8.5 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondarizMondariz acolle un curso oficial de Monitor/a de ocio e tempo libre

    Mondariz acolle un curso oficial de Monitor/a de ocio e tempo libre

    Ata o vindeiro 5 de abril estará aberto o prazo para que, interesados e interesadas, poidan inscribirse no Curso Oficial de Monitor/a de Ocio e Tempo Libre, con título homologado pola Xunta de Galicia e que se desenvolverá as fines de semana do 13 de abril ao 23 de xuño.

    O curso, de 350 horas lectivas (200 teóricas e 150 prácticas) ten un custe de 170 euros, puidendo aboarse de xeito fraccionado. Este custe é máis reducido que outros cursos desenvolvidos noutros lugares, debido a que o Concello de Mondariz, subvenciona parte do mesmo.

    Para poder inscribirse, interesados e interesadas deberán ser maiores de 18 anos e estar en posesión dalgunha destas titulacións: ESO, graduado escolar, FP ou equivalente. O prazo de matrícula remata o cinco de abril. Unha vez realizada a inscrición, abriráse un prazo, entre o 6 e 11 de abril, para facer o primeiro pagamento da matrícula.

    As clases terán lugar os sábados de 9 h a 14 h e de 15:30 h a 20:30 horas e os domingos de 9 h a 14 h entre o 13 de abril e o 23 de xuño. Alumos e alumnas, unha vez rematado o curso, disporán de bolsas de prácticas no Concello.

    Para máis información, interesados e interesadas poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Mondariz, ao teléfono 986 664 306 ou ao enderezo de correo electrónico omix@concellodemondariz.com

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.