17.2 C
Pontevedra
Martes, 3 de Outubro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaA Guarda abre a inscrición das 'Andainas de Outono'

    A Guarda abre a inscrición das ‘Andainas de Outono’

    O Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha continúan ofertando actividades deportivas conxuntas cun novo calendario de andainas para este outono, no que se inclúen un total de 3 novas andainas e, como nas edicións anteriores, os percorridos serán en Galicia e Portugal.

    Andaina 1: Senda da Fraga do Barragán (Pazos de Borbén)

    Rua circular de 17,3 km, Ruta PR-G de dificultade media e con saída ás 9:00 da explanada da Sangriña. Trátase dunha ruta situada arredor do Río Barragán cun gran interese natural (bosque autóctono), etnográfico (muíños, pontes…) e histórico (restos dun asentamento)

    Andaina 2: Nossa Senhora do Minho (Caminha)

    Ruta tamén circular 12 km con saídaás 9:00 da explanada da Sangriña

    Ruta iniciada no santuario de Nossa Senhora do Minho, que goza dunha espectacular vista panorámica de 360º. Dende aí desprazarémonos ao longo da Serra D’Arga, espazo de gran riqueza natural pertencente á rede Natura 2000 e que permite contemplar o mar, os ríos Miño e Lima e diversas vilas e cidades galegas e portuguesas

    Andaina 3: Roteiro polos muíños dos ríos do Couso (Gondomar)

    Tamén circular de 12 km de dificultade baixa e, ao igual que as anteriores, con saída dende a explanada da Sangriña ás 9 h.

    Percorrido polas beiras dos ríos Matalagartos e Couso que discorre xunto aos numerosos muíños da zona. A ruta atópase maioritariamente nun húmido e tupido bosque.

    O prazo de inscrición para as citadas andainas está aberto do 18 de setembro ata o 30 de setembro, con preferencia para as persoas que se inscriban ás 3 andainas.

    Inscricións e información na Concellería de Deportes do Concello da Guarda ou a través do correo electrónico deportes@aguarda.es

    LIBROS

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.