11.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoA Mostra de Cultivos do Baixo Miño, de récord

    A Mostra de Cultivos do Baixo Miño, de récord

    A décimo sexta edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño pechou as súas portas cun balance máis que positivo desta nova edición e con cifras de récord, tanto en participación do público profesional coma na asistencia e implicación do público xeral. Nesta edición na que a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (acuBam), organizadora do evento xunto co Concello de Tomiño, apostaba pola profesionalización do sector entendida dun xeito transfronteirizo contou coa participación de 44 empresas, 30 delas expositoras e 14 colaboradoras.


    Ademais, 10 empresas presentaron os seus proxectos de innovación, proxectos cun alto grao tecnolóxico e de investigación; 14 relatores protagonizaron as 7 xornadas técnicas que se organizaron e 20 representantes de empresas, administracións públicas, organizacións sectoriais e centros educativos participaron de xeito activo no workshop sobre oportunidades de formación e emprego no sector no Baixo Miño e norte de Portugal, sentando as bases de colaboracións futuras e debullando os problemas aos que se enfronta o sector e as súas posibles solucións.

    Estas cifras complétanse coa grande acollida do público xeral e a súa participación no programa de actividades da Mostra de Cultivos. Así, durante os tres días que durou a feira arredor de 500 persoas pasaron polo taller de plantación organizado no stand do IES Antón Alonso Ríos, a través do que coñeceron os principios básicos do proceso de plantación e se puideron levar para casa a súa propia planta, repartíronse máis de 100 botes de mostra de caldo de ortigas para combater pragas agrícolas de uso doméstico e fixéronse 300 litros de compost no stand de compostaxe do Concello de Tomiño.

    Ademais, cos dous talleres de cociña do último día da Mostra degustáronse 300 pratos de comida elaborados a partir de produtos agroalimentarios locais e repartíronse 400 receitarios nos que se incluía a súa elaboración. Por outro lado, no stand de Kiwi Atlántico probáronse 20 quilos de xeado de kiwi, un produto innovador no mercado. E máis de 100 nenos e nenas desfrutaron das actividades lúdicas preparadas para a xornada do domingo por Corazón de Carballo.

    Uns números que amosan o crecemento paulatino da Mostra de Cultivos, que se está a converter na gran feira de referencia do sector agro en Galicia. “Estamos moi satisfeitos cos resultados obtidos, aínda que non conformes. Sabemos que queda moito camiño por diante e que temos que seguir traballando para mellorar as cousas. E un dos obxectivos primordiais debe ser conseguir inserir persoal cualificado, unha capacidade de captación de talentos que para o noso sector é fundamental. Necesitamos xente cualificada, xente formada e xente con gañas para garantir o relevo xeracional nas nosas empresas”, salientou a presidenta de acuBam, Patricia Rodríguez, quen tamén indicou a necesidade de seguir achegando o sector á sociedade nunha aposta pola súa valorización e contribuíndo así “á xeración de todo un mapa de oportunidades laborais e profesionais no ámbito local”.

    Unha Mostra solidaria
    Dende a organización están moi contentos coa marcha da XVI edición da Mostra, non soamente pola afluencia de público profesional e xeral, senón polos resultados obtidos coa venta ao público realizada no stand da asociación San Xerome Emiliani. O ano pasado a Mostra daba resposta de xeito tímido á demanda reiterada por parte das persoas visitantes que buscaban poder comprar produtos durante o evento e nesta edición ampliaba a venda a toda a fin de semana, na que se poñían a disposición do público produtos doados por empresas participantes na feira.

    O resultado foron 1.300 euros de recadación que irán de xeito íntegro á asociación para a rehabilitación das instalacións nas que esta entidade produce a súa camelia do té. Deste xeito, acuBam reforza a súa responsabilidade social na contorna, fomentando e apoiando as ventas dentro da Mostra pero cun marcado fondo social.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.