14.6 C
Pontevedra
Domingo, 28 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño organiza as 'Xornadas feministas para o fomento da participación de mulleres...

    Tomiño organiza as ‘Xornadas feministas para o fomento da participación de mulleres novas’

    Entre o luns 23 de setembro e o venres 27 de setembro, o Salón de Plenos da Casa do Concello de Tomiño acollerá as ‘Xornadas Feministas para o Fomento da Participación das Mulleres Novas’ organizadas polo Concello tomiñés.

    As charlas e demais actividades desenvolveránse entre as 16 h e as 21 horas, e contarán coa presenza de figuras de recoñecido prestixio no campo do feminismo, o pensamento crítico, o asociacionismo con perspectiva de xénero, a acción colectiva, a autoestima e a identidade persoal e social.

    Entre as poñentes convidadas estarán Nanina Santos Castroviejo (escritora, integrante do consello de redacción da revista de pensamento feminista Andaina e figura histórica do movemento feminista galego), Ania González (avogada e crítica cultural, especialista en Teoría Crítica do Discurso, colaboradora en diversos colectivos independentes e de autoxestión e crítica de arte en Babelia-El País), ou Diana López Varela, xornalista e escritora, autora de No es país para coños; directora da curta Feminazi e colaboradora en diversos medios de comunicación, que presentará o seu libro Maternofobia. Relato de una generación enfrentada a la maternidad.

    A través de cinco xornadas, as persoas que participen analizarán o feminismo como teoría e movemento emancipador e a súa contribución aos cambios sociais; experiencias na participación activa das mulleres e a reivindicación de dereitos; procesos de empoderamento, xestión e práctica na constitución de asociación, emprego….

    “Charlas, debates e obradoiros prácticos dirixidos a mulleres novas que desexen coñecer a nosa historia e contribuír activamente a facer posible que o conto siga mudando até que a igualdade sexa, por fin, unha realidade”, explica Cristina Martínez, concelleira delegada de Igualdade, Benestar e Educación.

    Para poder asistir é preciso inscribirse previamente na web municipal (www.tomino.gal) xa que as prazas son limitadas. Para as persoas que o soliciten, haberá servizo de gardería.

    PROGRAMA

    Luns 23 de setembro:

    O ASOCIACIONISMO DE MULLERES E FEMINISTA: DA EXPERIENCIA INDIVIDUAL Á ACCIÓN COLECTIVA”

    • De 16.00 a 16.15: Recepción
    • De 16.15 a 16.30: Inauguración das Xornadas.
    • De 16.30 a 17.30: Conferencia de Nanina Santos Castroviejo: escritora, , musicóloga, integrante do consello de redacción da Revista de pensamento feminista Andaina e histórica do movemento feminista galego.
    • 17.30 – 18.30: Conferencia da Representante de Federación de Mujeres Jóvenes.
    • 18.30 – 19.00: PAUSA PARA CAFÉ.
    • 19.00- 20.00: Andrea Barreira: escritora, integrante do colectivo de crítica literaria feminista A Sega e colaboradora habitual da Libraría de Mulleres Lila de Lilith.
    • 20.00 – 21.00: Debate.

    Martes 24 de setembro: 

    • De 16.00 a 17.20: “IDENTIDADE FEMININA E EQUIDADE ENTRE HOMES E MULLERES”, Obradoiro impartido por Paula Suárez Gullón (directora de Positivando gabinete psicopedagóxico, delegada en Galicia ECAI Balbalika, Socia Colaboradora TDAH Salnés, secretaria de Empresarias Galicia, directora e presentadora do programa “De Viva Voz”, en Single Radio).
    • De 17.20 a 17.40: PAUSA PARA CAFÉ.
    • De 17.40 a 18.30: CONFERENCIA “AUTOESTIMA E IDENTIDADE PERSOAL. DA REVOLUCIÓN FEMININA Á CONSTRUCIÓN SOCIAL”, impartida por Paula Suárez Gullón.
    • De 19.00 a 20.00: CONFERENCIA; “A DIFERENCIACIÓN COMO EIXO DE ACCIÓN NA PROCURA DE EMPREGO”, impartida por Fátima Rodríguez Marcos, licenciada en Psicoloxía e xerente de Talentea.

    Mércores 25 de setembro:

    • De 16.00 a 17.30: OBRADOIRO “ ESTIMULACIÓN DA CREATIVIDADE ENFOCADA AO PROCESO DE PROCURA DE EMPREGO”, impartido por Fátima de Talentea.
    • De 17.30 a 18.00: PAUSA PARA CAFÉ.
    • De 18.00 a 21.00: OBRADOIRO “Xogo – un camiño de aprendizaxe, expresión e empoderamento. / A través do teatro de obxectos”, realizado por Alba Grande e Andrea Borda.

    Xoves 26 de setembro:

    Diana López Varela

    • De 16.00 a 17.20: Presentación do libro “MATERNOFOBIA. RELATO DE UNA GENERACIÓN ENFRENTADA A LA MATERNIDAD”  de Diana López Varela (xornalista e escritora. Autora de “No es país para coños” e directora da curtametraxe Feminazi, entre outras cousas. Tamén colabora con diversos medios de comunicación).
    • De 17.20 a 17.40: PAUSA PARA CAFÉ.
    • De 17.40 a 19.00: “AUTOESTIMA E EXPECTATIVAS INCUMPLIDAS: A NOVA ENFERMIDADE DAS MULLERES”, por Diana López Varela.
    • De 19.00 a 20.00: “PROXECCIÓN DA CURTAMETRAXE “FEMINAZI”, de Diana López Varela.

    Venres 27 de setembro

    KIT FEMINISTA PARA ASOCIACIÓNS. Obradorio práctico para a creación e xestión de asociacións con perspectiva de xénero.

    16:00. a 18:30: Constitución, órganos de goberno e funcionamento das asociacións. O consenso e toma de decisións con perspectiva de xénero. Réxime fiscal e financiamento. Subvencións. A contratación pública

    18:30h: PAUSA PARA CAFÉ

    19:00 a 21.00h.:  Outra normativa aplicable a asociacións : Protección de datos, dereitos de imaxe e propiedade intelectual. Organización de actividades. Coxestión de espazos públicos. Programas para o fomento do feminismo no movemento asociativo.

    Ania González: avogada e crítica cultural, especialista en Teoría Crítica do Discurso, Museoloxía, Imaxinación Política e Feminismos. Colaboradora en diversos colectivos independentes e de autoxestión, e crítica de arte en Babelia-El País.

    Rafael Anido: avogado e dinamizador cultural. Membro do equipo do espazo autoxestionado Nave 1839 (A Coruña) e músico colaborador en diferentes colectivos

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.