23.8 C
Pontevedra
Luns, 25 de Setembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasCharla da Cruz Vermella do Condado sobre prevención de accidentes no fogar...

    Charla da Cruz Vermella do Condado sobre prevención de accidentes no fogar dirixida ás persoas maiores

    A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella no Condado desenvolverá unha charla, dirixida a persoas maiores, de Prevención de Accidentes no Hogar o vindeiro xoves 19 de setembro, de 17:00 a 19:00 horas, na sede de Cruz Vermella, na rúa Virxe da Luz nº 4 de Ponteareas.

    Durante o taller falarase da conduta PAS e dos principais accidentes no fogar: atragantamento, afogamento, feridas, golpes, caídas, queimaduras ou intoxicacións; e do que debemos ter na nosa caixa de primeiros auxilios doméstica.

    O obxectivo xeral do Programa de Persoas Maiores de Cruz Vermella, financiado pola Xunta de Galicia, é mellorar a calidade de vida das persoas no seu proceso de envellecemento, contribuíndo a crear ou a restablecer un estado de benestar biospsiquico social e relacional.

    O proxecto Axuda a Domicilio Complementaria, no que se enmarca este taller, pretende mellorar a capacidade da persoa maior para continuar levando unha vida autónoma, en función ás súas circunstancias e atrasando en maior medida a súa saída do domicilio.

    Para alcanzar este obxectivo, exponse accións mediante as cales se proporcionan recursos humanos e materiais que faciliten que a persoa maior poida continuar realizando as súas actividades (acompañamentos, préstamo de produtos de apoio…).

    Así mesmo, planificáronse accións de mellora do coñecemento da persoa maior para adaptarse ás súas circunstancias e aprender a desenvolverse en base ás súas limitacións, como esta charla de prevención de accidentes domésticos.

    Para máis información, interesados e interesadas poden dirixirse á Cruz Vermella, Asemblea Comarcal Condado na rúa Virxe da Luz, nº 4 de Ponteareas; ao teléfono 986 641 794 ou ao enderezo de correo electrónico ponteareas@cruzroja.es

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS