23.8 C
Pontevedra
Luns, 25 de Setembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoMondariz BalnearioCésar Gil chama a abrir "un tempo novo" co BNG para revitalizar...

    César Gil chama a abrir “un tempo novo” co BNG para revitalizar Mondariz Balneario

    O candidato do BNG á alcaldía de Mondariz Balneario, César Gil, presentou ante un cento de persoas as principais propostas do proxecto do Bloque para a localidade. Arroupado pola deputada do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil, e pola alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, o candidato destacou “o aval do traballo serio e rigoroso ao servizo da veciñanza que o BNG leva demostrando na vila dende hai décadas, que é fundamental para o cambio político que vivirá Mondariz Balneario dende o 26 de maio”.

    César Gil asegurou contar cun equipo de persoas “coas ideas claras, con experiencia e capacidade para asumir o goberno local.” Segundo indicou o candidato á alcaldía, “temos ganas e ilusión, e co apoio das veciñas e veciños abriremos un tempo novo para revitalizar Mondariz Balneario e convertelo nun concello aberto e transparente, onde todas as persoas sexan tratadas por igual”.

    O candidato do BNG apela a deixar atrás “o desastre e o abandono, e recuperar a ilusión para mirar ao futuro con optimismo”. “Queremos un Mondariz Balneario dinámico, que teña en conta aos nenos e aos maiores, con actividade sociocultural e emprego, con apoio ao comercio e hostalería, con mellores servizos e o noso patrimonio recuperado. En definitiva, traballaremos dende o goberno para pór en marcha iniciativas que rematen coa perda de poboación e fagan que o noso concello medre”, afirmou César Gil.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS