18.3 C
Pontevedra
Mércores, 16 de Outubro de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaRedondela inicia o proceso de actualización da base de datos de colectivos...

    Redondela inicia o proceso de actualización da base de datos de colectivos e asociacións

    A Concellería de Transparencia, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá do Concello de Redondela, que xestiona Susana Couñago, vén de iniciar o proceso de actualización das bases de datos das asociacións e entidades veciñais de cara a ter unha listaxe o máis actualizada posible para que todas as asociacións do concello dispoñan da mesma información e teñan as mesmas oportunidades, por exemplo, para acceder a axudas municipais.

    As asociaciós e colectivos deberán remitir os seus datos de contacto, á maior brevidade posible, ao enderezo de correo electrónico transparencia@redondela.gal. O que se require é que se facilite ao Concello unha dirección de correo electrónico que preferiblemente sexa institucional (unha dirección a nome da asociación), e non un enderezo persoal de calquera membro do colectivo, así como un teléfono de contacto.

    Nestes momentos a listaxe está incompleta xa que faltan datos de contacto dalgúns colectivos, noutros casos a dirección de correo electrónico e teléfono de contacto non están actualizados e/ou pertencen a unha persoa física, e non da propia entidade, etc.

    O actual equipo de Goberno quere facer da Participación Cidadá e da Transparencia os dos piares básicos da súa acción política e para iso é necesario que a comunicación coa veciñanza sexa fluída e de dobre dirección. O Goberno entende que as Asociacións Veciñais de todo tipo (parroquiais, deportivas, culturais, etc.) deben ser as canles de interlocución naturais co Concello.

    Doutra banda, a Concellería de Transparencia, Novas Tecnoloxías e Participación Cidadá desenvolverá uns cursos de balde dirixidos a todas as distintas entidades e asociacións de Redondela sobre a Administración Electrónica. Nestes cursos explicarase o funcionamento do certificado dixital (trámites, solicitudes) así como o uso da sede electrónica do Concello de Redondela (manexo da páxina, presentación de escritos, subvencións, etc.).

    Os cursos serán impartido nunha xornada cunha duración aproximada de 3 horas, e impartiranse nos venres 16, 23 e 30 de agosto en horario de 10:30 h a 13:00 horas. Todas aquelas entidades ou asociacións que queiran apuntarse deberán enviar un correo electrónico a transparencia@redondela.gal indicando a entidade, teléfono de contacto, e o número de asistentes (ata un máximo de tres persoas por entidade) con indicación do venres de agosto que prefiran asistir.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.