14.8 C
Pontevedra
Venres, 31 de Marzo de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaDaniel Pereira ofrece un concerto de piano en Baiona

    Daniel Pereira ofrece un concerto de piano en Baiona

    Este sábado día 30 de marzo ás 20:00 h na sala de audicións da Escola Municipal de Música de Baiona, terá lugar o concerto do pianista Daniel Pereira, cun recital das mellores bandas sonoras das películas máis destacadas do cine internacional. O concerto está organizado pola Concellería de cultura de Baiona en colaboración coa Escola Municipal de Música de Baiona.

    Daniel Pereira González graduouse cun Doutoramento en Artes Musicais (Universidade de Maryland), un Máster en Música (Universidade de Hartford) e un Diploma de Artista (Universidade Estatal de Nova York), todas en EEUU.

    Formouse en festivais e masterclasses en España, Portugal, Francia, Italia, Bélxica, Suíza, República Checa e EEUU. Foi director artístico dos Festivais de Piano Conde de Gondomar e codirector do Vianden International Festival de Luxemburgo.

    Realizou unha extensa investigación sobre o mundo pianístico nos International Piano Arquives at Maryland en EEUU. Publicou We Can’ t Always Play Waltzes co oboísta americano Bert Lucarelli para a neoiorquina Carl Fischer, e a revista especializada Clavier Companion publicou o seu artigo The Teachings of Cortot.

    É tamén editor do proxecto Notas de Compositor da Universidade Estadual de Minas Gerais en Brasil. Daniel residiu en EEUU durante 14 anos e en Londres, e lanzou un dobre cd con Odradek Records da integral dos Preludios de Alexander Scriabin en novembro de 2018. Daniel foi pianista da Escola Superior de Arte Dramática de Málaga e do Real Conservatorio de Danza Marienma de Madrid, e combina a súa actividade como concertista e conferenciante e é profesor no Conservatorio Profesional de Música de Tui. En 2019 ofrecerá concertos en Latinoamérica coa pianista Andrea González.

    Ao longo do concerto, Daniel Pereira interpretará El Golpe de Scott Joplin; o tema principal de Love Story de Francis Lai; El Diario de Noa (Aaron Zigman); El Piano(Michael Nyman); Los Intocables(Ludovico Einaudi); Amélie(Yann Tiersen); Piratas del Caribe (Hans Zimmer); Carros de Fuego(Vangelis); La Máscara del Zorro (James Horner); Los Siete Magníficos(Elmer Bernstein); La Lista de Schindler(John Williams); Cinema Paradiso(Ennio Morricone); Black Cat, White Cat,Bubamara (canción balcánica popular)

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS