O parque da Feira Vella de Ponteareas acollerá mañá venres día 20 o Festival Música Rebelde a partir das 19:30 horas. Ao escenario da Feira Vella subirán os grupos Rebeliom do Inframundo, Falperrys e Pauliña.
O rap en galego de Rebeliom do Inframundo, o celtic punk de Falperrys e a mestura de country, folk, blues, pop e soul en galego de Pauliña farán vibrar o parque da Feira Vella cun festival cheo de enerxía e temas reivindicativos.
Un festival no que se mesturan
todo tipo de estilos musicais e ritmos de onte e de hoxe con cancións
protesta que amplificarán as necesidades do pobo sen pelos na lingua
e que todos os públicos poderán gozar totalmente de balde.
O
Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha continúan
ofertando actividades deportivas conxuntas cun novo calendario de
andainas para este outono, no que se inclúen un total de 3 novas
andainas e, como nas edicións anteriores, os percorridos serán en
Galicia e Portugal.
Andaina 1: Senda da Fraga do Barragán (Pazos de Borbén)
Rua circular de 17,3 km, Ruta PR-G de dificultade media e con saída ás 9:00 da explanada da Sangriña. Trátase dunha ruta situada arredor do Río Barragán cun gran interese natural (bosque autóctono), etnográfico (muíños, pontes…) e histórico (restos dun asentamento)
Andaina 2: Nossa Senhora do Minho (Caminha)
Ruta tamén circular 12 km con saídaás 9:00 da explanada da Sangriña
Ruta
iniciada no santuario de Nossa Senhora do Minho, que goza dunha
espectacular vista panorámica de 360º. Dende aí desprazarémonos
ao longo da Serra D’Arga, espazo de gran riqueza natural
pertencente á rede Natura 2000 e que permite contemplar o mar, os
ríos Miño e Lima e diversas vilas e cidades galegas e portuguesas
Andaina 3: Roteiro polos muíños dos ríos do Couso (Gondomar)
Tamén circular de 12 km de dificultade baixa e, ao igual que as anteriores, con saída dende a explanada da Sangriña ás 9 h.
Percorrido
polas beiras dos ríos Matalagartos e Couso que discorre xunto aos
numerosos muíños da zona. A ruta atópase maioritariamente nun
húmido e tupido bosque.
O
prazo de inscrición para as citadas andainas está aberto do 18 de
setembro ata o 30 de setembro, con preferencia para as persoas que se
inscriban ás 3 andainas.
Inscricións
e información na Concellería de Deportes do Concello da Guarda ou a
través do correo electrónico [email protected]
O Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) anunciou hoxe á alcaldesa Eva García que licitará antes de decembro a redacción do proxecto constructivo para suprimir o perigoso paso a nivel existente no centro do Porriño. A solución técnica que se formula é mediante a depresión da rasante da vía férrea, segundo explicou María Luisa Domínguez Gónzalez, directora xeral de Proxectos e Planificación á alcaldesa.
Por esa razón é que ADIF inclúe na licitación do proxecto a realización de sondaxes e estudio xeotécnico para dispoñer dunha valoración axustada do orzamento que terá a obra.
Na reunión de
traballo celebrada este mediodía en Madrid, a alcaldesa porriñesa
estivo acompañada polos deputados pontevedreses Guillermo Meijón e
Olga Alonso.
O Goberno Municipal de Porriño entende que unha vez estea estimado o custe da obra, “a financiación terá que ser compartida polas diferentes administración públicas mediante un futuro convenio que debería ser participado por Estado, Xunta de Galicia, Deputación Provincial e o propio Concello, para asumir de xeito conxunto a financiación ”, segundo manifestou Eva García ao remate da reunión.
“O custe da obra é un dato que terá que determinar o proxecto constructivo que vai licitar o ADIF”, subliñou a alcaldesa do Porriño. Eva García manifestou sentirse “moi contenta de comprobar que por fin hai avances concretos para ver que chegará a materializarse a aspiración de todos os porriñeses”, declarou.
A reunión de hoxe
foi continuidade das xestions realizadas hai un ano pola alcaldesa
coa presidenta do ADIF, Isabel Pardo de Vera. Naquela reunión, de
data 31 de agosto de 2018, a presidenta do ADIF comprometeuse a
retomar a proposta unánime dos grupos municipais e dos colectivos
sociais e económicos de Porriño para suprimir o paso a nivel como
evidenciouse na histórica manifestación celebrada o 1 de xuño dese
ano.
O paso a nivel existe en Porriño dende 1948. A súa supresión é unha demanda histórica que se reforzou a partires do accidente de hai tres anos cando o Tren Celta descarrilou por exceso de velocidade o que provocou catro mortos e perto de medio centenar de feridos.
O goberno rosaleiro continúa reuníndose co asociacionismo do municipio dentro do programa #AVeciñanzaConta. Desta volta, a alcaldesa Ánxela Fernández reuníase coo presidente e a secretaria de ACOR, Asociación de Comerciantes do Rosal.
Ao longo da xuntanza, e entre outras cuestións, falaron da planificación de cara ós orzamentos do ano que ven e dos proxectos en común de cara os vindeiros meses.
A Asociación de Comerciantes do Rosal que ten asociadas neste momento a 92 empresas do concello e é unha asociación cunha gran traxectoria que naceu no ano 1998 da man dun grupo de empresarios que demandaban máis iniciativas para o pequeno comercio do Rosal.
A día de hoxe son moitas as campañas que poñen en marcha ao longo do ano con grande éxito como a campaña do Día da Nai e do Pai, os mercados solidarios ou a ruta da tapa, así como prestar orientación sobre diferentes vantaxes para os comercios asociados.
A colaboración entre o Concello do Rosal e ACOR, sinalan dende o Goberno local, “pode ser unha gran oportunidade de proxectos comúns de cara a fortalecer o comercio local”.
O goberno de Mondariz, BNG-PSOE, rematou esta semana os primeiros contactos políticos para establecer unha folla de ruta no proceso de elaboración do novo plan orzamentario municipal. O concelleiro de Facenda, José Luis Fernández, recibiu do alcalde, Xosé Emilio Barros, a encarga de iniciar esta importante labor e así llo fixo saber a todos os partidos políticos representados no Pleno da Corporación Municipal “a través dunha convidación formal a manter unhas primeiras reunións por separado”.
“Por cortesía política”, afirma o goberno local, o executivo “non fixo pública esta convocatoria cando convidou aos portavoces dos partidos de oposición e decidiu agardar á resposta de cada formación”. Tanto o Partido Popular, con dúas concelleiras, coma Ciudadanos, con un, manifestaron a súa vontade de reunirse individualmente co concelleiro de Facenda para intercambiar puntos de vista sobre a elaboración do orzamento municipal para 2020. O único partido político que se negou a manter estas primeiras reunións de carácter bilateral foi Alternativa por Mondariz, con catro concelleiros.
Lembramos que AporM sinalaba que as reunións por separado “só xeran opacidade e máis crispación ao clima político existente” polo que instaban ao Goberno que preside Xosé Emilio Barros, a manter reunións con todos os partidos que conforman a Corporación municipal.
Os primeiros contactos mantidos polo Goberno local con PP e Ciudadanos “serviron para pór en común a urxente necesidade de aprobar un novo orzamento municipal”. O Concello de Mondariz funciona actualmente cun orzamento de 2017, pois nos últimos dous anos foi aprobado mediante o extraordinario procedemendo da cuestión de confianza.
Esta situación, explica o Concello, ten enormes consecuencias para a xestión política municipal, xa que non se adapta ás necesidades actuais. Os veciños e as veciñas son, finalmente, os máis perxudicados. En palabras do alcalde e concelleiro de Desenvolvemento Económico e Turismo, Xosé Emilio Barros, “elaborar un novo orzamento é fundamental para poder desenvolver políticas en materia de turismo, sectores primarios e áreas estratéxicas para o futuro de Mondariz”.
Despois destes primeiros contactos individuais, “coas posicións políticas respecto á elaboración dun orzamento máis maduras”, o goberno continuará negociando a folla de ruta para acadar un plan orzamentario municipal de consenso, que é un dos seus obxectivos principais neste ano. “Volveremos a convidar a AporM para que se sume ás negociacións en curso porque entendemos os orzamentos coma un traballo conxunto de toda a Corporación Municipal”, sinala José Luis Fernández.
A concellería de Mocidade do Concello de Ponteareas que dirixe Miguel Bouzó vén de dar conta da modificación do día de comezo do obradoiro «Crea o teu futuro. Mocidade creativa e marca persoal» que arranca mañá venres día 20. Un obradoiro gratuíto que se desenvolverá na sala multiusos do auditorio municipal e para o que aínda quedan prazas.
Os e as interesadas deberán dirixirse á OMIX que se atopa na biblioteca municipal ou contactar no número de teléfono 986 66 07 65. O horario do obradoiro será o venres 20, o martes 24, o xoves 26 e o xoves 3 de outubro de 17 h a 21 horas.
Miguel Bouzó subliña a importancia de ofrecer á mocidade “ferramentas que promovan a súa proxección persoal e completen a formación regrada facilitando a inserción laboral”.
Este
obradoiro facilitará ferramentas para capacitar á mocidade na
creación de proxectos, na elaboración de itinerarios que lles
sirvan tanto para desempeñar eficazmente a súa profesión como para
abordar cuestións cotiás da vida persoal.
Outra finalidade que persegue é potenciar unha actitude emprendedora e resolutiva ante os problemas e os obstáculos que se lles poidan presentar. Entre os obxectivos está fomentar o autocoñecemento, mellorar o autoconcepto e autoestima das persoas participantes, facilitar á incorporación ao mercado laboral, promover á creatividade a hora do deseño de proxectos profesionais e persoais, contribuír á toma de conciencia das habilidades e talentos persoais de cada participante e fomentar a resiliencia.
Ademais,
dotará de ferramentas e habilidades que faciliten a incorporación
ao mercado laboral, creará unha marca persoal deseñada por cada
participante, tentará superar as crenzas tóxicas para acadar metas
e obxectivos e deseñará o traballo ideal de cada unha das persoas
asistentes ao curso
Procedentes de Reino Unido, Bélxica e Francia, ademáis de Galicia, España e Portugal, 19 empresas de toda a cadea do sector agro visitan estes días o territorio transfronteirizo para coñecer a calidade dos seus produtos e servizos e manter reunións nas que formalizar futuros acordos comerciais.
O obxectivo desta primeira Misión Comercial Inversa, que fora presentada na pasada Mostra de Cultivos celebrada en Goián en Marzo, é contribuír ao posicionamento do sector agro de Baixo Miño e do norte de Portugal “dando a coñecer de primeira man a potenciais clientes e compradores os produtos e servizos agrarios da comarca”, achegando á zona novas oportunidades de negocio mediante un “mecanismo realmente eficiente para chegar a novos mercados”, en palabras dos organizadores.
“
O obxectivo desta primeira Misión Comercial Inversa, que fora presentada na pasada Mostra de Cultivos celebrada en Goián en Marzo, é contribuír ao posicionamento do sector agro de Baixo Miño e do norte de Portugal
Entre
o 18 e o 20 de setembro, máis de 50
representantes de 30
empresas participarán activamente en diferentes reunións
bilaterais. Ademáis, o xoves 19 realízase unha visita ao Festival
de Xardins de Ponte de Lima e a distintas empresas portuguesas,
adicándose
o venres 20 ás
visitas programadas a viveiros
e á comercializadora do Baixo Miño.
Para
Sandra González, alcaldesa de Tomiño, esta iniciativa “é unha
nova mostra da calidade do noso sector agrario e da súa relevancia
socioeconómica para o presente e futuro da nosa comarca” o que
motivou que a Eurocidade considere o apoio á dinamización e
proxección exterior do sector “unha das prioridades na súa axenda
de cooperación transfronteiriza”.
A Misión Comercial Inversa, organizada por acuBam (Asociación de Cultivos Baixo Miño), en colaboración coa Associação Portuguesa de Produtores de Plantas e Flores Naturais (APPPFN), está promovida pola Eurocidade Cerveira-Tomiño, no marco das actividades de dinamización da economía local transfronteiriza contempladas no proxecto da ‘Axenda Estratéxica de Cooperación Transfronteiriza Amizade Cerveira-Tomiño’, co-financiado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á deputada de Transición Ecolóxica, Iria Lamas, presentou esta mañá a axenda ‘A provincia que queres é sostible’ creada con motivo da Semana Global de Acción polo clima, que terá lugar entre o 20 e o 27 de setembro.
Deste xeito, o goberno provincial ten previsto organizar actividades diarias en toda a provincia para poñer de manifesto “que as administracións locais temos a obriga de impulsar medidas para frear a crise climática”, tal e como explicou Silva.
A
protección dos ecosistemas, os transportes alternativos, a economía
baixa en carbono e o aforro enerxético, o consumo responsable, o
quilómetro cero, a calidade do aire e o turismo sustentable, serán
algúns dos eixos que formarán parte dos actos que levaranse a cabo
ata o día 27, data na que se celebrará a mobilización mundial
baixo o lema da emerxencia climática.
“
Baixo o lema “A provincia que queres é sostible” a Deputación desenvolverá do 20 ao 27 de setembro unha axenda propia diaria con actividades en toda a provincia
“Trátase
dunha política prioritaria, cremos que temos que ser activas e
activos e sumarnos a todas aquelas actuacións e proxectos que
contribúan a cambiar as cousas e dar respostas para frear a crise
climática”, asegurou a presidenta da Deputación. Por tal motivo,
entre o 20 e o 27 de setembro, vanse promover actuacións diarias
para acadar “a transformación social e o cambio que debemos
impulsar para frear a emerxencia”.
Deste
xeito o sábado, 21 de setembro e Día Mundial da Limpeza, a
Deputación lanzará a acción “Coidemos o noso”. Baixo este lema
impulsarase, tal e como informou a presidenta provincial, unha
campaña específica nas redes sociais, con creatividades sobre o
impacto e a necesidade do coidado das paraxes naturais e dos
ecosistemas. Con esta acción, segundo Carmela Silva, “pretendemos
concienciar sobre a importancia do compromiso, de destinar recursos
para deter a perda da biodiversidade e restaurar os ecosistemas”.
O
domingo, 22 de setembro e Día Mundial sen Coches, o goberno
provincial lanzará “As persoas protagonistas”. Esta acción, con
creatividades específicas, centrarase na mobilidade e
infraestruturas sustentables, apostando polo emprego de transportes
non contaminantes e por iniciativas que sitúen ás persoas no
centro. Neste eido, amais, a presidenta adiantou que se vai instalar
un aparcadoiro para bicicletas no Edificio Administrativo da
Deputación,e ampliarase o xa existente no Pazo Provincial, xa que se
trata dun transporte moi empregado por traballadoras e traballadores
da institución provincial.
O luns, 23 de setembro celebrarase o Cumio sobre a Acción Climática na ONU onde a Deputación de Pontevedra estará tamén presente. “Temos trasladado os nosos compromisos ao enviado especial para o Cumio, Luis Alfonso de Alba, centrados na consecución dun nivel de calidade de aire seguro para a poboación da provincia de Pontevedra e na harmonización de políticas sobre cambio climático e contaminación do aire para 2030”, informou a presidenta.
Ao respecto, Silva explicou que os compromisos da Deputación centraranse na aplicación de políticas en materia de calidade do aire e cambio climático, así como na posta en marcha de medidas de mobilidade sustentable; tamén na colaboración con outras administracións na elaboración e aprobación dun Plan Local de Mellora da Calidade do Aire e no seguimento dos progresos e intercambio de experiencias a través da plataforma de BreathLife.
Ese mesmo día, 23 de setembro, a Deputación lanzará unha acción relativa á Economía Baixa en Carbono e Aforro Enerxético a través das redes sociais. Esta campaña complementarase coa visita de deputadas e deputados provinciais a diferentes vilas e cidades nas que se están a desenvolver actuacións no marco do proxecto de substitución das actuais luminarias por luces LED e das caldeiras de gasóleo por biomasa.
O martes, 24 de setembro, a acción do goberno provincial vertebrarase arredor do consumo sustentable. Deste xeito, situarase no Pazo Provincial un stand con produtos de comercio xusto e anunciarase a posta en marcha dun convenio para a adquisición de novos colectores de residuos sólidos en Príncipe Felipe.
O mércores, 25 de setembro, a aposta da Deputación polos produtos de proximidade será a actividade central. Baixo o lema “Quilómetro Cero”, instalaranse na Avenida de Montero Ríos stands con información sobre a campaña de Experiencias SOStibles contra os plásticos, sobre o cultivo de froitos roxos, a erradicación das acacias, as trampas para as velutinas e a promoción de castañas e mazás. Amais, en colaboración cos produtores e coas produtoras tamén terá lugar “un reparto masivo de mazás ecolóxicas” na explanada de Montero Ríos.
O
penúltimo día da Semana Global de Acción polo Clima, o xoves 26 de
setembro, estará centrado no turismo sostible, “xa que o día
seguinte, o venres 27 –tal e como informou a presidenta- é o Día
Internacional do Turismo”. Para celebrar esta efeméride,
desenvolverase unha acción no concello da Estrada centrada na visita
ás e aos produtores de mazá para sidra ecolóxica. En concreto, tal
e como detallou Silva, “estaremos na sidrería Camino cos conceptos
de turismo rural, sustentabilidade, dixitalización e emprendemento”.
A
axenda “A provincia que queres é sostible” rematará o 27 de
setembro, día no que terá lugar unha folga xeral mundial. Neste
eido, o lema da Deputación é “Emerxencia Climática” e baixo
esta denominación desenvolverase unha tripla acción que abrangue
dende a moción sobre emerxencia climática (que se presentará no
pleno que se celebra ese día), ata un parón de 4 minutos e 15
segundos entre as 11 e 12 da mañá e, pola tarde, a conferencia “O
espazo natural como ámbito de vida”
O compromiso co medio ambiente cara a transición ecolóxica, xunto á igualdade, son as grandes áreas protagonistas do novo mandato de Carmela Silva. Neste eido, a presidenta resumiu moitas das iniciativas que xa están postas en marcha como a compostaxe, o programa de Economía Baixo en Carbono, a mobilidade sostible e infraestruturas que buscan a recuperación dos espazos públicos, o programa de promoción do cultivos ecolóxicos e da eliminación de especies invasoras como eucaliptos e acacias, proxectos como ESTRAEE para mellorar a xestión dos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos, as campañas de concienciación contra os plásticos e cabichas, así como o compromiso da Deputación coa ONU e a OMS a través do BreathLife.
No caso concreto da compostaxe, un dos grandes proxectos da Deputación de Pontevedra que é xa exemplo en España e Europa, a presidenta adiantou que mañá venres estará xunto ao vicepresidente provincial un dos responsables de Zero Waste Europe para lanzar unha publicación sobre o Plan Revitaliza.
A pesar da previsión de choiva o Barbeira Season Fest de Baiona –un dos festivais máis multidisciplinares do verán en Galicia– mantén o seu programa de actividades e concertos nos que participarán máis de dez grupos de tirón nacional e galego.
Amais da música, o o festival conta cun amplo contido cultural como charlas, residencias artísticas de novos creadores, accións de sustentabilidade, exposicións e difusión do Camiño de Santiago ou a alta gastronomía, compoñen o programa deste evento que forma parte do programa ‘O teu Xacobeo’, impulsado pola Xunta de Galicia.
Desde da organización informan que boa parte da programación de concertos e actividades gratuítas trasladaranse ao horto do Parador, que colabora desde o primeiro momento co evento. Isaac González, director do Barbeira Season Fest, comenta que “instalamos unha carpa baixo a que todo o mundo poderá gozar do festival”.
“En Galicia a choiva é arte e ningún peregrino abandona o Camiño por ela. Nós tampouco. Ao contrario, instalamos unha gran carpa transparente para que a choiva forme parte do espectáculo”, sinala.
En canto o último concerto da noite finalice, a organización abrirá as portas a todo o mundo para que se una ao fin de festa.
A VII 15 K do Atlántico Banco Mediolanum ‘Multisport Camiño Portugués dá Costa’ entrará nunha nova dimensión o próximo día 29, data na que se disputará a xa emblemática proba entre Oia e A Guarda pasando polo Rosal. Á marxe do espectacular percorrido, os organizadores dispuxeron dunha serie de actividades paralelas para converter o evento nunha gran festa do atletismo e tamén lúdica. Martín Fiz é o padriño desta edición. As inscricións poderanse realizar ata o 25 do presente mes na web championchipnorte. com.
O acto de presentación, celebrado no emblemático mosteiro de Oia, serviu de punto de partida para esta nova edición da 15 K do Atlántico Banco Mediolanum Camiño Portugués dá Costa. Precisamente preto atopábase o punto en que tomarán a saída os participantes para afrontar un percorrido de 15 quilómetros cun perfil case chairo. Ao acto acudiron Cristina Correa, alcaldesa de Oia; Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal e Antonio Lomba, rexedor municipal da Guarda, quen sinalou a importancia da proba, “tanto polo simbolismo do seu percorrido como a alta participación”.
Daniel Benavides, Xefe de Servizo de Deportes na provincia de Pontevedra da Xunta de Galicia, tamén resaltou a magnífica combinación de deporte, cultura e outros aspectos que se programaron esta edición como o vinculado. Ángeles Franco, family banker de Banco Mediolanum, mostrou o seu apoio constante á organización, un proxecto que ano a ano segue creciento, tanto en participación como en actividades paralelas.
Todos coincidiron en afirmar que a presenza de Martín Fiz, que exercerá de padriño e tamén participará na proba, constitúe un aliciente máis da 15 K do Atlántico Banco Mediolanum Camiño Portugués dá Costa.
O campión do mundo de maratón e destacado atleta a nivel español e internacional, acudirá con ‘ilusión’ por primeira vez á cita. O atleta mostrou a súa especial ilusión por participar por primeira vez nun evento destas características, no que compartirá experiencia con outros deportistas. A el débese unir Susana Rodríguez Gacio, atleta paralímpica, e Fernando Ramos, comentarista deportivo.
O evento Multisport Camiño Portugués que dá unidade a toda a programación terá lugar do 28 ao 29 de setembro e está impulsado pola Xunta de Galicia a través da iniciativa Ou teu Xacobeo.
Os organizadores do evento quixeron ademais que a ‘fin’ de semana convértase en algo especial para todos os participantes. Así, está programada unha visita á Adega Terras Gauda, un roteiro dacabalo entre A Guarda e Oia que se celebrará o día 28, outra de patíns e a tradicional andaina. Para estas últimas mantéñense abertas as inscricións.
A 15 K do Atlántico Banco Mediolanum Camiño Portugués dá Costa tamén contará co aspecto cultural en forma dunha obra de teatro. O grupo Oiense Os melhores do grupo representará «Ou veleno, so ou con leite?» o domingo ás 19:00 horas na esplanada do mosteiro de Oia. Tamén servirá como final ao evento que se disputará pola mañá. O venres anterior, o investigador Francisco Javier Costas Goberna, ofrecerá unha conferencia no Centro Cultural de Mougás co título ‘A paisaxe do camiño portugués dás costa”.
A concellería de Turismo, que dirixe Eva Gil, convida a toda a cidadanía a coñecer o centro urbano de Ponteareas, rúas e prazas cheas de historia e patrimonio arquitectónico que conforman a orixe dos e das ponteareás e que dende o goberno de Ponteareas queren dar a coñecer e pór en valor.
Esta actividade programada dentro da iniciativa ‘Coñece Ponteareas’ fixa o punto de encontro na biblioteca municipal ás 19 horas o vindeiro martes 24 de setembro e xuntos percorrerán o casco urbano na procura de monumentos e anacos da Historia.
De balde e para todos os
públicos, os e as interesadas poden inscribirse no número de
teléfono 986 660 765 ou en [email protected]
O
martes día 17 de setembro o Concello da Guarda, a través do
departamento de Novas Tecnoloxías e Vías e Obras, puxo en
funcionamento unha nova aplicación de carácter interno que
permitirá unha mellor e eficiente xestión das avarías do alumeado
público do municipio.
Grazas a esta nova ferramenta, que conta tamén cunha páxina web, no momento de producirse unha avaría no alumeado público, calquera usuario poderá dar conta da mesma, ben a través da APP municipal ou chamando ao 986 610 000 nese momento o persoal municipal rexistrará esta incidencia na nova aplicación e, automáticamente coa axuda dunha tablet o electricista recibirá unha notificación da incidencia e terá xeolocalizado o punto de luz onde existe a avaría, facilitando unha solución máis eficiente das incidencias no alumeado público.
Dende
o Departamento de Novas Tecnoloxías, Antonio Lomba manifestou que
dende fai tempo se leva traballando na mellora das xestións e
procesos informáticos para converter A Guarda nunha smartcity ou
cidade intelixente, de cara a ofertar uns servizos máis optimizados
a áxiles á cidadanía.
A axencia europea ‘Zero Waste Europe’ lanzará este venres en toda Europa a súa publicación monográfica sobre o Plan Revitaliza da Deputación tras consideralo unha ‘experiencia ambiental relevante’ e asegurar que é un ‘caso de estudo’ na xestión do lixo aplicable en moitas zonas da UE. O propio director executivo da entidade, Joan Marc Simo, trasladarase a Pontevedra este venres para dar a coñecer o informe. Amais, haberá un lanzamento simultáneo do traballo dende Bruxelas dentro da programación da Semana do Clima.
Esta publicación monográfica sobre o Revitaliza xorde despois de que o persoal técnico de Zero Waste coñecese a iniciativa da Deputación de fomentar o tratamento de biorresiduos a través da compostaxe de proximidade, mediante centros de compostaxe comunitaria, composteiros individuais e futuras pequenas plantas de tratamento. Entón, o plan provincial foi seleccionado como ‘experiencia ambiental relevante’.
Posteriormente, o responsable de políticas de residuos da entidade, Pierre Condamine, visitou Pontevedra durante varios días co fin de coñecer de primeira man o traballo realizado nos concellos pontevedreses para logo escribir un estudo técnico.
Na súa estancia na provincia Condamine xa asegurou que a compostaxe de proximidade do Revitaliza pódese aplicar en cidades e rexións similares, con poboación rural e dispersa. “Queremos demostrar que o que aquí se fai pode facerse noutras rexións”, sentenzou.
Agora, no seu informe indica que grazas á compostaxe descentralizada, a provincia de Pontevedra pasou de non ofrecer opcións para xestionar os biorresiduos a un sistema descentralizado e baseado na comunidade, para engadir que despois de tres anos, máis de 2.000 toneladas de biorresiduos compóstanse localmente e o proxecto estendeuse a máis de dous terzos dos municipios da provincia. “España segue atrasada en canto ao cumprimento dos obxectivos Europeos de reciclaxe, pero a historia de Pontevedra demostra que é posible cumprilos con medidas sinxelas, eficaces e económicas grazas á compostaxe decentralizada”, afirma.
Este
venres o director executivo de Zero Waste, Joan Marc Simo, estará en
Pontevedra para explicar polo miúdo os detalles que levaron á
axencia europea a fixar os seus ollos no Revitaliza, escribir o
‘estudo de caso’ e difundilo pola UE. De feito, amais da
presentación formal da publicación monográfica sobre o Revitaliza,
Zero Waste lanzará publicamente o informe de forma simultánea dende
Bruxelas a outros organismos, institucións, e colectivos co
obxectivo de ter a máxima divulgación.
O
Plan Revitaliza está a levantar unha grande expectación en xeral
dentro do Estado Español, con visitas de representantes de do
Ministerio de Transición Ecolóxica, deputacións, concellos e
outras administracións relacionadas cos residuos. Así mesmo,
despunta o recoñemento internacional por parte de países asiáticos,
americanos e africanos.
A X edición da Feira anual de Oportunidades, que se celebrará en REdondela o sábado 28 de 10 h a 22 h e o domingo de 11 h a 21 h, apostará pola peonalización dás rúas do núcleo urbano polo que ditas vías estarán cortadas ao tráfico, no horario da feira, establecéndose accesos alternativos e ampliando as prazas de estacionamento nas entradas á Vila.
Comercios de Redondela e Chapela daranse cita nesta feira que, na súa décima edición, segue a amosar a plena vixencia de este formato de promoción dos pequenos negocios locais. Medio centenar de establecementos participarán nesta edición de 2019.
O carácter anual da feira fará confluír excedentes de mercadoría de todas as temporadas, ás últimas oportunidades do verán o os remanentes da tempa de inverno conforman a ZONA OUTLET da feira.
Como novidade a sección infantil darase cita na Praza do Concello onde o público pode atopar a maior parte da oferta de roupa, accesorios, complementos e xoguetes infantís.
A zona gastronómica tamén terá un protagonismo destacado nesta feira. O emprazamento será a Praza da Constitución, e contará con actuacións musicais en vivo e obradoiros de cociña para o público infantil, xogos e unha actuación especial sesión vermú a cargo do grupo La Chata Soul o sábado 28 ás 13:30 h.
O domingo tamén se poderá gozar das interpretacións musicais da Banda Municipal de Música en sesión de tarde.
As zonas de xogos infantís, presentes ao longo de todo o percorrido da feira, terán carácter totalmente gratuíto e haberá distintos obradoiros como pode ser o de bolsas no que os nenos e nenas poderán personalizar as súas bolsas para ir de compras pola Feira. A zona gastronómica contará tamén con un taller de cociña.
Asociación de Empresarios e Concello de Redondela suman forzas na posta en marcha da décima edición da Feira anual de Oportunidades. Ademáis, atendendo as demandas dos comerciantes o Concello de Redondela reforzará á iluminación nos postos e en toda área da feira.
O Concello de Oia adxudicou de forma provisional o contrato administrativo de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) á UTE Urben Consultores SL-Indultec Ingenieros, SLU, por un importe de 114.783,77 euros. O acordo adoptouse na sesión plenaria do pasado 5 de setembro, co voto a favor do Partido Popular e coa abstención dos grupos do PSOE e BNG.
O adxudicatario terá que acreditar no prazo de dez días hábiles a documentación xustificativa das circunstancias da personalidade, capacidade, solvencia, experiencia do técnico redactor e titulacións do persoal técnico.
O
equipo municipal conta con que, antes de final de ano, o
adxudicatario presente un plan de traballo cos prazos estimados de
cada unha das fases de redacción do PXOM ata a súa aprobación
definitiva. O contrato terá unha duración de 5 anos, que inclúe os
prazos estimados cos que contan as distintas administracións para
emitir os informes correspondentes.
Modificación puntual das NNSS
Mentres
o PXOM vai cumprimentando os seus trámites, o executivo municipal
vai avanzando na tramitación da modificación puntual de diversos
aspectos normativos das Normas Subsidiarias de planeamento do
concello.
Esta
modificación puntual inclúe como proposta adaptar as normas á
lexislación vixente en materia de alturas
libres mínimas de locaiscomerciais
e oficinas,
co fin de facilitar a implantación deste uso en numerosos locais
existentes no municipio que non cumpran este requisito. Tamén se
incorpora unha nova redacción á hora de regular situacións
fóra de ordenación,
establecendo un réxime menos restritivo aplicable ás edificacións
que se atopen en tal situación.
Así,
despois da publicación no DOG do informe ambiental estratéxico da
modificación puntual, o Concello encóntrase agora elaborando a
documentación para a aprobación provisional, previo informe dos
servizos técnicos e xurídicos municipais.
Entre o luns 23 de setembro e o venres 27 de setembro, o Salón de Plenos da Casa do Concello de Tomiño acollerá as ‘Xornadas Feministas para o Fomento da Participación das Mulleres Novas’ organizadas polo Concello tomiñés.
As charlas e demais actividades desenvolveránse entre as 16 h e as 21 horas, e contarán coa presenza de figuras de recoñecido prestixio no campo do feminismo, o pensamento crítico, o asociacionismo con perspectiva de xénero, a acción colectiva, a autoestima e a identidade persoal e social.
Entre as poñentes convidadas estarán Nanina Santos Castroviejo (escritora, integrante do consello de redacción da revista de pensamento feminista Andaina e figura histórica do movemento feminista galego), Ania González (avogada e crítica cultural, especialista en Teoría Crítica do Discurso, colaboradora en diversos colectivos independentes e de autoxestión e crítica de arte en Babelia-El País), ou Diana López Varela, xornalista e escritora, autora de No es país para coños; directora da curta Feminazi e colaboradora en diversos medios de comunicación, que presentará o seu libro Maternofobia. Relato de una generación enfrentada a la maternidad.
A través de cinco xornadas, as persoas que participen analizarán o feminismo como teoría e movemento emancipador e a súa contribución aos cambios sociais; experiencias na participación activa das mulleres e a reivindicación de dereitos; procesos de empoderamento, xestión e práctica na constitución de asociación, emprego….
“Charlas, debates e obradoiros prácticos dirixidos a mulleres novas que desexen coñecer a nosa historia e contribuír activamente a facer posible que o conto siga mudando até que a igualdade sexa, por fin, unha realidade”, explica Cristina Martínez, concelleira delegada de Igualdade, Benestar e Educación.
Para
poder asistir é preciso inscribirse previamente na web municipal
(www.tomino.gal)
xa que as prazas son limitadas. Para as persoas que o soliciten,
haberá servizo de gardería.
PROGRAMA
Luns
23 de setembro:
O
ASOCIACIONISMO DE MULLERES E FEMINISTA: DA EXPERIENCIA INDIVIDUAL Á
ACCIÓN COLECTIVA”
De 16.00 a 16.15: Recepción
De 16.15 a 16.30: Inauguración das Xornadas.
De 16.30 a 17.30: Conferencia de Nanina Santos
Castroviejo: escritora, , musicóloga, integrante do consello de
redacción da Revista de pensamento feminista Andaina e histórica
do movemento feminista galego.
17.30 – 18.30: Conferencia da Representante de
Federación de Mujeres Jóvenes.
18.30 – 19.00: PAUSA PARA CAFÉ.
19.00- 20.00: Andrea Barreira: escritora,
integrante do colectivo de crítica literaria feminista A Sega e
colaboradora habitual da Libraría de Mulleres Lila de Lilith.
20.00 – 21.00: Debate.
Martes
24 de setembro:
De 16.00 a 17.20: “IDENTIDADE FEMININA E
EQUIDADE ENTRE HOMES E MULLERES”, Obradoiro impartido por Paula
Suárez Gullón (directora de Positivando
gabinete psicopedagóxico, delegada en Galicia ECAI Balbalika, Socia
Colaboradora TDAH Salnés, secretaria de Empresarias Galicia,
directora e presentadora do programa “De Viva Voz”, en
Single Radio).
De 17.20 a 17.40: PAUSA PARA CAFÉ.
De 17.40 a 18.30: CONFERENCIA “AUTOESTIMA E
IDENTIDADE PERSOAL. DA REVOLUCIÓN FEMININA Á CONSTRUCIÓN SOCIAL”,
impartida por Paula Suárez Gullón.
De 19.00 a 20.00: CONFERENCIA; “A
DIFERENCIACIÓN COMO EIXO DE ACCIÓN NA PROCURA DE EMPREGO”,
impartida por Fátima Rodríguez Marcos, licenciada en Psicoloxía e
xerente de Talentea.
Mércores
25 de setembro:
De 16.00 a 17.30: OBRADOIRO “ ESTIMULACIÓN DA
CREATIVIDADE ENFOCADA AO PROCESO DE PROCURA DE EMPREGO”, impartido
por Fátima de Talentea.
De 17.30 a 18.00: PAUSA PARA CAFÉ.
De 18.00 a 21.00: OBRADOIRO “Xogo – un camiño
de aprendizaxe, expresión e empoderamento. / A través do teatro de
obxectos”, realizado por Alba Grande e Andrea Borda.
Xoves
26 de setembro:
Diana
López Varela
De 16.00 a 17.20: Presentación do libro
“MATERNOFOBIA. RELATO DE UNA GENERACIÓN ENFRENTADA A LA
MATERNIDAD” de Diana López Varela (xornalista e escritora.
Autora de “No es país para coños” e directora da curtametraxe
Feminazi,
entre outras cousas. Tamén colabora con diversos medios de
comunicación).
De 17.20 a 17.40: PAUSA PARA CAFÉ.
De 17.40 a 19.00: “AUTOESTIMA E EXPECTATIVAS
INCUMPLIDAS: A NOVA ENFERMIDADE DAS MULLERES”, por Diana López
Varela.
De 19.00 a 20.00: “PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE
“FEMINAZI”, de Diana López Varela.
Venres
27 de setembro
KIT
FEMINISTA PARA ASOCIACIÓNS. Obradorio
práctico para a creación e xestión de asociacións con perspectiva
de xénero.
16:00. a 18:30: Constitución, órganos
de goberno e funcionamento das asociacións. O consenso e toma de
decisións con perspectiva de xénero. Réxime fiscal e
financiamento. Subvencións. A contratación pública
18:30h: PAUSA PARA CAFÉ
19:00 a 21.00h.: Outra normativa
aplicable a asociacións : Protección de datos, dereitos de imaxe e
propiedade intelectual. Organización de actividades. Coxestión de
espazos públicos. Programas para o fomento do feminismo no movemento
asociativo.
Ania
González: avogada e crítica cultural,
especialista en Teoría Crítica do Discurso, Museoloxía,
Imaxinación Política e Feminismos. Colaboradora en diversos
colectivos independentes e de autoxestión, e crítica de arte en
Babelia-El País.
Rafael
Anido: avogado e dinamizador cultural.
Membro do equipo do espazo autoxestionado Nave 1839 (A Coruña) e
músico colaborador en diferentes colectivos
A plantilla da Policía Local e o concelleiro de Bo Goberno Roberto Mera celebraron onte unha reunión de traballo enmarcada nos traballos de análise do fenómeno do botellón. Na reunión a Policía cifrou nunhas 500 a 600 persoas as que participan no botellón nas épocas de afluencia máxima, coincidindo con festas ou o verán.
A pesares diso, na reunión constatouse unha evolución descendente nos últimos anos no número de participantes pero ao mesmo tempo advertíuse dun incremento substancial no número de menores. A Policía estima que a meirande parte dos asistentes teñen entre 15 e 22 anos.
Aínda que o botellón se concentra na
Feira Vella e zonas adxacentes, están localizados até media ducia
de puntos a maiores nos que tamén se ten detectado o fenómeno pero
cunha afluencia moito menor, que non soe superar as 20 persoas.
O punto álxido de afluencia na Feira
Vella prodúcese entre a 1:30 e 3:00 da madrugada pero a Policía
explica que os problemas de convivencia con danos ao mobiliario
urbano ou bens privados e comportamentos como berrar, ouriñar ou
vomitar en portais, se producen especialmente a partires das 3:30
horas cando os participantes no botellón se dispersan e mesturan cos
que se atopan no exterior de locais de ocio nocturno. Para a Policía
Local, o incumprimento de horarios dos locais de ocio nocturno agrava
máis os efectos do botellón e os prolonga por máis tempo.
No encontro analizouse tamén a venda do
alcohol a menores en determinados establecementos detectada pola
Policía Autonómica e as intoxicacións etílicas que se veñen
detectando pola Policía Local.
O vindeiro luns día 23 de setembro (festivo local), A Guarda acolle un ano máis a Romaría de Santa Trega, un evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega no Monte de Santa Trega a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Trega.
Dende primeira hora da mañá a Capela de Santa Trega acolle varias misas ás 8, 9 e 10 da mañá e ás 11:00 h Sermón e Solemne Procesión.
Tralo
remate dos actos relixiosos celébranse as tradicionais poxas de
produtos típicos, cunha monumental tarta que sempre agocha algún
gran premio no seu interior.
A
tradición manda realizar un xantar popular, onde as familias se
reúnen para almorzar, cantar e bailar ata a tardiña, onde o son das
gaitas, acordeóns, pandeiretas e tamboriles acompañan a sobremesa.
Dende o Concello da Guarda recórdase á poboación o deber de respectar “o noso patrimonio, sinal de identidade do noso pobo, evitando maltratar ou acceder a zonas patrimoniais coma a Citania de Santa Trega”. Lembra o Concello guardés que unha ocupación da zona delimitada “pode provocar agresións que resulten en danos nas estruturas deste espazo protexido, un dos lugares máis visitados de Galicia e cun valor patrimonial e arqueolóxico único”.
A maioría da poboación é consciente de que o xacemento castrexo do monte Santa Trega é un tesouro para A Guarda e para Galicia, “e de que debemos dar unha imaxe acorde coa súa importancia e valor”, sinala o executivo que preside Antonio Lomba.
Concello e do Padroado do monte Santa Trega adiantan a súa intención de seguir traballando para concienciar a poboación no respecto polo patrimonio, “lembrando que é tarefa de todos mantelo en boas condicións”.
O Concello de Nigrán súmase á campaña #EmerxenciaFeminista promovida dende diferentes organizacións de mulleres de todo o país cunha concentración de denuncia da violencia machista este venres 20 de setembro ás 21:00 diante da Casa Consistorial e iluminando de violeta a mesma.
Dende o Concello faise un chamamento a toda a veciñanza para que se sume e se visibilice o rexeitamento de Nigrán a todo tipo de violencia machista. Ademais, no vindeiro pleno ordinario do 30 de setembro o goberno local levará unha moción ao respecto co obxectivo de que a aprobe toda a corporación e facer institucional este apoio.
A
campaña #EmerxenciaFeminista
está promovida en Galicia, entre outras, pola Federación de
Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, Rede Galega pola
Igualdade, Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de
Oportunidades Galega, Sociedade Galega de Sexoloxía, soño de Lilth,
Teenses pola igualdade, Foro feminista Maruxa Mallo, Asociación
Viúvas Demócratas de Vigo, Colectivo Feminista Pontevedra, Rede de
Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, así como a
agrupación Comando Igualdade, e outras que se poderán ir sumando;
todas elas en repulsa contra os asasinatos de mulleres e a violencia
machista.
“
“Non podemos permitir que teñan un espazo de poder quen non recoñece a violencia de xénero como un problema social”
O
verán de 2019 será recordado como un verán negro, o pasado mes de
xullo, cada dous días, unha muller foi asasinada e, nesta mesma
semana no municipio pontevedrés de Valga acontencía un triple
crimen machista e en Madrid un asasinato doutra muller tamén diante
dos seus fillos. Por este motivo, a campaña non é unha alerta, é
unha declaración de emerxencia feminista.
A moción que presentará o goberno de Nigrán ao Pleno suporá un pronunciamento público da corporación municipal contra os asasinatos machistas e contra toda forma de violencia contra as mulleres, contra a normalización da mesma, e contra a apatía e a indiferenza.
Ademais implica un posicionamento da corporación “contra todas aquelas medidas, campañas e mensaxes que contribúan á xustificación da violencia de xénero, que promovan a súa minusvaloración ou cuestionamento así como das ferramentas normativas das que nos temos dotado para combatela”.
“Non podemos permitir que teñan un espazo de poder quen non recoñece a violencia de xénero como un problema social, contra o que hai que loitar sen descanso dende tódalas instancias: iso é terrorismo de estado”.
A Estación Fitopatolóxica de Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de emitir un aviso extraordinario ante a presenza xeneralizada de bolboreta do buxo, un insecto invasor orixinario do leste de Asia que se alimenta exclusivamente de buxo. A proliferación deste animal, cuxo nome científico é Cydalima perspectalis, é debida á evolución das eirugas desta bolboreta por efecto das temperaturas tan elevadas da pasada fin de semana, que chegaron a superar os 30 ºC.
Deste
xeito, tal e como informa a xefa da Unidade de artrópodos e control
integrado de Areeiro, Rosa Pérez Otero, as sebes e plantas illadas
comezaron a presentar síntomas cuxa evidencia depende da comarca.
Así, na parte sur da provincia a notoriedade dos sinais é máis
alta, aínda que isto tamén depende das condicións particulares de
cada exemplar.
Eiruga da bolboreta asiática do buxo alimentándose
“
Un aviso fitopatolóxico extraordinario alerta da proliferación da Cydalima perspectalis por causa das altas temperaturas da pasada fin de semana
Consecuentemente,
é imprescindible levar a cabo un proceso de revisión dos arbustos
na procura de síntomas para valorar a necesidade de aplicación dun
tratamento inmediato ou de intervención. Esta revisión debe ser
exhaustiva, dado que os indicios poden pasar inadvertidos se se
concentran na zona baixa das plantas.
Así,
a eiruga é de cor verde e mide entre 35 e 45 milímetros. A
bolboreta nocturna, pola súa banda, posúe ás de cor branca, pode
chegar a acadar entre os 26 e os 45 milímetros de envergadura e
séntese atraída pola luz. Ademais, as bolboretas poden percorrer
longas distancias a través do aire, o que, unido á súa capacidade
de reprodución e os seus hábitos alimentarios, é perxudicial para
a flora galega.
Unha vez que xa se conta cos informes favorables dos técnicos municipais, os responsables da comunidade de propietarios do polígono da Granxa, Indalecio Prieto e David Sobral, mantiveron esta mesma mañá unha reunión co delegado de Zona Franca, David Regades para acelerar a instalación da gardería no polígono porriñés pola que levan tantos anos pelexando.
Regades reiterou a esta directiva o seu total apoio ao proxecto xa que lles dixo “que é fundamental para que a xente que acode a diario a traballar na Granxa poida conciliar a vida familiar e a laboral”.
A nova gardería localizarase nun local de aproximadamente 300 metros cadrados con 75 de zona exterior situado na planta baixa do Edificio de Servizos propiedade de Zona Franca.
O paso seguinte será que o Comité Executivo do Consorcio autorice a firma dun contrato coa Entidade de Conservación da Granxa –que é como se denomina oficialmente á comunidade de propietarios de parcelas e naves– para que eles á súa vez, realicen os trámites necesarios encamiñados a instalar no edificio a mencionada gardería tanto para o logro de subvencións como para a súa execución e xestión.
A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella no Condado desenvolverá unha charla, dirixida a persoas maiores, de Prevención de Accidentes no Hogar o vindeiro xoves 19 de setembro, de 17:00 a 19:00 horas, na sede de Cruz Vermella, na rúa Virxe da Luz nº 4 de Ponteareas.
Durante o taller falarase da conduta PAS e dos principais accidentes no fogar: atragantamento, afogamento, feridas, golpes, caídas, queimaduras ou intoxicacións; e do que debemos ter na nosa caixa de primeiros auxilios doméstica.
O obxectivo xeral do Programa de Persoas Maiores de Cruz Vermella, financiado pola Xunta de Galicia, é mellorar a calidade de vida das persoas no seu proceso de envellecemento, contribuíndo a crear ou a restablecer un estado de benestar biospsiquico social e relacional.
O proxecto Axuda a Domicilio Complementaria, no que se enmarca este taller, pretende mellorar a capacidade da persoa maior para continuar levando unha vida autónoma, en función ás súas circunstancias e atrasando en maior medida a súa saída do domicilio.
Para alcanzar este obxectivo, exponse accións mediante as cales se proporcionan recursos humanos e materiais que faciliten que a persoa maior poida continuar realizando as súas actividades (acompañamentos, préstamo de produtos de apoio…).
Así mesmo, planificáronse accións de mellora do coñecemento da persoa maior para adaptarse ás súas circunstancias e aprender a desenvolverse en base ás súas limitacións, como esta charla de prevención de accidentes domésticos.
Para máis información, interesados e interesadas poden dirixirse á Cruz Vermella, Asemblea Comarcal Condado na rúa Virxe da Luz, nº 4 de Ponteareas; ao teléfono 986 641 794 ou ao enderezo de correo electrónico [email protected]
Numerosos veciños e veciñas de Redondela secundaron, ao mediodía de hoxe, a concentración convocada polo Concello de Redondela para que, en silencio, expresasen unha muda homenaxe ás vítimas do triplo asasinato machista de Valga e, ao mesmo tempo, que as súa presenza servira para reafirmar o compromiso social na loita contra as violencias machistas.
A alcaldesa Digna Rivas, asegurou “ser incapaz de expresar a dor que sinto e a rabia e indignación que me produce o terrible suceso de Valga”. Rivas foi clara ao afirmar que a sociedade ten que loitar “unida e sen fisuras” contra a barbarie que supón a violencia machista, “unha violencia –engadiu á rexedora local– fronte á que non saben medias tintas nin ambigüidades e aqueles que negan a existencia deste violencia machista, son complices da mesma”.
Digna Rivas asegura que estes feitos “son un golpe moi duro para aquelas e aqueles que cremos e loitamos pola igualdade, pero que a ninguén teña a menor dúbida que seguiremos nesta pelexa ata conseguir poñer fin ao pesadelo que supón esta auténtica lacra social”.
O concello de Ponteareas acollerá un novo curso de adestrador básico de fútbol UEFA B que equivale ao antigo Nivel 1, así o adianta a concelleira de Deportes Nahir Covelo e a Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol. O prazo para inscribirse xa está aberto ata o vindeiro venres 11 de outubro.
As e os interesados poden inscribirse na páxina web da federación (futgal.es–> Adestradores –>Escola) ou nesta ligazón.
Ante
o éxito da primeira convocatoria o concello e a federación volven
colaborar para que nas instalacións do Centro de Desenvolvemento
Local se ofreza esta formación para a cidadanía sen ter que
desprazarse fóra da comarca.
O alcalde de Nigrán, Juan González, e dúas das súas concelleiras participaron hoxe na primeira etapa do proxecto ‘Xacobeo Autismo. Un Camiño para todos’, no que 20 persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e discapacidade intelectual asociada do Centro Castro Navás (en Priegue) xunto a persoal especializado percorrerán a ruta oficial pola costa dende A Guarda ata Nigrán.
Esta iniciativa que promove a Fundación Menela e o Concello de Nigrán conta coa axuda do programa ‘O teu Xacobeo’ impulsado pola Xunta de Galicia.
“
O Concello de Nigrán e a Fundación Menela promoven esta iniciativa para facer o camiño accesible ás persoas con este trastorno, polo que o alcalde e dúas concelleiras participaron nesta primeira etapa de 10,3 km ata Portecelo
Nesta primeira xornada o grupo estivo acompañado por usuarios da asociación miñorana Avelaíña de axuda a persoas con problemas de saúde mental e o Centro de Educación Especial San Xerome Emiliani de A Guarda, percorrendo xuntos os 10,3 km que separan A Garda de Portocelo.
Mañá camiñarán ata Oia e o resto de tramos divídense entre os días 24 e 25 de setembro, 1 e 2 de outubro e chegada a Nigrán o 11 de outubro (os participantes fan noite en albergues o día anterior a cada etapa). O obxectivo paralelo é que, grazas a esta experiencia, usuarios e técnicos da Fundación Menela propoñan unha sinaléctica con pictogramas e información que faga todo o Camiño pola Costa accesible dende o punto de vista cognitivo.
Paralelamente, estas sete etapas serán unha oportunidade para visibilizar a realidade deste colectivo e informar á sociedade sobre os recursos e servizos dos que dispón a Fundación Menela para a atención as persoas con Trastorno do Espectro do Autismo e as súas familias, desde os primeiros anos de vida ata a idade adulta.
“Dende o Concello de Nigrán quixemos participar no programa ‘O Teu Xacobeo’ con unha iniciativa de carácter social acorde ao noso programa municipal ‘Un Nigrán para todos’, por iso acollemos con entusiasmo o proxecto da Fundación Menela e nos sumamos a el inmediatamente, nada mellor que unir a posibilidade de que estas persoas poidan gozar do Camiño con que, ao mesmo tempo, nos indiquen como facelo realmente accesible dende o punto de vista cognitivo. Queremos que o camiño pola costa sexa, de verdade, un camiño para todos”, destaca Juan González, alcalde de Nigrán.
Baixo estas premisas, en cada etapa do percorrido súmanse diferentes entidades ou centros educativos, para que funcione tamén como unha xornada de convivencia e, ao fin de cada unha, haberá un punto de información sobre o Autismo e a Accesibilidade.
O grupo realizará tamén visitas de interese histórico e cultural en cada núcleo do Camiño, e rematará o día sempre cunha reflexión grupal no que xunto aos monitores comenten como se sentiron ao longo da marcha, que foi o que mais lles gustou, que lles dirían os demais en relación o que viron, que cousas non lles pareceron ben, etc. etc. Ao fin, a Fundación Menela presentará o seu plan de sinalización.
‘Xacobeo Autismo. Un camiño de todos’ conta cun orzamento de 20.413 € dos que o Concello de Nigrán aporta o 20%.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e o concelleiro de Tráfico e Seguridade, Germán Fernández, mantiveron unha reunión co subtenente da Garda Civil do posto da Guarda, Eligio Rivas, para tratar temas relativos tanto a seguridade cidadá coma a tráfico.
A seguridade no Concello en relación, cos roubos que se producen no municipio e cuestións relacionadas coa mobilidade, o tráfico e os excesos de velocidade detectados pola veciñanza nalgunhas estradas do ámbito xeográfico do Concello, foron os temas desenvolvidos na reunión.
En ambos casos, nos roubos e na problemática da velocidade, salientouse a importancia da colaboración veciñal. Nese sentido, dende o Concello trasladaron á veciñanza a necesidade de dar conta “de calquera actitude sospeitosa ou neglixente” e que se colabore coa Garda Civil.
“A minimización de cuestións coma os excesos de velocidade cunha perspectiva de futuro pasan por traballar nunha maior concienciación social e educación vial ó respecto”, afirma a alcaldesa Ánxela Fernández.
De xeito acordado co subtenente, desde o Concello trasladarase unha relación das estradas secundarias nas que se detecta problemática coa velocidade. Por outra banda, trasladaránselle á Subdelegación do Goberno aquelas cuestións do seu ámbito competencial.
Por último, o goberno local quere agradecer a boa disposición e colaboración amosada pola Garda Civil da Guarda e polo seu subtenente Eligio Rivas.
Máis dun centenar de persoas en situación de desemprego coñeceron hoxe de primeira man cales son as cuestión que as empresas teñen en conta nas súas ofertas de emprego e cales son os perfís máis demandados. Foi no transcurso do foro de emprego Emprega Tui que se desenvolveu na aula da UNED organizado polo Concello de Tui a través do Programa Integrado de Emprego, PIE.
O foro comezou gardando un minuto de silencio en memoria das tres mulleres asasinadas onte en Valga, previo ao acto de apertura.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, na súa intervención salientou a importancia da participación da sociedade e da colaboración e aportación da masa empresarial. Indicaba que é fundamental implicar a todo o sector empresarial.
Ao tempo salientou que a administración ten que ser unha ferramenta eficaz para facer coincidir as prioridades dos demandantes e das empresas. Tamén avanzou que dende o Concello de Tui van seguir apostando por este tipo de actuacións en formación.
A concelleira de Emprego, Ana Mª Núñez, apuntou que o obxectivo deste foro é integrar e facer de punto de encontro entre demandantes de emprego e empresas. Lembrou que está organizado a través do Programa Integrado de Emprego, no que participan un centenar de persoas das 65 se incorporaron xa ao mercado laboral,12 están en proceso de formación práctica vinculada á incorporación a distintas empresas, e 3 contan con proxectos de autoemprendemento.
Detallou tamén os catro itinerarios formativos realizados e a formación ofrecida en moi diversos eidos para mellorar a empregabilidade dos participantes.
A continuación Ana Concheiro, técnica do PIE, explicou que é este programa de integral de emprego que estará vixente até o 31 de outubro. Da man da consultora Quick Up, do Eures Transfronteirizo, e ADECCO os participantes puideron coñecer a importancia de facer un currículo e como é por dentro un proceso de selección e puideron solventar as dúbidas que tiñan con respecto a distintos procesos selectivos, como afrontar unha entrevista de traballo ou traballar no país veciño.
A parte final do foro correu a cargo de Luís Prados de Star Servicios, Matías García de Alonarti, Jesús López de Utingal, Carmen Crusat do grupo Marsan e Alberto Valin do Grupo Maier Ferroplast que presentaron cada un súa empresa, as distintas políticas de reclutamento de cada unha delas e falaron dos procesos selectivos abertos nestas empresas para España, Portugal e Europa.
Entre os perfís máis demandados, segundo o
exposto esta mañá en Emprega Tui, sitúanse operarios de inxección,
mantemento, loxística, soldadores, matriceiros, enxeñeiros
aeronáuticos…
A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, vén de poñer en coñecemendo das familias que xa se poden inscribir aos seus fillos e fillas no programa deportivo ‘DEPOrteEscolas’ que ofrece a Deputación de Pontevedra.
As escolas deportivas están dirixidas a nenas e nenos, en idade escolar, que residan na nosa provincia e os deportes que ofrecen para este curso 20019/2020 son atletismo, baloncesto, balonmán, fútbol, judo, loita, patinaxe, piragüismo, rugby e taekwondo.
A solicitude de inscrición deberá realizarse preferentemente por medios elecyrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).
Abriránse dous prazos para a presentación de solicitudes. O primeiro prazo abríase onte luns día 16 de xaneiro e permanecerá aberto ata o 30 de setembro e o segundo prazo irá dende o 4 de novembro ao 13 de xaneiro.
O Concello de Salvaterra de Miño e a Câmara Municipal de Monção traballan na preparación da que será a ‘II Semana da Eurocidade’ que este ano busca ser o recoñecemento mútuo dos recursos educativos. A segunda edición desta celebración transfronteiriza terá lugar na última semana deste mes de setembro.
O motivo de que a Educación sea o eixo desta segunda Semana da Eurocidade xustifícase polo feito de que, A día de hoxe, son moitos os desprazamentos de alumnado de ámbalas dúas vilas que estuda noutras poboacións próximas.
Dende a Eurocidade “damos un paso mais achegando os recursos educativos de ambos lados da fronteira”, coa finalidade de que tantos os organismos oficiais como os usuarios finais, neste caso alumnado de cuarto da ESO do IES Salvaterra, coñezan de primeira mán os recursos de que dispón na EPRAMI, Escola Profissional do Alto Minho interior de Monção.
A oferta formativa para este curso escolar da
EPRAMI, vai dende o mantemento industrial, pasando pola mecánica do
automóvil, cociña/pastelería, restaurante bar ou estética entre
outros ciclos formativos.
Nestas xornadas de formación e coñemento mútuo, o xoves 26 ás 19:00 h na Casa do Conde, afondarase na realidade do emprego. Por ser a ponte internacional unha das máis transitadas por vehículos lixeiros, “hai un efecto inmediato que se reflicte tanto no transito diario de veciños e veciñas, na vida comercial, no ámbito do estudos de ocio e por suposto no mercado de traballo”, sinalan dende a Eurocidade.
Debido a gran demanda de información dos veciños e veciñas, a eurocidade “debe ser o punto de atención directa para tratar de resolver en primeira persoa as dubidas dos nosos veciños”.
A coordinadora do EURES transfronteirizo será encargada de resolvelas dúbidas que podan xurdir non ámbito do autoemprego, modelos contratos e outras problemáticas que se dan no territorio da eurocidade.
Outro dos puntos destacados da programación da segunda Semana da Eurocidade é a posta en valor patrimonio turístico, cultural e natural, coa andaina nocturna que dende o Parque das Caldas de Monção, percorrerá diferentes puntos de interese e con chegada no miradoiro do río Miño, donde un experto nos achegará ao mundo da observación astronómica a través da mesa astronómica alí situada. Para participar neste roteiro é preciso inscribirse no enlace http://abre.ai/092019 e poder así desfrutar dunha experiencia nun enclave privilexiado para este tipo de actividade.
As actividades deportivas tamén están presentes na programación, cunha exhibición de deportes náuticos, tanto no sábado como no domingo, organizado polo Subzone de Monção en colaboración coa Eurocidade.
Afincado en Tebra,ex mestre de Tomiño no CEP Pedro Caselles, José Mª ‘Pepe’ Gude, foi homenaxeado polo Concello de Tomiño, nun acto cívico, celebrado odomingo na Praza do Seixo, non marco das festas patronais do Alivio 2019.
Políticos da corporación local do Concello, homenaxeados en anos anteriores; representantes da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil; alcaldes e concelleiros da comarca; familiares, amigos, veciños e exalumnos, arrouparon ao homenaxeado nun acto sinxelo e emotivo, no que tamén participaron a Agrupación Musical de Goián e o grupo Airiños de Tebra (cuxa creación liderou Gude hai medio século).
Decenas
de persoas congregáronse na Praza do Seixo, para asistir ao Acto
Cívico que, hai algo máis dunha década, comezou a celebrar o
goberno local, co propósito de recoñecer a contribución de persoas
“que foron un exemplo a seguir, que abriron camiños e que
achegaron a súa valía para facer de Tomiño un lugar mellor”,
coma lembrou a alcaldesa Sandra González na súa intervención.
Pepe Gude, coma o coñecen na vila, foi o primeiro en falar, dando ás grazas ao Concello por pensar nel coma alguén digno de tal homenaxe. Porén non quixo aceptar adistinción coma persoal, senón compartida “con tantas persoas, compañeiros, exalumnos, que estiveron ao meu lado, axudándome a conseguir cousas, que se implicaron activamente en recoller e reflectir valores e tradicións do noso pobo”.
Asemade comparteu o galardón cos integrantes do grupo Airiños de Tebra, presentes na homenaxe, polo seu esforzo e dedicación en manter viva a música e as tradicións,repasando a súa traxectoria, que os levou por distintos puntos de Galicia, España, Portugal, Arxentina e Uruguai.
A alcaldesa Sandra González, pola súa banda, agradeceu a todos os presentes, especialmente á Agrupación Musical de Goián e a Airiños de Tebra, que amenizaron o acto. Referiuse ao homenaxeado coma a “unha persoa comprometida coa sociedade, a cambio de nada; que sempre vai pedindo para os demais, non para el; un coleccionista de lendas e palabras; un mestre que chegou ao corazón do seus alumnos e alumnas, ensinándolles a valorar o máis próximo e devolvendo a dignidade cultural ás nosas parroquias e ao que temos máis cerca”.
O Concello do Rosal vén de dar a coñecer as actividades que, neste ano, desenvolveránse ao abeiro do programa #Reactívate. Esta iniciativa inclúe clases de pilates, pintura, restauración, zumba, zumba gold, tenis, axilidade mental e, este ano como novidade, ioga.
Doutra banda, a importancia da iniciativa de ‘axilidade mental’ ven dada, segundo explica o Concello do Rosal, “pola composición poboacional que temos”, polo que se optou por incrementar esta actividade “e levala ata algúns barrios para así acadar unha maior cercanía da veciñanza”.
A axilidade mental é un obradoiro de memoria e estimulación cognitiva dirixido ás persoas maiores. Por iso, ofertarase no Calvario pero tamén en Fornelos, Marzán, San Xián-Portecelo e San Miguel de Tabagón.
As clases de Axilidade Mental (Memoria), desenvolveranse os martes e xoves con horario de 16 horas ou 17 horas. A Axilidade Mental (Memoria por barrios) serán os luns, martes ou mércores ás 10 horas ou ás 11:15 horas.
No que ás clases de Pilates fai referencia, haberá clases os luns e mércores ás 19:15 h ou ás 20:15 horas e os martes e xoves ás 9:30 horas.
Pola súa banda, as clases de Pintura impartiránse os xoves ou venres en horario de 16 h, 18 h ou 20 horas.
As clases de Zumba serán os luns e mércores ás 9:30 horas e os martes e xoves ás 19:30 horas, mentres que as de Zumba Gold terán lugar os martes e xoves ás 18:20 horas.
Os luns é venres de 18:30 a 21:30 horas terán lugar as clases de Tenis, mentres que as de Ioga impartiránse os lunes e mercores de 18:30 h a 21:30 horas ou de 20 h a 21:30 horas.
Para inscribirse a calquera destas actividades, as interesadas e interesados poden facelo no Concello realizando a solicitude correspondente. Para máis información, a veciñanza pode dirixirse ao teléfono 986 625 000 Extensión 4.
As veces, un silencio faise escoitar máis que mil gritos. Traballadores e traballadoras do Concello de Nigrán, Corporación Municipal e veciños e veciñas concentráronse diante da Casa do Concello para, con ese grito silencioso, amosar a súa dor polo triple crime machista de Valga.
Esa presenza silenciosa, expresaba amais a máis firme resolución do Concello de Nigrán en loitar contra a violencia machista cos medios que a administración local ten ao seu alcance.
A
Comunidade de Montes de Camposancos en colaboración co Museo
Municipal de Etnografía e Historia de Póvoa de Varzim, o Concello
da Guarda, a Entidade Local Menor de Camposancos e a Deputación de
Pontevedra, organizan o domingo día 22 de setembro a «Festa da
Recreación Histórica da Idade de Ferro na Galiza».
Este
evento terá lugar no Parque de Chans de Camposancos, no Monte Santa
Trega a partires das 15:30h da tarde cunha recreación histórica con
base no estudo de materiais arqueolóxicos, comúns entre a Galiza e
o norte de Portugal, sobre a vida no poboado castrexo no momento da
invasión romana, centrada nos labores cotiáns en relación coa
produción metalúrxica, a cerámica, e outras actividades de
subsistencia como a agricultura, a pesca e o aproveitamento dos
recursos do medio.
Nesta
recreación toman parte 50 figurantes, integrantes do grupo de scouts
da freguesía de Terroso, en Póvoa de Varzim, que van facer
partícipes ao público asistente a esta festa.
Dita
recreación obedece ao resultado dunha recollida sistemática de
documentación histórica e obxectos arqueolóxicos da denominada
Cividade de Terroso, que xunto coa citania do Tegra forman dous
importantes poboamentos castrexos do noroeste peninsular.
A
recreación está dividida en dúas partes, cunha duración
aproximada de 1 hora cada unha, a primeira parte terá lugar de
15:30h a 17:00h, á que seguirá a actuación do grupo musical Cé
Orquesta Pantasma co espectáculo “A Voar”, especialmente pensado
para o público infantil e segunda parte da recreación terá lugar a
partires das 18:00h, onde intervirá ademais o teatro de títeres do
Museo Municipal da Póvoa de Varzim.
Ademais,
durante toda a tarde haberá diferentes espazos no propio parque de
Chans, onde as familias poderán desfrutar participando en
actividades de xogo libre con brinquedos tradicionais, creación
libre e espazos para a lectura e relax.
Así, a Corporación Municipal aprobou o inicio do expediente de compra do terreo no pleno extraordinario do pasado 5 de setembro. O acordo foi aprobado por unanimidade, co apoio dos grupos municipais do PP, PSOE e BNG.
A operación suporá a compra
dunha parcela de 17.012,90 metros cadrados de solo rústico e
financiarase con 120.000 euros procedentes de remanentes de
tesourería e outros 80.000 euros que serán achegados pola Xunta a
través dun convenio.
Parcelamento
A parcela do antigo camping
Pedra Rubia ten unhas dimensións totais de 19.000 metros cadrados,
dos cales 17.012,90 metros cadrados corresponden a solo rústico e o
resto a solo urbano de núcleo rural. O Concello procederá á compra
da área de solo rústico, polo que cómpre facer un parcelamento do
terreo.
Este parcelamento deberá
recibir o visto e prace de Costas e máis de Patrimonio, tramitacións
nas que xa se está a traballar para poder proceder á compra-venda.
Visita aos terreos
A alcaldesa, Cristina Correa, e máis o concelleiro de Medio Ambiente e Persoal, José Manuel Rodríguez visitaron os terreos do camping acompañados polo arquitecto responsable do parcelamento da zona, Luis Miguel Zozaya.
A visita serviu para explorar e visualizar distintas posibilidades de recuperación do lugar a través de usos de esparcemento, deportivos e de lecer, en consonancia coas instalacións que xa existen e que presentan un importante estado de deterioro.
Entre estes equipamentos atópase a antiga recepción do camping, os vestiarios e almacéns, a zona de aseos e duchas, o edificio da que fora a cafetería-restaurante e unha pista polideportiva, así coma unha piscina.
O pasado venres, 13 de setembro, comezaron os traballos de mantemento e reparación do ‘reló’ que se atopa antiga torre de procedencia medieval da Praza do Reló, un dos elementos patrimoniais do casco urbano do municipio da Guarda.
Formaba
parte da antiga muralla medieval e protexía un dos accesos á vila
no máis alto do recinto. No 1570 levantouse a actual torre sobre
outra primitiva. Reedificouse no 1730 por ameazar ruína a anterior
substituíndose nesta esta data a campá mentres o reloxo mecánico,
doado por José Manuel Andreini, data de 1924. No corpo da torre
destacan os escudos de armas.
Estes
traballos realízanse despois da rotura parcial da esfera do reló,
de xeito que estará fora de funcionamento ata que a esfera sexa
substituída por unha nova, á vez que se realiza o mantemento do seu
conxunto.
Este
elemento patrimonial é un dos máis fotografados polos milleiros de
visitantes que se achegan A Guarda cada ano, ademais da súa
utilidade para ter informado aos veciños da hora.
A
alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, reuniuse onte en Pontevedra coa
subdelegada do Goberno, Maica Larriba e o xefe da demarcación de
Estradas do Ministerio de Fomento, Ángel González del Río para
transmitir a necesidade de acometer a instalación dun semáforo na
N-552, de cara a mellorar a seguridade viaria á altura do CEIP
Alexándre Bóveda en Angorén, na parroquia de Chapela.
Digna
Rivas informóu tanto á Larriba coma a González del Río que dita
infraestrutura xa fora solicitada hai dous anos pola anterior
Corporación “e que a estas alturas seguía sen concretarse”.
Segundo os datos achegados por Fomento, a petición formulada polo
anterior Goberno non cumpría “cos requisitos necesarios” polo
que quedara paralizada.
Agora,
a alcaldesa de Redondela na xuntanza mantida, trasladou “a urxente
necesidade da súa realización”, ao tratarse dunha infraestrutura
que non só dará servizo ao centro escolar, senón á veciñanza
desta zona de Chapela atravesada por unha estrada, como a N-552, que
rexistra unha alta densidade de tráfico rodado.
Maica
Larriba transmitiu á alcaldesa a súa disposición de impulsar esta
actuación demandada pola comunidade escolar e no mesmo sentido
expresábase Ángel González del Río que asegurou á alcaldesa
Digna Rivas, “que no máis breve prazo posible, analizarase unha
ubicación para a colocación do semáforo en colaboración cos
técnicos municipais”.
Digna
Rivas quixo agradecer á subdelegada do Goberno e ao xefe da
demarcación de Estradas do Ministerio de Fomento non só a rápida
resposta a súa petición de información, senón “pola a súa
disposición para autorizar a instalación deste semáforo facendo,
agora si, as cousas como se teñen que facer”, concluíu a
alcaldesa redondelá.
O goberno local puxo en marcha esta semana o proceso de participación dentro do seu plan de análise e medidas respecto ao fenómeno do botellón. Celebraranse un total de once encontros ou reunións sectoriais. Nesta primeira semana reuniranse mesas de carácter interno municipal, comezando por un encontro con toda a plantilla da Policía Local para tratar a problemática desde a perspectiva da seguridade cidadán, convivencia e seguridade vial.
Continuarán os encontros coa concellaría de Medio Ambiente e a concesionaria de recollida de resíduos FCC para abordar o problema de residuos e sucidade que xenera o botellón e unha reunión da Concellaría de Igualdade e o CIM para analizar o fenómeno desde a perspectiva de xénero.
Esta primeira fase concluirá cun encontro dos grupos municipais e políticos e unha reunión de traballo da asesoría xurídica municipal e a concellería de Bo Goberno para revisar e actualizar o marco normativo necesario para abordar o problema.
“
Celebraranse encontros e reunións con profesionais, colectivos sociais, mocidade e veciñanza
Na última semana de setembro e primeira de outubro sucederanse os encontros de carácter social, cunha mesa de mocidade á que se convocará á mocidade en xeral, aos participantes no botellón e colectivos xuvenís.
Celebrarase un encontro coa veciñanza en xeral e, en particular, coas persoas das zonas máis afectadas así como co sector da hostalaría de ocio nocturno. Por último, celebraranse dous encontros con profesionais da administración: un coa comunidade educativa na que participarán representantes de todos os centros de ensino de Ponteareas, así como as ANPAS, e unha mesa de saúde pública na que se contará con representantes do Centro de Saúde de Ponteareas, o servizo municipal de prevención de drogodependencias e a asociación para a promoción da saúde AMAINA.
O edil de Bo Goberno, Roberto Mera, que coordina o grupo de traballo sobre o botellón, sinalou que nas últimas semanas se adoptaron algunhas medidas provisionais para mitigar os problemas de convivencia.
Por unha banda iluminouse completamente a Feira Vella nas noites dos sábados, unha medida disuasoria para reducir comportamentos incívicos como berros ou actos vandálicos. Ademais, a Policía Local prohibíu a emisión de música e impedíu o uso de equipos de son, incautándose dun total de catro dispositivos por reincidencia.
Mera aclarou que “entre os participantes no botellón os comportamentos incívicos son minoritarios, pero debemos atallalos para garantir a convivencia e o civismo en Ponteareas”.
O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de anunciar a organización dun curso de ‘fototrampeo’, “unha ferramenta ou técnica moi útil –sinalan os ecoloxistas– para coñecer a fauna silvestre que habita un determinado territorio sen case interferencia no Medio”.
Así, nos últimos meses, o Grupo Ecoloxista ADENCO ten instalado varias cámaras de fototrampeo no Condado, que deron grande información sobre as especies que nos rodean.
Pero, coa intención de ampliar coñecementos, traballar con método e ter resultados extrapolables no futuro, Adenco organiza un máis que interesante curso de oito horas de duración aberto as persoas asociadas e non asociadas a Adenco.
O curso terá lugar o vindeiro sábado 5 de outubro no Centro Cultural de Ribadetea, de 10 h a 14 h e de 16 h a 20 h, cunha parte teórica e outra práctica, gratuíto para a xente asociada ao colectivo e cun custo de 20 € para a xente non socia. A docencia corre a cargo de BioLearn, unha empresa cunha ampla experiencia neste campo.
Para apuntarse, simplemente é preciso enviar un correo electrónico a [email protected], para reservar a praza. O importe para as persoas non asociadas, aboarase o propio día do curso.
As instalacións deportivas Álvarez Durán contan con novos vestiarios e baños tras o investimento de case 76 mil euros realizado polo Concello de Tui ao longo dos últimos meses.
Por unha banda investíronse 69.889,60 €, financiados ao abeiro do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra, na renovación dos vestiarios creando vestiarios para o equipo local, o visitantes e os árbitros.
Amais o Concello de Tui realizou un investimento de preto de 6 mil euros de fondos propios na renovación dos baños. En concreto a actuación executada supuxo a redistribución e optimización do espazo existente baixo a grada coa creación dos novos vestiarios os novos baños con zona de duchas, aseos, bancos e sala de enfermería. Renováronse as instalacións de fontanería, electricidade e saneamento, actuouse nas paredes, colocouse un pavimento vinílico antideslizante nunha superficie de 100 metros cadrados, e pintouse o muro.
Onte tivo lugar a inauguración das novas instalacións coa presenza do alcalde, Enrique Cabaleiro, o deputado de Cooperación, Santos Héctor e o presidente do Tyde FC, Elías Vieiro.
O campo Álvarez Durán é empregado polo Tyde,
que subiu esta temporada a Primeira Autonómica, e onte xogaba o seu
primeiro partido na casa no que empataron ante o Arcade.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, salientou que esta obra foi proxectada en 2016, sendo moi necesaria xa que se refería á reforma dos vestiarios e mellora dos baños, “co que se da cumprimento a unha vella demanda do Tyde FC”. Pendente queda, engadiu Cabaleiro”o arranxo da cuberta nestas instalacións”.
Alternativa por Mondariz anunciou hoxe a súa intención de non asistir a unha “reunión individual” convocada polo Goberno do BNG-PSOE de cara a tratar a elaboración dos Orzamentos 2020.
A formación que encabeza Xoán Carlos Montes Bugarín, nun escrito presentado no Rexistro do Concello de Mondariz, asegura que “a transparencia non se fomenta con reunións individuais cos grupos da oposición” xa que dita postura “só xera opacidade e máis crispación ao clima político existente”.
Ese
é un dos motivos que levan a AporM a instar ao Goberno local a
“apostar pola transparencia” e que as reunións para a
elaboración dos orzamentos “sexan conxuntas e abertas a todos os
partidos políticos que conforman a Corporación Municipal”.
A
postura amosada pola formación independente baséase no coñecemento
da importancia “que uns orzamentos teñen para o municipio” e,
polo tanto, para o conxunto da veciñanza.
Considera
AporM “que non é o momento de seguir dividindo á Corporación
Municipal e facer reunións individuais” senón que é ao goberno
actual “como responsable da situación política existente” a
quen lle corresponde “tender pontes entre todas as forzas políticas
co obxectivo de acadar o documento orzamentario consensuado ao que
fai mención o concelleiro de Facenda no seu escrito”, apunta Xoán
Carlos Montes.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.