A partires desta fin de semana o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz da Guarda abre novamente as súas portas todas as fins de semana e festivos en horario de 11:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h. Este sábado entrada gratuíta por ser o primeiro sábado do mes. Este horario manterase ata o 14 de xuño, a partires do 15 de xuño, e ata o 15 de setembro o horario de verán será de 11:00 h a 14:00 h e de 18:00 h a 21:00 h.
O Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz conta con paneis informativos que facilitan a comprensión do contexto histórico e o papel desempeñado pola fortaleza de A Guarda no sistema de fortalezas abaluartadas transfronteirizas. As tarifas de acceso, case que simbólicas, son de 1 € adultos e 50 céncimos os menores de 14 anos, amais, o primeiro sábado de cada mes e o Día dos Museos –o 18 de maio– o acceso é gratuíto.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á profesora universitaria, María Álvarez Lires, deu a coñecer hoxe a novidosa iniciativa ‘O mar das mulleres’ froito da colaboración entre a institución provincial e a Universidade de Vigo e no marco do proxecto ‘Mar en Feminino’, que lidera a Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Pontevedra. Silva destacou que se trata dun paso máis, o terceiro, trala creación da web marenfeminino.campusdomar.gal e a posta en marcha da exposición itinerante ‘Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar’.
‘O mar das mulleres’, segundo Silva, “naceu das anteriores iniciativas xa que foi unha demanda dos propios centros educativos que con motivo da mostra ‘Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar’ nos formularon a necesidade de contar con contidos educativos para traballar nas aulas”. En liñas xerais, tal e como explicou a presidenta provincial, o ‘Mar das mulleres’ fai fincapé no papel das mulleres na conservación dos océanos e uso sustentable dos recursos mariños. Así, da man dunha rapaza chamada Emma, “moi curiosa e comprometida”, vanse dar a coñecer diferentes elementos relacionados co mundo mariño como ‘Os océanos’, ‘Océanos en perigo’, ‘Redeiras, salga e conserva’, ‘O marisqueo a pé’, ‘Investigadoras mariñas’, e ‘Educación para a sustentabilidade’.
Na web marenfeminino.campusdomar.gal estarán dispoñibles os seis recursos educativos abertos protagonizados por Emma con información temática e propostas de actividades. Así, a través de ‘Océanos’ Emma explica a cor azulada da terra dende o espazo, afonda na súa importancia para a estabilidade climática e no liderado das mulleres en proxectos de conservación dos océanos; ‘Océanos en perigo’ fai fincapé nas principais ameazas que existen para os océanos; ‘Redeiras, salga e conserva’ repasa os oficios femininos centenarios relacionados co mar; en ‘O marisqueo a pé’ Emma visita o mercado e coñece o traballo de marisqueo; en canto a ‘Investigadoras mariñas’ preséntanse a mulleres como Silvia Earle, Ángeles Alvariño, Aida Fernández Ríos, Elisabeth Mann e Josefina Castellví, repasando os principais fitos que alcanzaron; e ‘Educación para a sustentabilidade’ afonda nas achegas das mulleres á sustentabilidade.
Os seis recursos educativos abertos, amais de información e documentación sobre os eixos temáticos que abranguen, inclúen propostas de actividade para realizar nos centros educativos como o emprego de ferramentas como Google Maps ou MedclickKids; a procura de información e investigación sobre oficios femininos relacionados co mar, sobre o cambio ambiental ou sobre mulleres oceanógrafas ou do campo mariño; tamén a realización de entrevistas, clips de vídeos ou blogs; recompilación de fotografáis; visitas a Museos; elaboración de paté de peixe e ata experimentos para determinar as variacións do pH.
V Xornada ‘Bo Uso e Mal Uso do Mar’ Estas infografías e recursos educativos abertos que compoñen ‘O mar das mulleres’ van ser protagonistas da ‘V Xornada sobre bo uso e mal uso do mar’, que terá lugar o vindeiro xoves, 11 de abril, na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte do Campus de Pontevedra e coa que está a colaborar a Deputación de Pontevedra.
As xornadas ‘Bo uso e mal uso do mar’ teñen como obxectivo principal a comprensión, uso sustentable e protección do medio mariño e para elo, ano tras ano, achéganse aportacións e propóñense materiais didácticos axeitados para levar a cabo intervencións nas aulas, como é o caso de ‘O mar das mulleres’. Amais, tamén se aproveita a ocasión para promover o papel das mulleres no mar, recoñecendo a súa contribución á xestión sustentable do mar desde todos os ámbitos. Neste caso, tal e como avanzou María Álvarez Lires, este ano participará a oceanógrafa do Instituto Español de Oceanografía Ana Morillas que falará do proxecto ‘Oceánicas’, onde se visibiliza ás mulleres que investigaron e están a investigar sobre os océanos.
O programa Degusta Europa, con degustacións culinarias en distintos mercados da provincia, vinculado á campaña ‘Fame de Experiencias’ da Deputación de Pontevedra, estará na Praza de Abastos da Gaurda o xoves, 11 de abril, en horario de 11 h a 12 h. A iniciativa que que potencia a enogastronomía; pretende, dinamizar os mercados municipais dándolles un toque de innovación e vangarda. O alumnado do CIFP Manuel Antonio, traballará con produtos das nosas rías e da nosa terra para elaborar unha serie de tapas inspiradas na temática europea.
‘Degusta Europa’ naceu en 2016 con motivo do Día de Europa, que conmemora os principais valores da UE: a paz, a estabilidade, a solidariedade e a unidade do continente. A Deputación de Pontevedra defende a súa necesaria reivindicación para manter o proxecto europeo común e, ao mesmo tempo, revalorizar a gastronomía e impulsar os mercados provinciais e a materia prima da provincia de Pontevedra.
A través de Degusta Europa preténdese promover e potenciar o local e autóctono: os mercados municipais e os excelentes produtos da nosa terra, que se deben converter tamén nun polo de atracción para as e os turistas. Este programa dá a coñecer, ademais, o labor do alumnado de dúas das escolas de hostalería máis importantes da nosa provincia: os centros Manuel Antonio, de Vigo, e Carlos Oroza, de Pontevedra.
A portavoz e candidata do Partido Popular á Alcaldía de Ponteareas, Belén Villar, presentou, onte outra das propostas que levará no seu programa electoral e que se engade á zona lúdica con piscinas xa presentada. Desta volta trátase dun proxecto que baixo o nome de ‘Pontecan’ va dirixida ás persoas que posúen cans “e que axudará á convivencia entre todos”, afirmou Villar na presentación da iniciativa.
Segundo a candidata popular, o ‘Pontecan’ constaría de tres eixos fundamentais, por unha banda, a construción dun parque canino de gran extensión na Moscadeira para que as mascotas non interfiran coa vida das persoas que non teñen cans. Esa zona, sinalou Belén Villar, “contará cun novo circuíto agility, de adestramento para cans”.
Doutra banda, o proxecto inclúe a instalación de “parques caninos de menor dimensión” repartidos polo pobo. “Delimitamos o centro urbano en 11 zonas e o obxectivo é colocar, en cada unha, un parque para cans”, sinalou Villar, así os donos “non terán que desprazarse máis de 150 metros das súas casas para que os cans fagan as súas necesidades. Son parques caninos de proximidade”. Contarán, ademais, cun E-can. Un dispositivo no que o can se coloca encima da rejilla do urinario e despois de facer as súas necesidades o aparello dá ao seu propietario a oportunidade de premialo cunha lambetada. “Este feito creará –segundo Belén Villar– un hábito no animal e axudará a manter limpa nosa vila. Tres veces ao día, uns aspersores programados desinfectarán a base e a rejilla do E-Can. É totalmente autónomo, grazas á enerxía solar pode instalarse en calquera parte sen necesidade de subministración eléctrica, tamén dispón dun depósito de auga que grazas a dúas rociadores que instalados no perímetro do aparello limpa e desinfecta a base regularmente. 100% ecolóxico”. Ademais, tamén se instalarán outros dispositivos denominados Urbandog, que recollen os ouriños do can e os seus nutrientes son reutilizados nos xardíns, de forma que se mellora o compost.
Por último, o terceiro eixo fai referencia ás sancións e unha nova brigada de limpeza. Crearase unha nova ordenanza para sancionar a aqueles propietarios de mascotas que non recollan os excrementos dos seus animais. Tamén se creará unha brigada específica para manter estes parques limpos.
Diego Giráldez xa nos sorprendeu fai un par de anos co seu libro de relatos «Galería de saldos», descubríndonos un autor con personalidade propia e cun xeito moi peculiar de narrar. Agora pasa do relato curto á novela para presentarnos este «Hotel para coleccionistas discretos», unha historia delirante, por veces grotesca, pero moi divertida, na que se infiltra entre as máis altas esferas do poder para amosarnos a un grupo de auténticos psicópatas que xogan con todos nós ao seu antollo. Unha especie de Club Bildelberg, por poñer o exemplo más coñecido, que xira arredor do coleccionismo de trapalladas como coartada dos seus enredos.
A trama nace logo da morte de Amalia Valverde, unha empresaria de éxito que formou parte do núcleo duro dun grupo de coleccionistas, no que se centra o relato. Amalia encárgalle á súa filla, relacións públicas dun hotel, e a un amigo que tamén formou parte do devandito grupo, a misión de xuntar aos seus membros nunha especie de congreso que se verá revestido de homenaxe á falecida. Nesa xuntanza, os coleccionistas amosarán o peor das súas facianas e participarán nun xogo no que a súa falla de empatía e o seu carácter psicopático quedarán en evidencia e no que ningún deles será capaz de medir as consecuencias dos seus actos.
O relato está impregnado dun punto de irrealidade, sen apenas referencias espaciais alén dunha imaxinada Patria non identificada e da súa cidade principal, Capital Sur. Ambos espazos son adobiados con elementos singulares que, partindo da realidade máis palpable, desdebúxana ata rematar por convertila en algo diferente e por transformar o relato nunha especie de fábula sobre o noso tempo. E todo iso fai da novela un texto transgresor e con momentos delirantes, traballado cunha fina retranca que transforma a lectura en algo áxil e ameno. Porque amparándose no escudo do humor, Diego Giráldez reflicte a realidade como o farían os espellos da rúa do Gato, que diría Valle-inclán, referente lóxico da narración.
Estructuralmente dividida en tres partes, as dúas primeiras son relatadas por distintos narradores, todos eles personaxes desta historia semicoral. O emprego deste recurso apórtalle dinamismo e axilidade á trama, amais de facérnola vivir dende dentro, pensando o que eles pensan e vivindo o que eles viven. Na terceira parte toma a palabra o narrador omnisciente para arrastrarnos cara a un desenlace frenético do que prefiro non dar máis pistas.
Pero o máis destacable desta novela vén sendo, outra volta, ese xeito peculiar que Giráldez ten de narrar, ese emprego de recursos estilísticos e figuras retóricas tan seu que semella que cada frase é toda unha declaración de intencións. As imaxes que é quen de crear son desgarros no noso entendemento, ideas que nos perturban, que nos divirten, que nos entenrecen ou que nos asombran, pero que nunca nos deixarán indiferentes.
Diego Giráldez Hotel para coleccionistas discretos
Os establecementos de Baiona que desexen participar nesta nova edición poderán realizar a inscrición ata o vindeiro luns, 8 de abril, nas oficinas da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA). O Concurso, organizado pola Concellería de Turismo de Baiona en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona ( ACEBA), celebrarase desde o 9 de maio ata o 2 de xuño.
Poden solicitar as bases de participación e ficha de inscrición na oficina de turismo ou nas oficinas de ACEBA ( C/ Ramón e Cajal, 9 Baiona). Para máis información, os establecementos interesados en participar poden solicitar máis información na Oficina de Turismo de Baiona ou no teléfono 986 38 59 24.
Escolares da localidade británica de Manchester navegaron este luns pola baía de Baiona grazas ao ofrecemento do Monte Real Club de Iates. Os alumnos e alumnas, de entre 10 e 11 anos de idade, atópanse estes días de visita no Val Miñor con motivo dun intercambio lingüístico co Colexio de Educación Infantil e Primaria Humberto Juanes de Nigrán. ‘From Manchester to Nigrán’ é unha actividade que ambos os municipios consolidaron co paso do tempo, e que neste 2019 cumpre a súa décimo quinta edición.
Nesta ocasión, ademais de manter algunhas das actividades que viñan realizando en anos anteriores, como xogos populares, unha marcha ciclista ou unha escapada ás Cíes, os alumnos puideron achegarse por primeira vez ao deporte da vela.
Fixérono da man dos adestradores do Monte Real, que lles ofreceron tanto a eles como aos alumnos de Nigrán que participan no intercambio, unha serie de coñecementos básicos para poder navegar a vela. Acompañáronlles, ademais, na súa primeira experiencia náutica, da que gozaron a bordo dos veleiros do club.
A praia da Barbeira e as augas máis próximas ao club foron o escenario da yincana de probas que se lles preparou aos pequenos nunha mañá na que a meteoroloxía lles acompañou, brindándolles unha xornada de sol e moi boas temperaturas.
O CEIP Humberto Juanes, próximo á Casa Consistorial de Nigrán, é o colexio máis numeroso do municipio, con preto de 400 estudantes. Neste intercambio cos nenos e nenas do Saint John’ s Primary School de Manchester participan os alumnos de quinto e sexto de primaria.
Tras a actividade de vela realizada no Monte Real, os participantes no intercambio despediranse esta tarde no cámping de Baiona, onde os estudantes británicos durmirán a súa última noite no Val Miñor antes de regresar, mañá martes, a Manchester.
Completarase así unha nova edición, a décimo quinta xa, do ‘From Manchester to Nigrán’, unha actividade que se desenvolveu cunha gran implicación por parte da comunidade educativa de ambos os centros escolares, na que sumaron tamén o seu granito de area os concellos de Nigrán e Baiona, a Xunta de Galicia e entidades como o Monte Real Club de Iates.
Tres estudantes do IES Escolas Proval, iniciaron o pasado luns as prácticas das titulacións de formación profesional de Técnico Superior en Administración e Finanzas e Técnico en Xestión Administrativa. A duración das mesmas será de 380 e 410 horas respectivamente.
Trátase de 1 alumna e 2 alumnos que estarán a desenvolver o seu labor nos departamentos de tesourería e biblioteca municipal, poñendo en práctica a formación que adquiriron nos seus estudos durante os dous últimos anos, para así poder mellorar o seu empleabilidad nun futuro.
As prácticas comezaron o pasado 1 de abril e terminarán o 17 de xuño e estarán tutorizadas por persoal do Concello e dos propios ciclos formativos do IES Proval.
Cos programas de prácticas que o concello leva a cabo en colaboración con centros formativos búscase que os estudantes teñan a súa primeira toma de contacto co mundo laboral e que os mesmos adquiran esa experiencia e coñecementos que lles permita seguir a súa carreira laboral ou continuar cos seus estudos dunha forma máis alcanzable.
Desde o Concello considérase que “é unha etapa moi importante” e anímaselles “a que aproveiten ben estes dous meses e medio de formación práctica, xa que é unha oportunidade de adquirir novos coñecementos que lles axudarán a crecer profesionalmente e completar a súa formación”.
A Deputación de Pontevedra publicou este
luns no BOPPO as bases reguladoras e o extracto dos Cursos de Español
para inmigrantes para a preparación do DELE A2 2019. Este proxecto, que
xa se levou a cabo o ano pasado, está formado por un total de tres
cursos gratuítos que se impartirán no Edificio Administrativo da
Deputación de Pontevedra e na sede de Vigo entre maio e novembro deste
ano.
Estes cursos están orientados á obtención do nivel A2 de español no
Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) expedido polo
Instituto Cervantes, requisito necesario para a adquisición da
nacionalidade española. Para obtelo é necesario superar unha proba que
precisa dunha preparación previa, cun custo económico, que dificulta o
acceso á nacionalidade española para un determinado sector da poboación,
impedíndolle o seu proceso de integración na provincia e favorecendo
procesos de exclusión social.
Os cursos que promove a Deputación pretenden impedir esta situación e
facilitar que todas as persoas inmigrantes teñan a posibilidade de
acceder á preparación do DELE. Para acadalo, a institución provincial
organiza tres cursos de español gratuítos, no Edificio Administrativo da
Deputación e na sede de Vigo, dirixidos ata un máximo de 60 persoas
inmigrantes en situación administrativa regular, maiores de 16 anos, que
precisen preparar o exame do DELE para a obtención da nacionalidade
española.
Os cursos, que serán integramente subvencionados pola Deputación
incluíndo o custe de matrícula do DELE, serán impartidos por persoal
docente do Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo. En
xeral, mediante esta formación prepararase ás persoas inmigrante para
poder realizar probas de compresión de lectura, de comprensión auditiva,
de expresión e interacción escrita e oral.
A primeira edición terá lugar no Edificio Administrativo en horario
de 09:30 a 12:30 horas, do 20 de maio ao 4 de xuño; e as datas de repaso
serán de 09:30 a 11:30 horas, os días 10 e 11 de setembro. A segunda
edición será na sede de Vigo tamén do 20 de maio ao 4 de xuño, en
horario de 16:00 a 19:00 horas; e os días 9 e 10 de setembro, de 16:00 a
18:00 horas, terá lugar o repaso. A terceira e última edición, tamén na
sede de Vigo, celebrarase entre os días 11 e 26 de setembro, en horario
de 09:30 a 12:30 horas; e as datas de repaso serán os días 18 e 19 de
novembro, de 09:30 a 11:30 horas.
Unha vez finalizadas estas edicións, o alumnado dos cursos
presentarase ao exame do DELE que levará a cabo o Instituto Cervantes en
Vigo, o 13 de setembro para as persoas candidatas da primeira e segunda
edición, e o 23 de novembro para as da terceira edición. As persoas
interesadas en acceder a esta preparación gratuíta terán que presentar o
formulario de solicitude, a disposición na web www.depo.es e nas
oficinas do Rexistro da Deputación, nun prazo de 15 días hábiles dende o
martes 2 de abril.
O Concello de Baiona vén de abrir o prazo de inscrición para participar nos cursos de autodefensa persoal dirixidos a mulleres. A actividade é organizada polo Concello de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller, cos fondos destinados ao cumprimento do Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero destinados aos concellos.
Desenvolveranse dúas edicións ( unha de mañá e unha de tarde) de 8 horas de duración cada curso . Terán lugar no CPI COVA TERREÑA, o sábado 27 de abril e o sábado 11 de maio . A edición de mañá será de 9:00 a 13:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:00 horas . Terán prioridade as mulleres vítimas de violencia de xénero. Para máis información poden contactar co centro municipal de informacion á muller en cálea Dores Agrelo ou chamando ao teléfono 986/357554. Abordaranse técnicas e medios para previr, avaliar , actuar, enfrontarse no seu caso e saír indemne ante situacións de risco físico .
Hace unos días me enteré del fallecimiento del artista norteamericano Charles Thaxton, más conocido por su nombre artístico, Char-El, un compositor no demasiado conocido en nuestro país pero al que nuestro compañero y amigo Manuel Lemos tuvo el placer de entrevistar hace unos cuantos años y del que guardo un grato recuerdo musical gracias a su álbum del año 2000 «Heaven And Earth».
Charles formó parte en los años ’70 de grupos de rock sinfónico y en los años ’80 empezó a mostrar su faceta más electrónica, se especializó en el uso del Mellotron y publicó en el año 1996 su primer trabajo en solitario titulado World Without End, un disco instrumental y planeador, pero sin lugar a dudas, su gran referencia musical fue el Heaven And Earth publicado en el año 2000.
Dividido en dos partes, una primera titulada “Heaven” donde cómo su propio nombre no indica, la música se convierte en cielo ya que nos transporta por lo ancho y largo del firmamento que rodea nuestro planeta, un trabajo donde el sonido espacial que crea Charles con sus sintetizadores es un viaje, un maravilloso paseo para después bajar a la tierra, en una seguda parte en la baja a la tierra con temas que se acercan más a lo sinfónico y en el que se rodea de la talla de músicos cómo Doug Bonnell, Chris Stoll o Larry Clark.
Char-El tuvo numerosas referencias musicales, nombres como Vangelis, Patrick O’Hearn, David Arkenston, Tomita, Génesis o Yes pueden surgir al hablar de ellas, pero fue un músico que consiguió crear su propio estilo y que entre sus colaboraciones cuenta con gente cómo Douglas Blue Feather .
Charles Thaxton, un gran músico que nos ha dejado y una nueva estrella que ha aparecido en el firmamento, el mismo al que nos hizo volar en muchas ocasiones a través de su música.
Tui acollerá do mércores 3 ao domingo 7 de abril o XV Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc. Está mañá tivo lugar a presentación oficial do festival a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a Jacobo Sutil, director de Agadic, Axencia Galega de Industriais Culturais da Xunta de Galicia, Ángel Sánchez, codirector do festival, e Beli Martínez, responsable da programación de cinema galego de Play Doc.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez, destacou a longa traxectoria dun festival que é exemplo dun traballo feito con orixinalidade, e cun nicho moi claro, que ten lograron converterse nun evento de referencia. Precisamente o Concello ten incrementado este ano o seu investimento no festival pasando dos 18 mil ao 28 mil euros, dun orzamento total de Play Doc que acada aos 100 mil euros.
Jacobo Sutil, o director da AGADIC, sinalou a Play Doc coma un dos festivais máis destacados de Galicia e España, indicando que dende a Xunta son conscientes da súa importancia. Destacou varios aspectos do festival: a súa especialización no documental, as actividades paralelas cun programa transversas, e a implicación que logra. Pero tamén apuntou que o festival vai máis aló do 3 ao 7 de abril, apuntando por exemplo a súa presenza no CGAI.
Ángel Sánchez, codirector do festival, fixo fincapé no quince aniversario dun festival atípico que se celebra nunha cidade pequena coma Tui pero que transcende á escena máis próxima sendo referente mundial, nunha aposta que tiveron clara dende o primeiro momento. Este ano detallaba que o festival da un salto cualitativo ao estrear en España as seis películas da sección oficial, e continua coa posta en valor do cinema máis próximo e o diálogo con outras disciplinas. Repasou as tres retrospectivas que vai ofrecer de Bruce Weber, Kidlat Tahimik e Wolf Eckart Bühler, que xunto .
Beli Martínez, responsable da programación do cinema galego explicou coma nesta edición de 2019 en Panorama Galicia apostaron por películas que están a ter un amplo percorrido en festivais, e destacou o feito de que Play Doc ofrece un espazo de visibilidade deste cine que se fai en Galicia. Así poderemos ver no Play Doc A Typical Morning de Arancha Brandon, Empalaos-Valverde de la Vera de Iria Sanjurjo, Gallo de Antonio Díaz Huerta, Hamada de Eloy Domínguez Serén, Ilha de Alexandre Cancelo, Lucía en la Noche de David Varela, Manoliño Nguema de Antonio Grunfeld, Rexistros, Xeografía de San Sadurniño de Adrián Canoura e What you gonna do when the world´s on fire dirixida por Roberto Minervini coa dirección de fotografía a mans do galego Diego Romero Suárez-Chairo.
O festival estreará unha nova sección North by Northwest, na que se exhibirán películas procedentes do norte e noroeste peninsular como son a asturiana dirixida por Marcos M. Merino, In Memorian (la derrota conviene olvidarla), a galega La Estrella Errante obra do realizador ferrolán Alberto Gracia, e última película da directora vasca Maider Oleaga, Muga Deitzen Da Pausoa- Paso al límite.
Dentro das actividades paralelas están Eppur si muove na que se presentarán os traballos audiovisuais e fotográficos de Iván Nespereira, Tono Arias, Rubén Gasalla e Ariadna Silva. O Seminario da Crítica Cinematográfica, os obradoiros Alquimista do Documental Persoal: A Bólex 16 mm e outras formas de levitación, e Rec&Play, xunto aos concertos de Les Deuxluxes e Adriana Proenza completan a programación do festival.
A inauguración de Play Doc celebrarase o mércores, 3 de abril, ás 20:30 h no Teatro Municipal.
O candidato do BNG á alcaldía de Mondariz Balneario, César Gil, presentou ante un cento de persoas as principais propostas do proxecto do Bloque para a localidade. Arroupado pola deputada do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil, e pola alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, o candidato destacou “o aval do traballo serio e rigoroso ao servizo da veciñanza que o BNG leva demostrando na vila dende hai décadas, que é fundamental para o cambio político que vivirá Mondariz Balneario dende o 26 de maio”.
César Gil asegurou contar cun equipo de persoas “coas ideas claras, con experiencia e capacidade para asumir o goberno local.” Segundo indicou o candidato á alcaldía, “temos ganas e ilusión, e co apoio das veciñas e veciños abriremos un tempo novo para revitalizar Mondariz Balneario e convertelo nun concello aberto e transparente, onde todas as persoas sexan tratadas por igual”.
O candidato do BNG apela a deixar atrás “o desastre e o abandono, e recuperar a ilusión para mirar ao futuro con optimismo”. “Queremos un Mondariz Balneario dinámico, que teña en conta aos nenos e aos maiores, con actividade sociocultural e emprego, con apoio ao comercio e hostalería, con mellores servizos e o noso patrimonio recuperado. En definitiva, traballaremos dende o goberno para pór en marcha iniciativas que rematen coa perda de poboación e fagan que o noso concello medre”, afirmou César Gil.
A Plataforma polo Saneamento de Ribadetea asemella que comeza a estar farta de boas palabras e reunións baleiras. Nun escrito remitido aos medios de comunicación, a Plataforma sinala que logo información facilitada por Augas de Galicia e publicada nos medios de comunicación o pasado día 24, “condenamos a utilización partidista da realización dunha infraestrutura que é unha necesidade tan básica para o conxunto dos veciños da nosa parroquia”.
A Plataforma é clara ao sinalar que, “en vez de escorrer o bulto, botándose a culpa entre dunhas administracións a outras”, o que veciños e veciñas de Ribadetea queren “é que cada administración faga o que se comprometeu a facer cos representantes dos veciños de Ribadetea”.
Nesa liña teñen, polo tanto, esixencias a tres bandas: á Xunta de Galicia, á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) é ao propio Concello de Ponteareas.
Representanes da Plataforma na reunión que mantiveron coa presidenta de Augas de Galicia en Santiago
Á Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, reclámalle a Plataforma que “tal e como se comprometeu a súa presidenta na reunión mantida en Santiago o día 13 de novembro do pasado ano”, redacte o proxecto definitivo de saneamento para toda a parroquia, incorporando aqueles elementos propostos polos representantes dos veciños e pola empresa de enxeñería do Concello de Ponteareas. Lembra a Plataforma que na reunión “comprometéronse a que nun prazo de 6 meses estaría rematado o devandito proxecto”.
Doutra banda, reclámase ao presidente CHMS, que faga efectivo o compromiso acadado na reunión mantida cos veciños o 5 de febreiro deste ano “para retirar a prohibición de realizar obras de saneamento en Ribadetea, adoptada polo anterior goberno central no ano 2015”.
E ao Goberno local, pídese que amosen “un apoio explícito e unha determinación activa á realización do saneamento de Ribadetea” segundo o compromiso amosado no Pleno do 18 de setembro do pasado 2018.
Así as cousas, a Plataforma lémbralle a todos os responsables das diferentes administracións, “que somos unha parroquia de 900 habitantes, pola que pasa o río Tea que pertence á rede Natura 2000; pero que sufrimos a contaminación das augas subterráneas e dos nosos regatos, impropias da Europa do século XXI. Unhas lamentables condicións hixiénico-ambientais que é urxente corrixir”.
Pódese dicir máis alto, pero dificilmente máis claro.
O Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, Museo Arabo, de Arbo recibiu na pasada semana a visita da Academia Galega de Gastronomía. Acompañados polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, os visitantes tiveron a oportunidade de percorrer o museo, lugar onde constataron a estreita vinculación dos veciños e veciñas de Arbo coa lamprea e o viño.
A expedición da Academia Galega de Gastronomía, encabezada polo seu vicepresidente, Francisco García Bobadilla, –expresidente da rede de paradores nacionais e exdirector xeneral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia– visitou tamén a vinoteca do edificio, onde puideron degustar os viños das as adegas de Arbo con D.O Rias Baixas. Na visita, videos interpretativos deron a coñecer a historia da lamprea, as pesqueiras e como e onde péscase.
Os e as asistentes puideron degustar lamprea en varios estilos: á bordalesa, rechea, asada á brasa, con fideos e tirabeques ou en empanada. Unha cociña “de excelencia”, “variada”, “de coidada gastronomía tradicional” e que contribúe a “exaltar os produtos autóctonos”. Estes son, entre outros, algúns dos cualificativos que recibiu a oferta gastronómica de Arbo, centrada fundamentalmente nestes dous produtos milenarios: o viño e a lamprea.
O Alcalde de Arbo, Horacio Gil, destacou que “a lamprea, o viño e as pesqueiras son o reflexo da forma de vida, da cultura e a tradición de Arbo”. Afirmando tamén que este tipo de encontros forman parte da forte estratexia de promoción que esta levando a cabo o Concello de Arbo para promocionar “os seus atributos, as súas festas e a súa inmellorable oferta gastronómica e hospitalaria e proximidade da nosa hostalería”. “A tempada de lamprea este ano está a ser todo un éxito e verémolo reflectido en abril cando recibiremos a máis visitantes que nunca na nosa prezada Festa dá Lamprea que terá lugar os días 26, 27 e 28 de abril”, rematou o alcalde de Arbo
O alumnado do CPI Arquitecto Palacios de Panxón e do Centro de Educación Especial Juan María participaron esta semana na iniciativa do Rotary Club de Vigo, a través do Concello de Nigrán, para repoboar a única zona verde municipal do parque empresarial Porto do Molle sen árbores. Así, a empresa Darlim donou 140 exemplares de castiñeiros, carballos, bidueiros e freixos; Ecocelta proporcionou o abono e as bodegas As Laxas a maquinaria para preparar o terreo.
O obxectivo desta plantación de preto de 2 hectáreas é crear unha zona de refuxio da fauna que dé continuidade ao bosque de ribeira do Río Muíños, tal e como explicou o enxeñeiro forestal Javier Santiago e o arquitecto e presidente do Rotary Club Ángel Santorio, responsables do proxecto de rexeneración das marxes deste río no que o Concello investiu 510.000 euros e que se está a levar a cabo.
“Consideramos que é unha iniciativa moi boa para Nigrán e en concreto para esta contorna de Porto do Molle, xa que se engadirá zona verde”, sinalou o alcalde, Juan González, quen asistíu á plantación xunto aos representantes das comunidades de montes de Camos e Parada.
“No BNG queremos que Tui marque a diferenza cun modelo alternativo de cidade que lle dea prestixio ao concello”. Así o manifestou no serán de onte a candidata do BNG á Alcaldía de Tui, Carme Núñez, no acto de presentación dos compoñentes da lista ás eleccións municipais, asegurando que o proxecto nacionalista para a vila pretende acadar “un concello para vivir, dinámico, consciente do seu potencial e orgulloso da súa identidade e situación privilexiada”.
Núñez afirmou que a experiencia “dinos que os concellos onde goberna o BNG marcan a diferencia e son modelos de prestixio, como acontece con Tomiño ou Pontevedra”, aludindo á presenza da alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e da candidata ás xerais e tenente de alcalde en Pontevedra Carme da Silva, que estiveron presentes no acto.
Carme Núñez estivo acompañada da alcaldesa de Tomiño, Sandra González e a candidata ás xerais e tenente de alcalde de Pontevedra, Carme da Silva
A candidata a alcaldesa apostou por poñer en valor o patrimonio do Concello de Tui, potenciar o ARI da cidade histórica e reverter o seu deterioro, aproveitando a rehabilitación do Teatro Principal como foco revitalizador ademais de potenciar o patrimonio das parroquias, creando espazos públicos de calidade e no que a veciñanza poida convivir.
Outra aposta do BNG de Tui, dixo a nacionalista, será o respecto ao medio ambiente, mellorando a recollida selectiva dos residuos, o coidado das praias, sendas e a colaboración coas comunidades de montes, apostando pola multifuncionalidade e a loita contra o lume. “Algo moi importante para nós será impulsar a participación veciñal, axudando ós distintos colectivos e que sexa a veciñanza a que canalice as prioridades”, engadiu tamén Núñez.
A candidata quixo lembrar o traballo realizado polo BNG no Concello nos dous anos no que foi responsable das áreas de Patrimonio, Medio Rural, Participación, Limpeza e Medio Ambiente “sen escándalos, sen griteríos, con moito traballo e dedicación”. Subliñou que “no BNG merecemos unha oportunidade de tentar mellorar a vila” fronte aos 20 anos “desastrosos” dos gobernos do PP “sen facer nada” e dos que están a gobernar o concello agora “que non son capaces”.
Núñez finalizou a súa intervención presentando á candidatura completa do BNG en Tui, conformada por Carme Méndez, Xosé Martínez Tato, Ernesto Cañedo, Alexandre Negro, Ana Belén Bernández, Miriam Rodríguez, Rosalía González, Tomás García, Miguel Ángel Martínez, André Vidal, Ramón López, María Yria Nogueira, Ismael Alonso, Alfonso González, María de los Ángeles Tienda, Carmen Pérez e Juan Nogueira.
“O único voto útil nas xerais, o do BNG” A cabeza de lista por Pontevedra ás Xerais, Carme da Silva, aproveitou a súa intervención para poñer en valor o traballo feito no Concello de Tui por Carme Núñez e Xosé Martínez Tato. “En Tui notouse moito cando estaba no goberno o BNG e moitísimo máis cando non estivo. Animamos a Carme a que pelexe para dirixir o goberno municipal deste concello, que tanto merece un goberno á altura das súas necesidades”, dixo.
Da Silva destacou que Tui está nunha situación xeográfica dentro da Galiza absolutamente privilexiada xa que “non é a vila que nos separa de Portugal, senón a que nos une a Portugal, na beira do Miño, que é unha grande arteria entre ambos países” e apostou por traballar para conseguir que o que nestes momentos son “atrancos” se convertan en beneficios”.
A candidata ás xerais subliñou que un dos principais atrancos que existe a día de hoxe para o desenvolvemento de Tui é a portaxe da AP-9. “Hai que eliminar esa portaxe, porque a AP-9 é o eixo de comunicación da Galiza e a unión co país veciño, co que temos tanto en común e co que temos grandes sinerxias que sacarían o enorme potencial do país para desenvolver os sectores produtivos”, dixo.
“Pedimos a confianza de veciños e veciñas de Tui, coa esperanza de que este país ten futuro se o cremos e somos nós quen tomamos as decisións e somos nós quen poñemos as nosas necesidades enriba da mesa”, asegurou, para salientar que as forzas políticas estatais demostraron na pasada lexislatura que non o van facer. “Nin o PP, nin o PSOE, nin Podemos nin a Marea”, puntualizou, “viuse nos orzamentos e cada vez que hai que tomar unha decisión que afecta a Galiza: O único voto útil para Galiza é o do BNG, para que a axenda das necesidades do país estea realmente nas Cortes do Estado”.
A tenente de alcalde do Concello de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de presentar o Campamento de Semana que o Concello desenvolve ao abeiro do programa de Concilación Familiar. A actividade, que de desenvolverá do 15 ao 22 de abril cun custe de 10 €, abriu xa o seu prazo de inscrición que se pechará o vindeiro 8 de abril.
O Campamento, tal e como explica Marta Valcárcel, está enfocado a “axudar de xeito activo” a todas as familias á hora de conciliar a súa vida familiar e laboral nunha datas nas que “nais e pais seguen traballando pero os seus fillos e fillas teñen vacaciones nos colexios”. Trátase polo tanto, sinala Valcárcel, de ofrecer aos nenos e nenas “un espazo de convivencia e de densenvolvemento de actividades” e ás familias “a tranquilidade de saber que os seus fillos e fillas están baixo o coidado de persoas altamente cualificadas para desenvolver esa tarefa”.
Este campamento terá unha duración de catro días, do 15 ao 22 de abril, nun horario de 09:00 h a 14:00 h, para nenos de 4 a 14 anos e se desenvolverá na Casa de Cultura de Salvaterra de Miño. Os interesados e interesadas deberán inscribirse no Concello antes do vindeiro 8 de abril.
Marta Valcárcel tamén adiantou que este ano o Concello de Salvaterra “ampliará a súa oferta de campamentos de Verán en catro quincenas, dando cobertura aos meses de xullo e agosto” no que a tenente de alcalde cualifica de “accións reais a prol da conciliación”.
O Centro Cultural da Guarda será o escenario para a representación teatral de «Bernarda» a cargo da Compañía Malasombra Producións, prevista para o vindeiro venres día 5 de abril ás 21:00 h. A entrada será libre, previa retirada de entradas dende hoxe 30 de marzo, no propio Centro Cultural.
«Bernarda» é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente. Cando somos fillos queremos rachar coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obriga de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.
Este choque xeracional, que como na vida mesma tamén ocorre en “BERNARDA”, por veces fainos chorar, porque ás veces as situacións vólvense tensas e duras, e por veces fainos rir, porque igual que na vida, ata nas situacións máis extremas xorde a risa como unha necesidade de desafogo e de liberación. Isto é o que en “BERNARDA” demos en chamarlle, humor de tanatorio ou risa de funeral, que tamén é unha constante durante todo o espectáculo.
Bernarda é unha muller dura e loitadora, produto da vida que lle tocou vivir, cunha infancia dura de posguerra que a forxou nuns principios ríxidos e inamovibles. Ao morrer o marido ten que asumir o papel de pai e de nai, e educa ás súas fillas como mellor sabe, como aprendeu, e todo o que fai non o fai por mal, todo o contrario, faino porque pensa que é o mellor para elas. As fillas, en cambio, non o ven así, aínda que como tamén entre elas son diferentes, discuten moitas veces sobre se no fondo Bernarda é pobriña ou é mala.
Bernarda, ó quedar viúva, tenta que todo siga sendo igual que sempre, como foi toda a súa vida, e que as “malas” influenzas dunha sociedade en proceso de transformación non cheguen ás súas fillas nin a ela mesma. Bernarda non entende a música yeyé, nin as minisaias, nin os guateques, nin ningunha das novas modas da xuventude da época, e a súa intención é moi clara: “Mentres eu viva, nesta casa non vai cambiar nada e as cousas vanse facer como se teñen que facer.” O público presente coñecerá se chega a conseguilo ou non.
Esta actividade está promovida dende a Concellería de Cultura do Concello da Guarda e enmarcada no programa Pontegal da Deputación de Pontevedra.
A décimo sexta edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño pechou as súas portas cun balance máis que positivo desta nova edición e con cifras de récord, tanto en participación do público profesional coma na asistencia e implicación do público xeral. Nesta edición na que a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam), organizadora do evento xunto co Concello de Tomiño, apostaba pola profesionalización do sector entendida dun xeito transfronteirizo contou coa participación de 44 empresas, 30 delas expositoras e 14 colaboradoras.
Ademais, 10 empresas presentaron os seus proxectos de innovación, proxectos cun alto grao tecnolóxico e de investigación; 14 relatores protagonizaron as 7 xornadas técnicas que se organizaron e 20 representantes de empresas, administracións públicas, organizacións sectoriais e centros educativos participaron de xeito activo no workshop sobre oportunidades de formación e emprego no sector no Baixo Miño e norte de Portugal, sentando as bases de colaboracións futuras e debullando os problemas aos que se enfronta o sector e as súas posibles solucións.
Estas cifras complétanse coa grande acollida do público xeral e a súa participación no programa de actividades da Mostra de Cultivos. Así, durante os tres días que durou a feira arredor de 500 persoas pasaron polo taller de plantación organizado no stand do IES Antón Alonso Ríos, a través do que coñeceron os principios básicos do proceso de plantación e se puideron levar para casa a súa propia planta, repartíronse máis de 100 botes de mostra de caldo de ortigas para combater pragas agrícolas de uso doméstico e fixéronse 300 litros de compost no stand de compostaxe do Concello de Tomiño.
Ademais, cos dous talleres de cociña do último día da Mostra degustáronse 300 pratos de comida elaborados a partir de produtos agroalimentarios locais e repartíronse 400 receitarios nos que se incluía a súa elaboración. Por outro lado, no stand de Kiwi Atlántico probáronse 20 quilos de xeado de kiwi, un produto innovador no mercado. E máis de 100 nenos e nenas desfrutaron das actividades lúdicas preparadas para a xornada do domingo por Corazón de Carballo.
Uns números que amosan o crecemento paulatino da Mostra de Cultivos, que se está a converter na gran feira de referencia do sector agro en Galicia. “Estamos moi satisfeitos cos resultados obtidos, aínda que non conformes. Sabemos que queda moito camiño por diante e que temos que seguir traballando para mellorar as cousas. E un dos obxectivos primordiais debe ser conseguir inserir persoal cualificado, unha capacidade de captación de talentos que para o noso sector é fundamental. Necesitamos xente cualificada, xente formada e xente con gañas para garantir o relevo xeracional nas nosas empresas”, salientou a presidenta de acuBam, Patricia Rodríguez, quen tamén indicou a necesidade de seguir achegando o sector á sociedade nunha aposta pola súa valorización e contribuíndo así “á xeración de todo un mapa de oportunidades laborais e profesionais no ámbito local”.
Unha Mostra solidaria Dende a organización están moi contentos coa marcha da XVI edición da Mostra, non soamente pola afluencia de público profesional e xeral, senón polos resultados obtidos coa venta ao público realizada no stand da asociación San Xerome Emiliani. O ano pasado a Mostra daba resposta de xeito tímido á demanda reiterada por parte das persoas visitantes que buscaban poder comprar produtos durante o evento e nesta edición ampliaba a venda a toda a fin de semana, na que se poñían a disposición do público produtos doados por empresas participantes na feira.
O resultado foron 1.300 euros de recadación que irán de xeito íntegro á asociación para a rehabilitación das instalacións nas que esta entidade produce a súa camelia do té. Deste xeito, acuBam reforza a súa responsabilidade social na contorna, fomentando e apoiando as ventas dentro da Mostra pero cun marcado fondo social.
Con motivo da conmemoración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, o Concello de Baiona iluminará de azul, durante a tarde noite do 2 ao 3 de abril, tres dos máis significativos edificios e monumentos da localidade que serán a Casa do Concello, o Cruceiro da Santísima Trindade e a Virxe da Roca, en apoio ás persoas que padecen autismo e ás súas familias.
Cada ano miles de edificios emblemáticos de todo o planeta tínguense de azul durante unhas horas en sinal de apoio ás persoas con TEA (Trastorno do Espectro do Autismo). Trátase dunha campaña mundial promovida por Autism Speaks (Lixeiro It Up Blue), e apoiada por Autismo Europa, Autismo España e Autismo Galicia.
No 2018 ilumináronse en azul, a cor elixida por este colectivo para visibilizar ás persoas que sofren autismo, máis de 300 monumentos e edificios en España e 25 en Galicia. Este ano 2019 o reto é chegar aos 350.
Con esta iniciativa o que se busca é contribuír a dar visibilidade ao colectivo, incrementar o coñecemento e tolerancia cara ás persoas con autismo e celebrar o seu talento e capacidades, construíndo unha sociedade máis accesible para todos.
A convocatoria realizada pola denominada Plataforma Antilindano que fai “un chamamento urxente” a todos os porriñeses e porriñesas para “tomar a Praza do Concello” o vindeiro luns, día 1 de abril ás 17:00 foi respondida hoxe dende o Concello do Porriño que, se ben sinala amosar “o máximo respeto ao dereito dos veciños a manifestarse” afirma que “a citada Plataforma que chama a tomar a Praza do Concello, está dirixida por personas con intereses partidistas que están a xenerar movilizacions para buscar un rédito electoral suscitando e xogando cos medos dos veciños”.
Na súa convocatoria, a Plataforma aseguraba, textualmente que “quen ten que protexernos estase a rir de nós, tanto da xente que vive na Pereira-Contrasto, como do resto da veciñanza” lamentando que o Concello “nin se molestara en implantar un protocolo de movemento de terras, tan doado era facelo como guiarse polos doutras cidades”. A plataforma ten tamén duras críticas á Xunta de Galicia á que acusa de dar explicacións “cando lle peta a través dos medios de comunicación sobre un suposto plan de descontaminación que nunca chega e a creación de comités e comisións que son un misterio”.
Pola súa banda, o Concello “nega taxativamente que se fixeran obras sen control ou que permitiese que terras con lindano se espallasen de calquera xeito”. Polo contrario, asegura o Goberno local do Porriño, o Concello “axustouse ós protocolos de seguridade requeridos”.
O executivo que preside Eva García de la Torre considera as acusacións “radicalmente falsas e ademáis calumniosas” e sinala que “on se pode acusar a este Concello e a esta alcaldesa de estar a rirse dos veciños cando cumplimos coas exisencias que nos teñen requerido. Este Concello segue solicitando á Xunta de Galicia que acometa o plan de descontaminación do lindano como vimos de pedir novamente á Consellería de Medio Ambiente”.
En todo caso, a Alcaldía do Porriño “á vista da gravidade das acusacions verquidas”, adianta que “valorará o exercicio das accions xurídicas precisas para defenderse de semellantes inxurias”.
O club deportivo do IES do Barral levará, mañá sábado 30 de marzo, o deporte ás rúas para dar á coñecer a mozos e mozas as modalidades que oferta. En colaboración co concello de Ponteareas, o club convida á veciñanza a coñecer as súas actividades nesta iniciativa que dará comezo ás 10:30 horas.
Para que a cidadanía coñeza máis de preto as actividades do club, este realizará demostracións de balde nas que poderán participar todos e todas as que se acheguen ata os Xardíns da Xiralda, na contorna do concello, de 10:30 a 14:00 ou de 16:00 a 20:00 horas no parque da Feira Vella.
Entre os deportes que ofrece este novo club está o xadrez, o billar, o baile moderno, as artes marciais, a petanca e o baloncesto.
O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra está a finalizar as obras de mellora da estrada provincial EP-4307 de acceso á igrexa de Sabaxáns, no concello de Mondariz. Os traballos, segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, supoñen a rehabilitación e saneo da totalidade do firme (1.580 metros), a instalación de elementos de calmado de tráfico, e a colocación de nova sinalización vertical e horizontal co fin de aumentar a seguranza da vía.
Os operarios da empresa adxudicataria, ‘Misturas, Obras e Proxectos SA’, están a estender nestes días a última capa de microaglomerado en toda a superficie do viario, un labor que tivo que ser adiado o pasado mes de febreiro debido ao mal tempo. Agora que a climatoloxía o permite realizarase tamén o pintado da sinalización horizontal, prevista para a semana próxima, remarcando os dous redutores de velocidade existentes e instalando os sinais verticais pertinentes.
No proxecto de mellora da estrada foi necesario incluír o fresado do firme en mal estado, ademais da demolición e levantado de toda a capa de rodadura que presentaba maiores deficiencias, para despois aplicar as diferentes capas asfálticas, masillas e tratamentos antiescorregadizos. Tamén se proxectaron tres redutores físicos de velocidade de nova construción a maiores dos dous que estaban xa instalados, cos seus correspondentes captafaros ‘ollo de gato’ nos puntos quilométricos 0+600, 0+800 e 0+920, cun largo de 5 metros en todos os casos.
O orzamento desta obra, segundo explica Benítez, era de 48.196,90 euros, se ben a adxudicación formalizouse por 47.906 euros. As obras comezaron a mediados de xaneiro e tiñan un prazo de execución de dous meses, mais foi preciso asinar un acta de paralización debido a que a climatoloxía non permitía desenvolvelas.
O CEP Altamira de Salceda de Caselas acollerá este domingo, 31 de marzo, unha carreira exhibición de automodelismo (coches de radio control). A actividade, espectacular como poucas, desenvolerase entre as 10 h e as 14 horas e nela participarán un total de 20 participantes en tres modalidades distintas 1/8 pista gas; 1/8 GT gas y eléctricos y 1/10 eléctricos.
Na proba, organizada polo Club Automodelista Radiocontrol Baixo Miño (CARBM) e o Concello de Salceda coa colaboración do CEP Altamira, participarán pilotos chegados dende Ourense e Vigo, amais de pilotos locais como é o caso de Saúl Otero, de Salceda de Caselas, que participará na categoría 1/8 GT.
Os visitantes poderán tamén gozar dun ‘parque pechado’ no que estrán expostos os automodelos das diferentes categorías entre os que estarán os de gasoliña de 95 octanos e os da categoría 1/8 TT gas.
Indubidablemente, de cara ao espectador, a categoría máis atractiva é a de 1/8 pisga gas, con automodelos que chegan a superar os 130 quilómetros hora e con aceleracións espectaculares de 1 a 100 km/h en menos de 1,2 segundos.
O apoio técnico na cronometraxe correrá a cargo de Fernando Abalo, secretario de AECAR, a Asociación Española de Coches a Radiocontrol. É por certo, esta asociación é a encargadas, entre outras cousas, de conceder as probas valederas para futuros campionatos de España polo que non se descarta que Salceda, nun futuro próximo, poida acoller probas puntuables tanto na versión pista como en todo terreo da categoría TT.
Ata o vindeiro 5 de abril estará aberto o prazo para que, interesados e interesadas, poidan inscribirse no Curso Oficial de Monitor/a de Ocio e Tempo Libre, con título homologado pola Xunta de Galicia e que se desenvolverá as fines de semana do 13 de abril ao 23 de xuño.
O curso, de 350 horas lectivas (200 teóricas e 150 prácticas) ten un custe de 170 euros, puidendo aboarse de xeito fraccionado. Este custe é máis reducido que outros cursos desenvolvidos noutros lugares, debido a que o Concello de Mondariz, subvenciona parte do mesmo.
Para poder inscribirse, interesados e interesadas deberán ser maiores de 18 anos e estar en posesión dalgunha destas titulacións: ESO, graduado escolar, FP ou equivalente. O prazo de matrícula remata o cinco de abril. Unha vez realizada a inscrición, abriráse un prazo, entre o 6 e 11 de abril, para facer o primeiro pagamento da matrícula.
As clases terán lugar os sábados de 9 h a 14 h e de 15:30 h a 20:30 horas e os domingos de 9 h a 14 h entre o 13 de abril e o 23 de xuño. Alumos e alumnas, unha vez rematado o curso, disporán de bolsas de prácticas no Concello.
Para máis información, interesados e interesadas poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Mondariz, ao teléfono 986 664 306 ou ao enderezo de correo electrónico [email protected]
Alberto Álvarez Pérez é, dende onte, novo concelleiro do grupo municipal do PSdeG-Redondela logo de ter tomado posesión da súa acta no Pleno celebrado no serán de hoxe pola Corporación Municipal redondelá. O novo concelleiro ocupa o posto baleiro deixado trala renuncia, por motivos laborais, de Mauro Álvarez Castro.
Alberto Álvarez Pérez, nado en 1972, é técnico especialista en Automoción, sector no que desenvolve a súa vida laboral, foi delegado sindical pola UXT e viven en Rande, na parroquia de Cedeira.
O xa novo concelleiro, que formará parte candidatura do PSdeG-Redondela ás municipais do mes de maio que encabeza Digna Rivas, foi definido pola candidata como unha persoa “traballadora e comprometida coa tarefa de mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas”.
A Asemblea Xeral da Red de Juderías de España celebrada en Madrid acordou aceptar á entrada da cidade de Tui nesta entidade formada por 18 municipios. A partir deste mes de xuño, a red estará formada por 22 concellos xa que, ao mesmo tempo que Tui incorpóranse os municipios de Béjar, Sagunto e Lorca. A entrada efectiva dos catro novos membros farase na segunda asemblea da Red que terá lugar a finais de xuño.
Tui presentou o ano pasado a súa candidatura para entrar a formar parte da Red de Juderías de España coma un paso importante e imprescindible para seguir pondo en valor e promocionando o seu patrimonio vinculado á presenza de xudeus e xudeus conversos na cidade. O proceso incluíu a presentación dunha memoria, a defensa da candidatura e a visita á cidade do comité avaliador. Concluíu co visto e prace dando onte pola asemblea xeral onde a Comisión de Admisión de Cidades expuxo as súas conclusións.
Sanbenitos que se exhiben no Museo Diocesano de Tui
Dende a Red de Juderías valoran o legado xudeu que Tui atesoura no que destacan os Sambenitos, pezas únicas en Europa, atopados na Catedral de Tui. Tamén a presenza da casa de Salomón na rúa Canicou, única na súa tipoloxía en Galicia, cun patio central arredor do que se distribúe a vivenda, xunto á menorá gravada na pedra do claustro catedralicio, que testemuña a relación existente entre a comunidade xudía e a cristiá.
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, explicaba que Tui entra así “nun grupo de cidades moi selectas en canto a patrimonio”, o que “pon a Tui noutra división a efectos de promoción turística e patrimonial, e recoñecemento da importancia patrimonial e histórica que ten a cidade”. Engadía que isto pode redundar na dinamización da economía de Tui con xeración de emprego e investimento, e pode ser quen de xerar investimento privado para a rehabilitación patrimonial.
Coa entrada de Tui na Red de Juderías avanzaba o alcalde que se deseñará un programa de actuacións encamiñados a cumprimentar os requisitos de pertencer á Rede e para aproveitar o potencial que representa, cun bo traballo de recuperación do patrimonio. Precisamente o Plan Director de Turismo, arestora en redacción, terá xa en conta esta pertenza á Red de Juderías de España.
Logo da presentación de Juan Carlos González Carrera como candidato á alcaldía de Ponteareas por ACiP, a formación independente deu a coñecer hoxe o que, coloquialmente chámase ‘a lista de maioría absoluta’ é dicir, no caso de Ponteareas cunha corporación composta por 21 concelleiros e concelleiras, os once primeiros postos da lista. Amais de González Carrera, na lista figuran Raquel Bautista, Jose Luis Rodríguez, Pablo Araujo, Ana Lorenzo, Manuel Gregores, José Luis Núñez, Montserrat González, José Fernández, Raquel Cabaleiro e Marcos Misa.
Segundo Alternativa Ciudadana de Ponteareas, a lista a veteranía dalgúns membros que repiten, coa xuventude e inquedanzas das novas incorporacións que, de calquera xeito, asegura ACiP “cremos que aportan coñecementos dabondo para asumir os cargos para os que se postulan”.
Para González Carrera este equipo busca, ante todo “dar solucións aos problemas de todos os ponteareáns, dende os máis cativos ata os nosos maiores; os grandes esquecidos no actual goberno municipal da vila”.
Para o candidato á alcaldía por ACiP, o obxectivo “é o devolver a Ponteareas ao lugar de referencia que sempre ocupou” para o que, no caso de acadar o Goberno, aplicaranse “unha serie de medidas e políticas que fomenten o crecemento real do concello”.
ACiP chega as eleccións municipais de 2019 co convencemento de que “se poden cambiar as cousas” e de que existe “un xeito moito mellor de facer política para todos, e non só para uns poucos, como acontecía ata o de agora”.
Aos lemas empregados nestes últimos tempos –#seguimospretodeti, #24motivos24parroquias– agora engade ACiP dous máis “Tamén depende de ti e Sempre Ponteareas” que buscan ser un chamamento a cidadanía “para reverter a situación actual e como recoñecemento a integridade da vila, sen distincións entre persoas, colectivos ou parroquias”.
Na mañá do pasado martes 26 de marzo o Concello da Guarda acolleu unha xuntanza, solicitada polo alcalde, Antonio Lomba, a que asistiron representantes da asociación Érguete Baixo Miño; a concelleira de asuntos sociais, Tere Vicente, ademais dunha traballadora social e a educadora familiar do concello da Guarda. Tratábase de coñecer o punto de vista dos servizos sociais do Concello e da asociación Érguete Baixo Miño, respecto da posible causa do incremento de roubos que se ten producido durante os últimos días no comercio local.
Cómpre salientar que existen indicios de que, os presuntos responsables destes actos delitivos, están relacionados co mundo das drogas. Os asistentes a reunión coincidiron que detrás dos incidentes ilícitos están as vítimas que sofren o atentado contra a súa propiedade, pero tamén hai que ter en conta que os presuntos delincuentes son persoas enfermas con graves problemas de dependencia e que as súas familias tamén son vítimas desta situación.
Por parte de Érguete valoraron como imprescindible a colaboración dos xuíces para poder diminuír o número de delitos e a situación de alerta cidadá. Considerando ademais que, nalgunhas ocasións, a prisión preventiva dos reincidentes acaba exercendo un efecto positivo na súa saúde.
Todos os presentes concluíron que cara ó futuro é importante que os servizos sociais, Érguete e toda sociedade, traballen no eido da prevención. Só así se conseguirá combater o problema das drogas e minimizar unha das lacras máis importantes que sufre a nosa sociedade.
Este sábado día 30 de marzo ás 20:00 h na sala de audicións da Escola Municipal de Música de Baiona, terá lugar o concerto do pianista Daniel Pereira, cun recital das mellores bandas sonoras das películas máis destacadas do cine internacional. O concerto está organizado pola Concellería de cultura de Baiona en colaboración coa Escola Municipal de Música de Baiona.
Daniel Pereira González graduouse cun Doutoramento en Artes Musicais (Universidade de Maryland), un Máster en Música (Universidade de Hartford) e un Diploma de Artista (Universidade Estatal de Nova York), todas en EEUU.
Formouse en festivais e masterclasses en España, Portugal, Francia, Italia, Bélxica, Suíza, República Checa e EEUU. Foi director artístico dos Festivais de Piano Conde de Gondomar e codirector do Vianden International Festival de Luxemburgo.
Realizou unha extensa investigación sobre o mundo pianístico nos International Piano Arquives at Maryland en EEUU. Publicou We Can’ t Always Play Waltzes co oboísta americano Bert Lucarelli para a neoiorquina Carl Fischer, e a revista especializada Clavier Companion publicou o seu artigo The Teachings of Cortot.
É tamén editor do proxecto Notas de Compositor da Universidade Estadual de Minas Gerais en Brasil. Daniel residiu en EEUU durante 14 anos e en Londres, e lanzou un dobre cd con Odradek Records da integral dos Preludios de Alexander Scriabin en novembro de 2018. Daniel foi pianista da Escola Superior de Arte Dramática de Málaga e do Real Conservatorio de Danza Marienma de Madrid, e combina a súa actividade como concertista e conferenciante e é profesor no Conservatorio Profesional de Música de Tui. En 2019 ofrecerá concertos en Latinoamérica coa pianista Andrea González.
Ao longo do concerto, Daniel Pereira interpretará El Golpe de Scott Joplin; o tema principal de Love Story de Francis Lai; El Diario de Noa (Aaron Zigman); El Piano(Michael Nyman); Los Intocables(Ludovico Einaudi); Amélie(Yann Tiersen); Piratas del Caribe (Hans Zimmer); Carros de Fuego(Vangelis); La Máscara del Zorro (James Horner); Los Siete Magníficos(Elmer Bernstein); La Lista de Schindler(John Williams); Cinema Paradiso(Ennio Morricone); Black Cat, White Cat,e Bubamara (canción balcánica popular)
O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, desprazouse hoxe ata o municipio pontevedrés de Mos para felicitar ao alumnado que vén de rematar a súa formación no Mos coa Mocidade, o obradoiro de emprego promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello mosense.
No acto de clausura, no que o delegado da Xunta estivo acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o representante autonómico animou aos 16 menores de 30 anos que nos últimos seis meses recibiron formación nas ramas de carpintería e deseño web, a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles brindou” e a seguir mellorando a súa cualificación para acceder a un posto de traballo.
Tras resaltar o obxectivo do Goberno galego de reforzar os programas que favorezan o acceso dos galegos e galegas ao mercado laboral, dirixiuse á alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, para pór en valor a importancia da colaboración entre as administracións públicas na procura de emprego de calidade, formación, capacitación e orientación laboral.
López-Chaves reafirmou así o compromiso da Xunta cunha formación adaptada aos novos perfís profesionais e ás demandas reais e actuais do tecido empresarial e, respecto a xuventude, comprometeuse a seguir impulsando o emprego entre a mocidade, “un colectivo prioritario para a Administración autonómica”.
O pasado 16 de marzo daban comezo, en Salvaterra de Miño, as clases de defensa persoal feminina organizada polo Concello e que contan cunha enorme participación. Serán catro xornadas a través das que se darán ás participantes nocións básicas de como afrontar diversas situacións de risco, como resolvelas e actuar. Do mesmo xeito, ensinarase ás participantes como poñer en práctica métodos simples de defensa.
Estes cursos están orientados as mulleres, de xeito que poidan aprender unha serie de normas básicas de prevención e defensa ante posibles situacións que se poidan dar na vida real. Estas clases de hora e media están impartidas por Alfonso Longueira, profesor de Aikido.
A Deputación de Pontevedra está a rematar nestes días a instalación dos novos fitos quilométricos que identificarán por vez primeira uns 1.200 quilómetros da súa rede provincial de estradas. Estes sinais darán información sobre o nome e titularidade da vía, así como do punto polo que se circula, amosando a distancia en quilómetros con respecto ao inicio da estrada, e teñen o obxectivo de servir como referencia de ubicación para persoas usuarias e persoal técnico de mantemento.
O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que coa nova identificación das vías provinciais cúbrese a sinalización do 70% da rede da Deputación, que ata o momento non tiña ningún tipo de rótulo explicativo. De feito, ata o de agora apenas había indicadores tipo ‘monolito’ co antigo logotipo provincial nas vías da comarca do Salnés e nalgún concello puntual.
Os novos sinais son placas rectangulares de metal, de deseño atemporal e con certificado de conformidade CE, seguindo o formato que tamén utilizan o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia para o seu viario. Instaláronse a cada quilómetro da vía e aportan datos da denominación oficial da estrada sobre un fondo laranxa: as letras EP –correspondentes ás iniciais de estrada provincial–, e o seu número, cuxas dúas primeiras cifras corresponden ao concello e as dúas seguintes ao número de vía provincial dentro de cada municipio.
O subministro e instalación dos fitos quilométricos dividiuse en catro lotes que sumaron un orzamento de 370.658,49 euros. O primeiro lote abrangue as comarcas de Pontevedra, Vigo, Condado e Paradanta, con 411 novos fitos colocados; o segundo lote prevé a colocación de 359 sinais nas comarcas de Pontevedra, Morrazo e Caldas de Reis; o terceiro lote supón a instalación de 428 fitos nas comarcas de Vigo, Baixo Miño, Condado, Caldas e O Salnés; e finalmente, para as comarcas do Deza, Tabeirós e Caldas destínanse 640 sinais.
O Concello de Redondela vén de adquirir un piano de cola, para o que destinou un investimento de 38.000 euros, motivo polo vén de poñer en marcha a iniciativa nomeada ‘Semana do Piano’. O instrumento musical é o primeiro destas características no Concello, e que desde o goberno local consideran “imprescindible” para a celebración de moitos actos culturais e educativos. A organización corre a cargo do Conservatorio Municipal en colaboración co Concello.
A Semana do Piano arrancaba o luns coa presentación no Conservatorio de Música, ‘Víctor Ureña’, onde se celebrou un concerto dos profesores acompañando aos seus alumnos. Xa na tarde de hoxe, o piano ‘trasladábase á rúa’ para achegar este instrumento a todos os veciños e veciñas. Así na Praza da Constitución de Redondela, tiña lugar ás 18 horas, unha sesión de ‘piano bar’ de balde. Posteriormente, ás 19:15 horas a sesión de piano dirixíase ao público para, segundo o Concello “facilitar que a veciñanza entre en contacto co instrumento, podendo incluso aprender a tocar unhas notas musicais”.
O mércores día 27 de marzo a celebración trasládase ao Conservatorio Municipal, onde a artista redondelana Noemí Salomón ofrecerá unha conferencia aberta a todo o público, na que falará da súa experiencia como artista e tamén como docente de música.
Na xornada do día 28 farase unha doble sesión de piano na rúa. Primeiro será o turno dos máis cativos, xa que ás 10:30 horas está previsto un concerto de cancións infantís no que participarán os escolares da vila.
Na quenda das 12:00 horas, tocaranse as ‘cancións de sempre’, adicadas aos nosos maiores. Participarán nesta actividade as persoas da terceira idade dos centros de día de Redondela.
Para cerrar a semana grande da música en Redondela, haberá un concerto de gala para o que será necesario dispoñer de invitación previa. Neste acto actuarán tamén os artistas redondelanos Noemí Salomón e Alberto Vilas.
O alcalde da vila, Javier Bas, sinalou que é moi importante a celebración desta semana “para poder achegarlle á xente a calidade educativa que hai en torno á materia musical en Redondela”.
A Banda de Música Xuvenil de Xinzo (Ponteareas) celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria o pasado sábado 23 de marzo, no Auditorio do Centro Cultural de Xinzo. Nela aprobáronse, entre outras cuestións, o balance económico do pasado ano 2018 cun importe positivo de 54.000 euros, e o orzamento deste ano 2019 que ascende a 74.200 euros. A boa xestión da Directiva queda reflectida no feito de que todos os puntos da Asemblea, foron aprobados por unanimidade.
No apartado de ingresos de 2018, destacan as achegas da Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e Concello de Ponteareas, que en total suman 29.500 euros. Ademais de 27.000 euros pola realización de diferentes concertos ao longo do pasado ano.
A Tesoureira, Silvia F. Táboas, tamén remarcou que para este ano 2019, os importes máis destacados no orzamento de gastos, “son a partida de 21.350 euros para a Escola de Música, 6.000 euros para as obras de mellora nas instalacións da Asociación situadas no propio Centro Cultural Xinzo, ou 16.000 euros destinados para a compra de instrumentos”.
Con respecto á actividade da Asociación, a Xunta Directiva da Banda de Xinzo, na Asemblea informouse que, neste ano 2019, “daráselle un impulso á Coral Cantares de Xinzo, sen esquecer a continuidade de accións para unha mellor organización e funcionamento da Escola de Música”.
Con respecto á propia Banda de Música Xuvenil de Xinzo, confirmouse a súa volta á ‘competición’ bandística galega, coa participación no XIII Certame Galego de Bandas de Música Populares que se celebrará no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) durante os días 2 e 3 de novembro. Organizarase o XV Festival de Bandas de Xinzo que se celebrará o próximo 5 de maio, e que servirá como estrea absoluta de diversas composicións tradicionais galegas de Antonio Represas García, O Marreco, adaptadas para Banda polo compositor Pedro Lamas. Ademais, está prevista unha viaxe a Málaga entre os días 23 e 28 de xullo, que combinará música e lecer.
O presidente da Banda de Música Xuvenil de Xinzo, Francisco J. Represas Carrera, agradeceu, en nome de toda a Xunta Directiva, “o apoio recibido por todos os socios durante todo este tempo”.
O Grupo de Goberno do Concello de Salceda ven de remitir resposta á proposición de mediación feita dende o Consello Galego das Relacións Laborais, manifestando “a súa vontade a aceptar dita mediación despois do 26 de maio”, día en que se elexirá o novo Goberno Municipal.
No comunicado, asinado polo Alcalde, lembran que tendo presente que dita mediación constitúese e caracterízase como voluntaria, “o Concello manifesta a súa expresa disconformidade co inicio de dito procedemento polo momento no que nos atopamos”, a dous meses dunhas eleccións municipais que determinarán un novo equipo de goberno “que na súa calidade de parte empregadora, terá que sentarse coa representación sindical, sen que sexa lexítimo a dous meses vista de dito proceso iniciar a mediación”.
Lembran tamén dende o Equipo de Goberno que a mediación “terá que ser comandada exclusivamente polo próximo Goberno municipal, sexa cal sexa o grupo político que nese momento conforme dito equipo”, polo que asegura “non entender nin compartir” a intención de que os grupos políticos da oposición participen nun proceso de mediación “que atañe exclusivamente á parte empregada e á parte empregadora”. Esta postura non é ignorada pola representación sindical, “pois xa lle foi manifestada á mesma en diversas oportunidades”, asegura o Concello de Salceda.
Por todo isto, dende o Concello veñen de solicitar “o arquivo do proceso de mediación ata despois do 26 de maio”, manifestando a “absoluta predisposición a iniciar dito proceso unha vez pasadas as eleccións”.
Este martes 26 de marzo a Deputación de Pontevedra abriu o prazo de inscrición dos campamentos polideportivos ‘Príncipe Felipe’. Este programa ofrece a posibilidade de que 300 nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán, participando en actividades de carácter lúdico e deportivo que contribúan ao seu enriquecemento persoal. O campamento incorpora saídas ao medio natural, tiro con arco, actividades acuáticas e obradoiros.
As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o 15 de abril. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da institución provincial a través desta ligazón.
Os campamentos polideportivos están destinados a persoas nacidas entre os anos 2005 e 2012, ambos os dous incluídos, que teñan o seu domicilio habitual na provincia de Pontevedra. O número de prazas ofertadas é de 50 por quenda, é dicir, un total de 300 prazas. O prezo é de 125 euros por nena ou neno, habendo un desconto do 20% para familias numerosas con tres fillos ou fillas e dun 30% para familias numerosas con máis de 3 fillos ou fillas.
As prazas adxudicaranse mediante un sorteo. A súa data e o resultado publicaranse na web e notificaránselles ás e aos participantes seleccionados por mensaxe de móbil ou correo electrónico.
A primeira das quendas comezará o 8 de xullo e alongarase ata o 13 de xullo. A segunda arrancará o 15 e rematará o 20 de xullo; a terceira terá lugar do 22 ao 27 de xullo; a cuarta, do 5 de agosto ao 10 do mesmo mes; a quinta, do 12 ao 17 de agosto, e a sexta do 19 ao 24 de agosto.
O Concello de Mos organiza unha charla dirixida aos pais e nais de cativos menores de seis anos sobre a relación dos seus fillos e fillas coas novas tecnoloxías. A charla correrá a cargo de Alba Alonso Feijoó, da empresa Realkiddys e profesora no CEIP Mestre Martínez Alonso. Terá lugar o vindeiro xoves, día 28 de marzo, ás 19.00 horas no Multiusos das Pozas. A asistencia á mesma é de balde pero require de inscrición previa no teléfono 986 33 94 04 ou a través de correo electrónico en [email protected]
Baixo o título ‘A tecnoloxía na vida dos nosos fillos’, Alba Alonso tratará de expoñerlles aos presentes o que pode supoñer o mal uso das novas tecnoloxías e que este tipo de dispositivos a unha idade tan temperá, menores de 6 anos, non é nada recomendable.
Alba Alonso Feijoó é Doutora en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e Master en ‘Estudos Ingleses Avanzados’. Considérase unha “namorada da educación” e aválalle unha experiencia de máis de 20 anos; primeiro como docente en secundaria e bacharelato, tanto na escola privada como a concertada, para pasar a continuación a exercer como mestra nos niveis de infantil e primaria na escola pública. Na actualidade, as súas enerxías céntranse no proxecto Realkiddys,por unha infancia libre, auténtica e única, onde os estereotipos de xénero non teñen lugar.
É filóloga, mestra en infantil, primaria e lingua inglesa, máster en estudos ingleses avanzados e doutora en filoloxía inglesa coa súa tese Masculinities in English Children’s Literature from a Gender Perspective. Tamén publicou unha serie de contos de colorear baixo o selo Co- loreando/ Co-educando que rompen cos estereotipos de xénero desde diversos campos como as profesións, o entroido, os xoguetes… Conferenciante e formadora en seminarios educativos, colabora habitualmente en diversos medios de comunicación (radio, tv, blogues educativos, revistas dixitais…) e escribe o blogue Realkiddys.
Fundou RealKiddys e foi gañadora do certame de charlas motivacionales Transmitoluegoexisto na universidade de Santiago de Compostela. O seu obxectivo é que ningún pai ou nai eduque sen expectativas e sen etiquetas.
RealKiddys é unha plataforma que pretende ser o punto de encontro dun movemento social que busca superar o sexismo na educación e a diferenciación social entre nenos e nenas. Na actualidade, as súas enerxías céntranse no proxecto Realkiddys por unha infancia libre, auténtica e única, onde os estereotipos de xénero non teñen lugar. Nai de dous nenos, non só soña cun cambio no sistema educativo, senón que traballa por facelo posible. Isto levoulle a participar tamén en eventos relacionados co desenvolvemento da creatividade e o emprendemento na infancia. En setembro de 2015 foi relator en TEDxGalicia, onde compartiu a súa filosofía Realkiddys, na cal cada nena e cada neno é único, diferente e especial.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado polo alcalde da Cañiza, Miguel Domínguez, analizou esta mañá, invitado por veciños e comerciantes, a reforma da rúa Vilanova, na PO-406 que permitiu aportar humanización a este entorno.
Na visita, o delegado estivo acompañado polo xefe territorial de Infraestruturas de Pontevedra, José Luis Díez, o xefe da Axencia de Infraestruturas de Pontevedra, Fausto Núñez e responsables da empresa adxudicataria das obras.
As obras executadas entre os puntos quilométricos 0+170 e 0+340 da PO-406, na rúa Vilanova, permitiron redimensionar as beirarrúas, dotándoas de accesos a pasos de peóns existentes. Tamén se modificou a rotonda do Xamón, que se atopa na zona inicial do ámbito de actuación, redistribuíndo de xeito máis áxil o tráfico, sobre todo, para vehículos pesados, modificando o seu diámetro e ubicación.
En concreto, se actuou sobre catro accesos de dous pasos de peóns e se levou a cabo unha restitución do firme en toda a sección da rúa, o que permitiu reordenar os carrís centrais de espera existentes ao longo do trazado de dita rúa, executándose novos carrís centrais, reordenando a zona de aparcadoiros e os sentidos únicos das rúas que desembocan nesta vía.
O orzamento destes traballos roldou os 40.000 euros, destacando veciños e comerciantes a súa satisfacción pola mellora desta estrada, que facilita a accesibilidade á mesma e dinamiza esta área do centro da vila.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.