12.8 C
Pontevedra
Domingo, 26 de Marzo de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación estrea nova sinalización para identificar 1.200 quilómetros das súas estradas...

    A Deputación estrea nova sinalización para identificar 1.200 quilómetros das súas estradas provinciais

    A Deputación de Pontevedra está a rematar nestes días a instalación dos novos fitos quilométricos que identificarán por vez primeira uns 1.200 quilómetros da súa rede provincial de estradas. Estes sinais darán información sobre o nome e titularidade da vía, así como do punto polo que se circula, amosando a distancia en quilómetros con respecto ao inicio da estrada, e teñen o obxectivo de servir como referencia de ubicación para persoas usuarias e persoal técnico de mantemento.

    O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que coa nova identificación das vías provinciais cúbrese a sinalización do 70% da rede da Deputación, que ata o momento non tiña ningún tipo de rótulo explicativo. De feito, ata o de agora apenas había indicadores tipo ‘monolito’ co antigo logotipo provincial nas vías da comarca do Salnés e nalgún concello puntual.

    Os novos sinais son placas rectangulares de metal, de deseño atemporal e con certificado de conformidade CE, seguindo o formato que tamén utilizan o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia para o seu viario. Instaláronse a cada quilómetro da vía e aportan datos da denominación oficial da estrada sobre un fondo laranxa: as letras EP –correspondentes ás iniciais de estrada provincial–, e o seu número, cuxas dúas primeiras cifras corresponden ao concello e as dúas seguintes ao número de vía provincial dentro de cada municipio.

    O subministro e instalación dos fitos quilométricos dividiuse en catro lotes que sumaron un orzamento de 370.658,49 euros. O primeiro lote abrangue as comarcas de Pontevedra, Vigo, Condado e Paradanta, con 411 novos fitos colocados; o segundo lote prevé a colocación de 359 sinais nas comarcas de Pontevedra, Morrazo e Caldas de Reis; o terceiro lote supón a instalación de 428 fitos nas comarcas de Vigo, Baixo Miño, Condado, Caldas e O Salnés; e finalmente, para as comarcas do Deza, Tabeirós e Caldas destínanse 640 sinais.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS