17.2 C
Pontevedra
Domingo, 4 de Xuño de 2023
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán súmase á campaña #EmerxenciaFeminista cunha concentración na Casa Consistorial na noite...

    Nigrán súmase á campaña #EmerxenciaFeminista cunha concentración na Casa Consistorial na noite do venres

    O Concello de Nigrán súmase á campaña #EmerxenciaFeminista promovida dende diferentes organizacións de mulleres de todo o país cunha concentración de denuncia da violencia machista este venres 20 de setembro ás 21:00 diante da Casa Consistorial e iluminando de violeta a mesma.

    Dende o Concello faise un chamamento a toda a veciñanza para que se sume e se visibilice o rexeitamento de Nigrán a todo tipo de violencia machista. Ademais, no vindeiro pleno ordinario do 30 de setembro o goberno local levará unha moción ao respecto co obxectivo de que a aprobe toda a corporación e facer institucional este apoio.

    A campaña #EmerxenciaFeminista está promovida en Galicia, entre outras, pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, Rede Galega pola Igualdade, Asociación Profesional de Axentes de Igualdade de Oportunidades Galega, Sociedade Galega de Sexoloxía, soño de Lilth, Teenses pola igualdade, Foro feminista Maruxa Mallo, Asociación Viúvas Demócratas de Vigo, Colectivo Feminista Pontevedra, Rede de Mulleres Veciñais Contra os Malos Tratos de Vigo, así como a agrupación Comando Igualdade, e outras que se poderán ir sumando; todas elas en repulsa contra os asasinatos de mulleres e a violencia machista.

    “Non podemos permitir que teñan un espazo de poder quen non recoñece a violencia de xénero como un problema social”

    O verán de 2019 será recordado como un verán negro, o pasado mes de xullo, cada dous días, unha muller foi asasinada e, nesta mesma semana no municipio pontevedrés de Valga acontencía un triple crimen machista e en Madrid un asasinato doutra muller tamén diante dos seus fillos. Por este motivo, a campaña non é unha alerta, é unha declaración de emerxencia feminista.

    A moción que presentará o goberno de Nigrán ao Pleno suporá un pronunciamento público da corporación municipal contra os asasinatos machistas e contra toda forma de violencia contra as mulleres, contra a normalización da mesma, e contra a apatía e a indiferenza.

    Ademais implica un posicionamento da corporación “contra todas aquelas medidas, campañas e mensaxes que contribúan á xustificación da violencia de xénero, que promovan a súa minusvaloración ou cuestionamento así como das ferramentas normativas das que nos temos dotado para combatela”.

    “Non podemos permitir que teñan un espazo de poder quen non recoñece a violencia de xénero como un problema social, contra o que hai que loitar sen descanso dende tódalas instancias: iso é terrorismo de estado”.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS