7.9 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación abre a inscrición para os campamentos polideportivos 'Príncipe Felipe'

    A Deputación abre a inscrición para os campamentos polideportivos ‘Príncipe Felipe’

    Este martes 26 de marzo a Deputación de Pontevedra abriu o prazo de inscrición dos campamentos polideportivos ‘Príncipe Felipe’. Este programa ofrece a posibilidade de que 300 nenas e nenos gocen do seu tempo libre no verán, participando en actividades de carácter lúdico e deportivo que contribúan ao seu enriquecemento persoal. O campamento incorpora saídas ao medio natural, tiro con arco, actividades acuáticas e obradoiros.

    As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición ata o 15 de abril. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, dispoñible na sede electrónica da institución provincial a través desta ligazón.

    Os campamentos polideportivos están destinados a persoas nacidas entre os anos 2005 e 2012, ambos os dous incluídos, que teñan o seu domicilio habitual na provincia de Pontevedra. O número de prazas ofertadas é de 50 por quenda, é dicir, un total de 300 prazas. O prezo é de 125 euros por nena ou neno, habendo un desconto do 20% para familias numerosas con tres fillos ou fillas e dun 30% para familias numerosas con máis de 3 fillos ou fillas.

    As prazas adxudicaranse mediante un sorteo. A súa data e o resultado publicaranse na web e notificaránselles ás e aos participantes seleccionados por mensaxe de móbil ou correo electrónico.

    A primeira das quendas comezará o 8 de xullo e alongarase ata o 13 de xullo. A segunda arrancará o 15 e rematará o 20 de xullo; a terceira terá lugar do 22 ao 27 de xullo; a cuarta, do 5 de agosto ao 10 do mesmo mes; a quinta, do 12 ao 17 de agosto, e a sexta do 19 ao 24 de agosto.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.