14.8 C
Pontevedra
Venres, 31 de Marzo de 2023
Máis
    HomeLouriñaMosMos organiza unha charla sobre "educación dixital saúdable" en menores de 6...

    Mos organiza unha charla sobre “educación dixital saúdable” en menores de 6 anos

    O Concello de Mos organiza unha charla dirixida aos pais e nais de cativos menores de seis anos sobre a relación dos seus fillos e fillas coas novas tecnoloxías. A charla correrá a cargo de Alba Alonso Feijoó, da empresa Realkiddys e profesora no CEIP Mestre Martínez Alonso. Terá lugar o vindeiro xoves, día 28 de marzo, ás 19.00 horas no Multiusos das Pozas. A asistencia á mesma é de balde pero require de inscrición previa no teléfono 986 33 94 04 ou a través de correo electrónico en omix@concellomos.es

    Baixo o título ‘A tecnoloxía na vida dos nosos fillos’, Alba Alonso tratará de expoñerlles aos presentes o que pode supoñer o mal uso das novas tecnoloxías e que este tipo de dispositivos a unha idade tan temperá, menores de 6 anos, non é nada recomendable.

    Alba Alonso Feijoó é Doutora en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Vigo e Master en ‘Estudos Ingleses Avanzados’. Considérase unha “namorada da educación” e aválalle unha experiencia de máis de 20 anos; primeiro como docente en secundaria e bacharelato, tanto na escola privada como a concertada, para pasar a continuación a exercer como mestra nos niveis de infantil e primaria na escola pública. Na actualidade, as súas enerxías céntranse no proxecto Realkiddys,por unha infancia libre, auténtica e única, onde os estereotipos de xénero non teñen lugar.

    É filóloga, mestra en infantil, primaria e lingua inglesa, máster en estudos ingleses avanzados e doutora en filoloxía inglesa coa súa tese Masculinities in English Children’s Literature from a Gender Perspective. Tamén publicou unha serie de contos de colorear baixo o selo Co- loreando/ Co-educando que rompen cos estereotipos de xénero desde diversos campos como as profesións, o entroido, os xoguetes… Conferenciante e formadora en seminarios educativos, colabora habitualmente en diversos medios de comunicación (radio, tv, blogues educativos, revistas dixitais…) e escribe o blogue Realkiddys.

    Fundou RealKiddys e foi gañadora do certame de charlas motivacionales Transmitoluegoexisto na universidade de Santiago de Compostela. O seu obxectivo é que ningún pai ou nai eduque sen expectativas e sen etiquetas.

    RealKiddys é unha plataforma que pretende ser o punto de encontro dun movemento social que busca superar o sexismo na educación e a diferenciación social entre nenos e nenas. Na actualidade, as súas enerxías céntranse no proxecto Realkiddys por unha infancia libre, auténtica e única, onde os estereotipos de xénero non teñen lugar. Nai de dous nenos, non só soña cun cambio no sistema educativo, senón que traballa por facelo posible. Isto levoulle a participar tamén en eventos relacionados co desenvolvemento da creatividade e o emprendemento na infancia. En setembro de 2015 foi relator en TEDxGalicia, onde compartiu a súa filosofía Realkiddys, na cal cada nena e cada neno é único, diferente e especial.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS