Diversos colectivos e veciños e veciñas a nivel particular participaron o pasado mércores, na Casa da Cultura de Redondela, nunha xuntanza que tiña como obxectivo chamar a atención sobre o problema xurdido polo que cualifican “inminente apertura” dun local de apostas “moi cerca da zona escolar e deportiva da Marisma pola que diariamente circulan centos de mozas e mozos”.
Na asamblea celebrada o mércores 18 as e os asitentes coincidiron en considerar “un grave perxuicio” para a sociedade en xeral e para a mocidade en particular a instalación deste tipo de locais
En dita asamblea acordaronse diversas accions para frear a apertura deste local de apostas entre as que está a convocatoria, o luns 23 de setembro as 18 horas, dunha concentración diante do local, sito na Avda Ernestina Otero, “para mostrar o noso rexeitamento a esta instalación”, sinalan dende o colectivo veciñal.
Doutra banda, solicitan “dos grupos políticos que ainda non se definiron publicamente sobre este tema , que expresen o seu posicionamento a través dos medios de comunicación”.