Sábado, 22 Marzo de 2025

O Concello de Ponteareas convoca ás persoas afectadas polo botellón

O Concello de Ponteareas convocou aos afectados polo botellón a unha reunión que terá lugar o vindeiro venres 27 de setembro ás 20:30 horas na Sala Mutiusos do Auditorio Reveriano Soutullo. O goberno local adiantou xa que o venres 3 de outubro ás 20:30 horas celebrarase outro encontro, neste caso dirixido á mocidade en xeral e, en particular, a aquelas persoas que participan no botellón.

A convocatoria realízase logo de que nesta semana o edil de Bo Goberno, Roberto Mera, responsábel en materia de convivencia cidadá, mantivera xa encontros coa plantilla da Policía Local, coa concelleira de Igualdade e persoal do Centro de Información á Muller (CIM) e cos grupos municipais nos que se analizou a problemática desde diferentes perspectivas.

Antes da reunión que o goberno prevé manter coa mocidade que participa no botellón, o executivo logar terá un encontro con representantes de todos os centros de ensino, co servizo de drogodependencias municipal e a dirección do Centro de Saúde, e coa hostelaría de ocio nocturno.