14.8 C
Pontevedra
Venres, 31 de Marzo de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela celebra a 'Semana do Piano'

    Redondela celebra a ‘Semana do Piano’

    O Concello de Redondela vén de adquirir un piano de cola, para o que destinou un investimento de 38.000 euros, motivo polo vén de poñer en marcha a iniciativa nomeada ‘Semana do Piano’. O instrumento musical é o primeiro destas características no Concello, e que desde o goberno local consideran “imprescindible” para a celebración de moitos actos culturais e educativos. A organización corre a cargo do Conservatorio Municipal en colaboración co Concello.

    A Semana do Piano arrancaba o luns coa presentación no Conservatorio de Música, ‘Víctor Ureña’, onde se celebrou un concerto dos profesores acompañando aos seus alumnos. Xa na tarde de hoxe, o piano ‘trasladábase á rúa’ para achegar este instrumento a todos os veciños e veciñas. Así na Praza da Constitución de Redondela, tiña lugar ás 18 horas, unha sesión de ‘piano bar’ de balde. Posteriormente, ás 19:15 horas a sesión de piano dirixíase ao público para, segundo o Concello “facilitar que a veciñanza entre en contacto co instrumento, podendo incluso aprender a tocar unhas notas musicais”.

    O mércores día 27 de marzo a celebración trasládase ao Conservatorio Municipal, onde a artista redondelana Noemí Salomón ofrecerá unha conferencia aberta a todo o público, na que falará da súa experiencia como artista e tamén como docente de música.

    Na xornada do día 28 farase unha doble sesión de piano na rúa. Primeiro será o turno dos máis cativos, xa que ás 10:30 horas está previsto un concerto de cancións infantís no que participarán os escolares da vila.

    Na quenda das 12:00 horas, tocaranse as ‘cancións de sempre’, adicadas aos nosos maiores. Participarán nesta actividade as persoas da terceira idade dos centros de día de Redondela.

    Para cerrar a semana grande da música en Redondela, haberá un concerto de gala para o que será necesario dispoñer de invitación previa. Neste acto actuarán tamén os artistas redondelanos Noemí Salomón e Alberto Vilas.

    O alcalde da vila, Javier Bas, sinalou que é moi importante a celebración desta semana “para poder achegarlle á xente a calidade educativa que hai en torno á materia musical en Redondela”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS