a Rúa dos Ferreiros coa Avenida de Castelao. Trátase dunha rúa sen apenas beirarrúas e moi degradada e abandoada, onde os veciños que queren achegarse ao río deben camiñar pola calzada.

Co proxecto de humanización a rúa transformarase totalmente pensando no tránsito de persoas de forma segura e cómoda. O investimento aprobado para as obras ascende a 171.693,07 €

A segunda fase realizarase no tramo que discorre entre a Avenida de Castelao, Parque de San Roque e a Ponte dos Remedios. Este tramo atópase tamén, ao igual que o anterior, especialmente deteriorado, sen case beirarrúas e con arborado situado na calzada. O goberno local dispón xa dun estudo de renovación da rúa elaborado por un equipo de técnicos no que se contempla a dotación de amplas beirarúas, aparcamento e arborado, convertendo esta rúa nun amplo paseo de acceso ao río Tea.

O estudo será exposto ao público na vindeira semana dentro dun novo proceso de participación social no que os ponteareáns poderán achegar ideas e opinións para a súa valoración por parte dos técnicos. Unha vez concluido o proceso de participación redactarase o proxecto definitivo e as obras executaranse con cargo á estratexia Ponteareas Hábitat Saudable aprobada pola Unión Europea e dotada con 5 millóns de euros para Ponteareas.

Esta actuación únese a outras xa realizadas como o Paseo Matutino e outras anunciadas como a Rúa Redondela, o parque da Feira Vella, o Alto da Gloria ou a Praza de Bugallal que persiguen, en palabras de Represas “transformar Ponteareas nun lugar pensado para a xente”.

O Pleno da Deputación debaterá unha moción de apoio ás reivindicacións da Plataforma N-120

O Pleno da Deputación provincial debaterá, este luns 4 de marzo, unha moción, presentada pola deputada Belén Villar, para instar ao Goberno central a manter os proxectos da Variante-Circunvalación de Ponteareas e a mellora da seguridade na N-120. Villar agarda que todos teñan a oportunidade de sumarse a esta reivindicación: “Esgotamos todas as vías que están ao noso alcance para reclamar o que lle pertence a Ponteareas. Espero que na Deputación de Pontevedra o apoio sexa unánime”, explicou Villar.

Nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018, comprometíase un investimento plurianual de 21 millóns de euros na execución da Variante, pero o goberno de Pedro Sánchez eliminou a totalidade da cantidade. Asimesmo, comprometíase, para a mellora da N-120, 6 millóns de euros, que o goberno do PSOE reduciu a 100.000 euros. Agora, coas enmendas presentadas á totalidade, os Prespupostos non saíron adiante e quedaron prorrogados. Así, nesta moción ínstase ao Ministerio de Fomento a manter a partida orzamentaria de 21 millóns nos Orzamentos Xerais de 2019 para a construción da Variante de Ponteareas, por ser unha infraestrutura estratéxica tamén para toda a comarca do Condado. Tamén aprémiase a contratar e executar as obras da Variante tan cedo como se conte co proxecto construtivo, nos termos pactados e acordados entre tres administracións (Ministerio de Fomento, Xunta de Galicia e Concello de Ponteareas), recollidos no protocolo asinado en 2015.

Por último, ínstase a manter a partida orzamentaria de 6 millóns de euros para as melloras da N-120 ao seu paso por Ponteareas, para dar resposta ás demandas veciñais que denuncian a grave situación de inseguridade viaria con 16.000 vehículos diarios e unha alta siniestralidade.

Por outra banda, tamén pídese á Xunta de Galicia que licite e redacte o proxecto construtivo da Variante en canto asine o convenio de colaboración citado anteriormente.

“É importante que todos sumemos nesta causa. Son dúas infraestruturas moi necesarias, non só para Ponteareas, senón para todos aqueles que circulan pola autovía A-52 e pola N-120. Por iso, agardo que a Deputación provincial de Pontevedra sexa sensible e deixe a un lado os personalismos políticos para loitar por esta causa que redunda no ben común”, afirma Belén Villar.

Un colorido e orixinal «Desfile dos Coles» abriu o Entroido Guardés 2019

0

A Guarda deu a benvida ao Entroido 2019 este venres co «Desfile dos Coles» no que participaron a case totalidade dos Centros Educativos do municipio. Sobre as 12:00 h do mediodía comezaron a desfilar máis dun milleiro de alumnos e alumnas dos diferentes centros educativos dende a Alameda cos seus orixinais e coloridos disfraces, nos que destacaron as conmemoracións dos 125 anos do pintor Miró, as carballeiras, o 125 aniversario de Van Gogh, o 125 aniversario da fundación do C.O.I., encaixados, 50 anos na lúa ou o Cocido Galego e todo isto amenizado pola Charanga Cantos Somos.

A programación do Entroido 2019 na Guarda continúa o sábado 2 de marzo co «Sábado de Guateque» a partires das 23:30h na Alameda da Guarda, onde os asistentes poderán gozar da música co concerto de «Monk Blues Band» e posterior pinchada retro a cargo de «DJ Guille».×

Para a xornada do Domingo día 3 de marzo está programado o «Domingo das Familias», cando a Alameda da Guarda acollerá unha actuación musical da Orquestra «D´Moda» a partires das 18:00h.
O Luns día 4 de marzo os nenos e nenas da vila terán unha actividade moi especial coa «CÉ Orquestra Pantasma», con obradoiros e festa infantil da man de Matrácala a partires das 18:00h na Alameda da Guarda.

Xa para rematar a programación do Entroido Guardés 2019, o Martes día 5 de marzo ás 17:30h celebraráse o Desfile-Concurso de Entroido co acompañamento de «Aviadores Tolos e da Charanga «Vaia Panda», saída dende a Esquina Famosa e chegada á Alameda da Guarda.

Ao longo de 4 días 6 establecementos de hostalaría da Guarda ofertarán o «Menú de Entroido» que inclúe un primeiro prato de Caldo ou empanada, un segundo prato de Lacón con Grelos e unha sobremesa con Filloas ou Ourellas de Entroido. O prezo é de 18 € por persoa e o menú inclúe viño e café. Nesta edición participan a Tapería – Restaurante Arruaz (986 614 571), Camping Santa Tecla (986 685 461), Celtic (986 611 679), La Pizzicata (986 611 534), O Cangrexal (986 611 107) e Restaurante Xantar (986 611 814 ). Recoméndase reservar con antelación chamando directamente ao restaurante.

Nigrán celebra o luns o Entroido Infantil no Auditorio Municipal

0

O Concello de Nigrán celebra este luns 4 de marzo o entroido infantil no Auditorio Municipal dende as 17:30 horas con actividades especiais para os nenos. Ao día seguinte, martes 5 de marzo, pola mañá o Auditorio acollerá o concurso que cada ano realizan conxuntamente os centros de día do Val Miñor e xa pola tarde (dende as 19:00 horas) realizarase un baile especial de entroido con música en directo, un fotomatón no que sacar divertidas fotos de balde e merenda a base de doces típicos da época. O Concello anima a acudir disfrazados a ambos eventos.

O sábado 9 será o concurso de comparsas e o domingo día 10 o Concello organiza por segundo ano consecutivo a excursión de maiores a Cuntis para festexar a ‘Festa do Lacón’ (é preciso inscrición previa).

O entroido finaliza o sábado 16 de marzo co tradicional enterro do kiko de Parada que, unha vez máis, partirá dende a Casa do Concello ás 18.00 horas tirado por un carro de bois para ser velado dende as 19:00 horas no Torreiro de Parada, actos que rematarán coa súa queima e o concerto do grupo Azar.

Mos inicia o seu plan anual contra a Velutina

0

O Concello de Mos vén de anunciar a posta en marcha do plan contra a Vespa Velutina. Así o informou hoxe a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, quen explicou que a administración local mosense terá a disposición da veciñanza a un traballador encargado da eliminación de niños, para o que se adquiriu unha escopeta de aire comprimido. Os veciños que precisen dos seus servizos poderán demandalos telefónicamente chamando ao departamento municipal de Medio Ambiente ao número 986 09 70 37.

Este Plan, que conta coa colaboración do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos, consta de tres partes fundamentais: información, prevención e actuación.

Ademais, en colaboración con apicultores de Mos, organizaranse charlas nas distintas parroquias do municipio para repartir trampas e os líquidos que deben conter as mesmas, así como para explicar paso a paso a fabricación de trampas caseiras.

Estas reunións informativas terán lugar sempre á mesma hora, ás 20:30 horas, e celebraranse do 6 de marzo ao 14 de marzo. No Pazo de Mos será o día 6 de marzo, no Centro Cultural Nosa Terra de Pereiras o día 7 de marzo, na Asociación de Veciños Santa Ana de Veigadaña o día 12 de marzo, no Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso o día 13 de marzo e na Axencia de Colocación de Mos o día 14 de marzo.

As trampas están destinadas á regularización e captura de raíñas fundadoras deste insecto. Desta maneira trátase de reducir a poboación do mesmo menguando así o número de niños de Vespa Velutina para tranquilidade da poboación, e para evitar os custes que supón a desactivación dos devanditos niños unha vez formados, reducir os danos en cultivos fructícolas e contribuir á protección das abellas autóctonas. As zonas próximas a ríos e regatos son as máis perigosas.

Este plan anual contra a Vespa Velutina realízase por cuarto ano consecutivo, nesta ocasión reforzado coa escopeta de aire comprimido para poder abatir con facilidade os niños. O ano pasado o Concello de Mos instalou 300 trampas contra a Vespa Velutina e retirou máis de 100 niños a través deste plan anual municipal.

Carmela Silva: “As mulleres somos perigosas porque queremos cambiar o mundo”

A presidenta da Deputación, xunto ao alcalde Fernández Lores, participou na apertura do II Foro “As mulleres que opinan son perigosas” no que profesionais do xornalismo e da escritura reflexionan sobre a realidade do xornalismo de opinión en España. “Chámame moito a atención que nun país onde hai sentenzas de cárcere a humoristas, non se tomen medidas contra un bus de Hazte Oír que nega a violencia machista”

“A loita pola igualdade é a única que de verdade vale a pena. O pasado 8M foi unha data histórica e cambiaron moitas cousas. As mulleres amosamos que estamos moi presentes e moi fortes. Esta loita é a que merece a pena”. Así comezou conversando a presidenta da Deputación de Pontevedra na apertura da segunda edición do foro “As mulleres que opinan son perigosas”, xunto ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e as dúas xornalistas e organizadoras do evento, Diana López Varela e Susana Pedreira. Durante hoxe e mañá, no Teatro Principal de Pontevedra, 15 mulleres columnistas de diferentes xeracións e perfís debaterán, xunto ás persoas asistentes, sobre a realidade do xornalismo de opinión en España.

“As persoas que defenden o patriarcado están moi asustadas e teñen moito medo. Claro que as mulleres somos perigosas. Porque nós queremos cambiar o mundo e o cambio que defendemos é imparable”, explicou a presidenta provincial. Debatendo sobre a presenza nas rúas do autobús de Hazte Oír no que se nega a violencia machista, Silva expuxo que aínda así “estou optimista porque este autobús xorde como resposta a que a nosa loita é imparable, as mulleres somos moi fortes e defendemos un cambio que non se pode parar”.

A presidenta da Deputación amosouse partidaria de combater sempre, en todo caso, a todas aquelas persoas e ideas que perseguen a igualdade das mulleres. “Hai cousas que me sorprenden. Nun país onde hai sentenzas de cárcere a humoristas, sorprende que circule sen problema un autobús onde se use a figura de Hitler, caracterizado coma muller, co termo feminazi e onde se nega a violencia de xénero. Somos un país onde, por exemplo este ano, levan morto máis mulleres asasinadas que semanas levamos de 2019. Polo tanto a min isto paréceme un delito de incitación ao odio”, reflexionou Carmela Silva, quen quixo rematar lembrando os versos de Alberti “a galopar, a galopar hasta enterrarlos en el mar”.

O alcalde de Pontevedra tamén coincidiu coa presidenta provincial na necesidade de loitar contra aqueles e aquelas que queren destruír os logros da igualdade, “temos que combatelos democraticamente. Educar e formar á cidadanía para non dar pábulo ás súas mensaxes. Aínda que tamén moitas veces, o mellor desprezo é o non aprecio. A eses que negan a evidencia dun movemento imparable e as súas causas, eu case prefiro ignoralos”, manifestou Lores.

Para deixar patente a forza das mulleres e a necesidade das súas reivindicacións, Silva aproveitou a apertura deste foro para facer un chamamento a seguir a folga do 8 de marzo. Eu como presidenta, as mulleres do goberno, xunto ás mulleres dos gabinetes, vamos facer folga e xa fixemos chamamento para que todas as mulleres da Deputación se sumen á loita. Pero quero lembrar que é unha folga de 24 horas e é unha folga de mulleres e só nós temos que facela. Eles teñen que coidar ese día e despois poden vir acompañarnos ás concentracións. Pero quede claro que é unha folga de mulleres e de 24 horas”. A presidenta tamén aproveitou para reivindicar máis presenza feminina nos actos a todos os niveis, local, autonómico, provincial e estatal. “Fago un chamamento a todo o mundo para que, cando organizan actos, pensen que a metade das persoas presentes deberían ser mulleres. Seguimos sen estar nas fotos e as fotos tamén son nosas. Estou cansada de estar sempre nos actos eu soa rodeada de moitos homes”.

O encontro “As mulleres que opinan son perigosas” reúne estes dous días a 15 xornalistas e creadoras de relevancia como Chus Gómez, Lorena Maldonado, María Xosé Porteiro, Gemma Herrero, Carmen Magdaleno, Ana Requena, Ana Romaní e Pepa Bueno. Na xornada de mañá sábado poderase escoitar a Irene Bascoy, Lucía Mbomío, Tati Moyano, Tareixa Navaza, Teresa Lozano e Zua Méndez, Xornalistas Galegas e Marta Sanz.

O apoio ao segundo foro “As mulleres que opinan son perigosas” é un acto máis da ampla programación que a Deputación ten en marcha con motivo do 8 de marzo. Hoxe mesmo tamén, as deputadas e os deputados provinciais despregaban unha pancarta nas sedes provinciais de Pontevedra e Vigo en apoio ás reivindicacións feministas do 8M e animando ás mulleres a sumarse á folga.

As obras do colexio de Chapela avanzan a bo ritmo

0

O alcalde de Redondela, Javier Bas, visitou na mañá de hoxe as obras do colexio de Chapela acompañado polo colectivo de das nais e pais de Chapela e representantes do centro educativo. Tal e como puideron comprobar, a estrutura do colexio está moi avanzada, e xa se poden recoñecer as distintas estancias que conformarán o novo centro de Chapela. O remate das obras está previsto para o verán.

Tanto as nais e pais coma os representantes do colexio, coincidiron sinalar que “esperan iniciar o curso escolar 2019-2020 xa instalados no centro”. Marina Melón, secretaria e profesora no colexio de Chapela destacou “o avance que suporá para Chapela a posta en marcha desta nova infraestructura educativa, facendo realidade así unha reivindicación que se mantivo desatendida durante anos”. “Cumpliuse todo o que pedimos durante anos e iso é de agradecer”, sinalou.

Xunto a Melón, visitaron as infraestructuras varias nais pertencentes ao colectivo das anpas de Chapela que amosaron o seu contento co novo colexio. “As melloras son moi importantes, gañamos en espazo, en calidade de vida para os pais e para os profesores. Gañamos todos despois de levar moitos anos loitando por un colexio axeitado”, sinalaron fontes das Anpas. Tanto o colectivo de pais como o representado a través da secretaria do colexio, Marina Melón, coincidiron ao destacar as boas infraestructuras que se están levando a cabo con este colexio: “Cando antes tiñamos unha aula para todo, agora imos ter un espazo para cada actividade”.

O colexio contará cunha ampla zona de pistas deportivas, ximnasio interior, sala multiusos e biblioteca, entre outros. Pola súa banda, o alcalde, Javier Bas, sinalou que o Concello está satisfeito co avance das obras e que agarda que se cumpran os prazos. “A infancia e a educación son dúas prioridades para o Concello e este novo colexio e proba diso”, apuntou o rexedor local.

Always Tenis de Mesa de Mos participará no torneo estatal de Valladolid

0

Samuel Pereiro Costas, propietario de Always T.M. de Sanguiñeda acompañará como Adestrador Nacional de Tenis de Mesa, ao xogador da categoría benjamín Brais Díaz do Club CRC Porriño, clasificado como 3º no Torneo Zonal da Estrada e 15º no Ránking español, para participar no Torneo Estatal que terá lugar do 15 ao 17 de Febreiro no Pavillón de Pisuerga (Valladolid) onde estarán os mellores xogadores benjamines de España, en competición individual por grupos segundo Ránking, e eliminatorias os mellores dos grupos.

Outras xogadoras que adestran en Always T.M. clasificadas para participar en Valladolid son Sara Alfaro do Club Cinania TM de Cangas e Lucía Vidal do Club Monte Porreiro de Pontevedra, ambas na categoría Benjamín, e os xogadores na categoría Senior David González do Club Helios Bembrive de Vigo e en categoria veteranos José Ramón Fernández  Cora do Club Mercantil de Vigo.

always tenis de mesa mos02

No Torneo Estatal estarán os 48 mellores xogadores e xogadoras do Tenis de Mesa español en cada categoría (Benjamín, Alevín, Infantil, Xuvenil, Sub 23, Senior, Veteranos e Discapacidade), que conseguiron a clasificación nos Torneos Zonais e Torneo Nacional previos que tiveron lugar nos meses de Novembro e Decembro de 2018, en varias localidades de España.

always tenis de mesa mos03

No Local de Espazo de Tenis de Mesa de Always T.M. (Mos), o adestrador Samuel Pereiro Costas dispón dunha instalación única en Galicia, exclusivamente para a práctica de Tenis de Mesa, cunha pista de 500 metros cadrados de chan especial para este deporte e conta con 8 mesas de competición. O local conta con baños e vestiarios, oficina, almacén, zona de espera con máquinas vending e aparcadoiro.

Always T.M. é un centro de Tenis de Mesa, onde ofrecen cursos de adestramentos con clases de 90 minutos por día, para todas as idades (descontos para menores de 13 anos), niveis e clubs (iniciados, afeccionados e federados) con adestradores de título nacional, robot multibolas, gravación en cámara pro e pantalla interactiva de 65 polgadas. Para o público xeral dispoñen de alugueres con prezos por mesa, tempo de uso e material, con reserva por teléfono no número 667 910 775 e a través da páxina web (www.alwaystm.com).

Contan con ofertas como alugueres gratuítos coa tarxeta de fidelidade, e a posibilidade de organizar aniversarios. Tamén contan con Tenis de Mesa Fitness, Adaptado e Baby Ping. Ademais organizan Torneos Internacionais e Nacionais para todos os niveis individuais e equipos, Torneos Escolares, afeccionados e empresas.

Doutra banda atópase en marcha a liga Local Always T.M., aberta a todas as idades por grupos de nivel, con fases de duración mensual e con inscrición aberta antes do día 20 de cada mes. O Local Always TM esta aberto de Luns a Sábado de 10 h a 14 horas e 16 h a 23 horas, o domingo de 10 h a 14 horas. O Tenis de Mesa como deporte social, mellora a coordinación, desenvolve agudeza visual, mellora equilibrio e os reflexos, axuda nas articulacións, estimula e mantén activo o cerebro, queima calorías e é aconsellable para persoas maiores e con discapacidade.

A Guarda pecha importantes contactos na FairWay 2019

0

O Concello da Guarda participou ao longo das xornadas do luns e martes no maior foro sobre os Camiños de Santiago, a FairWay celebrada no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia.

Despois da visita Famtrip ao Castro de Santa Trega do pasado xoves día 7 de febreiro, a cargo dun grupo de representantes de axencias de viaxes, tour operadores e periodistas especializados nos Camiños de Santiago a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes e a Técnico de Turismo, Rosalía Verde, participaron en numerosas reunións con representantes de empresas e institucións de cara a promover iniciativas sobre o Camiño Portugués da Costa.

A principal acción no fairway foi a participación no workshop que é o espazo adicado as reunións de traballo con axencias nacionais e internacionais, tour operadores especializados en peregrinacións dende Italia, Australia, Brasil entre outros. Ademais houbo reunións con portais web e bloguers para dar a coñecer A Guarda non so como o primeiro concello galego do Camiño Portugués da Costa senón como referente turístico co monte Santa Trega, co Esteiro do Miño, o Porto pesqueiro….

Algunhas destas empresas xa coñecían A Guarda pero amosaron o seu interese en ampliar a súa oferta.

O Camiño Portugués da Costa é un dos principais atractivos do III Forum do Camiño de Santiago “Fairway” no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, onde se realizaron multitude de actividades entorno aos Camiños de Santiago, con congresos, workshops e importantes reunións para potenciar o Camiño de Santiago, nas que tamén estivo presente o Concello da Guarda.

A Deputación achega 271.000 euros a Ponteareas para a contratación de 43 persoas

A Deputación de Pontevedra, en Xunta de Goberno, aprobou o pasado venres a última achega da Liña 3 de Emprego do Plan Concellos 2019 para o concello de Ponteareas, que recibe 271.397,24 euros polos que vai contratar 43 traballadoras e traballadores municipais. Así, a institución provincial pecha a Liña 3 do Plan Concellos 2019, dotada con máis de 9 millóns de € e pola que os concellos da provincia poden contratar un total de 954 traballadoras e traballadores municipais.

Con esta achega Ponteareas vai contratar 4 auxiliares administrativos, 2 persoas técnicas de medio ambiente, 1 delineante, 4 oficiais, 1 monitora ou monitor, 1 persoa licenciada en Dereito, 1 persoa diplomada en Xestión e Administración Pública ou Grao en Administración Pública, 1 técnica ou técnico en educación infantil, 2 auxiliares de clínica, 1 axudante de cociña, 2 persoas de limpeza, 1 técnica ou técnico en turismo, 18 peóns, 3 albaneis e 1 persoa para fontanaría.

Coa aprobación desta partida para Ponteareas, a Deputación pecha as achegas para a Liña 3 de Emprego do Plan Concellos 2019, despois dunha primeira relación de concellos aprobada na Xunta de Goberno do 18 de xaneiro e unha segunda na Xunta de Goberno do 28 de xaneiro. En concreto, estas partidas permiten este ano a creación de 954 empregos nun total de 57 concellos da provincia. No Plan Concellos 2019, a través da Liña 3, póñense a disposición dos 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes algo máis de 9 millóns de euros. Nos catro anos de goberno de Carmela Silva, co Plan Concellos téñense creado en toda a provincia 5.792 postos de traballo para desempeñar diferentes tarefas municipais.

A Guarda elabora un amplo abano de actividades para o Día de Rosalía 2019

0 24 de febreiro de 1837 nacía Rosalía de Castro, a escritora máis representativa da literatura galega, e é por iso que o 24 de febreiro é o día escollido para rememorar a súa obra e figura en toda Galicia. Dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda, cada ano se preparan variadas actividades nas que se busca a implicación de diferentes colectivos, moi especialmente o alumnado dos diferentes centros. Para este ano 2019 buscase estender a participación ás asociacións, hostaleiros e público en xeral con diversas actividades.

Actividades na hostalaría
Os restaurantes, taperías, cafeterías, ou bares poden unirse á iniciativa Caldo de Gloria que promove a Fundación Rosalía de Castro entre todos os hostaleiros do país. A proposta consiste en ofertar dentro dos menús habituais, a carta ou como tapa, durante o fin de semana do 22 ó 24 o «Caldo de Gloria», receta que aparece dentro do poema Miña casiña, meu lar no que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.

Os establecementos participantes nesta iniciativa poden recibir da Fundación Rosalía manteis individuais co poema de Rosalía, ademais dun cartel publicitario para colocar na porta ou vitrina do local. Para beneficiarse desta publicidade é necesario comunicar a participación no Departamento de Cultura do Concello da Guarda antes do 13 de febreiro.

Actividades para Asociacións e grupos de música
Se eres unha asociación ou grupo musical, a Concellería de Cultura convídate a participar na iniciativa «Rosalía nas Redes». Só tes que facer unha gravación co teu grupo ou colectivo musicando ou recitando un poema, ou versión musicada de Rosalía de Castro da túa elección e compartilo no facebook e no twiter baixo o hashtag #Rosalíate #Aguarda etiquetando a @culturaguarda.

Actividades para amantes da poesía
Se eres un amante da poesía, da obra de Rosalía ou simplemente te apetece participar da lectura de poemas da autora, podes participar no Concerto-recital que o día 23 de febreiro celebrarase no Centro Cultural ás 20:30h. lendo un poema. Para elo debes anotarte antes do 15 de febreiro no Departamento de Cultura do Concello (986 610 000 ext.5 ou [email protected])

Estas actividades serán complementadas coa obra de monicreques “A Viaxe de Rosalía”, programada en horario escolar para o alumnado dos centros escolares e o Concerto do grupo Evoéh, sexteto musical que amosará unha coidada versión musical dos poemas de Cantares Galegos o sábado 23 de febreiro ás 20:30 h. no Centro Cultural.