20.6 C
Pontevedra
Sábado, 23 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiPlay Doc converte a Tui en referente internacional no mundo audiovisual

    Play Doc converte a Tui en referente internacional no mundo audiovisual

    Tui acollerá do mércores 3 ao domingo 7 de abril o XV Festival Internacional de Documentais de Tui, Play Doc. Está mañá tivo lugar a presentación oficial do festival a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto a Jacobo Sutil, director de Agadic, Axencia Galega de Industriais Culturais da Xunta de Galicia, Ángel Sánchez, codirector do festival, e Beli Martínez, responsable da programación de cinema galego de Play Doc.

    O alcalde de Tui, Carlos Vázquez, destacou a longa traxectoria dun festival que é exemplo dun traballo feito con orixinalidade, e cun nicho moi claro, que ten lograron converterse nun evento de referencia. Precisamente o Concello ten incrementado este ano o seu investimento no festival pasando dos 18 mil ao 28 mil euros, dun orzamento total de Play Doc que acada aos 100 mil euros.

    Jacobo Sutil, o director da AGADIC, sinalou a Play Doc coma un dos festivais máis destacados de Galicia e España, indicando que dende a Xunta son conscientes da súa importancia. Destacou varios aspectos do festival: a súa especialización no documental, as actividades paralelas cun programa transversas, e a implicación que logra. Pero tamén apuntou que o festival vai máis aló do 3 ao 7 de abril, apuntando por exemplo a súa presenza no CGAI.

    Ángel Sánchez, codirector do festival, fixo fincapé no quince aniversario dun festival atípico que se celebra nunha cidade pequena coma Tui pero que transcende á escena máis próxima sendo referente mundial, nunha aposta que tiveron clara dende o primeiro momento. Este ano detallaba que o festival da un salto cualitativo ao estrear en España as seis películas da sección oficial, e continua coa posta en valor do cinema máis próximo e o diálogo con outras disciplinas. Repasou as tres retrospectivas que vai ofrecer de Bruce Weber, Kidlat Tahimik e Wolf Eckart Bühler, que xunto .

    Beli Martínez, responsable da programación do cinema galego explicou coma nesta edición de 2019 en Panorama Galicia apostaron por películas que están a ter un amplo percorrido en festivais, e destacou o feito de que Play Doc ofrece un espazo de visibilidade deste cine que se fai en Galicia. Así poderemos ver no Play Doc A Typical Morning de Arancha Brandon, Empalaos-Valverde de la Vera de Iria Sanjurjo, Gallo de Antonio Díaz Huerta, Hamada de Eloy Domínguez Serén, Ilha de Alexandre Cancelo, Lucía en la Noche de David Varela, Manoliño Nguema de Antonio Grunfeld, Rexistros, Xeografía de San Sadurniño de Adrián Canoura e What you gonna do when the world´s on fire dirixida por Roberto Minervini coa dirección de fotografía a mans do galego Diego Romero Suárez-Chairo.

    O festival estreará unha nova sección North by Northwest, na que se exhibirán películas procedentes do norte e noroeste peninsular como son a asturiana dirixida por Marcos M.  Merino, In Memorian (la derrota conviene olvidarla), a galega La Estrella Errante obra do realizador ferrolán Alberto Gracia, e última película da directora vasca Maider Oleaga, Muga Deitzen Da Pausoa- Paso al límite.

    Dentro das actividades paralelas están Eppur si muove na que se presentarán os traballos audiovisuais e fotográficos de Iván Nespereira, Tono Arias, Rubén Gasalla e Ariadna Silva. O Seminario da Crítica Cinematográfica, os obradoiros Alquimista do Documental Persoal: A Bólex 16 mm e outras formas de levitación, e Rec&Play, xunto aos concertos de Les Deuxluxes e Adriana Proenza completan a programación do festival.

    A inauguración de Play Doc celebrarase o mércores, 3 de abril, ás 20:30 h no Teatro Municipal.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS