Domingo, 21 Setembro de 2025

Tui contratará, nas vindeiras semanas, aos catro titulados/as do programa ‘O teu primeiro emprego’

0

O Concello de Tui contratará nas próximas semanas aos catro titulados universitarios e de Ciclos superiores ao abeiro do programa da Deputación “O teu primeiro emprego”. Para iso na actualidade estanse a tramitar as bases reguladoras, que rexerán estes procesos selectivos de Guía de turismo, Xornalista, Técnico en Audiovisuais e Enxeñeiro Técnico Forestal, tras a súa aprobación.

Tratarase de contratos en prácticas cunha duración de 6 meses, prorrogables. O obxectivos destas contratacións é o fomento da empregabilidade dos titulados, brindándolles a oportunidade de adquirir experiencia laboral para posteriormente poder incorporarse ao mercado laboral.

Os requisitos a cumprir polos e polas aspirantes serán:

  • Estar inscrito nos Servizos Públicos de Emprego como demandantes de emprego desempregados ou co cartón de mellora de emprego no Código CNO da titulación e ter ámbito de busca de emprego provincial ou Baixo Miño.
  • Estar en posesión da titulación requirida para o posto de traballo a desempeñar.
  • Non ter transcorrido máis de 5 anos desde a terminación dos estudos ou 7 no caso de persoas con discapacidade.
  • Non ter estado contratado/a en prácticas pola mesma ou distinta empresa por tempo superior a 2 anos, coa mesma titulado que a requirida neste proceso selectivo
  • Os méritos a valorar serán os previstos no anexo V, punto 3; das bases do programa de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra “O teu primeiro emprego” publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 92 do 15 de maio de 2019.

Os códigos de ocupación para cada titulación son os seguintes:

  1. Guía de turismo (código nacional de ocupación 58 251.029): Ciclo superior en guía, información e asistencias turísticas.
  2. Xornalista (código nacional de ocupación 29.221.044): Licenciatura / grao en xornalismo.
  3. Técnico en audiovisuais (código nacional de ocupación 3.831.103): Ciclo superior produción audiovisual e espectáculos.
  4. Enxeñeiro técnico forestal (código nacional de ocupación 24.251.011): Enxeñeiro técnico forestal /Grao en enxeñería forestal e do medio ambiente.

As persoas interesadas en participar nestes procesos selectivos deberán inscribirse na Oficina de Emprego no código correspondente a cada titulación.

Salvaterra abre a inscrición para os Cursos/Cata da Festa do Viño do Condado do Tea

Salvaterra de Miño vive, estas datas, inmersa nos preparativos da Festa do Viño do Condado do Tea que, con esta, chega a súa 60 edición. Dentro da programación desta festa, o Concello vén de abrir a inscrición para as catas comentadas que, cada ano, contan cun maior número de seguidores.

As catas comezarán o luns 19 de agosto, cunha cata comentada de Viños Brancos da DO Rías Baixas. O martes 20 a cata comentada estará dirixida aos Viños Brancos das DO Galegas e o curso/cata rematará o mércores 21 de agosto coa cata comentada de Viños Brancos e Tintos da Subzona do Condado do Tea incluída na DO Rías Baixas.

Para participar é preciso inscribirse, xa que as prazas son limitadas, e a inscrición pode facerse a través do teléfono 986 658 126 ou no enderezo de correo electrónico [email protected].

Tui licita os sete proxectos pendentes do Plan Concellos 2017

0

O goberno municipal do Concello de Tui vén de licitar os sete proxectos que estaban pendentes do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra por un importe de 500 mil euros. Estas obras teñen que estar executadas antes do 30 de novembro deste ano, xa que en caso contrario se perderían as achegas da institución provincial.

Durante este primeiro mes e medio de mandato o goberno municipal priorizou a licitación destas obras, que representan a metade dos proxectos presentados no seu día ao Plan Concellos 2017, e agora a súa principal preocupación é cumprir co prazo de remate das obras.

En concreto as obras que se veñen de licitar son

  1. Acondicionamento dos xardíns Troncoso
  2. Ordenación da rotonda de Guillarei
  3. Pavimentación dos viais situados en Bouzabalada e Figueira, en Areas
  4. Pavimentación do vial que une Chans, en Randufe, con Circos, en Pazos de Reis.
  5. Regulación semafórica na intersección das rúas Calzada e Avenida da Concordia
  6. Construción dun muro na nave de Guillarei
  7. Reforma do Conservatorio de Música.
Ordenación de Gullarei

O goberno municipal no último trimestre deste ano agarda licitar a totalidade das obras do Plan Concello 2018, e a comezos de 2020 licitas as correspondente a este 2019, para ir cumprindo así coas anualidades e prazos de execución previstos.

Outra das prioridades neste momento é a licitación do plan Deporemse, cun orzamento de 500 mil euros, para a urbanización do barrio da Torre en Paramos, que contempla a reposición de servizos.

Dende o Concello presentouse á Deputación un modificado do proxecto inicial para melloralo, estando pendentes de aprobación por parte da institución provincial esa modificación. Unha vez se conte co visto e prace poderase proceder a súa licitación, xa que os pregos están xa redactados.

Nigrán habilita o primeiro espazo de recreo para cans na Ramallosa

0

O Concello de Nigrán ven de habilitar o primeiro espazo específico de esparexemento para cans do municipio atendendo así a solicitude realizada por un grupo de veciños da Ramallosa. Este atópase no parque Carlos Casares (enriba da piscina mancomunada) e ocupa 350 metros cadrados en forma de ‘L’ que están deseñados para que os animais poidan estar soltos sen necesidade de correa.

A superficie, de céspede natural, foi delimitada cun peche perimetral de malla metálica ríxida para garantir que os cans non escapen. Ademais, dotouse a zona de sanecáns para depositar os excrementos e de máis bancos, próximamente o parque será mellorado con elementos de distraccións específicos para este animais.

Un panel informativo recorda as normas de uso, que inclúen a recollida obrigatoria de excrementos ou que estexa sempre vixiado polo seu dono. O parque foi realizado por operarios municipais e requiriu de moi pouca intervención, xa que o Concello optou por reconvertir esta zona de xardín infrautilizada neste novo uso.

“Trátase dunha zona moi urbana onde había demanda por parte dos veciños dun espazo específico para cans”, explica o alcalde

As augas da praia de Cesantes, perfectamente aptas para o baño

0

Os análises realizados no día de onte pola consellería de Sanidade e remitidos ao concello ás 16 horas da tarde de hoxe, indican que a praia de Cesantes é totalmente apta para o baño ao dar uns niveis de Escherichia coli moi por debaixo do límite recomendado.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, explicou a Comarcas na Rede que os análises que orixinaron a suspensión da Travesía a Nado de San Simón, foron realizados o día 7 e o Concello tivo acceso aos resultados o día 9 ás 16 horas.

“De inmediato colocouse a bandeira vermella na praia de Cesantes, desaconsellando o baño”, explica a alcaldesa de Redondela e “como medida de precaución tomamos a decisión de suspender a Travesía a Nado de San Simón”.

O día 9, a Sanidade realizaba novas analíticas nas que se deixaba constancia que os niveis de Escherichia Coli e enterococos intestinais estaban por debaixo dos límites máximos permitidos e que, polo tanto, as augas voltaban a ser perfectamente aptas para o baño.

A dita analítica, o Concello tivo acceso ás 16 horas de hoxe, “aínda que, como se pode comprobar, as augas dende a tarde de onte, eran aptas para o baño”.

O límite máximo permitido de Escherichia coli é de 1000 uf/100ml e de 600 ufc/100ml de enterococos intestinales. Nestes momentos, segundo os datos aportados por Sanidade, a praia de Cesantes, en todas as súas zonas, está por debaixo destes niveis.

Pola súa banda, a Concellería de Medio Ambiente, que xestiona Roberto Villa, sinalou que dende ese departamento, conxuntamente có resto das áreas do goberno afectadas e as demais Administracións competentes, “vaise a levar a cabo unha investigación para identificar as causas que provocaron a contaminación da auga e adoptar as medidas necesarias para evitar que no futuro se volvan a producir situacións como a vivida nestes días”.

Redondela pon en marcha o programa de dinamización ‘Vive agosto na praia’

0

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asistía esta semana á posta en marcha do programa de dinamización nas praias que, baixo o nome xenérico de “Vive agosto na praia” busca ofrecer á veciñanza actividades diversas “para todos os públicos e todas as idades” a desenvolver nos areais de Cesantes e Chapela.

Trátase, segundo explicou a rexedora local, de ofrecer a veciños e veciñas actividades lúdicas “coas que rematar unha xornada de praia” cando o calor xa comeza a diminuír, momento no que “as nosas praias ofrecen un marco idóneo para o desenvolvemento de calquera actividade”.

“Vive agosto na praia” é un programa pensado, fundamentalmente, para a veciñanza de Redondela “de aí que para a súa celebración collamos dous días de semana e non as fines de semana cunha masiva afluencia de público, non só de Redondela, senón doutros municipios da zona que buscan gozar dunhas praias privilexiadas como as nosas”.

As actividades están deseñadas para adaptarse a todos os gustos e todas as idades “de xeito que ninguén quede excluído de poder participar” e se desenvolverán, todas as semanas deste mes de agosto, nas praias de Cesantes e Chapela de 19 h a 20 horas

Este programa, polo tanto, cumpre o dobre obxectivo de “ofrecer actividades de lecer para as veciñas e veciños e, ao mesmo tempo, poñer en valor o noso patrimonio natural, neste caso, as nosas praias”, conclúe Digna Rivas.

Catro persoas incorpóranse ao cadro de persoal de Tomiño ao abeiro do programa ‘O teu primeiro emprego’

0

Catro novas persoas incorporaranse nas vindeiras semanas ao cadro de traballadores do Concello de Tomiño, a través do programa da Deputación Provincial, ‘O teu primeiro emprego’. As persoas escollidas a través do respectivo proceso de selección de persoal, prestarán servizos na modalidade de prácticas, nos departamentos municipais.

Máis polo miúdo, as persoas seleccionadas desenvolverán o seu labor en Benestar Social (titulada/o universitaria en traballo social); Servizos Administrativos (titulada/o en Administración e Finanzas); Medio Ambiente (titulada/o universitaria en Ciencias Ambientais) e Urbanismo (titulada/o universitaria en Arquitectura).

As persoas candidatas foron convocadas a través da Oficina de Emprego, pasando logo por un proceso selectivo de valoración de méritos. Os candidatos que non obteñan a praza neste proceso, pasarán a integrar unha lista de substitución por orde de puntuación en caso de producirse a renuncia da persoa seleccionada.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, explica que o Concello solicitou catro persoas, que foron concedidas pola Deputación, “co fin de reforzar o traballo de áreas consideradas estratéxicas na labor municipal”.

Ademais de beneficiar a catro persoas que se inician na súa vida profesional, engadiu a alcaldesa de Tomiño, “esta medida de emprego permitirá desenvolver con maior eficacia os programas de intervención deseñados polo equipo de Goberno”.

Ángeles Vázquez e Nidia Arévalo avanzan na próxima adhesión de Mos ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía

0

O Concello de Mos sumarase proximamente ao Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, unha iniciativa impulsada hai máis dunha década a nivel europeo para implicar tamén ás administracións locais na loita contra o cambio climático. Este foi un dos principais asuntos que abordaron a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, durante a reunión de traballo que mantiveron na mañá do venres 9 de agosto.

Neste sentido, a conselleira felicitou ao Concello pola decisión de sumarse a unha iniciativa que desde finais de 2017 a Xunta coordina y lidera en Galicia e que nestes momentos xa conta co apoio de 121 municipios galegos e doutros 22 que están aínda en trámite de adhesión. Pola súa parte, a rexedora aproveitou a xuntanza para interesarse polos pasos que deberá seguir agora o municipio de cara a oficializar a súa incorporación ao pacto e agradeceu o labor de apoio e asesoramento que brinda neste sentido a Consellería á hora de animar ás entidades locais a participar.

Así mesmo, Ángeles Vázquez e Nidia Arévalo tamén abordaron outros asuntos de interese para o Concello de Mos relacionados con áreas de competencia da Consellería. Concretamente, a alcaldesa trasladoulle que o seu equipo traballa en varios proxectos para a creación de sendas peonís e a mellora e acondicionamento dalgún paseo xa existente, así como nunha iniciativa para a posta en marcha dun centro de interpretación de natureza e ecoloxía de carácter multifuncional, que podería acoller distintos tipos de actividades e cursos de temática verde e medioambiental.

Ademais, tamén falaron sobre a xestión dos residuos urbanos en Mos e concretamente, do proxecto municipal para instalar un composteiro que recolla e trate os residuos orgánicos do municipio.

A conselleira, pola súa parte, escoitou con interese as propostas e iniciativas que está a impulsar o Concello de Mos nas áreas da súa competencia e comprometeuse coa alcaldesa a analizar as posibles vías de colaboración que ten o seu departamento para poder apoiar ao municipio nalgunha delas.

A Porta das Trabancas no sistema amurallado tudense

Abrimos hoxe esta sección acollidos á xenerosidade da Comarcas na rede para ofrecer periodicamente a todos os lectores deste diario dixital algunha noticia, novidade, historia ou curiosidade da cidade de Tui e da súa contorna.

A vella acrópoles tudense posúe unha alongada historia que reclama sempre a nosa atención pois nunha continuidade histórica ben documentada, alo menos dende os tempos da invasión romana da antiga Galleciae, ofrece nas súas rúas e calellas un percorrido polas vicisitudes históricas de Galicia que neste territorio fronteirizo agroman con especial forza.

Un dos principais monumentos que podemos contemplar, no noso paseo pola cidade, é o sistema amurallado que dende 1170 por orde do rei Fernando II delimita a cidade histórica. En diversos lugares do percorrido que realicemos por Tui podemos ollar os diversos tramos deste amurallamento, que posúe tren principais etapas: a muralla medieval, a falsa braga edificada nos finais de Idade Media e sistema fortificado dos séculos XVII e XVIII que corresponde especialmente coa época das guerras con Portugal e que ampliou a superficie amurallada abranguendo novos arrabaldes no Norte e Leste.

A muralla medieval protexe unha superficie de 70.000 m2 e está conformada por once torres ou baluarte, catro portas principais e tres portas secundarias ou poxigos. Actualmente se conservan importante tramos, coas súas torres, na zona norte (especialmente unha parte que conforma o peche da horta do Convento das Clarisas, visible parcialmente dende a rúa Bispo Lago).

Outro importante treito na zona Oeste, especialmente na zona do actual patio do Colexio da Milagrosa e parcialmente visible dende a rúa Ordoñez e a súa confluencia coa Corredeira.

Son amplas superficies que pasan practicamente desapercibidas para a maioría dos visitantes e mesmo dos tudenses. Normalmente se identifica como un tramo da muralla medieval o muro de peche da horta do Convento das Clarisas na rúa Ordoñez, aínda que na súa actual configuración non corresponde cunha factura medieval senón a unha reconstrución posterior.

Das catro portas da muralla unicamente conservamos algúns restos materiais na Porta da Pía, onde podemos ollar aínda os gonzos ou bisagras da porta e do seu rastrillo. Esta porta comunicaba cos arrabaldes de A Corredeira e Rio Muiños e era por onde chegaba a Tui o camiño real de Baiona. A súa denominación proven da existencia no seu entorno dunha gran pía, relacionada posiblemente coas funcións rituais da Sinagoga que estaba edificada naquel lugar.

As outras portas eran a Porta dos Ferreiros, na zona sur, que comunicaba co arrabalde de Freanjo, o camiño da barca a Valença e o camiño cara á Guarda. O seu nome derivaba da localización inmediata do gremio dos ferreiros, no último tramo da rúa Real (hoxe Lorenzo Cuenca).

A Porta Vergán ou Bergán, estaba no inicio da actual rúa San Telmo, e comunicaba co arrabalde do Rollo e o camiño real a Porriño. Finalmente estaba a porta do Arco, na parte baixa da cidade, comunicaba cos barrios de San Domingos e San Bartolomeu e o camiño real a Salvaterra.

Xunto a estas portas había tres pequenos accesos, ou portas secundarias, ben documentados en época medieval. Serían a porta do Pexigo (xunto a praza do mesmo nome lamentablemente perdido no rueiro, hoxe chamada Praza da Estrela) tamén denominada porta da Ribeira pois era o acceso á ribeira do Miño. Esta porta se conserva parcialmente na actualidade dentro dunha propiedade privada. Estaba logo a porta do Canto, na rúa do mesmo nome (no actual inicio da rúa Sanz no Colexio da Milagrosa) e finalmente a “Porta das Trabancas”, que se conserva semisoterrada no muro da horta do Convento das Clarisas (na zona do Cantón de Diomedes) cunha estrutura rematada cun arco de medio punto. Debe o seu nome, segundo informa Ernesto Iglesias Alemida, á inmediata torre homónima identificada gracias a un documento do século XVI. Con similar nomenclatura existe unha porta na muralla de Pontevedra. Esta porta daba acceso á zona da Corredeira.

A súa conservación débese a súa integración no ámbito do mosteiro das “Encerradas” tudenses. A orixe deste convento está en 1508 cando un grupo de dez mulleres fundan un beaterio para vivir a súa vocación relixiosa, no ano 1544 o bispo Miguel Muñoz dóalles á antiga igrexa de Santa María da Oliveira e os terreos contiguos para edificar o seu mosteiro. En tempos posteriores esta porta ao integrarse no complexo conventual quedará sen uso sendo tapiada ata a actualidade. Nas últimas décadas do século XIX os terreos onde se atopa esta porta como integrantes da falsa braga defensiva da cidade foron postos á venda, en poxa pública, polo Estado, pasando boa parte deles a propiedade privada. Esta porta agardamos mereza no futuro unha intervención arqueolóxica que a documente e a restaure.

Esta “Porta das trabancas”, hoxe oculta á nosa visión, da pois nome a esta sección na que en vindeiros días iremos recollendo outros lugares, espazos, costumes, tradicións, etc que normalmente pasan desapercibidas pero que conforman o noso patrimonio material e inmaterial. Hoxe quixemos lembrar como as murallas medievais seguen presentes, aínda que sen gran relevancia, na vida diaria dos tudenses e visitantes, reclamando para elas unha axeitada posta en valor.

A celebración, nos primeiros meses do vindeiro ano, do 850 aniversario da presenza do rei Fernando II en Tui, cando acorda conceder á cidade unha carta foral e establece o “traslado” da súa poboación dende as chairas de Santa Eufemia e San Bartolomeu ata o alto do outeiro onde xa se asentaba a cidade, ampliando a súa superficie que ordena amurallar. Esta data de 1170 é un dos momentos fundantes da cidade de Tui, da súa configuración urbana que chega ata os nosos días. Este aniversario reclama unha celebración que contribúa á recuperación da historia tudense e dos seus recursos patrimoniais, entre eles o seu sistema amurallado que Fernando II ordenou levantar.

Como xa teño escrito: A nosa cidade precisa conmemorar este aniversario, pois o xeito como unha cidade lembra a súa historia –coas súas luces e sombras, coas súas grandezas e miserias– reflicte como se percibe a si mesma e, moi especialmente, como quere ser, que proxecto común quere construír (http://tudensia.blogspot.com/2018/10/o-850-aniversario-do-ano-1170-un-fito.html)

¿Fumata gris?

Ha llegado el verano y nuestros políticos cómo han trabajado mucho durante esta legislatura, sí, ésa misma que todavía no ha comenzado. Pero como son trabajadores muy esforzados y han realizado un trabajo arduo durante todo éste tiempo, se han marchado, cómo no podía ser de otra forma, de vacaciones.

Por cierto, por si alguien no lo sabía, en éste país hay un cargo político por cada 115 habitantes, mientras que en un país “pobre” cómo Alemania, hay uno cada 800, por eso, los nuestros se esfuerza mucho por entrar en el poder. ¡Perdón!, quería decir por los ciudadanos (no sé en que estaría pensando).

El caso, es que esos esforzados trabajadores se han cogido sus muy merecidas vacaciones, a excepción de su queridísima majestad que ha tenido que esperar a estar en su palacete de Mallorca para pedirle a nuestros representantes que formen un gobierno, me supongo que el aire de las islas es más limpio que el de Madrid porque, con esos días que habían sacado la limitación de Madrid Central, debió entrar todo el mundo y volvió a subir el nivel de contaminación, porque sino, ya me dirán ustedes, porque hay que esperar a estar fuera de la capital para hacer esas declaraciones, ¿será que en el palacete de Madrid no podía invitar a las 600 personas que si estuvieron en el de Mallorca para la cena de recepción?

Otro que está trabajando sin parar, es el actual presidente en funciones, no deja de visitar asociaciones, sindicatos y por supuesto, al que está en las islas y sin hacer publicidad del Falcón, ¿irá en patinete eléctrico que es más ecológico? Tengo la sensación de que no, pero entre paseíto y paseíto, el tiempo va pasando, sigue ganando en popularidad y tengo que admitir, que el otro día me había equivocado con la fumata blanca, porque ahora da más la sensación, de que se está buscando más la fumata gris que la blanca debido a los augurios de las encuentas, y es que en el fondo, los ciudadanos, cómo diría alguno que conozco, importan un comino, lo único importante es seguir en el poder.

Bueno, lo único importante no, ya que a nosotros nos importante nuestros lectores y por eso seguimos recomendando buena música y en esta semana os proponemos, por un lado, Michael Logozar, un exquisito pianista canadiense, y por otro lado, un fantástico compositor japonés, Kenji Kawai, y su banda sonora para Avalon, una película no demasiado conocida, pero con un Kenji colosal, esperemos que os gusten nuestras recomendaciones para degustar tranquilamente en casa, ya que el fin de semana se presenta más de invierno que de verano.

Michael Logozar

Starlight

2017
https://www.michaellogozar.com/index.html

Michael Logozar es un fantástico pianista de origen canadiense, un hombre, que ya hemos disfrutar de sus composiciones en otras ocasiones.

“Starlight” representa su séptimo trabajo en su carrera, un disco que además fue nominado por la Whisperings Solo Radio cómo disco del año.

Estamos ante un trabajo dividido en catorce piezas donde el piano es el auténtico protagonista, un disco de esos íntimos del compositor donde nos muestra toda la belleza que nos puede aportar un instrumento tan fantástico como el piano.

Cómo de costumbre, Michael sabe sacar todo el provecho de la dulzura, de la belleza, de la capacidad para transmitir que tiene éste instrumentos y éste trabajo es una buena muestra de ello.


Kenji Kawai

Avalon

2001

Kenji Kawai es un fantástico compositor japonés especializado en música para películas y anuncios y un gran desconocido en nuestro país, salvo por aquellos seguidores de las películas anime para las cuales ha producido numerosas bandas sonoras.

“Avalon” es una película de ciencia ficción del año 2001, una coproducción polaco-japonesa dirigida por Oshii y fue un fracaso en taquilla, pero la música corrió a cargo de Kenji Kawai y es simplemente espectacular.

La composición de la bso está realizada junto a la orquesta Filarmónica de Polonia junto con sus coros y con la cantante soprano de ópera Elzbieta Towarnicka la que aporta unas voces espectaculares a los momentos más intenso del film.

Estamos ante una impresionante banda sonora, con unos coros que por momentos te dejan sin aliento, en una película que pasó sin pensa ni gloria por nuestra pantallas, pero que merece la pena ver para los amantes de la ciencia ficción y sino, para disfrutar de su maravillosa música.

O Concello da Guarda pide a colaboración cidadá para respectar o patrimonio do Monte Santa Trega

0

O Concello da Guarda vén de pedir a colaboración cidadá para que, con motivo das Festas do monte, veciñanza e visitantes “respecten as sinalizacións que delimitan os espazos protexidos dun elemento patrimonial tan importante para a nosa vila como o é o Monte Santa Trega, evitando o uso da zona arqueolóxica para o xantar, de xeito que non se produzan agresións que provoquen danos nas estruturas”.

Como ven sendo habitual desde xa hai uns anos, tanto o domingo do monte como na romaría de Santa Trega do 23 de setembro, o xacemento arqueolóxico delimitase co fin de disuadir aos romeiros e visitantes de comer nesa zona.

Unha ocupación da zona delimitada pode provocar agresións que resulten en danos nas estruturas deste espazo protexido, un dos lugares máis visitados de Galicia e cun valor patrimonial e arqueolóxico único.

A maioría da poboación “é consciente de que o xacemento castrexo do monte Santa Trega é un tesouro para A Guarda e para Galicia, e de que debemos dar unha imaxe acorde coa súa importancia e valor”. Por parte do Concello e do Padroado do monte Santa Trega, engade o Concello guardés, “seguiremos traballando para concienciar a poboación no respecto polo patrimonio, lembrando que é tarefa de todos mantelo en boas condicións”.

“As Festas do Monte e o Monte Santa Trega conviviron ao longo de máis de cen anos, o fan na actualidade e o continuarán facendo sempre que exista un respecto polo noso patrimonio”, conclúe o Goberno local que preside Antonio Lomba.

Unha vintena de mozos e mozas terán contratos en prácticas en ONG’s da provincia

Unha vintena de mozos e mozas traballarán en organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra grazas ao programa de fomento da empregabilidade ‘O Teu Primeiro Emprego’, co que a Deputación de Pontevedra busca facilitar que a mocidade con título universitario ou de FP ‘poida acceder a un primeiro emprego cun contrato en prácticas e, polo tanto, non teña que emigrar como tristemente segue a acontecer coa poboación nova’, como sinalou a súa presidenta, Carmela Silva.

Silva anunciou hoxe a aprobación, en Xunta de Goberno, das 17 entidades colaboradoras seleccionadas (ao programa se presentaran un total de trinta) para participar no programa, así como das bases que rexerán agora as contratacións doutras tantas persoas beneficiarias. As ONG participantes desenvolven a súa actividade en Vigo (6), A Guarda (2), Pontevedra, O Porriño, Ponteareas, Nigrán, Vilagarcía, Redondela, Tomiño, Cangas e Moaña.

Dos 17 contratos previstos, 12 serán para persoas con titulación universitaria e os 5 restantes para persoas tituladas en ciclos superiores de Formación Profesional. No primeiro caso, os perfís que se seleccionarán son de persoas diplomadas ou graduadas en Logopedia, Educación Social, Psicoloxía, Terapia Ocupacional, Fisioterapia e Educación Primaria, mentres que nos ciclos superiores de FP, as prácticas están dirixidas a persoas tituladas en Animación Sociocultural e Turísticas, Administración e Finanzas, Mediación Comunicativa e Integración Social. “As entidades seleccionadas prestan servizos para mellorar a situación das persoas que teñen máis vulnerabilidade”, indicou Silva, quen tamén referiu que as axudas da Deputación neste programa das ONG suman 100.000 euros.

Como lembrou a presidenta, a Deputación de Pontevedra puxo en marcha este ano o plan O Teu Primeiro Emprego, que ven a substituír as bolsas do antigo Plan de Práctica Laboral, por contratos en prácticas con máis garantías e dereitos, e que está estruturado en catro programas independentes: O Teu Primeiro Emprego na Deputación de Pontevedra; O Teu Primeiro Emprego nos Concellos (de menos de 50.000 habitantes); O Teu Primeiro Emprego nas Empresas e Corporacións Sectoriais e O Teu Primeiro Emprego en Organizacións Non Gobernamentais. A presidenta indicou que, no primeiro caso, xa hai 33 contratos, coas prazas xa concedidas e cuxas persoas beneficiarias están a traballar na institución provincial, mentres que o programa nos Concellos os 44 titulados e tituladas están en fase de contratación e os municipios teñen de prazo ata setembro. Por outra banda, no programa coas empresas e corporacións estanse a baremar as máis de 200 solicitudes recibidas.

Nigrán recibe aos dous nenos saharauís que pasan o verán con familias do municipio

0

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu esta mañá aos dous nenos saharauís que están pasando este verán en Nigrán con familias de acollida. Os pequenos chegaron a primeiros de xullo e regresarán aos campamentos de refuxiados de Tindouf (Arxelia) en setembro.

O Concello de Nigrán achegou 2.000 euros ao Programa ‘Vacacións en Paz’ de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui pero comprometeuse a destinar unha partida específica de 3.000 € no vindeiro orzamento.

Durante o encontro González entregoulles unhas mochilas co logo de ‘Nigrán’ e diverso material. Ademais, falou cos cativos, que están a disfrutar moito en Galicia, e agradeceu públicamente o labor das familias que os acollen, recordando que o conflito saharaui é un conflito político ao que a comunidade internacional debe buscar unha solución que a propia ONU establece nun referendum de autodeterminación. “Oxalá algún día deixen de ter que vir porque signifique que xa están na súa casa, nun sáhara libre”, sinalou.

O hóckey rexurde en Ponteareas

Despois dunha década de inactividade, o Hóckey Club Ponteareas rexurde para facer deste deporte algo máis que un entretemento e rememorar así os tempos nos que se practicaba no parque do Tea competindo no Campionato de España.

A directiva do H. C. Ponteareas presentouse nestes días coa intención de captar xogadores e recuperar o histórico equipo para as categorías elite. Apoiados polo concello de Ponteareas, na presentación estivo o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas; a concelleira de Deportes, Nahir Covelo e o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó.

A directiva anunciará nos vindeiros días os primeiros encontros deportivos e horarios do club para comezar con forza os adestramentos no mes de setembro.

Para a tempada 2019/20 a prioridade será a creación das escolas de hóckey de iniciación nos centros escolares do concello e da súa contorna

O principal obxectivo fixado pola directiva é a volta do club ás categorías de elite do hóckey en España tanto na categoría feminina como na masculina.

Conscientes do esforzo que vai implicar, comezarán a traballar polo deporte base e a canteira. Para a tempada 2019/20 a prioridade será a creación das escolas de hóckey de iniciación nos centros escolares do concello e da súa contorna incluíndo o hóckey sobre patíns nos seus programas de actividades extraescolares. A primeira acción para difundir este deporte serán as demostracións nos centros educativos ofrecendo ás familias interesadas un período de iniciación e aprendizaxe para logo organizar competicións entre os centros escolares.

O Club contará con adestradores titulados e ex xogadores con experiencia na formación de xogadores en cada posto específico. Ademais, estará apoiado pola Real Federación Española a traverso do seu programa PROHOCKEY, deseñado por Quim Pauls .

O H.C Ponteareas agarda con ilusión a todos os nenos e nenas que queiran formar parte esta familia e equipo.

Redondela inicia o proceso de actualización da base de datos de colectivos e asociacións

0

A Concellería de Transparencia, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá do Concello de Redondela, que xestiona Susana Couñago, vén de iniciar o proceso de actualización das bases de datos das asociacións e entidades veciñais de cara a ter unha listaxe o máis actualizada posible para que todas as asociacións do concello dispoñan da mesma información e teñan as mesmas oportunidades, por exemplo, para acceder a axudas municipais.

As asociaciós e colectivos deberán remitir os seus datos de contacto, á maior brevidade posible, ao enderezo de correo electrónico [email protected]. O que se require é que se facilite ao Concello unha dirección de correo electrónico que preferiblemente sexa institucional (unha dirección a nome da asociación), e non un enderezo persoal de calquera membro do colectivo, así como un teléfono de contacto.

Nestes momentos a listaxe está incompleta xa que faltan datos de contacto dalgúns colectivos, noutros casos a dirección de correo electrónico e teléfono de contacto non están actualizados e/ou pertencen a unha persoa física, e non da propia entidade, etc.

O actual equipo de Goberno quere facer da Participación Cidadá e da Transparencia os dos piares básicos da súa acción política e para iso é necesario que a comunicación coa veciñanza sexa fluída e de dobre dirección. O Goberno entende que as Asociacións Veciñais de todo tipo (parroquiais, deportivas, culturais, etc.) deben ser as canles de interlocución naturais co Concello.

Doutra banda, a Concellería de Transparencia, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá desenvolverá uns cursos de balde dirixidos a todas as distintas entidades e asociacións de Redondela sobre a Administración Electrónica. Nestes cursos explicarase o funcionamento do certificado dixital (trámites, solicitudes) así como o uso da sede electrónica do Concello de Redondela (manexo da páxina, presentación de escritos, subvencións, etc.).

Os cursos serán impartido nunha xornada cunha duración aproximada de 3 horas, e impartiranse nos venres 16, 23 e 30 de agosto en horario de 10:30 h a 13:00 horas. Todas aquelas entidades ou asociacións que queiran apuntarse deberán enviar un correo electrónico a [email protected] indicando a entidade, teléfono de contacto, e o número de asistentes (ata un máximo de tres persoas por entidade) con indicación do venres de agosto que prefiran asistir.

O PP do Porriño pide ao Goberno local que explique os motivos polos que decidiu poñer fin a ‘Porrigalia’

O PP do Porriño lamenta que o Goberno local “faga oídos xordos ás reclamacións da veciñanza, comerciantes e hostaleiros” e decida poñer fin a Porrigalia, un evento que, sinala o portavoz dos populares Alejandro Lorenzo, “goza de gran recoñecemento e que repercute de maneira moi importante no comercio e a hostalería da vila”.

Lorenzo lembra á alcaldesa, Eva García de la Torre, que este evento “ademais de pensarse como unha alternativa de lecer naceu co obxectivo de revitalizar, dinamizar e promover a economía local”. Obxectivo que cumpriu con creces dende a súa creación no ano 2014, cando O Porriño recibiu a máis de 20.000 asistentes nunha festa na que se implicaron os diferentes sectores da vila: comerciantes, hostaleiros, asociacións, clubes deportivos, centros escolares e a veciñanza en xeral. Xuntos deron forma a un evento que chegaba para quedarse.

“Pese a gozar do apoio popular, Eva García amosouse contraria á súa celebración dende o principio sen dar ningún tipo de explicación”, lamentou Lorenzo. Xa no 2015, o recén estreado Goberno Local decidía non celebrar Porrigalia. Finalmente, e tal e como manifestou a Alcaldesa, o evento tivo continuidade “por petición popular”, asegurando daquela que “o que funciona tense que repetir e consolidar”.

Sorpréndelle polo tanto ao portavoz popular o que cualifica de “incoherencia” por parte da alcaldesa que na campaña electoral do pasado mes de maio declaraba nunha entrevista que Porrigalia “seguiu e seguirá” pois “supuxo unha dinamización nunha época moi larga na que non hai nada”.

“O Goberno Municipal debe ser claro a este respecto e explicar os motivos polos cales deciden poñer fin a este evento”, insistiu Lorenzo pedindo á Alcaldesa e concelleiros que “deixen de excusarse e mentir responsabilizando ao PP das súas decisións”. Como ven sendo habitual, o executivo socialista minte á veciñanza para eludir as súas responsabilidades, alegando que non dispoñen de diñeiro na partida de festas tras terse pagado a débeda pendente aos veciños e veciñas de Cans (en referencia aos 60.000 euros que o Goberno Municipal pretendía retirar da partida destinada ás Comunidades de Augas).

“Unha vez máis intentan manipular aos veciños e faltan á verdade”, concluíu Lorenzo, “Este Goberno Municipal destinou a festexos no orzamento 700.000 euros. Un incremento desmesurado dos 350.000 euros cos que contabamos no noso goberno na mesma partida e cos que asegurabamos sobradamente non só a celebración de Porrigalia, senón de todos os festexos que se celebraban na vila. Se é certo que xa non dispoñen de cartos nesa partida, deberán explicar ás veciñas e veciños do Porriño en que se gastaron eses 700.000 euros no que vai de ano”.

A Guarda establece un dispositivo especial de tráfico para o ‘Día do Monte 2019’

0

A Concellería de Mobilidade e a Concellaría de Tráfico do Concello da Guarda, veñen de poñeren marcha un dispositivo de tráfico para o ‘Día do Monte 2019’, ao mesmo tempo que fai un chamamento á colaboración cidadá “para facer un uso responsábel do coche, tanto na circulación como nos aparcamentos, tendo en conta a dimensión do evento”.

O dispositivo de tráfico habilitado para a ocasión permitirá o paso de vehículos cara o cumio do monte até as 12:00 h, sempre dependendo da intensidade de vehículos.

Doutra banda, habilitaranse dúas grandes áreas de aparcamento unha no Campo de Chans e outra no novo Campo de Chans.

En todo caso, queda prohibido o estacionamento na pista forestal do tramo de San Amaro á zona de Chans en Camposancos, para salvagardar unha posible evacuación así como a baixada de vehículos ao remate da festa.

O Concello da Guarda quere agradecer “a colaboración desinteresada de Protección Civil do Concello do Rosal e da Policía Local do Concello de Tomiño”.

A Deputación da os primeiros pasos para que a Escola de Cantería poida contar con titulacións oficiais

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar o proxecto básico e de execución e realización das obras de adaptación da Escola de Cantería á normativa vixente. Os traballos previstos, que terán unha duración de seis meses, son fundamentais cara a acadar o obxectivo da institución provincial de que a Escola poida impartir titulacións oficiais.

Carmela Silva explicou que “cando licitamos o proxecto xa informei que todos os espazos e instalacións da escola teñen que cumprir coa normativa, que é imprescindible para logo facer diferentes actuacións. E dende logo, para poder poñer en marcha todo o que significa que poida ter titulacións oficiais a Escola, tanto a nivel galego como estatal, é fundamental ter estas obras realizadas. E tamén para poder solicitar licenza, que é un paso vinculante para poder facelo”. Nese senso, a presidenta da Deputación lembrou que o actual Goberno da Deputación herdou a Escola de Cantería sen a licenza de actividade “e iso impide tomar moitas decisións que son fundamentais. Pouco interese tiña o anterior Goberno que en corenta anos nin sequera redactaron un proxecto para poder solicitala, o que amosa unha forte irresponsabilidade”.

Máis polo miúdo, os traballos que realizará a adxudicataria, Civis Global S.L.U. e que están presupostados en máis de 400.000 euros, comprenden distintas actuacións centradas no illamento acústico, na mellora das condicións de accesibilidade e seguridade do centro, así como na instalación eléctrica.

Salceda disporá dun Gabinete de Atención Temperá a partir de setembro

O Concello de Salceda botará a andar a partir do mes de setembro un gabinete de atención temperá para atención á poboación infantil de 0 a 6 anos co obxectivo de dar resposta canto antes ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

Nesta semana, a alcaldesa accidental Verónica Tourón e a Concelleira de Benestar Social, Ángela Ledo, reuníronse coa Concelleira de Benestar Social do Concello de As Neves, Pilar González, para coordinar a posta en marcha do servizo, que se fará nas vindeiras semanas, e que no caso de Salceda terá lugar no Centro Social da Devesa. Verónica Tourón e Ángela Ledo coincidiron en apuntar que “estamos a falar dun servizo esencial nos primeiros anos dos nenos e nenas, xa que dunha boa diagnose pode depender o seu futuro persoal e académico”.

O gabinete contará cun equipo especializado formado por un mínimo de tres integrantes dos campos da psicoloxía, logopedia e fisioterapia

O gabinete contará cun equipo especializado formado por un mínimo de tres integrantes dos campos da psicoloxía, logopedia e fisioterapia, e atenderá tres días da semana en Salceda e dous nas Neves. O servizo está financiado nun 80% pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, para o que ven de conceder unha partida de 15.603,17 € que o equipo de goberno solicitara na anterior lexislatura e que agora bota a andar a través da Concellaría de Benestar Social.

O Concello de Salceda de Caselas amplía así a súa carteira de servizos á infancia. O Gabinete de atención temperá únese ao servizo de pedagoxía e logopedia co que xa conta o Concello dende fai unha década, e que o converte nun dos poucos Concellos de Galicia que ofreza estes dous servizos.

O Concello de Nigrán mantén o concerto de Roi Casal en Chandebrito na segunda edición do ‘Chan de Folk’

0

O Concello de Nigrán mantén este sábado en Chandebrito a segunda edición do festival ‘Chan de Folk’, evento que consta do concerto de Roi Casal ‘Son Galego, Son Cubano’ (21:30 horas) e que nesta ocasión, ante o a nubosidade prevista e ao estar o chan enchoupado, troca a clásica observación posterior das perseidas por unha visita nocturna guidada ao gran petróglifo do Rabete, situado moi preto do lugar.

Chan de Folk conta un ano máis coa financiación da Deputación de Pontevedra a través de Musigal e coa colaboración da Comunidade de Montes e a Asociación de Veciños ‘O Castro’.

A sesión posterior ao concerto non poderá estar adicada esta vez a contemplar as bágoas de San Lourenzo polas condicións atmosféricas e do terreo, pero en previsión de que o tempo mellore esta actividade foi posposta para o venres 16 de agosto e estará dirixida igualmente por guías da Agrupación Astronómica Coruñesa.

A cambio, os asistentes a ChandeFolk poderán coñecer despois do concerto (23:30 horas) o espectacular ‘petróglifo do Rabete’ situado a escasos metros do lugar. Os encargados desta visita guiada serán expertos de Árbore Arqueoloxía, que levarán réplicas de diferentes petróglifos para realizar un obradoiro.

Esta será a ocasión tamén na que o Concello estree as recén adquiridas mochilas vibratorias para que as persoas xordas sintan a música, tendo xa numerosas solicitudes. Co obxectivo de que as poidan experimentar o maior número de persoas posibles e, tendo en conta que é a primeira vez que se empregan en Galicia, distribuirase o tempo de uso entre tódalas solicitudes.

Os interesados en acudir ao festival, de non coñecer o lugar, poden presentarse ás 20:30 horas no Concello de Nigrán en vehículo propio (o campo de fútbol Chandebrito funcionará como aparcadoiro, xa que está pegado á carballeira onde se celebrará o concerto e posterior visita ao petróglifo). Haberá cantina con venda de bebidas e chouripáns.

‘Son galego, Son cubano’ é  considerada unha fermosa homenaxe a Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, onde o escritor residiu 31 anos da súa vida

‘Son galego, Son cubano’ foi presentado no Gran Teatro da Habana no mes de Maio de 2016 con dous memorables concertos. Trátase dun show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous paises, que foi visto en directo por máis de 100.000 espectadores dende a súa posta en escena en Cuba. Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ate o falecemento deste último en novembro de 2015.

A xira é considerada unha fermosa homenaxe ao propio escritor e á emigración galega en Cuba, onde residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das suas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña.

O Goberno de Ponteareas concreta cos portavoces da oposición o cumprimento da súa dedicación retribuída

O concelleiro de Bo Goberno e Transparencia, Roberto Mera, mantivo unha reunión cos portavoces do PP, Belén Villar, e de ACIP, Juan Carlos González, para concretar a forma na que se articulará a súa dedicación retribuída.

Os dous portavoces da oposición desfrutan dunha dedicación parcial cun salario bruto anual de 20.000 euros que os obriga a dedicar ao Concello alomenos o 65 % da xornada, o que se traduce nunhas cinco horas diarias. No anterior mandato a xornada retribuóda da oposición era do 50% e 15.750 euros anuais polo que o aumento do seu salario é dun 30 %. Os portavoces da oposición ademais de gozar dese soldo de 20.000 euros brutos anuais, realizan outras actividades profesionais e laborais privadas.

Mera explicou que “os salarios da oposición foron aprobados para que poidan contar con persoas que acudan ao Concello a diario a facer o seu traballo de control e fiscalización do goberno, consultar expedientes e documentación, facer consultas nos departamentos municipais ou asistir a reunións dos órganos colexiados”.

O edil nacionalista engade que “darlle medios á oposición é fundamental nunha democracia, pero tamén é esencial a transparencia e por iso hai que concretar de que maneira Villar e González van cumprir esa dedicación principal e preferencial de cinco horas diarias ao Concello. Primeiro deben cumprir con esas cinco horas polas que cobran 20.000 euros e fóra desa xornada poden adicarse de forma secundaria aos seus negocios ou traballos, pero non á inversa”.

No encontro, o portavoz de ACIP Juan Carlos González adiantou que terá unha dedicación de 8 a 13 horas, aclarou que a súa dedicación é maior, pois a exerce tamén noutros horarios e solicitou medios materiais para atender as súas funcións. A portavoz do PP, Belén Villar, limitouse a solicitar que se lle informe por escrito para valorar a súa resposta. Mera agradeceu a González Carrera ter concretado a súa dedicación e comprometeuse a estudar e tentar atender as súas peticións de medios.

O Goberno local tacha de “ridículo espantoso” a denuncia de supostas irregularidades no PXOM realizada por Belén Villar

O goberno municipal de Ponteareas lamentou o “ridículo espantoso protagonizado pola portavoz do PP, Belén Villar” ao denunciar unha suposta “grave irregularidade” na tramitación do PXOM argumentando que a aprobación das alegacións veciñais en 2016 debe ser agora revisado de oficio.

Segundo o goberno, “Villar, desde o absoluto descoñecemento xurídico, non sabe distinguir un acto de trámite dun acto que pon fin á vía administrativa. As alegacións aprobadas en 2016 son un acto de trámite que non é recurríbel nin revisábel de oficio. É algo que sabe un estudante de primeiro de Dereito”. O goberno cre que Villar “se equivoca xogando a aprendiz de avogada” e recomenda á portavoz popular que “non siga buscando leis por internet que non sabe interpretar. Mellor faría fiándose dos informes xurídicos emitidos polos funcionarios municipais licenciados en Dereito”. Ademais o goberno aclara que o expediente conta con todos os informes incluido o da Confederación Hidrográfica.

Para o goberno o PP está “desesperado” buscando excusas para non apoiar o PXOM. Primeiro impediron a aprobación cando dependía deles e agora que temos maioría suficiente queren impedilo con falsos motivos legais. Poñen os seus intereses partidistas por diante dos intereses de Ponteareas”.

A Festa do Miño de Tui disporá do material das campañas de igualdade da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Igualdade, estará presente este sábado na Festa do Miño de Tui. O evento, que organiza o Concello, combina deporte, gastronomía e lecer e ten como pezas principais o Descenso Internacional e mailo Descenso Popular do río Miño.

A Festa, que chega á súa novena edición, contará así coa presenza de dous puntos morados de información sobre as violencias machistas e do material institucional das campañas de ‘Lembra, eu decido, ti respectas’, dirixidas tanto a mozos como a mozas. Os puntos estarán abertos na Ribeira de Caldelas de 12:00 a 16:00 horas e na rúa de Compostela, entre as 20:00 e a medianoite.

O obxectivo volver ser concienciar á poboación máis nova da importancia das relacións en igualdade e, para elo, repartiranse elementos explicativos nos que se mostran con claridade os límites ante posibles agresións, facendo fincapé en que son un delito e recalcando a negativa a calquera intento de culpar ás vítimas.

A Festa do Miño está declarada de Interese Turístico de Galicia. O programa deportivo, baixo a dirección do club Kayak Tudense, consiste nunha proba federada de 17 Km e outra popular de 7 Km polo curso do río e ao longo dos concellos de Salvaterra de Miño e Tui. A cada ano aumenta o número de participantes e tamén do público asistente. A maiores celébrase unha romaría popular a partir do mediodía na Ribeira de Caldelas e unha festa gastronómica dende as 20.00 horas, con concerto musical ao seu remate, na rúa de Compostela.

A campaña ‘Eu decido, ti respectas’ comezou o verán pasado en tódolos festivais #RíasBaixasFests, e posteriormente, a institución provincial ofrecéullela aos concellos que a soliciten para todo tipo de eventos multitudinarios.

A enseada de San Simón acolle, este sábado, a ‘VI Travesía a nado San Simón’

0

A enseada de San Simón acollerá, este vindeiro sábado 10 de agosto, unha nova edición da travesía a nado ‘San Simón’, unha proba organizada pola Asociación Deportiva Club Atletismo Redondela que ao longo das cinco anteriores edicións foi quen de consolidarse como unha cita, case que imprescindible, para os amantes da natación en augas abertas.

A travesía a nado, pola súa distancia de 1.500 metros, convoca non soamente a nadadores e nadadoras non profesionais como proba de carácter popular que é, senón que tamén supón unha excelente preparación e ‘test’ para triatletas de recoñecido prestixio nacional e internacional que competirán nas augas da enseada redondelá.

As previsións da organización é que se cubra a totalidade das 250 prazas que, por motivos de seguridade, fixou como tope máximo.

Esta proba ten, amais, un marcado carácter solidario xa que por parte dos organizadores 1 € de cada inscrición irá destinado á ONG ‘Da Man’, Organización Galega polo Desenvolvemento.

O concelleiro de Deportes do Concello de Redondela, Nacho González, animou a “todos e todas a participar nesta proba que se disputa nun marco incomparable como o que ofrece a nosa enseada de San Simón”.

O Porriño acolle esta fin de semana o ‘Open Nacional DR19’ de carreiras de drons

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Deportes, colabora na celebración, esta fin de semana, do Open Nacional DR19 de Carreiras de Drons que se desenvolverá na pista de aeromodelismo en Pontellas.

A organización do evento corre a cargo do club local de aeromodelismo Furaventos que deste xeito revalida o seu prestixio a nivel nacional e a súa condición de pioneiros nesta disciplina deportiva.

O Concello porriñes colabora coa achega dunha carpa e de diversos subministros para o desenvolvemento da proba e atención aos participantes.

A previsión do club Furaventos é que a competición reuna ós millores pilotos nacionais de drons como Iván Merino, actual líder do ranking español e Alex Zamora quen acadou o título de campión de España ós dez anos de idade.

As probas comenzarán o sábado a partires das 11 horas coas mangas cronometradas e concluirán o domingo coas eliminatorias e finais e a mediodía coa ceremonia de clausura.

Visita guiada gratuíta á ‘Ruta dos Pasos de Auga’ en Ribadelouro, Tui

0

O Obradoiro de Emprego Percorre Tui deseñou dúas novas rutas no municipio a dos ‘Pasos da Auga’ e a de ‘Porta do río Tripes’ que poñen en valor o patrimonio natural e cultural do municipio e que en parte transcorren polo Camiño de Santiago. Para dalas a coñecer o Concello de Tui organiza dúas visitas guiadas gratuítas, o martes 13 e o xoves 22, a cargo do alumnado da especialidade de Promoción turística local e información ao visitante do obradoiro Percorre Tui.

As dúas ruta teñen dificultade moderada polo que está recomendadas a partir dos 9 anos de idade. É preciso inscrición previa en cada unha deles no teléfono 986 60 38 58 ou no correo [email protected]

A primeira das visitas guiadas á Ruta dos Pasos de Auga realizarase o próximo martes, 13 de agosto, ás 18:30 h, con saída do Centro Cultural de Ribadelouro. Trátase dun percorrido circular cunha distancia aproximada de 8 quilómetros e dificultade moderada con valor patrimonial e natural. A duración estimada é de dúas horas e media.

Este roteiro dos Pasos da Auga é unha das nova rutas establecidas polo obradoiro de emprego Percorre Tui. Transcorre pola parroquia de Ribadelouro tomando o seu nome das construción tradicionais de pedra que cruzan ríos e regatos e que se coñecen precisamente como “Pasos da auga”. No traxecto da rota pásase por lugares coma a ponte de Orbenlle, o lavadoiro e a fonte da Matanza, polas ruínas do muíño de Vides, o paso de Betate que no inverno permite sortear o regato Folón nas crecidas, a mina de Roque construída para o regadío, e que durante a guerra se empregou coma pasadizo. Outro dos puntos por onde pasa a rota é a igrexa parroquial de Santa Columba do século XVIII, de onde parte o vía Crucis, formado por un conxunto de 10 cruces, que remata no Calvario da Magdalena. Tamén parte da ruta transcorre polo un tramo do Camiño Portugués a Santiago.

Cómpre salientar amais que o percorrido conta con gran valor natural formando xa que parte do territorio que percorre forma está integrado no LIC Gándaras de Budiño e na Rede Natura 2000, polo que no percorrido poderanse ver distintas especies coma alisos ou salamandras.

A segunda visita guiada á ruta Porta do río Tripes vaise realizar o xoves, 22 de Agosto, ás 18:30 h partindo da praza de San Fernando. Este roteiro ten por obxectivo unir o centro histórico da cidade co Parque Natural de Monte Aloia. Parte da praza de San Fernando para realizar un percorrido circular de 11 quilómetros. No mesmo percórrese parte da ruta xudía e o conxunto histórico, chega ata a ruta do muíños do río Tripes, formada por 22 muíños, sobe ata o Alto do Coello en Randufe, achégase á vella Ponte Internacional, punto de entrada dos peregrinos dende Portugal a Galicia, e polo Arrabal de Freanxo regresa ata a Catedral.

Tanto o roteiro dos Pasos da Auga do próximo martes 13, coma o da Porta do río Tripes do xoves 22, serán guiados polos alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego.

Curso de iniciación ao debuxo botánico dentro do ciclo «Creando con» do Concello de Tomiño

0

Dentro do ciclo “Creando con” organizado polo Concello de Tomiño a través da Aula-Museo Antonio Fernández, impartirase o vindeiro fin de semana, un curso de iniciación ao debuxo botánico, a cargo da pintora viguesa afincada en Tomiño, Pilar Alonso.

A actividade constará de dúas xornadas consecutivas: unha de traballo de campo (sábado) para aprender a debuxar plantas e flores da beira do Miño con lapis, acuarela, pastel ou calquera outra técnica, e outra de traballo pictórico no estudo da artista “La casita roja”, no barrio tomiñés de Hospital.

O horario estes dous días será de 10.00 a 14.00 horas. As persoas que queiran participar (a partir de 16 anos) terán que apuntarse a través desta ligazon da web do Concello de Tomiño. A día de hoxe aínda quedan prazas.

Pilar Alonso, artista viguesa (afincada en Tomiño), recibiu o premio “Galega destacada 2018” outorgado polo colectivo Diálogos 90 para conmemorar a efeméride do pasamento da pensadora e escritora Concepción Arenal.

Licenciada en Belas Artes, foi becada como pintora no Paular de Segovia, cursou estudos de postgrado en Frankfurt e ao longo da súa carreira expuxo en numerosas galerías de España e Alemania. En 2012 publicou o seu primeiro libro de artista en torno á ‘La Diva’ e en 2016 realizou intervencións en murais de Barcelona, en edificios do Grupo Pereira e dentro do proxecto ‘Vigo, cidade de cor’, e é a autora da medianeira de Fragoso.

Xavier Alcalá, «Cartas ao Cholo»

O ano pasado, Xavier Alcalá publicaba «The making of», unha peculiar novela na que relataba a historia de Alfredo Mosquera, “O Coghomelo”, emigrante galego na Arxentina de mediados de século e na que, paralelamente á narración en si, debullaba o proceso de investigación previo que o levou a desentrañar tan peculiar historia. Naquel proceso tiña un papel moi relevante o xornalista vocacional e amigo persoal do propio Alcalá Antonio Rey Flórez, máis coñecido como O Cholo, que dende a Patagonia fixera un importante traballo de documentación para que tal relato vise a luz.  

Dáse a circunstancia de que a publicación daquel libro veu coincidir co pasamento do Cholo, polo que Alcalá quixo renderlle a súa particular homenaxe sacando á luz este monllo de cartas. Dito isto, convén sinalar que non nos estamos a entremeter na intimidade destes dous homes ou, cando menos, non máis do debido, pois esta correspondencia xa vira a luz a través do xornal “Galicia en el mundo” nos anos 90. De certo, estes textos son artigos xornalísticos redactados a modo de misiva entre ambos protagonistas. Cómpre sinalar que o presente volume recolle as cartas de Xavier Alcalá publicadas entre 1994 e 1996, que a relación epistolar se mantivo ata 2001, e que o propio escritor xa anunciou que se está a preparar un segundo volume con novas cartas/crónica.

Explicado isto, gustaríame determe no contido deste libro. Ao longo das súas crónicas e da súa persoal visión do que está a acontecer na Galicia daquel tempo, Alcalá vaille relatando ao seu amigo algúns dos sucesos máis relevantes da época. Poderiamos considerar a súa lectura, xa que logo, como un exercicio de nostalxia para os que vivimos momentos tan convulsos, ou unha forma de aprendizaxe da nosa pequena historia para os máis novos. Dende este lado do océano, ofrécelle a quen está fóra unha visión global, coas súas virtudes e os seus defectos, deste “Impaís”, como a Alcalá lle gusta chamalo. E tamén novas sobre personaxes coñecidos e amigos comúns, algúns deles mesmo protagonistas daquel tempo.

Pero hai algo aínda máis interesante que, voluntaria ou involuntariamente, agroma entre as liñas destas cartas/crónicas. Xa aclaramos dende o principio que os protagonistas estaban xunguidos por unha amizade de longo percorrido e, ao meu entender, ese sentimento amósase con contundencia en cada un dos textos que compoñen este volume. Referencias persoais, expresións coloquiais, un tratamento moi achegado e unha maneira de contar como a que teriamos cun verdadeiro amigo, enchoupan de cercanía e de complicidade as palabras do autor e denotan un sentimento profundo. Non é doado acadar ese nivel de intimidade nun artigo que sabes que vai ser publicado e lido a ambos lados do océnao, polo que é posible que non estivese moi atinado ao afirmar máis arriba que non nos estamos a entremeter na intimidade destes dous homes. Porque, de certo, percorrendo este libro adentrarémonos de cheo nunha relación ateigada de apertas e de chiscadelas cómplices á beira dun bo viño en calquera taberna de Galicia ou da Patagonia…

Xavier Alcalá

Cartas ao Cholo

 

Medulia Editorial
224 páxinas

A Guarda entrega os últimos Premios da Educación 2019

0

Claudia Gómez Lomba, de 4º da ESO e Olalla Fuentefría Jareño, do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración e Finanzas, ámbalas dúas do IES A Sangriña recibiron do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, os dous últimos Premios de Educación 2019, nun acto que tivo lugar na Casa dos Alonsos, sede do concello guardés.

Os Premios de Educación son outorgados polo Concello da Guarda ao alumnado empadroado no concello e que finaliza os seus estudos de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos de formación profesional cos mellores expedientes académicos.

Estes recoñecementos entréganse co ánimo de incentivar o estudo e reforzar actitudes e hábitos relacionados co traballo, esforzo, participación e convivencia entre os e as persoas mozas o Concello da Guarda.

Pedro Duque recoñece o impacto da automoción en Vigo e a súa area de influencia na visita ao CTAG

A importancia da automoción no desenvolvemento socioeconómico presente e futuro de Vigo e da súa área de influencia foi protagonista esta mañá na visita que xirou o Ministro de Ciencia, Innovación e Universidades, Pedro Duque, acompañado da presidenta da Deputación, Carmela Silva, e doutras autoridades, ás instalacións do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) no Porriño.

O ministro mostrou a súa sorpresa pola innovación e adiantada tecnoloxía dos prototipos e dos novos produtos que se desenvolven no Centro e asistiu con Carmela Silva ás probas dun novo vehículo autónomo.

A presidenta provincial explicou a Duque como a partir da instalación da factoría de Citroen creáronse na cidade de Vigo e na súa comarca moitas empresas auxiliares e relacionadas coa automoción, ata chegar á actualidade “na que somos unha potencia mundial, cunha actividade produtiva enorme ligada ás novas tecnoloxías e á investigación“.

[su_slider source=”media: 4476,4475,4473″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″]

A presidenta provincial puxo en valor a existencia “desta grande área de coñecemento e de talento, vinculado ao sector do automóbil, que nos converte nunha referencia mundial en creación de novos produtos e moi internacionalizados, polo que hai un enorme interese para que esta industria da automoción siga tendo a opcións de maiores desenvolvementos”. Carmela Silva tamén puxo o aceno “nos moitos proxectos e novas inversións tanto tecnolóxicas como de todos os eidos, de gran profesionalización, que xa están a ser pioneiras en Europa”.

Amais da súa visita ás instalacións do CTAG, o Ministro completou a súa axenda en Vigo coa súa presenza a bordo do buque de investigación “Sarmiento de Gamboa” que inicia hoxe unha nova campaña científica, e o percorrido polas instalacións do Centro Oceanográfico de Vigo en Cabo Estai.

Nigrán posibilita que as persoas xordas poidan sentir a música do ‘Chan de Folk’ de Chandebrito

0

O que Nigrán estea a cabeza dos municipios galegos cando se fala de accesibilidade, tanto física como sensitiva, non é froito da sorte ou dunha acción puntual. E froito, por contra, da posta en marcha dende hai catro anos, de continuas iniciativas moi estudadas e pensadas para mellorar a vida cotía das persoas con discapacidade física ou sensorial.

Dentro desa liña, o ‘Chan de Folk’ de Chandebrito, será o escenario perfecto para poñer en marcha unha iniciativa de ‘mochilas vibratorias’, pioneira en Galicia –en España tan só o Concello de Madrid a utilizou no pasado Nadal–, que foi presentada esta mañá no Concello de Nigrán polo alcalde, Juan González e o Roi Casal, ex Milladoiro e artífice do espectáculo ‘Son galego, son cubano’.

Trátase dunhas mochilas que transforman o són que reciben en vibracións que son transmitidas ao usuario ou usuaria, pola propia mochila de tal xeito –como puidemos comprobar na presentación– que as persoas xordas poden seguir e participar activamente nun concerto do que “sinten” as vibracións. O feito de que as mochilas sexan totalmente inalámbricas e de reducidas dimensións, permiten que se poidan colocar na espalda ou no peito e que as persoas que as levan poidan desprazarse, con enteira liberdade, polo recinto.

Roi Casal, que tivo a oportunidade de probar unha destas mochilas, amosouse “sorprendido” polas sensacións que transmitían e asegurou “estar orgulloso” polo feito de que sexa o seu espectáculo ‘Son galego, son cubano’ o elixido para poñer en marcha esta novidosa iniciativa.

O alcalde Juan Gonzalez presenta a novidosa iniciativa das mochilas vibratorias que permitirán que as persoas xordas poidan “sentir” a música

Casal augurou que, dentro duns anos “contar con estas mochilas serán unha medida obrigatoria en concertos e espectáculos, do mesmo xeito que hoxe en día, son obrigatorias outras normas de accesibilidade arquitectónica”.

Pola súa banda, o alcalde Juan González, expresou o seu orgullo de “seguir dando pasos” en materia de accesibilidade tanto física como sensorial dentro do programa “Un Nigrán para todos” que de, con estes novos aparellos “actividades das que as persoas xordas non podían gozar, como os concertos ou espectáculos musicais, sexan tamén accesibles para elas”.

[su_slider source=”media: 4468,4467,4466″ link=”lightbox” height=”400″ centered=”no” autoplay=”8000″]

O concello, explicou o rexedor local, fixo un investimento de 10.000 euros para adquirir estas mochilas que se estrearán este sábado no Festival Chan de Folk de Chandebrito (na carballeira-merendeiro situado ao lado do campo de fútbol da parroquia, ás 21:30 con Roi Casal e o espectáculo ‘Son galego, son cubano’).

As persoas con discapacidade auditiva interesadas en probalas deben solicitar o seu uso enviando un mail a [email protected] (o punto de recollida e entrega será na cantina da propia carballeira, onde deberán deixar o DNI e encher un formulario no que se comprometen a devolvelas en perfecto estado).

Co obxectivo de que poidan experimentar por vez primeira as mochilas vibratorias o maior número de xente posible, o Concello distribuirá o tempo de uso en función da cantidade de solicitudes. Unha intérprete de lingua de signos explicará a cada un o correcto uso do aparato. Estos volverán a estar a disposición dos interesados nos demais eventos organizados dende o Concello de Nigrán nos que a sua presenza facilite a accesibilidade.

Redondela coas bandeiras a media hasta e dous días de loito oficial polo pasamento do exalcalde Amado Ricón

O Concello de Redondela vive hoxe a primeira xornada de loito oficial, das dúas decretadas polo Goberno Local como mostra de condolencia polo pasamento, aos 86 anos de idade, do exalcalde Amado Ricón Virulegio. Durante a xornada de hoxe e a de mañá, as bandeiras da Casa do Concello estarán a media hasta e suspéndense todos os actos oficiais organizados polo concello redondelán.

No día de onte, a Xunta de Goberno local mantiña unha reunión urxente e extraordinaria trala que facían pública unha declaración institucional que reproducimos na súa integridade:

O Concello de Redondela, a proposta dos voceiros dos grupos políticos municipais e reunidos en sesión extraordinaria urxente de Xunta de Goberno Local no día de hoxe, 8 de agosto de 2019, fai pública conxunta e unánimemente a seguinte Declaración Institucional

  1. Ante o falecemento no día de onte de D. Amado Ricón Virulegio, exalcalde do Ilmo. Concello de Redondela, maniféstase o máis sentido pésame e condolencias pola súa perda, en especial aos seus familiares e achegados, pola súa traxectoria e dedicación ao Concello de Redondela
  2. Que por parte dos membros da Xunta de Goberno Local se garde un minuto de silencio en sinal de recoñecemento da figura do exalcalde D. Amado Ricón Virulegio.
  3. Como mostra de condolencia declara dous días de loito oficial, e polo tanto, que con carácter público e oficial se suspendan os días 8 e 9 do presente mes de agosto, todas as actividades organizadas polo concello en calquera das súas áreas, así como a actividade que non sexa a ordinaria do funcionamento dos servizos á cidadanía.
  4. Que ondeen a media hasta as bandeiras do Concello e nos centros oficiais do municipio e colocación dun crespón negro visible na fachada da Casa do Concello, con visibilización da declaración de loito oficial por os medios públicos a disposición do Concello.

Amado Ricón Virulegio, nado en Redondela, a foi alcalde de Redondela polo Partido Popular, entre os anos 1996 e 1999, desbancando da alcaldía, nunha moción de censura, ao socialista Xaime Rei quen voltaría á alcaldía na seguinte cita electoral.

Foi profesor da universidade de New York ata a súa xubilación, en 1992, data na que voltaba a súa terra natal para ser cabeza de lista, polo PP, á alcaldía da súa Redondela natal. Medalla Castelao en 1993, ocupou o sillón presidencial do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais e foi deputado delegado de Cultura da Deputación de Pontevedra.

Ponteareas fará cumprir os horarios dos locais nocturnos para asegurar a convivencia

O concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, manterá esta semana unha reunión cos hostaleiros que son reiteradamente sancionados por incumprimento da normativa de horarios. Mera explicou que “se trata dun grupo moi reducido de locais de ocio nocturno, en concreto dez establecementos, que de maneira continua incumpren os horarios de actividade e terraza”.

O edil aclara que “se trata de incumprimentos graves con establecementos que pechan dúas, tres ou catro horas máis tarde do horario legal causando problemas para a convivencia en Ponteareas” e cita como exemplo un local “na rúa Vidales Tomé, con licenza de cafetaría e horario de peche máximo en sábados ás tres e media da madrugada e que só en 2019 leva recibidas 23 denuncias porque se mantén aberto incluso até as sete ou oito da mañá”.

Mera sinala que os horarios de peche “non son un capricho, veñen establecidos por lei e pretenden asegurar o dereito a descanso da maioría da poboación”. Segundo o concelleiro nacionalista, a maioría dos locais sancionados non respectan o horario de peche, algúns acumulan 40 e 50 denuncias nos últimos dous anos, permiten aos clientes sacar ao exterior a bebida, o que provoca ruidos para o vecindario, acumulación de lixo nas beirarrúas e rúas e que a clientela ocupe a calzada creando riscos para a seguridade vial.

Mera admite que “as sancións non están sendo eficaces porque parece que a algúns lles compensa pagar a sanción e abrir catro horas máis do permitido”. O concelleiro aposta polo entendemento cos titulares das actividades “e que voluntariamente respecten as normas de convivencia. Se continuan vulnerando os dereitos dos demais adoptaremos as medidas necesarias para poñer fin a estes abusos”.

Ao fío deste asunto, Mera amosouse “sorprendido” ante as manifestacións do presidente dos hostaleiros, Isidoro Pino, quen a pasada semana criticou ao Concello por sancionar a locais por incumprir horarios. O concelleiro salientou que “o 95% da hostelaría en Ponteareas respecta as normas de horarios. Non parece moi acertado que o presidente do sector defenda ao 5% que non as cumpre porque os que abren máis do permitido ademais de causar problemas de convivencia, tamén fan competencia desleal aos que si cumpren as normas”.

Pola súa banda, a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, defendeu o apoio do goberno á hostelaría fronte ás críticas de Pino. “Nestes últimos anos a programación cultural e de ocio nas rúas de Ponteareas foi a mellor da súa historia e iso está beneficiando á hostelaría máis ca nunca. Ademais, por vez primeira o Concello achega 30.000 euros ao ano á Federación de Comercio e Hostelaría para que organicen actividades de promoción do sector. Por iso, culpar ao goberno municipal do peche de bares e cafetarías nos últimos anos e vinculalo aos horarios de actividade está fóra de lugar, máxime cando arrastramos unha crise económica desde hai unha década que explica o fracaso de moitos negocios”.

Zona Franca e A Cañiza colaborarán para aumentar a rendibilidade e competitividade do sector empresarial da zona

0

Co fin de ultimar o convenio de colaboración para a realización dun plan estratéxico empresarial para o desenvolvemento económico do Concello da Cañiza, o delegado do Estado para a Zona Franca de Vigo, David Regades e o alcalde da Cañiza, Luis Piña, mantiveron unha xuntanza de traballo na sede da Zona Franca de Bouzas.

A Zona Franca, a través do seu prestixioso servizo de información económico, ARDÁN, realizará un estudo económico que pretende detectar fortalezas e debilidades para establecer políticas adecuadas para aumentar a rendibilidade e competitividade do sector empresarial da zona.
ARDÁN é un dos servizos máis singulares de Zona Franca. É a área encargada de prover ao tecido empresarial galego de estruturas de coñecemento. Ao longo dos seus 26 anos de vida, xeráronse bases de datos, informes e indicadores cuxa utilidade transcende os obxectivos estritamente empresariais para penetrarse mesmo no perímetro de interese dos deseñadores de políticas públicas.

Non é a primeira vez que este servizo de información da Zona Franca realiza este tipo de estudos. Recentemente, presentouse o terceiro Informe Sectorial da Industria e Comercialización de Produtos Pesqueiros, elaborado coa colaboración de CONXEMAR (Asociación Española de Almacenistas, Importadores, Transformadores e Exportadores de Produtos da Pesca e Acuicultura). O documento recolle a realidade do sector en España a través dos datos que o servizo de información empresarial do Consorcio, Ardán, procesou minuciosamente e no que se pon de manifesto a potencialidade do sector.

O Delegado de Zona Franca, David Regades, puxo de manifesto a importancia de contar con datos fiables e ben estruturados, como os que ten Ardán, xa que “son moi útiles tanto para o concello da Cañiza como para as empresas á hora de dispoñer de información detallada e actualizada necesaria sempre á hora de planificar tanto as actuacións e os proxectos, como para extraer conclusións coas que poder deseñar políticas de futuro.”

Pola súa banda, o alcalde da Cañiza, Luis Piña, quixo destacar o grao de compromiso e de colaboración do Delegado da Zona Franca. “Estou convencido que o noso concello está nunha das mellores localizacións do Sur de Galicia cun engadido que é a proximidade co futuro desenvolvemento da PLISAN polo que consideramos moi interesante e necesario este estudo que servirá como guía fundamental para afrontar o futuro e asi lograr o asentamento empresarial coa consecuente creación de postos de traballo” indicou o rexedor.

Digna Rivas, “no prazo dun ano a Policía Local de Redondela terá a plantilla completa”

0

Dende o pasado 15 de xuño, tres policías procedentes da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) realizan o seu período de prácticas en Redondela para, unha vez rematado este –o 15 de agosto– voltar á Academia para superar as probas finais e incorporarse xa definitivamente, dous deles á Policía Local de Redondela e outro á de Soutomaior.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da AGASP, Mónica Castro Pérez, acompañados polo concelleiro de Seguridade de Redondela, Leonardo Cabaleiro, supervisaron a evolución dos tres axentes en prácticas escoitando as súas experiencias e necesidades.

Estes dous axentes, que incorporaranse ao cadro de persoal da Policía Local de Redondela, pertencen á convocatoria de prazas realizada no 2018. En breve, segundo sinalou a alcaldesa Digna Rivas, iniciarase o proceso de cobertura de 9 novas prazas que, logo do seu paso pola Academia Galega de Seguridade Pública, incorporaranse como axentes a todos os efecto “co que, no prazo dun ano, a Policía Local de Redondela contará con 11 novos axentes”, asegurou Rivas.

Unha das principais prioridades do Goberno local, asegurou a rexedora redondelá “é que o municipio teña un cadro de policía local acorde coa importancia de Redondela como cuarto concello da provincia de Pontevedra e que poida garantir a seguridade dos veciños e veciñas e as dos seus bens”.

Nese sentido, Digna Rivas foi clara ao sinalar que as necesidades da Policía Local “non poden ser suplidas coa contratación de Auxiliares que, en ningún caso e así o estipula a lexislación, poden exercer as labores dun policía local ou substituír a estes”.

A alcaldesa de Redondela adiantou que o seu Goberno está pendente da convocatoria de novas subvencións “tanto para vehículos da policía local como o material que precisan para desenvolver o seu traballo con eficacia e en condicións dignas”.

O traballo da policía local, rematou Digna Rivas, “é tan complexo como perigoso, polo que é obriga do Goberno proporcionarlles todos os medios precisos para que poidan desenvolvelo nas mellores condicións”.

Tomiño pon en marcha unha campaña de verán de recollida de obxectos voluminosos

0

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño, que dirixe Ana Belén Casaleiro, vén de por en marcha unha campaña de verán de recollida de voluminosos, co obxectivo de reducir o número de vertedoiros incontrolados que, sobre todo, en verán, proliferan nas proximidades dos colectores de residuos sólidos e de recollida selectiva.

Tras descubrir un aumento de casos, especialmente xunto aos colectores de lixo, a concelleira ve a necesidade de incidir na opinión pública a través dunha campaña específica de carteis, que se distribuirán nos puntos de información municipal (PIM) das parroquias e lugares concorridos, coma os mercados  municipais de Tomiño e Goián; Centro de Saúde, Centro de Día, Concello, etc.

“Con esta acción queremos concienciar á poboación de Tomiño da necesidade de coidar e manter limpo o noso municipio, lembrando que temos un servizo, de balde, que leva anos funcionando moi ben”, explica a concelleira. So é necesario chamar ao Concello (986 622 001) onde se indicarán os días que se fai a recollida de mobles (sofás, camas, cadeiras, etc.), electrodomésticos (lavadoras, frigoríficos, aspiradoras, microondas, secadoras, torradoras, televisores, etc.) e outros enseres voluminosos (colchóns, táboas, etc.).

Carmela Silva comprométese a “redobrar a colaboración” da Deputación coa comandancia da Garda Civil

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, manifestou hoxe o seu compromiso para “redobrar a colaboración” que a institución provincial xa ven mantendo coa Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, tras recibir no Pazo Provincial ao seu novo responsable, o coronel Simón Venzal Contreras.

Neste primeiro encontro, Silva subliñou o papel que desenvolve a Benemérita en todo o Estado e máis concretamente na provincia, “un papel que permite vertebrar o territorio e a defensa dos valores e os dereitos fundamentais das persoas”. Neste senso, destacou a labor da Garda Civil no mantemento do patrimonio e vixilancia do medio ambiente, así como a súa loita contra as violencias machistas, no marco do extenso campo de actuación que ten o instituto armado. “Sempre temos colaborado man con man –indicou a presidenta- pero hai máis espazos onde podemos colaborar”.

Pola súa banda, Simón Venzal afondou tamén nesta “sintonía” entre ambas institucións e na aposta conxunta “para manter unha colaboración estreita para facer, para mellorar e para chegar a todos os recunchos da provincia”. O coronel, que tomou posesión do seu cargo en xullo, cualificou de “excelente” o equipo de gardas e mandos da Comandancia de Pontevedra e subliñou que cos medios persoais con que conta a Benemérita, “creo que se está a prestar un bo servizo na provincia”.

“Oxalá –manifestou– que se puidera ter unha presenza maior, pero temos que ser conscientes das limitacións de presuposto das administracións”. Engadiu que en tempada estival unha das principais preocupacións do instituto armado son os incendios, aínda que “ese traballo de rigor debemos estendelo a case todo o ano, non só ao verán”. “Iso é unha dificultade engadida, con esforzos engadidos, pero o que se está a facer vai nesa liña”, remachou.

Deporte Galego renova o seu apoio á Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Iates de Baiona

0

O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, acaba de asinar co presidente do Monte Real Club de Iates, José Luis Álvarez, o contrato de patrocinio polo que a Xunta achega á entidade un total de 9.000 euros para as actividades da Escola de Vela adaptada para persoas con discapacidade física e psíquica.

Tras a firma do acordo, tanto Lete como Álvarez aseguraron que a accesibilidade e a inclusión deben ser prioridades na práctica deportiva, e é por iso que a  Xunta e o Monte Real unen os seus esforzos para loitar por un deporte «plural, diverso, sen xénero nin idade, para todos e para todas, enriquecedor da sociedade, transmisor de valores, formador, igualador e motor de cambio social”, asegurou Lete Lasa.

“Para conseguir este deporte temos que traballar día a día e unir as nosas forzas todas as administracións públicas, empresas galegas e a sociedade en xeral”, dixo o mandatario galego.

O secretario xeral para ou Deporte @de la Xunta de Galicia cualificó ao Monte Real como “un socio inmellorable”para conseguir estes obxectivos xa que -lembrou-  a eliminación de gran parte das barreiras arquitectónicas do club e a adquisición de barcos adaptados permitiulle converterse, no 2014, no único club náutico español en recibir unha distinción especial da Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) polo seu traballo de integración social.

A Escola de Vela adaptada do MRCYB funciona durante todo o ano natural e leva traballando de maneira ininterrompida desde 2012, sendo a única entidade que realiza un programa destas características en todo o norte de España.

A Guarda incrementa o número de cursos ofertados pola Aula CeMIT

0

A Aula CeMIT da Guarda ven de ampliar a cantidade dos cursos ofertados cunha programación continua de actividades ao longo do ano, tanto para perfís básicos coma avanzados e para todas as idades. Curiosamente, no caso da Guarda, aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia.

A Aula CeMIT da Guarda, emprazada no primeiro andar do Centro Cultural da Guarda, ofrece ademais acceso libre a internet e multitude de cursos entre os que destacan os de Informática básica para nenos e para adultos, mecanografía, procesador de textos, follas de cálculo, redes sociais, manexo de smartphones, entre outros.

Todos aqueles que desexen estar informados sobre a oferta e programación de actividades da Aula CeMIT da Guarda poden contactar a través do enderezo electrónico [email protected] ou chamando ao 986 61 1850.

Sobre a Rede CeMIT

A Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT da Xunta de Galicia, configúrase como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a Sociedade da Información na nosa comunidade e tamén das políticas de goberno en áreas como a empregabilidade, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración.

O concello da Guarda manten a aula CEMIT en funcionamento gracias a un técnico contratado a través da liña 3 do plan concellos da Deputación de Pontevedra, de fomento de emprego. Aínda que a aula de informática está integrada na rede CEMIT, o concello non recibe ningunha subvención da Xunta de Galicia

Conformada por unha serie de aulas públicas de acceso libre e de balde, dotadas de avanzado equipamento informático, audiovisual e multimedia, contan con acceso a Internet e abarcan a totalidade das comarcas de Galicia.

Ponteareas abre a inscrición para o tradicional ‘Concurso de Gaitas do País’

A Concellería de Culturado concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, vén de dar conta da publicación das bases polas que se rexerá o Concurso de Gaitas do País de Ponteareas 2019 que, con esta, acada xa a súa quincuaxésimo segunda edición. É, sen dúbida de ningún tipo, o referente en Galicia no que á música tradicional atinxe xa que, os grupos que participen, deberán estar compostos, exclusivamente, por dúas gaitas, un bombo e un tamboríl.

A inscrición estará aberta ata o día 6 de setembro e todos os grupos de gaitas que toquen con instrumentos tradicionais galegos poderán presentar as solicutudes no rexistro de entrada do concello de Ponteareas ata as 13 horas. As bases poden consultarse na seguinte ligazón da web do concello de Ponteareas.

A LII edición do Concurso de Gaitas do País promove e difunde a música tradicional galega sendo o referente máis antigo de maior recoñecemento de toda Galiza. O número máximo de participantes será de vinte e realizarán unha ruada polo centro urbano antes de comezar o concurso. 

O xurado do LII Concurso de Gaitas do País estará composto, como xa é habitual neste certame e dada a importancia do mesmo, por recoñecidos gaiteiros e personalidades do mundo da gaita e da música tradicional de Galicia que acordarán catro premios dotados de 1.800,00 euros, o primeiro premio; 1.200 € o segundo; 900,00 euros ao grupo que quede en terceira posición e, finalmente, 600 euros ao cuarto clasificado.

Amais, o primeiro clasificado e, polo tanto, gañador deste LII Concurso de Gaitas do País, terá como premio unha gaita de Gaitas Gil e un tamboril de Sanin Percusión doado por Artesanía de Galicia.

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, logo de lembrar que o festival terá lugar o vindeiro 21 de setembro, amosou o seu convencemento que “tras o éxito do ano pasado o público volva gozar dunha cita cos mellores sons da gaita tradicional”.