15.9 C
Pontevedra
Sábado, 23 de Setembro de 2023
Máis
    HomeLouriñaO PorriñoA alcaldía do Porriño denuncia "intereses partidistas" na convocatoria de concentración da...

    A alcaldía do Porriño denuncia “intereses partidistas” na convocatoria de concentración da plataforma antilindano

    A convocatoria realizada pola denominada Plataforma Antilindano que fai “un chamamento urxente” a todos os porriñeses e porriñesas para “tomar a Praza do Concello” o vindeiro luns, día 1 de abril ás 17:00 foi respondida hoxe dende o Concello do Porriño que, se ben sinala amosar “o máximo respeto ao dereito dos veciños a manifestarse” afirma que “a citada Plataforma que chama a tomar a Praza do Concello, está dirixida por personas con intereses partidistas que están a xenerar movilizacions para buscar un rédito electoral suscitando e xogando cos medos dos veciños”.

    Na súa convocatoria, a Plataforma aseguraba, textualmente que “quen ten que protexernos estase a rir de nós, tanto da xente que vive na Pereira-Contrasto, como do resto da veciñanza” lamentando que o Concello “nin se molestara en implantar un protocolo de movemento de terras, tan doado era facelo como guiarse polos doutras cidades”. A plataforma ten tamén duras críticas á Xunta de Galicia á que acusa de dar explicacións “cando lle peta a través dos medios de comunicación sobre un suposto plan de descontaminación que nunca chega e a creación de comités e comisións que son un misterio”. 

    Pola súa banda, o Concello “nega taxativamente que se fixeran obras sen control ou que permitiese que terras con lindano se espallasen de calquera xeito”. Polo contrario, asegura o Goberno local do Porriño, o Concello “axustouse ós protocolos de seguridade requeridos”.

    O executivo que preside Eva García de la Torre considera as acusacións “radicalmente falsas e ademáis calumniosas” e sinala que “on se pode acusar a este Concello e a esta alcaldesa de estar a rirse dos veciños cando cumplimos coas exisencias que nos teñen requerido. Este Concello segue solicitando á Xunta de Galicia que acometa o plan de descontaminación do lindano como vimos de pedir novamente á Consellería de Medio Ambiente”.

    En todo caso, a Alcaldía do Porriño “á vista da gravidade das acusacions verquidas”, adianta que “valorará o exercicio das accions xurídicas precisas para defenderse de semellantes inxurias”.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS