18.5 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoOiaOia adxudica a redacción do PXOM

    Oia adxudica a redacción do PXOM

    O Concello de Oia adxudicou de forma provisional o contrato administrativo de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) á UTE Urben Consultores SL-Indultec Ingenieros, SLU, por un importe de 114.783,77 euros. O acordo adoptouse na sesión plenaria do pasado 5 de setembro, co voto a favor do Partido Popular e coa abstención dos grupos do PSOE e BNG.

    O adxudicatario terá que acreditar no prazo de dez días hábiles a documentación xustificativa das circunstancias da personalidade, capacidade, solvencia, experiencia do técnico redactor e titulacións do persoal técnico.

    O equipo municipal conta con que, antes de final de ano, o adxudicatario presente un plan de traballo cos prazos estimados de cada unha das fases de redacción do PXOM ata a súa aprobación definitiva. O contrato terá unha duración de 5 anos, que inclúe os prazos estimados cos que contan as distintas administracións para emitir os informes correspondentes.

    Modificación puntual das NNSS

    Mentres o PXOM vai cumprimentando os seus trámites, o executivo municipal vai avanzando na tramitación da modificación puntual de diversos aspectos normativos das Normas Subsidiarias de planeamento do concello.

    Esta modificación puntual inclúe como proposta adaptar as normas á lexislación vixente en materia de alturas libres mínimas de locais comerciais e oficinas, co fin de facilitar a implantación deste uso en numerosos locais existentes no municipio que non cumpran este requisito. Tamén se incorpora unha nova redacción á hora de regular situacións fóra de ordenación, establecendo un réxime menos restritivo aplicable ás edificacións que se atopen en tal situación.

    Así, despois da publicación no DOG do informe ambiental estratéxico da modificación puntual, o Concello encóntrase agora elaborando a documentación para a aprobación provisional, previo informe dos servizos técnicos e xurídicos municipais.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.