O parque da Feira Vella de Ponteareas acollerá mañá venres día 20 o Festival Música Rebelde a partir das 19:30 horas. Ao escenario da Feira Vella subirán os grupos Rebeliom do Inframundo, Falperrys e Pauliña.
O rap en galego de Rebeliom do Inframundo, o celtic punk de Falperrys e a mestura de country, folk, blues, pop e soul en galego de Pauliña farán vibrar o parque da Feira Vella cun festival cheo de enerxía e temas reivindicativos.
Un festival no que se mesturan todo tipo de estilos musicais e ritmos de onte e de hoxe con cancións protesta que amplificarán as necesidades do pobo sen pelos na lingua e que todos os públicos poderán gozar totalmente de balde.