A concellería de Turismo, que dirixe Eva Gil, convida a toda a cidadanía a coñecer o centro urbano de Ponteareas, rúas e prazas cheas de historia e patrimonio arquitectónico que conforman a orixe dos e das ponteareás e que dende o goberno de Ponteareas queren dar a coñecer e pór en valor.
Esta actividade programada dentro da iniciativa ‘Coñece Ponteareas’ fixa o punto de encontro na biblioteca municipal ás 19 horas o vindeiro martes 24 de setembro e xuntos percorrerán o casco urbano na procura de monumentos e anacos da Historia.
De balde e para todos os públicos, os e as interesadas poden inscribirse no número de teléfono 986 660 765 ou en [email protected]