Salvaterra de Miño vive, estas datas, inmersa nos preparativos da Festa do Viño do Condado do Tea que, con esta, chega a súa 60 edición. Dentro da programación desta festa, o Concello vén de abrir a inscrición para as catas comentadas que, cada ano, contan cun maior número de seguidores.
As catas comezarán o luns 19 de agosto, cunha cata comentada de Viños Brancos da DO Rías Baixas. O martes 20 a cata comentada estará dirixida aos Viños Brancos das DO Galegas e o curso/cata rematará o mércores 21 de agosto coa cata comentada de Viños Brancos e Tintos da Subzona do Condado do Tea incluída na DO Rías Baixas.
Para participar é preciso inscribirse, xa que as prazas son limitadas, e a inscrición pode facerse a través do teléfono 986 658 126 ou no enderezo de correo electrónico [email protected].