12.4 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasACiP presenta os primeiros once compoñentes da súa lista ás municipais

    ACiP presenta os primeiros once compoñentes da súa lista ás municipais

    Logo da presentación de Juan Carlos González Carrera como candidato á alcaldía de Ponteareas por ACiP, a formación independente deu a coñecer hoxe o que, coloquialmente chámase ‘a lista de maioría absoluta’ é dicir, no caso de Ponteareas cunha corporación composta por 21 concelleiros e concelleiras, os once primeiros postos da lista. Amais de González Carrera, na lista figuran Raquel Bautista, Jose Luis Rodríguez, Pablo Araujo, Ana Lorenzo, Manuel Gregores, José Luis Núñez, Montserrat González, José Fernández, Raquel Cabaleiro e Marcos Misa.

    Segundo Alternativa Ciudadana de Ponteareas, a lista a veteranía dalgúns membros que repiten, coa xuventude e inquedanzas das novas incorporacións que, de calquera xeito, asegura ACiP “cremos que aportan coñecementos dabondo para asumir os cargos para os que se postulan”.

    Para González Carrera este equipo busca, ante todo “dar solucións aos problemas de todos os ponteareáns, dende os máis cativos ata os nosos maiores; os grandes esquecidos no actual goberno municipal da vila”.

    Para o candidato á alcaldía por ACiP, o obxectivo “é o devolver a Ponteareas ao lugar de referencia que sempre ocupou” para o que, no caso de acadar o Goberno, aplicaranse “unha serie de medidas e políticas que fomenten o crecemento real do concello”.

    ACiP chega as eleccións municipais de 2019 co convencemento de que “se poden cambiar as cousas” e de que existe “un xeito moito mellor de facer política para todos, e non só para uns poucos, como acontecía ata o de agora”.

    Aos lemas empregados nestes últimos tempos –#seguimospretodeti, #24motivos24parroquias– agora engade ACiP dous máis “Tamén depende de ti e Sempre Ponteareas” que buscan ser un chamamento a cidadanía “para reverter a situación actual e como recoñecemento a integridade da vila, sen distincións entre persoas, colectivos ou parroquias”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS