Domingo, 26 Xaneiro de 2025

A Federación Galega de Fútbol volve a Ponteareas co ‘Curso de adestrador básico de fútbol UEFA B’

O concello de Ponteareas acollerá un novo curso de adestrador básico de fútbol UEFA B que equivale ao antigo Nivel 1, así o adianta a concelleira de Deportes Nahir Covelo e a Escola de Adestradores da Federación Galega de Fútbol. O prazo para inscribirse xa está aberto ata o vindeiro venres 11 de outubro.

As e os interesados poden inscribirse na páxina web da federación (futgal.es–> Adestradores –>Escola) ou nesta ligazón.

Ante o éxito da primeira convocatoria o concello e a federación volven colaborar para que nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Local se ofreza esta formación para a cidadanía sen ter que desprazarse fóra da comarca.