O Concello da Guarda vén de facer público o anuncio do aprazamento do Desfile de Entroido previsto para este martes ante as previsións meteorolóxicas desfavorables cunha ampla probabilidade de choivas intensas para esa xornada, ademais da activación de alertas por fenómenos meteorolóxicos adversos.
Deste xeito, o Desfile realizarase na vindeira fin de semana, preferentemente na xornada do sábado día 9 de marzo ás 17:30h, con saída dende a esquina famosa ata a Alameda da Guarda, aínda que tamén pendentes da situación meteorolóxica para esa xornada.
Doutra banda, a hostalaría guardesa segue coa súa oferta gastronómica do menú de entroido ata mañá martes, 5 de marzo, unha oferta na que participan un total de seis establecementos que, ao prezo de 18 €/persoa ofrecen un menú especial composto por un primeiro prato de caldo ou empanada; un segundo prato de lacón con grelos e unha sobremesa con filloas ou orellas de entroido.
Nesta edición participan na iniciativa «Menú de Entroido» a Tapería–Restaurante Arruaz (986 614 571), Camping Santa Tecla (986 685 461), Celtic (986 611 679), La Pizzicata (986 611 534), O Cangrexal (986 611 107) e Restaurante Xantar (986 611 814 ). Recoméndase reservar con antelación chamando directamente ao restaurante.